Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paleosuchus é un xénero de réptiles da familia Alligatoridae . Está integrado por dúas especies , que habitan nos trópicos de Suramérica . Reciben o nome de caimáns ananos, porque son as especies de menor lonxitude dentro da orde Crocodilia .[ 1]
Paleosuchus trigonatus no río Anaxiqui, Amazonas, Brasil.
Aliméntanse de peixes, réptiles, aves e pequenos mamíferos.
Este xénero foi descrito orixinalmente polo naturalista e zoólogo inglés John Edward Gray no ano 1862 .[ 2]
Este xénero comprende dúas especies:
Paleosuchus trigonatus (Schneider , 1801) [ 3] - O caimán almiscreiro do Brasil . Distribúese na cunca do Amazonas , desde Colombia e Ecuador ata o norte de Bolivia polo sur, as Güianas e a desembocadura do río Amazonas cara ao leste.
Paleosuchus palpebrosus (Cuvier , 1807) - O caimán almiscreiro común . Distribúese nas cuncas do Amazonas, do río São Francisco e do Río da Prata . Contan con poboacións desta especie: Bolivia , Brasil , Colombia , Ecuador , Güiana , Paraguai , Perú , Suriname e Venezuela . Na súa idade adulta, os machos alcanzan 1,6 metros de lonxitude e as femias 1,2 metros, polo que son os crocodilianos máis pequenos.
Paleosuchus palpebrosus .
↑ Brochu, C. A. (1999). "Phylogenetics, Taxonomy, and Historical Biogeography of Alligatoroidea". Society of Vertebrate Paleontology Memoir 6 : 9–100. doi :10.2307/3889340 .
↑ Gray, 1862 : A Synopsis of the Species of Alligators. Annals and Magazine of Natural History, ser. 3, vol. 10, n. 35, p. 327-331.
↑ Britton, Adam (2009-01-01). "Paleosuchus palpebrosus (Schneider, 1801)" . Crocodilian species list . Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2018. Consultado o 2013-11-04 .