Nuñomoral
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Estremadura | ||||
| Provincia | Provincia de Cáceres | ||||
| Capital | Nuñomoral | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.196 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 95 km² | ||||
| Altitude | 478 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Juan Carlos Sendín Sánchez | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 10626 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 10135 | ||||
| Sitio web | nunomoral.es | ||||
Nuñomoral é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao norte da provincia de Cáceres, na comarca de Las Hurdes. O concello ten a súa capital na localidade homónima de Nuñomoral.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante o Antigo Réxime a comarca dependía de La Alberca (Salamanca), mais a comezos do século XIX constituíuse como concello integrado en Estremadura, co nome de Nuño-Moral.
Turismo
[editar | editar a fonte]- Fervenza chamada Chorro de la Miacera, en El Gasco.
- Centro de Interpretación de la casa hurdana, en El Gasco.
- Arquitectura tradicional de Aceitunilla.
- Arquitectura tradicional de Fragosa.
Demografía
[editar | editar a fonte]Como outros concellos da comarca de Las Hurdes a súa poboación está dispersa, entre o núcleo principal, onde se sitúa o pazo do concello e outras localidades, chamadas alquerías.
Alquerías
[editar | editar a fonte]| Nome oficial | Pob. (2008) | Nome tradicional en estremeño |
|---|---|---|
| Nuñomoral | 309 | - |
| Aceitunilla | 99 | - |
| Asegur | 119 | L’Asegul |
| Cerezal | 139 | El Cerezal |
| Fragosa | 172 | - |
| El Gasco | 138 | El Gascu |
| La Batuequilla | 0 | - |
| La Horcajada | 0 | - |
| Martilandrán | 148 | - |
| Rubiaco | 94 | El Rubiacu |
| Vegas de Coria | 237 | Vegas |
| Total | 1.452 |
Infraestruturas e servizos
[editar | editar a fonte]Comunicacións
[editar | editar a fonte]A principal estrada que cruza o concello é a CCV-55, que empata coa estrada autonómica EX-204, de Salamanca a Coria, en Vegas de Coria.
Educación
[editar | editar a fonte]O municipio ten dúas escolas de primaria, en Nuñomoral e en Vegas de Coria.
