Conversa usuario:Lmbuga/discusións 9

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Por todos os teus minutos. Por todos os teus esforzos. Por todos os teus desvelos. Pola túa intelixencia. Moitísimas moitísimas grazas.--Xabier Cid Conversa 10:58, 5 decembro 2008 (UTC)

Recoñecemento[editar a fonte]

Grazas Lmbuga por todo o que tes feito. Sei ben que ser administrador é duro, sobre todo en Commons, aínda que aquí tamén foi duro en épocas pretéritas. Agardo que as túas colaboracións sigan a ser igual de boas, e sigas a subir imaxes tan boas como as que estabas a subir. Por todo isto e máis, sempre fuches unha grande axuda para min, e sinto non terche apoiado en Commons como che merecías (ando moi desligado de Commons, aínda que teña usuario alí). Máis nada. Moita sorte. Alberte Si, dígame? 15:42, 5 decembro 2008 (UTC)

Agasallo polo teu traballo[editar a fonte]

Non vou facer conversa xa que Lmbuga non desexa tal cousa. Sintome o dereito igual ca outros de deixar nista páxina unha homenaxe, sen pensar polo tanto que sexa a tumba dun defunto. Basicamente a miña postura é a mesma en commons. "Pechaches a porta de Lmbuga. Poís pechada debe quedar o tempo que sexa, (ainda que sexa de para sempre). Máis, na miña opinion, non debes ir mais lonxe e borrala, penso que ten que quedar pechada coa chave na túa mán para que poidas abrila cando queiras. O de borrar a identidade de Lmbuga semella aos meus ollos una escena con bágoas, danos e perdas. O de trocar a túa colaboración pola de un usuario anónimo non semella realista, agás de subir fotos de Australia e de mellorar as categorías de Rusía. Ti presentas o borrado e o troque como unha salvación da persoa que esta eiqui como Lmbuga, e podese entender que é por non haber solucionado problemas na comunidade que Lmbuga non pode seguir. A comunidade adianta como pode, e cada usuario tamén fai igual.Eu penso que é posible que Lmbuga un día abra a porta, renove a súa páxina de usuario e colabore con prazer." Non me parece oportuno engadir o que seria especifico da Galipedia. Deica logo Lmbuga, sen bágoas, sen danos e sen perdas. ElviraConversa comigo 15:25, 6 decembro 2008 (UTC)

Despedida e agradecemento[editar a fonte]

É unha sopresa, e nada grata, perder a un usuario capital na Galipedia coma é Lmbuga. Entendo que a constante exposición pública, sobre todo nun papel tan activo e no que, por mor das responsabilidades, hai que tomar decisións susceptibles de molestar a colaboradores, acaba por erosionar a calquera. Polo que a min respecta, podo decir sen ningunha dúbida que, se ben a colaboración que tiven ata o dagora cos demáis usuarios da Galipedia foi, xa non só correcta, senón mesmo afable, ningúen me axudou máis nin tivo tanta paciencia comigo coma o usuario que hoxe se retira. Os colaboradores non sempre entendemos que a tarefa dun administrador é dotar á Wikipedia de coherencia e rigor, e os desencontros poden acabar minando ata á xente máis predisposta ao diálogo, coma é o teu caso. Moitísimas grazas, e ata pronto, espero. --Iago 16:06, 6 decembro 2008 (UTC)

Sobre a retirada de Lmbuga: problema individual e colectivo[editar a fonte]

Levo na Galipedia desde que había, aproximadamente, 1.600 artigos; daquela apenas había imaxes, ao cabo dun tempo xa tiñamos algunhas, as máis numerosas eran as que correspondían aos mapas feitos por Alyssalover —un colaborador que moitos dos usuarios actuais non chegaron a coñecer—. En canto a fotos isto era un campo practicamente ermo. Por iso cando apareceu Lmbuga cargando unha chea de fotografías foi un motivo de alegría para os que estabamos daquela neste wiki. Lmbuga abriu o camiño para moitos outros usuarios que viñeron detrás (sen ser unha lista completa cómpre citar na carga de imaxes a Lameiro, PepedoCouto, Estevoaei, Iago Pillado,...). Axiña acadou Lmbuga un coñecemento moi amplo sobre as licenzas e todo o relativo as imaxes na Wikipedia e en Commons ata chegar a ser administrador e burócrata alí.

