Oscar dos Santos Emboaba Júnior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Oscar
Oscar.
Información persoal
Nome completoOscar dos Santos Emboaba Júnior
Nacemento9 de setembro de 1991 (26 anos)
LugarSanta Bárbara d'Oeste, Brasil
Altura1,80 m
PosiciónMediapunta / Extremo
Información de club
Club actualShanghai SIPG FC
Número8
Carreira xuvenil
1998–2004União Barbarense
2004–2009São Paulo
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2008–2010São Paulo11(0)
2010–2012Internacional36(11)
2012–Chelsea67(12)
Selección nacional
2009–2011Brasil Sub-2025(6)
2012Brasil Sub-236(1)
2011–Brasil35(10)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 28 de xuño de 2014

Oscar dos Santos Emboaba Júnior, máis coñecido como Oscar, nado en Santa Bárbara d'Oeste, São Paulo, o 9 de setembro de 1991, é un futbolista internacional brasileiro que xoga como mediapunta ou extremo para o Chelsea da Premier League.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira no São Paulo, ​​onde conquistou o Campionato Brasileiro de 2008. En 2009, foi ao tribunal contra o club debido a irregularidades no seu contrato. Após unha serie de controversias, deixou o club e foi para o Internacional, onde pasou os seguintes tres anos da súa carreira. Olladores do Chelsea levárono para o club inglés en 2012. O seu estilo de xogo e habilidade fan que teña sido comparado co seu compañeiro de selección Kaká[1][2][3] e o alemán Mesut Özil.[4]

A nivel internacional actuou coa selección olímpica do Brasil, nas Olimpíadas de Londres de 2012 ademais de na selección absoluta. O 20 de agosto de 2011, marcou tres goles na final da Copa do Mundo sub-20 contra Portugal, na vitoria con remontada por 3 a 2,[5] converténdose no primeiro xogador en marcar un hat-trick na final desta competición.[6] Máis tarde, describiría as súas actuacións no torneo como unha porta de entrada para o equipo senior.[7] Foi convocado por primeira vez para equipo absoluto contra Arxentina. O seu primeiro gol tamén foi contra a albiceleste, nunha derrota por 4 a 3 en xuño de 2012. Ese mesmo ano foi elixido no posto 37º dos 100 mellores futbolistas do mundo polo xornal The Guardian.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. goal.com (ed.). "Chelsea target Oscar is living up to Kaka comparisons". Consultado o 30 de setembro de 2012. 
  2. Mirror (ed.). "The new Kaka? What Premier League fans can expect from Oscar by South American football expert Ed Malyon". Consultado o 25 de xullo de 2012. 
  3. Here is the City (ed.). "Chelsea’s Oscar – ‘the new Kaka’?". Consultado o 20 de setembro de 2012. 
  4. The Telegraph (ed.). "Oscar represents a new emphasis on youth from Chelsea and is tipped to be their Mesut Ozil". Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  5. FIFA.com (ed.). "Brazil 3 - 2 Portugal". Consultado o 21 de agosto de 2011. 
  6. FIFA.com (ed.). "Vem a hora, a vem o Oscar". Consultado o 22 de agosto de 2011. 
  7. "Oscar extols Colombia springboard". Consultado o 22 de outubro de 2012. 
  8. The Guardian (ed.). "The world's best footballers: the top 100 list". Consultado o 22 de outubro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]