Casares de las Hurdes
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Estremadura | ||||
| Provincia | Provincia de Cáceres | ||||
| Capital | Casares de las Hurdes | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 362 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 20,75 km² | ||||
| Altitude | 1.110 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Miguel Ángel Domínguez Duarte | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 10628 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 10051 | ||||
Casares de las Hurdes é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado na comarca de Las Hurdes, ao norte da provincia de Cáceres. A capital municipal está situada na localidade homónima.
Historia
[editar | editar a fonte]Casares de las Hurdes, antigamente coñecido como Los Casares, está poboado desde a Prehistoria, como se pode observar polos petróglifos de La Sepultura de la Mora en Huetre e La Mano de Niño en Casarrubia.[1]
O concello creouse entre 1842 e 1842, ao escindirse de Nuñomoral. En 1916, o Conde de Romanones cambiou o nome do concello polo nome actual.
O rei Afonso XIII visitou Las Hurdes en 1922 acompañado por Gregorio Marañón para coñecer a situación da comarca. O rei e os seus acompañantes aloxáronse en tendas militares preto de Casares de las Hurdes.
Patrimonio e cultura
[editar | editar a fonte]- Igrexa parroquial do Santísimo Sacramento.
- Arquitectura tradicional en Huetre.
- Ponte en Casarrubia.
- Petróglifos.
- Rutas sendeiristas.
- Miradoiro de Casares de las Hurdes.
Festas
[editar | editar a fonte]- Sagrado Corazón de María, en Robledo.
- Cristo Bendito e Nosa Señora das Dores.
- Virxe da Milagrosa, en Casarrubia.
- Cristo Rei, en Huetre.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación do concello dende 1900 ata 2008:

Alquerías
[editar | editar a fonte]Como outros concellos da zona a súa poboación está dispersa, entre o núcleo principal, onde se sitúa o pazo do concello e outras localidades, chamadas alquerías.
| Nome oficial | Pob. (2011)[2] | Nome tradicional en estremeño |
|---|---|---|
| Casares de las Hurdes | 153 | Casaris |
| Carabusino | 63 | Carabusinu |
| Casarrubia | 46 | Jurdi |
| Heras | 33 | Las Heras |
| Huetre | 182 | La Güetri |
| Robledo | 53 | Robréu |
| TOTAL | 530 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Historia Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Ayuntamiento de Casares de las Hurdes
- ↑ Nomenclátor Instituto Nacional de Estadística