Tal e como o vexo a retirada de Lmbuga para protexer a súa intimidade e así evitar o acoso non é ningunha arroutada, nin sequera é un problema individual que se pecha exclusivamente con boas palabras. Pola contra é un problema da comunidade (ese concepto esquivo e cambiante difícil de definir), os colaboradores que aquí estamos non fomos quen de termar dun colaborador valioso, que traballou constantemente en beneficio do proxecto. Digo isto independentemente de que sexa un administrador ou non o sexa, de que nos caia simpático ou antipático. A medida que pasan os anos a Wikipedia, Wikimedia en xeral, convértese nun proxecto máis complexo nos que os wikis individuais non son illas independentes e cada un é unha parte dun proxecto global. Quero dicir con iso que ás veces non somos conscientes, ou non é suficientemente visible, o que está sucedendo cun usuario en concreto. Aqueles editores que desenvolven honestamente, pensando máis no proxecto que en si mesmos, o labor de administradores a miúdo atópanse en situacións nas que a mera contradición a outros usuarios chega nalgúns casos a un nivel de rancor impensable. Lmbuga, poida que moitos de vós non o saibades, por desgraza en varias ocasións, principalmente aquí e en Commons, ten sido branco da furia dese tipo de usuarios que non toleran nin aceptan ningunha contradición. Hai quen quere ver a posición dos administradores do wiki como unha relación de poder, nada máis lonxe da realidade, polo menos na Galipedia e con administradores que non teñen especial interese por selo. Podo afirmar (non o fago como unha necrolóxica laudatoria, fagoo porque fun testemuña delo) que Lmbuga nunca tivo especial interese por ser administrador nin aquí nin en Commons, interpretou ese papel máis como un servizo á comunidade e ao proxecto que como algo que puidera servirlle na súa colaboración persoal. Mesmo un verán hai anos quedou el só como administrador activo deste wiki coa carga que iso supón de esforzo, tempo e problemas.

A Wikipedia non é unha rede social, polo tanto nin temos porque ser todos amigos nin pensar todos o mesmo, nin sequera caernos simpáticos; Lmbuga foi un dos que traballou para conseguir que fosemos quen de colaborar dun xeito produtivo persoas de diversos gustos, crenzas, ideoloxías, orixes,...na procura de superar as posicións persoais en beneficio do proxecto e da colectividade, na procura de evitar conflitos e de atopar vías de colaboración (unha tarefa moi complexa ás veces, non é infrecuente que sexa dabondo desagradecida —moito esforzo e tempo para en moitas ocasións non acadar ningún resultado—). Deste tipo de colaboradores sempre andamos escasos. As situacións simples resólveas calquera, é doado desfacer un vandalismo que consiste en poñer uns insultos ou cousas sen sentido, porén non é doado resolver casos revirados, vandalismos complexos, manipulacións que requiren investigacións minuciosas, etc. Desde o punto de vista individual non facer nada é o máis cómodo, dese xeito non se suman máis inimigos, hai menos probabilidades de recibir insultos e descalificacións ou de xerar malestar nalgún usuario, tamén se evita ser obxecto de acoso, mesmo así non se cometen erros de acción (si de omisión); en troques desde o punto de vista colectivo e do proxecto cómpren eses editores que dean a cara pola Wikipedia e polo conxunto de colaboradores que traballa para facer un proxecto crible e valioso. Polo tanto, perder un editor como Lmbuga é unha desgraza e un fracaso colectivo. Limitar o que ocorreu a un problema individual dun usuario que se vai antóllase pouco acorde coa realidade. Confío en que a próxima vez sexamos quen de evitar que isto se repita. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:51, 9 decembro 2008 (UTC)

¿Podo crear novas categorías non existentes? ¿Existe algunha listaxe das categorías existentes? Grazas. (Edición de 79.150.23.45 ás 02:16, 22 decembro 2008, que esqueceu asinar.)

Agradecemento[editar a fonte]

Eu quero agradecerche de boa fé a tua sempre desinteresada colaboración na Galipedia. Encontrei en ti un compañeiro sempre disposto en axudar a todos de maneira sinceira e ata diriase amical e é por eso que sintoo moito non poder xa contar contigo. Recebe un forte abrazo et volta cando tu queras voltar.Basilio 18:50, 29 decembro 2008 (UTC)

Map of the western and eastern hemispheres[editar a fonte]

Hi, I saw your map of the western and eastern hemispheres (highlighted in yellow) - these maps are also used at the English Wikipedia. It's a nice picture indeed, but note that it is incorrect: Some small part of Eurasia (Russia) is situated in the western hemisphere. It would be great if you could make a new map. Best regards. Mountleek 23:10, 26 xaneiro 2009 (UTC)

Máis un agradecido[editar a fonte]

Boas

Despois dun tempo desligado da Galipedia, acabo de atopar por casualidade que xa non existe o teu usuario, para a miña sorpresa. Supoño que aínda así, seguirás visitando de cando en vez esta páxina, así que voume unir aos que che deron as grazas, polos teus esforzos, e polas veces que nos tes botado unha man, a min e outros moitos usuarios.

Apertas, Miguel.lima 21:57, 7 febreiro 2009 (UTC)

Desbloqueo[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Fuches desbloqueado, xa que o teu bloqueo fora realizado por ti mesmo por un argumento que ficou desfasado. Agora, creo que estaría ben que renunciaras a emprega-lo usuario:Xan de ningures, para evitar ter conflitos pola utilización de dúas contas. Agardo que a túa colaboración volva ser construtiva. Un saúdo e sorte na nova andaina. Alberte Si, dígame? 21:43, 23 xuño 2009 (UTC)

