Dalatias licha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dalatias licha
Rango fósil: eoceno medio - actualidade [1]
Dalatias licha Gervais.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (NT)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Orde: Squaliformes
Familia: Dalatiidae
Xénero: Dalatias
Rafinesque, 1810
Especie: D. licha
Nome binomial
Dalatias licha
(Bonnaterre, 1788)
Distribución de Dalatias licha

Distribución de Dalatias licha
Sinonimia
Dalatias sparophagus* Rafinesque, 1810
Dalatias tachiensis Shen & Ting, 1972
Pseudoscymnus boshuensis Herre, 1935
Scymnorhinus brevipinnis Smith, 1936
Scymnorhinus phillippsi Whitley, 1931
Scymnus aquitanensis* de la Pylaie, 1835
Scymnus vulgaris Cloquet, 1822
Squalus americanus Gmelin, 1789
Squalus licha Bonnaterre, 1788
Squalus nicaeensis Risso, 1810
Squalus scymnus Voigt, 1832

* siónimo ambiguo

Dalatias licha é unha especie de tiburón selaquimorfo da orde dos escualiformes (Squaliformes) e familia dos dalatíidos (Dalatiidae), única do xénero Dalatias.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi orixinalmente descrita como Squalus licha polo naturalista francés Pierre Joseph Bonnaterre en 1788, no seu Tabeau encyclopédique et méthodique des trois regnes de la naturaleza. Despois foi colocada no seu propio xénero, Dalatias, que viña do sinónimo de Constantine Samuel Rafinesque 1810 Dalatias sparophagus para S. licha. Porén, algunhas autoridades argumentaron que D. sparophagus é un nomen dubium, e prefiriron utilizar o seguinte nome de xénero dispoñíbel, Scymnorhinus.[2]

O nome do xénero Dalatias deriva do grego δαλός dalós, "antorcha".[3] O nome específico licha vén do francés la liche, antiguo nome deste tiburón.[4]

Filoxenia e evolución[editar | editar a fonte]

Estudos cladísticos comprobaron que os parentes máis cercanos de Dalatias licha son os tiburóns d xénero Isistius, cos que comparten varias particularidades da dentición, do esqueleto e a musculatura.[5] [6]

Pénsase que Dalatias e Isistius diverxeron evolutivamente pouco despois dos tempos da transición entre o cretácico e o Terciario (hai 65,5 millóns de anos), como parte dunha radiación adaptativa de escualos nas profundidades do mar en hábitats relativamente superficiais.[5]

Os restos fósiles máis antigos (dentes) que pertencen inequivocamente ao Dalatias licha datan do eoceno medio (entre 43,0-37,0 Ma), e foron achados en Nova Zelandia.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Cabeza de Dalatias licha, mostrando os grandes ollos, o fociño curto e os labios.
Mandíbulas de Dalatias licha.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Dalatias licha distribúese case en todas as augas en temperadas e tropicais do globo, pero con poboacións moi distantes entre sí, co que hai poucas probabilidades de ointercambio xenético entre elas.[7]Non se rexistrou a súa presenza no Pacífico oriental nin no norte do océano Índico. No Atlántico norte, encóntrase no banco Georges (ao leste do estado de Massachusetts, Estados Unidos) e no norte do golfo de México, no mar do Norte, en particular ao redor das illas Británicas, no oeste e centro do Mediterráneo, en Madeira a as Azores, así como no norte do golfo de Guinea. No océano Índico encóntrase en Sudáfrica e Mozambique. No Pacífico, en Xapón, Xava, Australia e Nova Zelandia e nas illas Hawai. Hai un só rexistro desta especie no Atlántico sur, fronte ás costas do Brasil.[8] [2] [9]

Especie de augas profundas, é común a unha profundidade de 600 m, pero capturáronse exemplares desde a superficie até unha profundidade de 1880 m.[9] [10]

Nas Azores este tiburón segrégase por sexos, sendo as femias máis comúns a profundidades duns 1.650 m e os machos en torno aos 412-418 m.[11]

