Crocodylus palaeindicus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Crocodylus palaeindicus
Rango fósil: 11,6 Ma-2,6 Ma[1]
Mioceno tardío–Plioceno
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Familia: Crocodylidae
Xénero: Crocodylus
Especie: Crocodylus palaeindicus'
Falconer, 1859
Sinonimia

Crocodylus palaeindicus é unha especie extinta de crocodilo do sur de Asia. Viviu desde o Mioceno ao Plioceno. Pode ser o devanceiro do actual Crocodylus palustris.

Historia[editar | editar a fonte]

C. palaeindicus foi nomeado polo paleontólogo escocés Hugh Falconer en 1859. Falconer atopou fósiles da especie nos Montes Siwalik de India xunto cos restos de moitos outros animais, como tartarugas, avestruces, camelos, tigres dentes de sabre e mastodontes.[2] Richard Lydekker nomeou posterioremnte outro crocodilo dos Montes Siwalik que chamou C. sivalensis. Aínda que os dous crocodilos son moi similares, C. sivalensis foi dstinguido de C. palaeindicus porque a marxe do seu cranio era menos convexa. C. sivalensis foi recentemente sinonimizado con C. palaeindicus, xa que as lixeiras diferenzas de forma pénsase que se deben a variacións naturais ou formas de fosilización.[3] Nos últimos anos, os seus fósiles atopáronse tamén desde Paquistán e Myanmar.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Exemplar de Crocodylus palustris, un parente estreito e posible descendente de Crocodylus palaeindicus

Historicamente, C. palaeindicus era considerado un antepasado directo de Crocodylus palustris. As dúas especies son de aspecto similar e algúns fósiles de C. palaeindicus eran ao principio confundidos con C. palustris.[3] As análises filoxenéticas máis modernas dos crocodilos sitúan C. palaeindicus nunha posición basal entre os membros do xénero Crocodylus. Abaixo móstrase un cladograma modificado de Brochu et al. (2010) que indica a relación de C. palaeindicus con outros crocodilos:[4]

Crocodylidae

Tomistominae

 Crocodylinae 

Mekosuchinae

"Crocodylus" megarhinus

Osteolaeminae

Mecistops cataphractus

Crocodylus niloticus

 crocodilos do Novo Mundo

Crocodylus acutus

Crocodylus intermedius

Crocodylus rhombifer

Crocodylus moreletii

Crocodylus anthropophagus

Crocodylus palaeindicus

Crocodylus palustris

 crocodilos indo‑pacíficos

Crocodylus siamensis

Crocodylus porosus

Crocodylus johnstoni

Crocodylus novaeguineae

Crocodylus mindorensis

Un estudo de 2018 feito por Lee & Yates usando simultaneamente datos morfolóxicos, moleculares (secuenciación de ADN), e estratigráficos (idade dos fósiles) estableceu as interrelacións dentro de Crocodylidae.[5] En 2021 Hekkala et al. puido utilizar a paleoxenómica, extraendo ADN do crocodilo extinto Voay, para establecer mellor as relacións dentro de Crocodylidae, incluíndo as subfamilias Crocodylinae e Osteolaeminae.[6]

O seguinte cladograma mostra os resultados deste último estudo:

Crocodylidae
Osteolaeminae

Mecistops cataphractus

Euthecodon

Brochuchus

Rimasuchus

Osteolaemus osborni

Osteolaemus tetraspis

Crocodylinae

Voay

Crocodylus

Crocodylus anthropophagus

Crocodylus thorbjarnarsoni

Crocodylus palaeindicus

Crocodylus do deserto de Tirari †

Asia+Australia

Crocodylus johnstoni

Crocodylus novaeguineae

Crocodylus mindorensis

Crocodylus porosus

Crocodylus siamensis

Crocodylus palustris

África+Novo Mundo

Crocodylus checchiai

Crocodylus falconensis

Crocodylus suchus

Crocodylus niloticus

Novo Mundo

Crocodylus moreletii

Crocodylus rhombifer

Crocodylus intermedius

Crocodylus acutus

(grupo coroa)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rio, Jonathan P.; Mannion, Philip D. (6 de setembro de 2021). "Phylogenetic analysis of a new morphological dataset elucidates the evolutionary history of Crocodylia and resolves the long-standing gharial problem". PeerJ 9: e12094. PMC 8428266. PMID 34567843. doi:10.7717/peerj.12094. 
  2. Lydekker, R. (1885). Catalogue of the remains of Siwalik Vertebrata contained in the Geological Department of the Indian Museum, Calcutta 1. Superintendent of Government Printing, India. 
  3. 3,0 3,1 Brochu, C. A. (2000). "Phylogenetic relationships and divergence timing of Crocodylus based on morphology and the fossil record". Copeia 2000 (3): 657–673. doi:10.1643/0045-8511(2000)000[0657:pradto]2.0.co;2. 
  4. Brochu, C. A.; Njau, J.; Blumenschine, R. J.; Densmore, L. D. (2010). "A new horned crocodile from the Plio-Pleistocene hominid sites at Olduvai Gorge, Tanzania". PLoS ONE 5 (2): e9333. Bibcode:2010PLoSO...5.9333B. PMC 2827537. PMID 20195356. doi:10.1371/journal.pone.0009333. 
  5. Michael S. Y. Lee; Adam M. Yates (27 de xuño de 2018). "Tip-dating and homoplasy: reconciling the shallow molecular divergences of modern gharials with their long fossil". Proceedings of the Royal Society B 285 (1881). PMC 6030529. PMID 30051855. doi:10.1098/rspb.2018.1071. 
  6. Hekkala, E.; Gatesy, J.; Narechania, A.; Meredith, R.; Russello, M.; Aardema, M. L.; Jensen, E.; Montanari, S.; Brochu, C.; Norell, M.; Amato, G. (2021-04-27). "Paleogenomics illuminates the evolutionary history of the extinct Holocene "horned" crocodile of Madagascar, Voay robustus". Communications Biology (en inglés) 4 (1): 505. ISSN 2399-3642. PMC 8079395. PMID 33907305. doi:10.1038/s42003-021-02017-0.