Castelo Branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo de Castelo Branco
Localización de Castelo Branco en Portugal

Castelo Branco é unha cidade de Portugal, situada no centro interior do país, a unha distancia aproximada de 260 km ao nordeste de Lisboa. O concello sumaba 55.809 habitantes en 2001. O casco urbano propio achegábase aos 31.000 habitantes

Administración[editar | editar a fonte]

Castelo Branco é un dos municipios maiores de Portugal, cunha superficie de 1.439,94 km², subdividido en 25 freguesías administrativas. Limita polo norte con o concello do Fundão, polo leste con Idanha-a-Nova, polo sur con España, polo suroeste con Vila Velha de Ródão e polo oeste con Proença-a-Nova e máis con Oleiros.

Forma parte da rexión Centro e da subrexión da Beira Interior Sur. É a capital do distrito de Castelo Branco, que contaba con 208.069 habitantes en 2001.

O distrito de Castelo Branco corresponde aproximadamente á antiga provincia da Beira Baixa.

Subdivisións administrativas[editar | editar a fonte]

As freguesías de Castelo Branco son as seguintes:

Historia[editar | editar a fonte]

En 1213 recibiu carta foral de Pedro Alvito, cedida polos templarios, na que aparece a denominación Castel-Branco. Dous anos despois, o papa Inocencio III confirmouna, dándolle o nome de Castelobranco.

O mesmos templarios mandaron erguer as murallas e o castelo, entre 1214 e 1230. No interior dese recinto encóntrase a igrexa de Santa Maria do Castelo, antiga sede da freguesía. Aqui se reunían en asemblea dos homens-bos e as autoridades monástico-militares, até o século XIV.

No 1510 foille concedida nova carta foral a Castelo Branco, polo rei Manuel I.

En 1771 é elevada á categoría de cidade polo rei Xosé I, á par que o papa Clemente XIV crea a diocese de Castelo Branco que viría a ser extinta en 1881.

O Pazo Episcopal (anexo ao actual Museo Francisco Tavares Proença Júnior) é unha das mellores mostras do pulo da cidade na Idade Moderna. Mandado construír polo bispo da Guarda, Nuno de Noronha, entre 1596 e 1598, pasaría a ser logo a residencia dos bispos de Castelo Branco.

A cidade viría a tornarse capital do distrito aínda en 1959.

Economía[editar | editar a fonte]

A cidade ten sona en Portugal pola súa artesanía de colchas. En canto a industrias modernas é sede da compañía Centauro, que fabrica refixeradores, e da multinacional láctea Danone.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O xardín do Pazo Episcopal (1725), o castelo dos templarios e o Museo Francisco Tavares Proença Júnior, localizado no antigo Pazo Episcopal, rico en pezas arqueolóxicas, tapizarías, numismática e pintura quiñentista portuguesa.

Eventos[editar | editar a fonte]

Quince días despois do Domingo de Pascua festéxase a Feira da Señora de Mércules. Parte da tradición é tamém a Procesión dos Pasos.