Cubewano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cubewanos»)
2014 MU69

Un cubewano, chamado tamén obxecto clásico do cinto de Kuiper (en inglés, classical Kuiper belt object, CKBO), é un obxecto transneptuniano que evoluciona no cinto de Kuiper.

Estes obxectos localízanse a gran distancia de Neptuno e non están controlados polas forzas gravitacionais nin deste planeta nin doutros. As súas órbitas, non obstante, mantéñense estables por ser case circulares como as dos planetas; a esta similitude cos planetas débese o nome de obxectos "clásicos" do cinto de Kuiper. O seu raio de revolución medio localízase entre as 42 e as 48 UA. A teoría da súa formación é idéntica á dos planetas, por acreción lenta de materia do disco protoplanetario. Porén, a baixa densidade de materia detectada nesa rexión leva a algúns científicos a imaxinar que estes obxectos se formaron máis preto do Sol para emigrar posteriormente á súa posición actual, despois da migración de Neptuno.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome cubewano deriva do primeiro obxecto desta clase, o 1992 QB1; os seguintes obxectos desta clase denomináronse ao principio os QB1-os, e logo "cubewanos". En inglés QB-1 pronúnciase /kju:bi wʌn/.

Membros da familia dos cubewanos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.