Crocodylus thorbjarnarsoni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Crocodylus thorbjarnarsoni
Rango fósil: 5,3 Ma-1,8 Ma[1]
Plioceno - Plistoceno

Restauración en vida de Crocodylus thorbjarnarsoni
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Familia: Crocodylidae
Xénero: Crocodylus
Especie: Crocodylus thorbjarnarsoni
Brochu & Storrs, 2012

Crocodylus thorbjarnarsoni é unha especie extinta de crocodilo do Plioceno e Plistoceno da cunca de Turkana en Kenya. Está estreitamente relacionado coa especie Crocodylus anthropophagus, que viviu durante esa mesma época en Tanzania. C. thorbjarnarsoni podería ser o "crocodilo verdadeiro" máis grande coñecido, co cranio máis grande atopado, que indica que podería ter unha lonxitude total de 7,6 m.[2] Pode que fose un predador dos primeiros homininos. O nome Crocodylus thorbjarnarsoni déronllo Christopher Brochu e Glenn Storrs en 2012 en honra de John Thorbjarnarson, un conservacionista que traballou para protexer a crocodilianos en perigo.

Descrición[editar | editar a fonte]

Crocodylus thorbjarnarsoni distínguese doutros crocodilos polo seu morro ancho. Ten uns bordos elevados pequenos nos ósos prefrontais ante os ollos, unha cara cterística que tamén se presenta nalgúns individuos de crocodilo do Nilo. Os ósos escamosos forman bordos elevados ao longo dos laterais da mesa cranial, que son similares ás cristas de C. anthropophagus pero moito máis pequenas. Tamén igual que C. anthropophagus, ten fosas nasais que se abren lixeiramente cara a adiante en vez de directamente cara a atrás.[2]

O maior cranio de C. thorbjarnarsoni atopado (KNM-ER 1682) mide 85 cm desde a punta do morro á parte de atrás da mesa cranial; en comparación, o maior cranio coñecido de Crocodylus vivo é o dun Crocodylus porosus, que medía 76 cm. Baseándose na análise de regresión de Crocodylus, isto corresponde a unha lonxitude total para C. thorbjarnarsoni de 6,2-6,5 m, pero dita análise subestima o tamaño dos individuos moi grandes ata nun 20%, o que significa que podería ter sido de ata 7,6 m.[2]

Paleoecoloxía[editar | editar a fonte]

Crocodylus thorbjarnarsoni probablemente depredaba homínidos como Paranthropus e os primeiros membros do xénero Homo, que vivían na cunca de Turkana. As evidencias directas da depredación de crocodilianos son marcas de trabadas de crocodilo en ósos de homininos da garganta de Olduvai, probabelmente realizadas pola especie moi relacionada C. anthropophagus.[3] Porén, ningún óso de hominino na cunca de Turkana leva marcas de dentes de crocodilo, polo que non hai evidencias directas de que C. thorbjarnarsoni comese homininos. Porén os crocodilos do Nilo actuais poden comer humanos adultos e os C. thorbjarnarsoni eran aínda máis grandes. Brochu e Storrs hipotetizan que a falta de marcas de dentes podería deberse a que os homininos eran conscientes do perigo dos crocodilos e á súa capacidade de evadilos, explicando que "este conflito —comer e beber, pero talvez morrer— era presumiblemente a maior das preocupacións que sentían os nosos predecesores cando se aproximaban ás antigas correntes de auga habitadas por Crocodylus thorbjarnarsoni."[2] Outra explicación era que C. thorbjarnarsoni podía comer os homininos enteiros con pouca necesidade de mordelos, xa que era moito máis grande.[2]

Espécimes[editar | editar a fonte]

Crocodylus thorbjarnarsoni coñécese por nove cranios atopados, todos os cales están albergados no Museo Nacional de Kenya. O holotipo é un cranio case completo e unha mandíbula inferior chamada KNM-ER 1683 e procede da formación Koobi Fora de hai uns 2 millósn de anos na ribeira leste do lago Turkana. Os cranios KNM-ER 1681 e KNM-ER 1682 tamén se atoparon nesa formación. Outros tres cranios proceden da formación Nachukui, ao oeste da localidade do holotipo. O exemplar KNM-WT 38977 é do Membro (sección da formación xeolóxica) do Lomekwi Inferior e ten de 2,5 a 3,4 millóns de anos de antigüidade, o KNM-LT 26305 é do Membro Kaiyumung de 3,9 millóns de anos, e o KNM-LT 421 é do Membro Apak de 4,2 a 5,0 millóns de anos. Tres cranios máis, chamados KNM-KP 18338, KNM-KP 30604 e KNM-KP 30619 atopáronse no sur da cunca de Turkana na formación Kanapoi, e datan entre 4,07 e 4,12 millóns de anos. O KNM-ER 1682, KNM-LT 421, KNM-LT 26305 e KNM-KP 30619 foran asignados previamente a Rimasuchus lloydi, e o seu reasignamento a C. thorbjarnarsoni reduce o rango de R. lloydi ao norte de África.[2]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

O seguinte cladograma deriva dun estudo de 2021 baeado no descubrimento dun novo cranio parcial de Crocodylus anthropophagus na garganta de Olduvai do norte de Tanzania.[4]

Crocodylinae

Mecistops cataphractus

Crocodylus thorbjarnarsoni

Crocodylus anthropophagus

Crocodylus niloticus

Crocodylus checchiai

Crocodylus moreletii

Crocodylus intermedius

Crocodylus acutus

Crocodylus rhombifer

Crocodylus palaeindicus

Crocodylus palustris

Crocodylus ossifragus

Crocodylus siamensis

Crocodylus mindorensis

Crocodylus johnstoni

Crocodylus porosus

Crocodylus raninus

Crocodylus novaeguineae  

Crocodylus paleoafricanos
Crocodylus neotropicais
Crocodylus indo-pacíficos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rio, Jonathan P.; Mannion, Philip D. (6 de setembro de 2021). "Phylogenetic analysis of a new morphological dataset elucidates the evolutionary history of Crocodylia and resolves the long-standing gharial problem". PeerJ 9: e12094. PMC 8428266. PMID 34567843. doi:10.7717/peerj.12094. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Brochu, C. A.; Storrs, G. W. (2012). "A giant crocodile from the Plio-Pleistocene of Kenya, the phylogenetic relationships of Neogene African crocodylines, and the antiquity of Crocodylus in Africa". Journal of Vertebrate Paleontology 32 (3): 587. doi:10.1080/02724634.2012.652324. 
  3. Christopher A. Brochu; Jackson Njau; Robert J. Blumenschine; Llewellyn D. Densmore (2010). "A New Horned Crocodile from the Plio-Pleistocene Hominid Sites at Olduvai Gorge, Tanzania". PLoS ONE 5 (2): e9333. Bibcode:2010PLoSO...5.9333B. PMC 2827537. PMID 20195356. doi:10.1371/journal.pone.0009333. 
  4. Azarra, Beatrice; Boschian, Giovanni; Brochu, Christopher; Delfino, Massimo; Iurino, Dawid Adam; Kimambo, Jackson Stanley; Manzi, Giorgio; Masao, Fidelis T.; Menconero, Sofia; Njau, Jackson K; Cherin, Marco (2021). "A new cranium of Crocodylus anthropophagus from Olduvai Gorge, northern Tanzania". Rivista Italiana di Paleontologia e Stratigrafia (Research in Paleontology and Stratigraphy) 127 (2): 275–295. doi:10.13130/2039-4942/15771.