——> Grazas. Renuncio a empregar o usuario Xan de ningures (creo -ademais- que non vou ter problema con fotos que puidese subir con ese usuario; creo que non preciso mudar licenzas; se o precisase, comunícaríao previamente). Espero poder ser construtivo, inda que non teño pensado, polo de agora, facer moita cousa (xa sei que non te refires a iso): quizais crear algún artigo ou, como moito, categorizar algunhas fotos. En nadal quizais asuma algún quefacer de control, mais sen sentirme o responsable de ningún labor. Desexo empezar con calma e distante de votacións e elucubracións de calquera índole.
Procedo ademais a escribir as respostas na miña páxina de usuario para que as miñas conversas poidan ser doadamente seguidas. Grazas de novo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:01, 25 xuño 2009 (UTC)

Ficheiro da Araña[editar a fonte]

Boas, Lmbuga. Pois alédome ben, home. Levas razón. A araña collíchela xusto no mellor momento. É unha foto magnífica. A cámara, malia que dis que podía ser mellor, coido que ten calidade abondo. En fin, que tiraches unha foto de exposición. Boa nova e terte de novo por aquí. Estamos en contacto. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 08:58, 1 xullo 2009 (UTC)

Ola Lmbuga. Podes precisar que é exactamente o que queres mudar e en que imaxes. Debe ser a hora que non me queda claro. Un cordial saúdo. --Prevertgl 00:24, 7 xullo 2009 (UTC)

——>A páxina debía ser Galería de imaxes do Día Internacional dos Traballadores, Santiago de Compostela, 2009 con maiúsculas.
Iso non sería problema, poderíaa mover eu. O problema é que me confundín no uso das maiúsculas tamén na categoría e son unhas cen imaxes categorizadas. En vez de Categoría:Imaxes do día internacional dos traballadores, Santiago de Compostela, 2009, debía ser Categoría:Imaxes do Día Internacional dos Traballadores, Santiago de Compostela, 2009, con maiúsculas. Deime de conta ó ver o artigo Día Internacional dos Traballadores.
Poderíao facer eu, pero levaríame máis tempo do que me levou facer o que fixen categorizándoas e iso amólame un pouco, por iso comentei (inda que fóra de sitio, na páxina galería e non na categoría) se puidese facelo un bot. En caso de que sexa traballoso (non sei de bots), fágoo eu.
Grazas por contestar. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  00:32, 7 xullo 2009 (UTC)
A páxina é mellor que a movas ti. En canto ás imaxes da categoría xa me encargo de mudalas co bot. Un cordial saúdo. --Prevertgl 00:37, 7 xullo 2009 (UTC)
——>Graciñas-- Lmbuga / Conversa comigo  00:42, 7 xullo 2009 (UTC)
Xa comecei a mudalas pero á categoría da que colga Categoría:Imaxes do Día Internacional dos Traballadores, Santiago de Compostela, 2009: Categoría:Imaxes do día internacional dos traballadores en Galicia tamén está en minúscula. É iso correcto? Un cordial saúdo. --Prevertgl 00:59, 7 xullo 2009 (UTC) Engadido: non hai problema porque é fácil de mudar, só colga dela a subcategoría. --Prevertgl 01:02, 7 xullo 2009 (UTC)
——>Entendo que é incorrecto. Xa repaso eu todo. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  01:10, 7 xullo 2009 (UTC)
Xa rematei de pasar as imaxes. Marquei a antiga categoría para borrar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 01:13, 7 xullo 2009 (UTC)

Fauna de Galicia[editar a fonte]

Moitas gracias Lmbuga. Xa coñecía a categoría, pero gracias por interesarte. Por certo alédome de que voltaras colaborar aquí. Saúdos!--Hugo22 22:06, 8 xullo 2009 (UTC).

——>:Grazas. Desculpa que só reparase en que estabas facendo ese traballo (Fauna de Galicia) e inda non lese o que escribiches. Eu non me sinto capaz pois non teño coñecementos para facer un labor como o que pretendes (son de letras e teño mente de letras). Seguirei o teu traballo e, se necesitas axuda dun non especialista na cuestión, conta comigo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:08, 8 xullo 2009 (UTC)

Cabaceiro da Fonsagrada[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Nos artigos A Fonsagrada e Galería de imaxes da Fonsagrada temos unha fotografía que non ten nada que ver nin co cabaceiro nin con Fonsagrada: O "Ficheiro:Imagen 009.jpg" é unha biblioteca particular e supoño que o problema está no nome da imaxe, que se subiu con este nome suplantando a anterior. Como, no caso da Galería de imaxes, fuches ti quen a subeu prefiro comentarcho por se a solución é simplemente borra-la fotografía do artigo ou se ten outra solución que se me escapa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:33, 11 xullo 2009 (UTC)

