Voay
Voay Rango fósil: 0,1 Ma-0,01 Ma[1] Plistoceno tardío. As diverxencias estimadas suxiren unha orixe no Oligoceno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cranio, Museo Americano de Historia Natural | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
† Voay robustus (Grandidier & Vaillant, 1872) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Crocodylus robustus Grandidier & Vaillant, 1872 |
Voay é un xénero de crocodilos extinguido de Madagascar, que viviu desde o Plistoceno tardío ata o Holoceno, que contén unha soa especie, V. robustus. Atopáronse numerosos subfósiles, incluíndo cranios completos, caracterizados polo seu distintivo par de cornos na parte posterior, así como vértebras e osteodermos atopados en lugares como Ambolisatra e Antsirabe (Madagascar). O xénero pénsase que se extinguiu en tempos relativamente recentes. Suxeriuse que desapareceu no episodio de extinción que fixo desaparecer boa parte da megafauna endémica de Madagascar, como a ave elefante e o hipopótamo malagaxe, coincidente coa chegada dos humanos a Madagascar arredor de hai 2000 anos.[2] O seu nome procede da palabra que significa crocodilo en lingua malgaxe.
Descrición
[editar | editar a fonte]Unha característica pouco común de V. robustus que o distingue doutros crocodilianos é a presenza de "cornos" prominentes que se estenden desde a porción posterior do cranio. En realidade son as esquinas do óso escamoso estendidas posterolateralmente. Outros crocodilianos relacionados, como Aldabrachampsus tamén tiñan proxeccións similares, aínda que en Aldabrachampsus estas proxeccións eran máis similares a cristas que a cornos.[3] Outra caacterística diagnóstica é a case exclusión dos ósos nasais da narina externa. Tiña un morro máis curto e máis profundo que o do existente Crocodylus niloticus, así como extremidades relativamente robustas. Os osteodermos tiñan quillas altas e eran simétricos dorsalmente con marxes laterais curvadas, que discorren por toda a lonxitude do corpo postcranial.[4]
Estimouse que V. robustus chegaba a lonxitudes de ata 5 m.[5] Estas estimacións suxiren que V. robustus era o maior predador de todos os que existiron en Madagascar en tempos recentes. O seu tamaño, estatura e suposto comportamento é similar ao dos modernos crocodilos do Nilo (Crocodylus niloticus). Como V. robustus compartía tantas semellanzas co crocodilodo Nilo podería ter habido moita competición interespecífica polos recursos entre os dous xéneros de crocodilos se ambos tivesen coexistido. Propúxose recentemente que o crocodilo do Nilo só migrou á illa de Madagascar desde a África continental despois de que V. robustus se extinguiu en Madagascar.[6] Porén, esta idea foi despois desbotada unha vez que se descubriu que algúns espécimes de Crocodylus de Madagascar tiñan uns 7.000 anos de antigüidade e eran contemporáneos de Voay.[7]
Filoxenética
[editar | editar a fonte]Cando se describiu por primeira vez V. robustus en 1872, asignouse orixinalmente ao xénero Crocodylus.[8] Despois viuse que morfoloxicamente tiña máis en común co actual Osteolaemus (crocodilo anano) que con Crocodylus. Algunha características compartidas con Osteolaemus son unha superficie pterigoide deprimida que forma un "pescozo" coanal no padal. Como non están o suficientemente próximos para ser situado no mesmo xénero que o crocodilo ananao, foi asignado a un novo xénero en 2007. Antes desta reasignación, a especie era considerada por algúns como sinónimo de Crocodylus niloticus. Porén, isto debíase probablemetne a unha mala interpretación de restos do C. niloticus vivente e V. robustus e á pobre descrición do material orixinal a partir do cal se describiu a especie.[9][10] En contraste coas semellanzas morfolóxicas con Osteolaemus, un estudo paleoxenómico de 2021 atopou que Voay era un grupo irmán de Crocodylus, e ambos os xéneros diverxeran no Oligoceno tardío medio; isto indica que as similitudes aparentes con Osteolaemus débense probablemente a evolución converxente.[11]
O seguinte cladograma mostra os resultados do último estudo:[11]
Crocodylidae |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(grupo coroa) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rio, Jonathan P.; Mannion, Philip D. (6 de setembro de 2021). "Phylogenetic analysis of a new morphological dataset elucidates the evolutionary history of Crocodylia and resolves the long-standing gharial problem". PeerJ 9: e12094. PMC 8428266. PMID 34567843. doi:10.7717/peerj.12094.
