Saltar ao contido

Cáceres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCáceres
Vista nocturna
Fotomontaxe
Vista no inverno
Imaxe

EpónimoCastra Caecilia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 39°28′23″N 6°22′16″O / 39.4731, -6.3711
EstadoEspaña
Comunidade autónomaEstremadura
ProvinciaProvincia de Cáceres Editar o valor en Wikidata
Capital de
Capitalcidade de Cáceres Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación96.215 (2023) Editar o valor en Wikidata (54,97 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.750.330.000 m² Editar o valor en Wikidata
Altitude459 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónXurxo de Capadocia Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataLuis Salaya (en) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal10001–10005, 10195 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE10037 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webayto-caceres.es Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 33071 BNE: XX450588

Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha cidade estremeña, capital da provincia homónima, de 95.418 habitantes (2021). Cunha superficie de 1.768 km², é o concello máis extenso de España.

A cidade vella de Cáceres foi declarada Terceiro Conxunto Monumental de Europa en 1968 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1986.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Poboación

[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación de Cáceres entre 1842 e 2015
Fonte: INE[1]

A máis remota presenza humana no territorio do que hoxe é Càceres remóntase á Prehistoria. Na área de El Calerizo existen diversas covas (Maltravieso, El Conejar), nas que se atoparon vestixios pictóricos de mans humanas.

No século I a.C. os romanos asentaron aquí o campamento de Castra Cecilia de maneira permanente, no contorno do outeiro en que se situaría a colonia Norba Caesarina, moi próxima á importante vía de comunicacións que, máis tarde, sería coñecida como a Vía da Prata. Cara ao século V d.C., os visigodos arrasan o asentamento, de xeito que ata o século VIII-IX non se sabe nada da cidade.

Serán musulmáns, procedentes do Norte de África, os que aproveitarán o lugar estratéxico sobre o que se asentara a primitiva colonia romana, para utilizala como base militar para loitar contra os reinos cristiáns do Norte, durante os primeiros séculos da conquista cristiá. O nome árabe da cidade é aínda incerto, manexándose varias posibilidades, entre elas as de Hizn Qazrix ou Al Qazrix, das que probabelmente provén a denominación actual da cidade (Nieto Ballester defende que procede do ablativo plural Castris > Cazres, e posterior epéntese dun -e-).

No século XII, ante o avance cristián, a cidade é fortificada cunha muralla de ladrillo, (que aínda se conserva), mais non foi de abondo para evitar que Afonso IX de León a tomase, logo de varios anos de asedio, o 23 de abril de 1229, día de San Xurxo, que desde entón é celebrado pola cidade como o seu padroeiro.

A partir deste momento, Cáceres comeza a transformase, construíndo igrexas no mesmo sitio onde se levantaran mesquitas, e palacios cristiáns sobre os primitivos palacios musulmáns. Porén serán as fortunas procedentes de América as que farán aumentar a monumentalidade da cidade. Con lixeiros retoques a fins do XVIII, esa versión urbana é a que chegou ata os nosos días. Por iso se trata dunha das cidades monumentais mellor conservadas do mundo.

Conxunto monumental

[editar | editar a fonte]
Ruela no centro de Cáceres.

Ademais de Patrimonio da Humanidade, Cáceres é tamén membro das Redes Caminos de Sefarad, da Ruta da Prata, sendo elixida pola Comunidade Autónoma como Capital Cultural de Estremadura Enclave 92, e co esforzo solidario das administracións públicas, empresas privadas, entidades oficiais e cidadáns particulares, aspira a ser Capital Europea da Cultura no ano 2016.

Entre outros monumentos e lugares salientábeis cabe destacar:

Pazos e casas nobres

[editar | editar a fonte]

Arcos e portas de entrada da cidade

[editar | editar a fonte]

Torres defensivas

[editar | editar a fonte]

Lugares salientábeis

[editar | editar a fonte]
  • Museo de Cáceres (Praza de las Veletas)
  • Centro de Interpretación do Cáceres Vello (estrada de Torrejón el Rubio, salida Polígono Ganadero, La Mejostilla)
  • Museo de Historia e Cultura "Casa Pedrilla" (Ronda de San Francisco)
  • Museo Municipal "Massa Solís" (Palacio de la Isla, Praza de la Concepción)
  • Museo "Casa del Mono" (C/ Cuesta Aldana)
  • Casa Museo "Guayasamín" (Ronda de San Francisco)
  • Casa e colección "Yusuf Al Burch" (C/ Cuesta del Marqués)

Economía

[editar | editar a fonte]

É o principal centro comercial, administrativo e eixo económico da provincia e o primeiro centro turístico de Estremadura. A súa economía está baseada principalmente no sector terciario (servizos), no turismo e na construción, cunha pequena contribución do sector industrial, que se centra en industrias alimentarias, téxtiles, cerámicas e produtos derivados do caucho.

  1. INEbase. Variaciones intercensais. Alteracións dos municipios nos censos de poboación dende 1842: 10037 Cáceres. Consultado o 2 de marzo de 2013. Cando se dispón do dato de poboación de feito e de dereito tomouse a cifra máis alta.