——>Desculpa que non vise a túa mensaxe, acabo de reparar agora nela. Editaron a seguinte mensaxe e pasóuseme a túa, acabo de vela. Póñome a lela inmediatamente-- Lmbuga / Conversa comigo  18:46, 15 xullo 2009 (UTC)
——>Tes razón, o problema debe estar no nome. A imaxe nada ten que ver co que eu pretendín incorporar por seguramente escribir o nome doutra imaxe. Procedo a retirar a imaxe e a revisar as imaxes de Commons que puidesen pertencer a esa categoría. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  18:51, 15 xullo 2009 (UTC)
——>Hai unha imaxe de Commons que non temos na Galipedia, pero non podemos empregala porque na Galipedia hai outra con exactamente o mesmo nome. Eu considero de maior calidade a imaxe de Commons, pero non vexo maneira de darlle entrada na Galipedia, mesmo penso que non é posible (xa me ten pasado outras veces)-- Lmbuga / Conversa comigo  18:58, 15 xullo 2009 (UTC)
——>É posible (so se me ocorre isto para comprender o que pasou, pero a verdade é que me parece moi raro) que a imaxe que eu incorporei nos artigos procedente de Commons fose borrada en Commons e posteriormente fose creada unha imaxe totalmente diferente co mesmo nome. Ser é posible, pero moi raro Quizais nesa época eu non atendese as licenzas e características das imaxes de Commons á hora de subilas á Galipedia, sexa como sexa, o erro é meu. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  19:01, 15 xullo 2009 (UTC)

Conservacón de alimentos[editar a fonte]

Boas Lmbuga. O artigo Conservación de alimentos, dos teus alumnos do iES A Estrada, leva coa marca "en uso" desde a súa creación, hai xa máis dun ano. Gustaríame meterme con el porque o tema me interesa e podo achegar moita máis información. Se me confirmas que os teus alumnos abandonaron o artigo, póñome ó chollo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:04, 11 xullo 2009 (UTC)

——>O artigo foi abandonado fai máis dun ano. Retirei a marca {{enuso}}. Desculpa e adiante. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  13:18, 13 xullo 2009 (UTC)

Mapas de distribución[editar a fonte]

Gracias Lmbuga, xa ameñei o que me dixeches. A partir de agora farei o que me dixeches, no quero darche máis traballo do que xa tes.--Hugo22 18:36, 15 xullo 2009 (UTC)

——>Non te preocupes, isto para min non é traballo. Se eu vexo algo que podes mellorar, dígocho; se ti ves algo que eu podo mellorar, espero que mo digas. É así de simple. Desde logo, comigo, nunca te preocupes por ter que dedicar eu tempo ou por dedicarcho a ti (cousa que quizais, considerando a experiencia e a andanza no proxecto que xa tes, nunca ocorra). Grazas por responder. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:42, 15 xullo 2009 (UTC)

Seimeira de Vegocende[editar a fonte]

Tes razón na mellor calidade da imaxe da fervenza en Commons. Para evitar o conflito de nome coas dúas que temos (ficheiro:Seimeira de Vilagocende.jpg e ficheiro:Seimeira de Vilagocende.JPG) -repara nas minúsculas e maiúsculas do jpg- ocórreseme unha solución que ti verás se é factible: pedirlle a Atobar e a Lara que suban de novo as súas imaxes, un como Seimeira de Vilagocende_1 e outro como Seimeira de Vilagocende_2. Logo borramos a conflitiva e xa tes espazo libre para a de Commons. Espero explicarme e que isto sirva para ter as tres accesibles. Estou seguro de que tanto Atobar como Lara non porán problema ningún. Xa me dirás que te parece. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:45, 15 xullo 2009 (UTC)

——>Esa sería unha solución, pero eu non molestaría a ninguén solicitándolle que volvese subir unha imaxe que subiu correctamente. En tal caso faríao eu, pasaría eu o traballo de renomear a imaxe e de solicitar o borrado da orixinal por chocar cunha de Commons, comunicaríallo indicando as causas ó usuario que subiu a imaxe.
Non sei, quizais ás veces me pase de considerado (e outras todo o contrario). Agora está desactivada a subida de imaxes, o sistema non deixa subir imaxes á Galipedia.
De tódolos xeitos, ando a pensar que non estaría de máis crear unha etiqueta que expresase o seguinte: Esta imaxe debería ser renomeada por haber unha imaxe en Commons con exactamente a mesma denominación. Se crease eu esa etiqueta e dese aviso ó usuario que subiu a imaxe antes de facer o renomeamento creo que todo o proceso sería menos conflitivo ou dubidoso. Non o fixen por meditalo máis xa que creo que xa temos moitas etiquetas para imaxes. Eu sei as etiquetas que hai, coñézoas todas, pero pregúntome se resulta útil para a comunidade crear etiquetas por cada pequeno conflito que poida acontecer, dado que poucos saben de todas elas. Ó mellor estou dicindo unha parvada e o preferible é crear etiquetas e publicalas en Wikipedia:Lista visual de marcadores de mantemento de imaxes. Ultimamente cústame tomar decisións-- Lmbuga / Conversa comigo  21:03, 15 xullo 2009 (UTC)
  • Se digo de avisar a Atobar e Lara é porque estean ó tanto do problema antes dese renomeado e do borrado. Se ti podes facer o cambio de nomes, só quedaría explicarllo -previamente- nas súas páxinas. Canto ó das etiquetas... non sei, non acabo de entender ben todo iso, a súa función e o seu lugar de almacenamento, pero é unha das miñas limitacións. Ó non entender ben a cuestión non sei se compensa crear ou non esa etiqueta, pero penso que se trata dun problema puntual, pequeno, que só precisa unha solución puntual e simple. Non sei. Quen domina o tema das imaxes es ti e probablemente a min se me escapen determinados aspectos. Se podo facer algo, dimo e póñome a iso. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:39, 15 xullo 2009 (UTC)
    • ¿E que é iso de que "Agora está desactivada a subida de imaxes, o sistema non deixa subir imaxes á Galipedia"? ¿Algún problema técnico ou algunha nova política? ¿Non quererán acabar co noso arquivo fotográfico da Galipedia? Pedro --Lameiro (conversa) 21:42, 15 xullo 2009 (UTC)

——>A ver se respondo a todo o que dis.

