Caminomorisco
Coordenadas: 40°19′35″N 6°17′26″O / 40.32639, -6.29056
Caminomorisco | |||
---|---|---|---|
Caminomoriscu | |||
| |||
![]() | |||
Alquería de Cambroncino | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | Estremadura | ||
Provincia | Cáceres | ||
Comarca | Las Hurdes | ||
Xeografía | |||
Altitude | 491 msnm | ||
Superficie | 147,6 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1.256 | ||
Densidade | 11,2 | ||
Outros datos | |||
Código postal | 10620 | ||
Alcalde | Gervasio Martín Gómez (PSOE)[1] | ||
Ayuntamiento de Caminomorisco |
Caminomorisco (en estremeño Caminomoriscu) é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao norte da provincia de Cáceres, na comarca de Las Hurdes.
O concello ten a súa capital na localidade de Caminomorisco, chamada antigamente Las Calabazas.
Historia[editar | editar a fonte]
O concello de Caminomorisco posúe numerosos restos épocas prehistóricas, sobre todo do Calcolítico e da Idade de Bronce. En varios lugares (Candelario, La Jareta, Madroñal, Romanzano, Escugoso...) apareceron restos líticos, como machados ou puntas de frecha. Tamén se atoparon fragmentos de cerámica e enterramentos. De grande interese son os ídolos-estelas atopados en Arrocerezo, Vamesto, Cugoso, Los Tesitos, La Coronita...
Quedan algunhas pegadas deixadas polos romanos, pero de menor importancia.
No século XIII, o lugar de Las Calabazas, xunto coa chamada "Dehesa de Jurde", pasou a depender de La Alberca (provincia de Salamanca), por unha concesión que fixo a esta vila o infante D. Pedro, señor de Granada, hoxe Granadilla. Os habitantes da comarca preitearon e rebeláronse continuamente contra as ordenanzas de La Alberca, pero seguiron dependendo dela ata o século XIX.
Coa caída do Antigo Réxime a localidade constitúese en concello, integrado en Estremadura, co nome de Camino Morisco.[2]
Patrimonio[editar | editar a fonte]
- Igrexa parroquial, baixo a advocación de San Xosé
- A Casa da Cultura de Caminomorisco, de nova planta, construíuse segundo a arquitectura popular de Las Hurdes, utilizando os mesmos materiais, pedra e lousa.
- Existen rotas de sendeirismo en diferentes áreas do concello.
- Piscina natural no río Alavea.
Cultura[editar | editar a fonte]
Festas[editar | editar a fonte]
No concello de Caminomorisco celébranse o San Cristovo (10 de xullo), Cristo do Camiño (terceiro domingo de agosto e Virxe do Pilar (12 de outubro).
Demografía[editar | editar a fonte]
Como outros concellos da comarca de Las Hurdes a súa poboación está dispersa, entre o núcleo principal, onde se sitúa o pazo do concello e outras localidades, chamadas alquerías (casais en galego). Existen dous casais abandonados, Arrocerezo (en estremeño Arrocerezu) e Arrofranco (en estremeño Arrofrancu).
Caminomorisco tiña censados en 1981 721 habitantes no núcleo principal, pasando a 757 en 2008.[3] A poboación total do municipio era de 1256 habitantes en 2008.
Alquerías[editar | editar a fonte]
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Nome oficial | Pob. (2008) | Nome tradicional en estremeño |
---|---|---|
Caminomorisco | 757 | Caminomoriscu |
Arrolobos | 126 | Arrolobus |
Cambrón | 29 | - |
Cambroncino | 209 | Cambroncinu |
Dehesilla | 22 | La Jesilla |
Huerta | 58 | La Güerta |
Riomalo de Abajo | 55 | Riomalu d’Abaju |
TOTAL | 1.256 |
Infraestruturas e servizos[editar | editar a fonte]
Comunicacións[editar | editar a fonte]
Accédese ao municipio pola estrada autonómica EX-204, de Salamanca a Coria e pola EX-369 a través do porto de Casar de Palomero.
Educación[editar | editar a fonte]
O municipio ten un Instituto de Ensino Secundario, o IES Gregorio Marañón.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2020.
- ↑ [1]
- ↑ [2]
- ↑ "Bienvenidos al IES Gregorio Marañón de Caminomorisco". iesgregoriom.educarex.es. Consultado o 2020-01-31.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caminomorisco ![]() |