- ↑ Brochu, C. A. (2007). "Morphology, relationships, and biogeographical significance of an extinct horned crocodile (Crocodylia, Crocodylidae) from the Quaternary of Madagascar". Zoological Journal of the Linnean Society 150 (4): 835–863. doi:10.1111/j.1096-3642.2007.00315.x.
- ↑ Brochu, C. A. (2006). "A New Miniature Horned Crocodile from the Quaternary of Aldabra Atoll, Western Indian Ocean". Copeia 2006 (2): 149–158. doi:10.1643/0045-8511(2006)6[149:ANMHCF]2.0.CO;2.
- ↑ Hill, R. V.; Lucas, S. G. (2006). "New data on the anatomy and relationships of the Paleocene crocodylian Akanthosuchus langstoni". Acta Palaeontologica Polonica 51 (3): 455–464.
- ↑ Burness, G. P.; Diamond, J; Flannery, T (2001). "Dinosaurs, dragons, and dwarfs: The evolution of maximal body size". Proceedings of the National Academy of Sciences 98 (25): 14518–23. Bibcode:2001PNAS...9814518B. PMC 64714. PMID 11724953. doi:10.1073/pnas.251548698.
- ↑ Bickelmann, C.; Klein, N. (2009). "The late Pleistocene horned crocodile Voay robustus (Grandidier & Vaillant, 1872) from Madagascar in the Museum für Naturkunde Berlin". Fossil Record 12: 13–21. doi:10.1002/mmng.200800007.
- ↑ Martin, Jeremy E.; Richardin, Pascale; Perrichon, Gwendal; Pochat-Cottilloux, Yohan; Phouybanhdyt, Brian; Salaviale, Celine; Adrien, Jerome (2022-05-27). "The oldest occurrence of Crocodylus in Madagascar and the Holocene crocodylian turnover". Journal of Vertebrate Paleontology (en inglés) 41 (6): e2063058. ISSN 0272-4634. doi:10.1080/02724634.2021.2063058.
- ↑ Grandidier, A. and Vaillant, L. (1872). Sur le crocodile fossile d'Amboulintsatre (Madagascar). Comptes Rendus de l'Académie des Sciences Paris 75:150–151.
- ↑ Mook, Charles C. "Description of a skull of the extinct Madagascar crocodile, Crocodilus robustus Vaillant and Grandidier" (PDF). Bulletin of the American Museum of Natural History 44 (4): 25.
- ↑ Brochu, C. A. and Storrs, G. W. (1995). The giant dwarf crocodile: a reappraisal of ‘Crocodylus’ robustus from the Quaternary of Madagascar. In: Patterson, Goodman, and Sedlock, eds., Environmental Change in Madagascar. p. 70.
- ↑ 11,0 11,1 Hekkala, E.; Gatesy, J.; Narechania, A.; Meredith, R.; Russello, M.; Aardema, M. L.; Jensen, E.; Montanari, S.; Brochu, C.; Norell, M.; Amato, G. (2021-04-27). "Paleogenomics illuminates the evolutionary history of the extinct Holocene "horned" crocodile of Madagascar, Voay robustus". Communications Biology (en inglés) 4 (1): 505. ISSN 2399-3642. PMC 8079395. PMID 33907305. doi:10.1038/s42003-021-02017-0.