En primeiro lugar, durante as dúas últimas horas non puiden subir imaxes á Galipedia porque pecharon o sistema de subir imaxes. Non se debe, case seguro a nada especial, polo que pon a mensaxe están facendo algún tipo de revisión do sistema que impide subir imaxes á Galipedia. Non creo que sexa máis ca iso. Quizais en media hora, ou quizais xa agora mesmo, poidamos xa subir imaxes.

Sobre o que andabamos a falar: Concordo contigo en avisar antes de facer algo, pero non creo adecuado solicitar a alguén que volva facer algo que xa fixo e que fixo correctamente. Se o trato que tes con ese usuario é próximo non haberá problema, pero ¿que ocorrerá se a ese usuario xa lle marcaches dous artigos para borrar? O máis probable é que te metas en problemas ou discusións.

Eu sempre ando a mirar o que pode ocorrer e miro de crear sistemas para que non haxa problemas.

Eu sempre considerei que temos que ter sistemas de aviso automatico que nos protexan, cando as actuacións non son exclusivamente persoais, de que outros usuarios consideren que as actuacións son exclusivamente persoais. Para iso valen (valen para máis cousas) as marcas das imaxes. Quero dicir con isto que se hai unha marca (como Modelo:NomeImaxeIncorrecto) instituída na Galipedia e ti lla colocas a unha imaxe, ti nunca poderás ser criticado por decidir que as imaxes con nome absurdo deban ser renomeadas (que é o que di ese modelo). Ti vas estar, cando menos a ese respecto a salvo: Se esa marca está instituída (dá igual que fose aprobada ou non) a queixa non se realiza sobre ti, realízase sobre a marca.

Os usuarios que nomeas son uns marabillosos usuarios que están integrados na comunidade e colaboran ó 100%. ¿Pero que ocorre se o seguinte usuario ó que tes que indicarlle que sería preferible que subise de novo a imaxe non ten esas condicións ou é un usuario díscolo (non digamos xa que poida ser vandálico)?

A marca serve para marcar a imaxe e respectuosamente comunicarllo ó usuario sen ter maiores responsabilidades na decisión. A decisión é da comunidade e calquera protesta debe realizarse sobre a marca e non sobre ti.

É por iso polo que eu non me encontro moi seguro á hora de crear novas marcas (modelos para marcar imaxes). Acabo de escribir en Usuario:Lmbuga/tmp unha primeira versión do que podería ser a marca e o aviso ó usuario.

Espero que todo o que che digo non che resulte moi estraño, ó mellor ando eu mexando fóra do...-- Lmbuga / Conversa comigo  22:08, 15 xullo 2009 (UTC)

——>Xa se pode subir imaxes, levo dúas horas intentado subir Ficheiro:Abella, Teo, Galiza 090714 12.JPG, por fin-- Lmbuga / Conversa comigo  22:12, 15 xullo 2009 (UTC)

Categorías requiridas de imaxes[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Estou traballando nas categorías requiridas (3124 onte á noite) e atopo entre elas todas estas en imaxes. Sendo ti o experto neste eido case prefiro mandarche a lista e que ti o vaias facendo ós poucos. Supoño que xa estabas ó tanto de que faltaba darlle categoría (ou colgar categoría, mellor) pero prefiro mandarcha: mellor que sobre que non que falte. Verás que hai casos que se deben a erros mecanográficos ("imaxess", por exemplo) pero na maioría dos casos é falta de sistematización segundo imos subindo fotografías. Bueno, non te asustes que aí che vai a lista. Saúdos e perdoa polo chollo que te encomendo. Pedro --Lameiro (conversa) 15:02, 19 xullo 2009 (UTC)

En Commons[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Modifiquei as categoría dunhas fotografías de Cambados que subiras a Commons porque creei unha máis específica. Alégrome de que volvas a participar na Galipedia. Saúdos. --Iago dime 12:25, 21 xullo 2009 (UTC)

Placa de Celso Emilio[editar a fonte]

Non me importa en absoluto, de feito eu xa rotara un chisco a imaxe porque a orixinal estaba aínda máis virada, pero como a deixaches ti está mellor. Bo traballo. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 22:17, 21 xullo 2009 (UTC)

imaxe de commons[editar a fonte]

boa noite. Estaba fedellando e mirei que unha imaxe que subín, do concello de Sanxenxo, foi subida a commons (esta), pero sen mencionar correctamente a orixe. Non sei moi ben como actuar. POderías axudarme a solventar o asunto? Non é tanto porque me amole que suban a imaxe sen mencionar a orixe, como porque prefiro que se fagan as cousas ben.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:49, 26 xullo 2009 (UTC)

