Saltar ao contido

Crocodilo americano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crocodilo americano
Crocodylus acutus
Georges Cuvier 1807 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
C. acutus Editar o valor en Wikidata
Características
 Ciclo diurno
Taxonomía
 Sinonimia
Conservación
Especie vulnerable
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseReptilia
OrdeCrocodilia
FamiliaCrocodylidae
XéneroCrocodylus
EspecieCrocodylus acutus Editar o valor en Wikidata
Cuvier, 1807 Crocodylus acutus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/04rpjf Editar o valor en Wikidata
ITIS174361 Editar o valor en Wikidata
OTT870591 Editar o valor en Wikidata
UICN5659 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O crocodilo americano (Crocodylus acutus) é unha das catro especies de crocodilos do Novo Mundo, habita na área comprendida entre as costas atlántica e pacífica do sur de México, América Central, norte do Perú e Venezuela, oeste de Colombia, Ecuador, Cuba, Xamaica, República Dominicana, Haití e no sur de Florida, descoñécese o número exacto pero calcúlase entre 10.000 e 20.000 os exemplares que viven en liberdade.

A lonxitude total nos adultos chega sos seis metros, constituíndo os maiores crocodilos de América. A súa testa é estreita e longa, cos fociños lixeiramente curvados, sobresaíndo os dentes cando a boca permanece pechada. As escamas son de cor clara e sobresaen máis ca no aligátor, mentres as patas son máis curtas e o rabo está moi desenvolvido. As pálpebras abren e pechan lateralmente e segregan o exceso de sal mediante glándulas. Debido ao seu metabolismo ectotermo poden pasar longos períodos de tempo sen comer e ata dúas horas sen respirar. Poden vivir tanto en augas doces como salgadas.

Testa do crocodilo americano

A femia chega á madurez sexual cando acada 2.5 m aproximadamente, escaravella o niño na area ou amorea vexetación e outros materiais formando un pequeno outeiro. O período reprodutivo concéntranse na estación seca, cando non hai perigo de asulagamento do niño. A femia pode poñer entre 20 e 60 ovos e un mesmo niño pode conter ovos de dúas femias diferentes. A eclosión chega despois de 90 días e coincide co comezo da estación das chuvias, ao naceren miden 25 cm e despois de poucos días deixan o niño.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.