Saltar ao contido

Xeoloxía histórica

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Escala de tempo xeolóxico»)

Escala de tempo xeolóxico.
Vídeo no Museo de Xeoloxía Precámbrica de Rusia

A xeoloxía histórica é unha rama da xeoloxía que estuda as transformacións que sufriu a Terra dende a súa formación hai uns 4.500 millóns de anos ata os nosos días.

Para establecer un marco temporal absoluto os xeólogos desenvolveron unha cronoloxía a escala planetaria dividida en eóns, eras, períodos, épocas e idades. Esta escala baséase nos grandes eventos biolóxicos e xeolóxicos.

Escala de tempo xeolóxico

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Tempo xeolóxico.

A maioría das cifras están en millóns de anos (Ma):

Ediacárico PaleoproterozoicoMesoproterozoico

HadeicoArcaicoProterozoicoFanerozoicoPre-Cambriano
CámbricoOrdovícico

DevonianoCarboníferoPermianoTriásicoXurásicoCretáceo

PaleozoicoMesozoicoCenozoicoFanerozoico
PaleocenoEocenoOligocenoMioceno PlistocenoPaleocenoNeoxenoCuaternariaCenozoico

En táboa

[editar | editar a fonte]
Anos atrás3,6 Época Período/Era4,5 Era Eón Eventos principais
Día ActualHoloceno Cuaternario CenozoicoFanerozoico Final da Idade do xeo e xurdimento da civilización actual
10,000Plistoceno Extinción de grandes mamíferos. Evolución dos humanos modernos
1.8 millónsPliocenoTerciario NeoxenoPrimeiros grandes mamíferos
5 millónsMioceno
23 millónsOligocenoPaleoxeno
38 millónsEoceno
55 millónsPaleoceno
64.3 millóns*  CretáceoMesozoico Os dinosauros alcanzan o pico, comezan a declinar.
Extinción masiva do Cretáceo-Terciario.
Primitivos

mamíferos placentarios.

146 millónsXurásico Mamíferos marsupiais, primeiras aves, primeiras plantas con flores
208 millónsTriásico Extinción masiva do Triásico-Xurásico.
Primeiros dinosauros, mamíferos ovíparos
251.1 millóns*Permiano Paleozoico Extinción masiva do Permiano-Triásico - 95% da vida na Terra desaparece
286 millónsPennsylvaniano Carbonífero¹Abundantes insectos, primeiros réptiles, bosques de carbón
325 millónsMississippianoÁrbores grandes primitivas
360 millónsDevoniano Aparecen os primeiros anfibios, Lycopsida e proximnospermas
408.5 millóns*Silúrico Primeiras plantas terrestres fósiles
443.5 millóns*Ordovícico Invertebrados dominantes.
Extincións masivas do Ordovícico-Silúrico.
490 millóns*Cámbrico Maior diversificación da vida durante a explosión Cámbrica.
Extincións masivas do Cámbrico-Ordovícico.
545 millóns* Neoproterozoico² Proterozoico Precámbrico7 Primeiros metazoarios
900 millónsMesoproterozoico Formación de Rodinia
1,600 millónsPaleoproterozoico Primeira Eucariota
2,500 millónsArcaico Primeira Procariota
3,800 millónsHadeico Formación da Terra

1) En América do Norte, o Carbonífero subdivídese nos períodos Mississippiano e Pennsylvaniano.

2) Descubrimentos feitos durante o pasado cuarto de século cambiaron substancialmente a forma de ver os eventos xeolóxicos e paleontolóxicos inmediatamente anteriores ó Cámbrico. A nomenclatura non se estabilizou. O termo Neoproterozoico é utilizado aquí, pero outros escritores poderían igualmente usar outros termos como 'Ediacariano', 'Vendiano', 'Varangiano', 'Precámbrico', 'Protocámbrico', 'Eocámbrico', ou poderían estender o período de duración do Cámbrico. Todos estes termos son considerados como un subconxunto do Proterozoico máis ca como un período entre o Paleozoico e o Proterozoico.

3) As datas son incertas mostrando unha leve diferenza coas fontes en común. Isto débese á incerteza da datación radiométrica e ó problema de que depósitos que son susceptibles de ser datadas radiometricamente non sempre son examinados no lugar exacto na columna xeolóxica que se desexa datar. Datas cun * son determinadas radiometricamente baseadas en acordos internacionais con GSSP. Tódalas datas danse para o fin da época en cuestión.

4) Os paleontólogos xeralmente fan referencia á etapa faunal en lugar dos períodos xeolóxicos. A nomenclatura de etapas é bastante complexa. Ver https://web.archive.org/web/20020219025732/http://flatpebble.nceas.ucsb.edu/public/harland.html para obter unha lista ordenada por Etapas faunais. Tamén ver GSSP.

5) Como uso común os períodos Terciario- Cuaternario e Paleoceno-Neoxeno-Cuaternario son considerados equivalentes a Mesozoico e Paleozoico. O termo 'Período|Era' (exemplo 'Neoxeno Período/Era') é ás veces usado no canto de 'Período'.

6) O tempo mostrado na columna "Anos atrás" é o que corresponde á fin da época na columna que di "Época".

7) O Precámbrico era tamén denominado Criptozoico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]