Gustame moito aprender e xa anduven nesa imaxe sen saber quera de Estevoaei. Fixen algo, pero quedo atenta ao que lle digás a Estevoaei e ao que fagas por demáis. Contenta de ter ocasión de saludarte Lmbuga ElviraConversa comigo 01:19, 26 xullo 2009 (UTC)
——>Desculpa a tardanza na resposta.
Tiñas razón, Hidra92 subiu de xeito incorrecto a imaxe. Elvire amañouno colocando os datos correctos. Vou avisar a Hidra92 de que coloque a orixe e non se poña como autor das fotos das que non é autor para non atentar contra os dereitos de autoría.
Se algunha vez volves ver algo así, podes corrixilo ti mesmo. Ademais, se queres, podes dirixirte ó usuario que colocou os datos incorrectos para explicarlle o que debe facer e, dese modo, evitar que volva ocorrer. En calquera caso, contacta comigo cando o desexes. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  16:20, 28 xullo 2009 (UTC)

Imaxes da semana[editar a fonte]

Non é nada que non se saiba se digo que a túa aportación na área das imaxes foi e segue a ser moi valiosa na Galipedia, anque coincido que nunca está de máis ter presente o valor das aportacións que cada quén fai. Anque todos os que andamos por acá estaremos só polo pracer de ver cómo esta wiki vai medrando, tamén é certo que cando alguén adica moitas horas e enerxía a un proxecto non remunerado, nunca está de máis que se lle recoñeza a súa pericia. Nese sentido, é de lei sinalar a tarefa tan bóa que fas sobre todo no campo visual desta wikipedia.

Sobre a imaxe que propuxen, en concreto o que máis me gustou foi o seu colorido, realmente espectacular. --Iago dime 23:22, 28 xullo 2009 (UTC)

imaxes con problemas[editar a fonte]

Ola, Lmbuga. Levei á Categoría:Imaxes con problemas dúas imaxes. Unha é a portada dun disco e semella escaneada; outra e un mapa probablemente pirateado da web. Por favor, bota un vistazo e borra as imaxes ou sácalles a categoría "problemática". Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:35, 29 xullo 2009 (UTC)

(actual) (última) 21:32, 29 xullo 2009 Lameiro (Conversa | contribucións | bloquear) (120 bytes) (categorizo como "imaxes con problemas") (desfacer)
(actual) (última) 20:26, 29 xullo 2009 RNC (Conversa | contribucións | bloquear) (84 bytes) (marcador de atención, non controlo que marcador se pon nas imaxes por unha posible copia)
  • Seguindo co tema, temos agora unha chea de imaxes en Categoría:Wikipedia:Imaxes sen licenza e Categoría:Imaxes sen Orixe. Por certo ¿non deberan colgar de Categoría:Imaxes con problemas? Nalgunha ocasión (quizais coas de Avril Lavigne, pero agora non o atopo) vin que lles dabas ós usuarios un prazo para emenda-las deficiencias, anunciando que se borrarían se non se achegaba a información requirida. O caso é que creo que habería que especificar ese prazo (digamos, un mes, por exemplo) e marcarnos unha frecuencia de comprobación. Se houbese unha forma de indicar na imaxe cando foi “advertida” poderiamos facer unha limpeza mensual e evitar ter aí imaxes sen garantías durante tempo e tempo. ¿Cres procedente deseñar unha norma para oficializar esta actuación? ¿Podense marcar as imaxes con esa data de aviso? Xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:00, 2 agosto 2009 (UTC)

——>Desculpa que non saiba o que é o RNC que ti dis, non sei para nada, nin imaxino, o que pode ser (xa mo explicarás algún día).

Por outra banda, ben sei que temos unha boa chea de imaxes en Categoría:Wikipedia:Imaxes sen licenza e Categoría:Imaxes sen Orixe. Cando eu era admnistrador andaba no labor de reducir ese número. Creo que sen ter capacidade para borrar imaxes non podo botar unha man, pois non serviría para nada. Agora, polo que a esa cuestión respecta, o meu labor non é efectivo, pois non teño a capacidade de borrar (botaría unha man se puidese).

Si che podo explicar cómo eu procedía. O meu procedemento podía ser algo laborioso, pero creo que era adecuado (opta polo procedemento que desexes, o caso é ter un procedemento que permita ter xustificación).

Cando eu accedía a unha imaxe marcada como sen licenza ou sen orixe, reparaba en que tivese data. É dicir, se a imaxe era {{senOrixe}} non actuaba igual a se era {{senOrixe|15-09-62}}, para eu actuar facía falta que tivese data. Se non tiña data, colocáballa eu (coa data do día en que lla colocaba) e avisaba ó usuario que a subira.

Se tiña data, revisaba que o usuario que subira a imaxe fora avisado de que a imaxe podía ser borrada. Se fora avisado, borrábaa; se non fora avisado, avisábao.

