Copa Mundial de Clubs da FIFA 2011
A Copa Mundial de Clubs da FIFA 2011 foi a 7ª edición oficial do torneo organizado pola FIFA para determinar o club campión do mundo de fútbol. Despois de 2 anos disputándose en Emiratos Árabes Unidos, no ano 2011 o campionato viaxou de volta ao Xapón, concretamente a Toyota e Iocoama. Os encontros comezaron o 8 de decembro e remataron o 18 de decembro coa final.
Equipos
[editar | editar a fonte]Os equipos participantes foron os 6 campións continentais da AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC, e o equipo campión da liga local, o Kashima Reysol:
Fútbol Club Barcelona - (UEFA)
Santos Futebol Clube - (Conmebol)
Club de Fútbol Monterrey - (Concacaf)
Espérance Sportive de Tunis - (CAF)
Al-Sadd Sports Club - (AFC)
Auckland City Football Club - (OFC)
Kashiwa Reysol - (local)
Cadro do torneo
[editar | editar a fonte]Os dous equipos considerados favoritos, como son os campións da Liga de Campións da UEFA e da Copa Libertadores, agardaron rival directamente en semifinais. O FC Barcelona xogou fronte ó Kashiwa Reysol, equipo que eliminou o Auckland City no encontro preliminar, e ó CF Monterrey nos cuartos de final. O Santos FC xogou fronte ó Al-Sadd SC, gañador do encontro de cuartos de final fronte ó Espérance ST. Tanto FC Barcelona como Santos FC gañaron os seus encontros de semifinais, de xeito que a final foi a prevista.
| Eliminación preliminar | |
| 8 de decembro - Toyota | |
O cadro do torneo na edición 2011 foi o seguinte:
| Competición | Copa Mundial de Clubs da FIFA | ||
| Tempada | 2011 | ||
| Estadio | Estadio Internacional Iocoama | ||
| Capacidade | 68.166 | ||
| Campión | Fútbol Club Barcelona | ||
| Finalista | Santos Futebol Clube | ||
| Resultado | 4 - 0 (Messi 2, Xavi, Cesc) | ||
| |||
| Cuartos de Final | Semifinais | Final | ||||||||||||
| 11 de decembro - Toyota | ||||||||||||||
| |
1 (4) | |||||||||||||
| 14 de decembro - Toyota | ||||||||||||||
| |
1 (3) | |||||||||||||
| |
1 | |||||||||||||
| Quinto posto | ||||||||||||||
| |
3 | |||||||||||||
| |
3 | |||||||||||||
| 18 de decembro - Iocoama | ||||||||||||||
| |
2 | |||||||||||||
| |
0 | |||||||||||||
| 14 de decembro - Toyota | 11 de decembro - Toyota | |||||||||||||
| |
4 | |||||||||||||
| |
1 | |||||||||||||
| 15 de decembro - Iocoama | ||||||||||||||
| |
2 | |||||||||||||
| |
0 | |||||||||||||
| Terceiro posto | ||||||||||||||
| |
4 | |||||||||||||
| |
0 (3) | |||||||||||||
| |
0 (5) | |||||||||||||
| 18 de decembro - Iocoama | ||||||||||||||
A final estivo dominada dende o comezo polo FC Barcelona, que xa se adiantou por 3 goles a 0 antes do descanso, con goles de Messi, Xavi e Cesc. Na segunda metade Messi anotou un gol máis, e foi elixido mellor xogador da final. Con esta vitoria, o equipo catalán acadou a súa 2ª Copa Mundial de Clubs (trala acadada en 2009), e polo tanto, o seu 17º título internacional (trala Liga de Campións 2010-11 e a Supercopa de Europa 2011).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do torneo na web da Fifa Arquivado 25 de decembro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
| Copa Mundial de Clubs da FIFA | |
| 2000 · 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 | |