Habita nas zonas exterior e superior do noiro continental, e tamén ao redor das illas oceánicas e montes submarinos.[12] É o único membro da súa familia que adopita encontrarse cerca do fondo do mar, aínda que en ocasións capturouse a menos profundidade.[12]

Alimentación[editar | editar a fonte]

No seu tracto dixestivo se encontraron peixes óseos pertencentes ás families dos cauliodóntidos, estómidos, arxentínidos, paralepídidos, cloroftálmidos, mictófidos, gonostomátidos, macrúridos, gádidos, merluccíidos, apogónidos, escorpénidos e escómbridos; peixes cartilaxinosos como raias, mixíns, e outros; invertebrados como luras, polbos, anfípodos, isópodos, lagostas, gambas e vermes poliquetos.

Reprodución[editar | editar a fonte]

É ovovivíparo aplacentario. As femeias paren de 10 a 16 crías que miden uns 30 cm de lonxitude ao naceren.

Os machos maduran sexualmente cando alcanzan entre 77 e 121 cm, e as femeias cando miden de 117 a 159 cm.

En Galicia[editar | editar a fonte]

Rodríguez Villanueva et al. citan a especie Dalatias licha como presente, ocasionalmente, nas aguas galegas.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Keyes, I. W. (1984): "New records of fossil elasmobranch genera Megascyliorhinus, Centrophorus, and Dalatias (Order Selachii) in New Zealand". New Zealand Journal of Geology and Geophysics 27: 203–216.
  2. 2,0 2,1 Compagno, L. J. V. (1984): Sharks of the World: An Annotated and Illustrated Catalogue of Shark Species Known to Date. Roma: FAO, pp. 63–64.
  3. Froese, Rainer, e Daniel Pauly, eds. (2009): Dalatias licha en FishBase. Versión xuño de 2009.
  4. Bonnaterre, P. J. (1788): Tableau encyclopédique et méthodique des trois regnes de la nature. Chez Panckoucke, p. 12.
  5. 5,0 5,1 Adnet, S. e Cappetta, H. (2001): "A palaeontological and phylogenetical analysis of squaliform sharks (Chondrichthyes: Squaliformes) based on dental characters" Lethaia 34 (3): 234–248.
  6. Shirai, S. (1966): "Phylogenetic Interrelationships of Neoselachians (Chondrichthyes: Euselachii) en Stiassny, M. L. J.; Parenti, L. R. e Johnson, G. D. (eds.) Interrelationships of Fishes. Academic Press. ISBN 0-12-670950-5, pp. 9–34.
  7. Fowler, S. L.; Cavanagh, R. D.; Camhi, M.; Burgess, G. H.; Cailliet, G. M.; Fordham, S. V.; Simpfendorfer, C. A. e Musick, J. A. (2005): Sharks, Rays and Chimaeras: The Status of the Chondrichthyan Fishes. International Union for Conservation of Nature and Natural Resources. ISBN 2-8317-0700-5, pp. 230–231.
  8. Blasdale, T., F. Serena, C. Mancusi, J. Guallart e N. Ungaro (2006): Dalatias licha na Lista vermella da IUCN
  9. 9,0 9,1 Soto, J. M. R. e Mincarone, M. M. (2001): "First record of kitefin shark, Dalatias licha (Bonnaterre, 1788) (Chondrichthyes, Dalatiidae), in the south Atlantic" Mare Magnun 1 (1): 23-26.
  10. Bester, C. e Burgess, G. Biological Profiles: Kitefin Shark. Florida Museum of Natural History Ichthyology Department.
  11. Kiraly, S. J., J. A. Moore e P. H. Jasinski (2003): "Deepwater and Other Sharks of the U.S." Atlantic Ocean Exclusive Economic Zone. Marine Fisheries Review65 (4): 1–63.
  12. 12,0 12,1 Carrier, J. C.; Musick, J. A. e Heithaus, M. R. (2004): Biology of Sharks and Their Relatives. CRC Press. ISBN 0-8493-1514-X, p. 58.
  13. Rodrñíguez Villanyheva et al. (1992).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dalatias licha
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dalatias licha Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]