Ti fai como vexas, pero pensa sempre que nos debemos ós usuarios e que noutro tempo (no 2005, 2004 e para atrás) as esixencias coas imaxes eran diferentes e os usuarios non están presentes.

Como non son administrador, non me compete decidir que é o que se fai ou pode facer, salvo que se abra unha discusión, cunha imaxe do 2005 sen orixe.

O asunto das imaxes sen orixe ou sen licenza son doadas desde o momento en que eu e Prevert nos empezamos a encargar delas (inda que tivemos ausencias polos conflitos que houbo e ben que se poden percibir). Se retrocedes a outros tempos -non cho recomendo- só podes entrar en conflitos ou en malestares.

Non entendas que quero condicinar a túa actuación coas miñas palabras, só che dou a miña opinión.

Noutras palabras: Hai moitas imaxes sen orixe, con orixe inválida, sen licenza ou con licenza invalida (procedentes dos primeiros anos da Galipedia)que non estan aí nesas dúas categorías, ou que si están. Eu seino e moitos tamén o saben. Eu pasei de actuar contra elas case sempre (algunhas veces non pasei) e abofé que outros usuarios -quizais non tantos- tamén pasaron.

Creo que os administradores doutrora procuramos que as imaxes do 2006 en diante tivesen coherencia, pero quizais non fomos capaces nin diso. Unha aperta-- Lmbuga / Conversa comigo  23:29, 2 agosto 2009 (UTC)

Imaxe sen licenza e/ou orixe[editar a fonte]

Primeiro de todo gracias pola túa información.

Estiven a fuchicar nisto de subir imaxes e fágome un lío con isto das licenzas...e quixen editar a información da miña imaxe e non puíde, quixen borrala e tampouco puíde; se a borras ti ben, aunque querería saber eu como se borra...a ver si a subo de novo e intento probar o dos metadatos...

Perdona que non te respondera antes, pero os fins de semana non accedo a Internet.

Un saludo La fabrica de nubes (fálame) 08:52, 10 agosto 2009 (UTC)

——> Datos prácticos sobre Image:Mosteiro do Bon Xesús (Igrexa).jpg
Polo que dis penso que queres cambiar os datos da imaxe e non dás ou non sabes os datos que debes poñer. Se non dás, tes que facer o seguinte:
  1. Edita a imaxe Ficheiro:Mosteiro do Bon Xesús (Igrexa).jpg facendo click nesta ligazón e, posteriormente premendo na pestana "editar"
  2. Muda os datos (mira de estar rexistrado) que desexes: Lembra que tes que poñer unha licenza (por exemplo {{PD}}, {{GFDL}}, {{Cc-by-sa-3.0}},... A licenza tes que escribila tal e como cha presento (coas dobres chaves abrindo e pechando)
  3. Tes que escribir tamén a orixe da imaxe: Páxina web, libro, autoría propia,...
  4. Garda
Se non te aclaras, indícame a imaxe e, se non sabes a licenza que lle queres poñer, indícame cómo desexas compartila: ¿Queres ser nomeado se alguén a emprega?, ¿Se alguén fai unha obra derivada desa imaxe, pode poñerlle unha licenza diferente da que a imaxe ten á obra derivada?. Seguiremos dialogando ata que te vaias aclarando. Non te preocupes, dialogando todo se amaña. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:47, 10 agosto 2009 (UTC)
Por certo, as imaxes só poden ser borradas por un administrador (sei que ultimamente están activos o 2º e o 5º da listaxe). Eu non son administrador polo que non podo borralas. Aínda así, un administrador só pode borrar a imaxe se lle indicas un motivo: Imaxe duplicada, nome incorrecto (ten que haber unha imaxe correcta), confundinme pois é copyvio e non sabía das normas, copyvio,... Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:00, 10 agosto 2009 (UTC)
Desculpa se tardo en responder, inda que creo que podo estar activo estes días que veñen. Non tes que desculparte por no responder antes, é normal-- Lmbuga / Conversa comigo  19:05, 10 agosto 2009 (UTC)

Hola Lmbuga

¿Porqué non está dispoñible esta opción? CC-by-nc-nd http://es.creativecommons.org/licencia/ (Non a atopo na wiki) ¿e posible poñela na imaxe? ¿Porque permitese o uso comercial das obras?...a foto e miña, deixaría copiala, compartila, ser nomeado se alguén a emprega, pero non me gustaría que ninguén se lucrara con ela... Un saúdo e Gracias pola túa paciencia. La fabrica de nubes (fálame) 08:29, 11 agosto 2009 (UTC)

——>Uso comercial
Non podes empregar unha licenza que prohibe o uso comercial: Tódalas fotos das wikipedias teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial, é dicir, se non queres que ninguén venda unha postal cunha túa foto ou realice un labor parecido, non a subas. Esa é unha das normas básicas deste proxecto e atinxe tamén ó texto que escribes cando editas un artigo, non só ás fotos.
Se queres ver algunha das licenzas válidas podes acceder a Wikipedia:Lista visual de marcadores de imaxe (onte non me dei conta de indicarche esta páxina.Tes máis datos en Wikipedia:Política de uso de imaxes. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  11:48, 11 agosto 2009 (UTC)

O terei en conta. Botalle unha ollada http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Mosteiro_do_Bon_Xes%C3%BAs_(Igrexa).jpg

vale así?

La fabrica de nubes (fálame) 09:32, 12 agosto 2009 (UTC)

——>*A imaxe estaba perfectamente, non tiña ningún problema; inda así fixen dúas variacións: Escribín como autor este texto [[Usuario:La fabrica de nubes|La fabrica de nubes]] para que houbese ligazón activa á túa páxina de usuario (Usuario:La fabrica de nubes). Despois eliminei a repetición de licenza e deixei só a que se atopa ó final do texto. Grazas por compartires as túas imaxes-- Lmbuga / Conversa comigo  17:28, 12 agosto 2009 (UTC)

Ok. Duas preguntiñas... Porque hai imaxes con dous tipos de licencias? http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Guerreiro_-Escultura_Francisco_Leiro.jpg e como se fai para introducir os metadatos?

Gracias

La fabrica de nubes (fálame) 09:04, 13 agosto 2009 (UTC)

——>Dobre licenza
Entendo que tódalas licenzas son excluíntes, é dicir, entendo que se empregas unha foto publicada na Galipedia cunha licenza Cc-by-sa-3.0, as obrigas que tes son diferentes a se a licenza é GFDL. Por seren excluíntes, se unha imaxe ten dúas licenzas, a persoa que a pretende empregar pode acollerse a unha delas, á que prefira. Noutras palabras, o valor das licenzas non se suma para restrinxir o uso; ó revés, con dúas licenzas pode -quizais- facilitarse o uso da imaxe. Eu, polo xeral, posto que emprego varias licenzas nas miñas imaxes, prefiro deixalo claro nos mesmos datos da imaxe, repara en Ficheiro:Saltón en Bastavales, Brión, Galiza 090709 01.JPG.
Tes a posibilidade de empregar licenzas múltiplas engadindo ás imaxes as etiquetas {{GFDL ou cc-by-sa 2.5 es}} ou {{GFDL ou cc-by-sa-3.0,2.5,2.0,1.0}}. Se queres que cree algunha etiqueta con outras licenzas, faimo saber, pois non creo que haxa problema.
Sobre os metadatos non sei que dicirche. Eu nunca procurei varialos, nin sequera sei se se pode, nin lle vexo utilidade. Quizais poidas preguntar en Wikipedia:A Taberna (imaxes) por se alguén sabe. Eu non podo axudar neste caso. -- Lmbuga / Conversa comigo  14:50, 13 agosto 2009 (UTC)

Problemas coas imaxes[editar a fonte]

Ola, acabo de ver a túa mensaxe. Eu son Pilar Ponte Patiño, a autora e propietaria das imaxes, é a primeira vez que intento subir algo á Galipedia. Estas fotografías están subidas previamente á miña conta de Flickr. Polo que entendín tería que volver a subilas sen marco e sen o nome nome nin o ano. É así? Tería que facer algo máis? Moitas grazas e desculpa pola novatada. Saúdos.

Pilar--Aprofa (fálame) 16:10, 13 agosto 2009 (UTC)

Non te preocupes, faltaría máis. Déixoche o enderezo da miña páxina de flickr e de momento deixarei outras que teño para subir a mirarme ben todas as instrucións. http://www.flickr.com/photos/pilarponte/ Aproveito tamén para facerche unha pregunta, o cartelismo (carteis de festas, exposicións, cursos, política lingüística, etc.) é contido admitido na Galipedia ou non? Grazas de novo.

Pilar--Aprofa (fálame) 16:18, 13 agosto 2009 (UTC) Vou probar aquí a nova sinatura a ver se a modifiquei ben. --Aprofa (fálame) 16:53, 13 agosto 2009 (UTC)


  • Hai algunha licenza que permita o uso comercial con atribución, isto é, que teñan que citar a autoría?

De principio non tería problema en modificar licenza en flickr. Valería algunha destas dúas? - Atribución de Creative Commons - Atribución-Compartir bajo la misma licencia de Creative Commons Non tería problema tampouco cos marcos e as sinaturas. Déixoche o enderezo de 3 fotos que tiña pensado subir á Galipedia e ás que lles cambiei a licenza e están sen marcos nin sinaturas. http://www.flickr.com/photos/pilarponte/3818271416/ http://www.flickr.com/photos/pilarponte/3818263876/in/photostream/ http://www.flickr.com/photos/pilarponte/3818232412/in/photostream?edited=1 --Aprofa (fálame) 17:06, 13 agosto 2009 (UTC) Xa a cambiei, púxenlle atribución compartir como me dicías. --Aprofa (fálame) 17:32, 13 agosto 2009 (UTC)


- Agora teño que marchar, da miña conta de flickr podes subir o que queiras, logo eu cámbiolle a licenza en flickr. Moitísimas grazas. --Aprofa (fálame) 17:35, 13 agosto 2009 (UTC)

——>Solucionar problemas das imaxes==
Case non sei por onde empezar. Son moitos os comentarios que podo facer. Vou comentarche primeiramente o caso de tódalas imaxes, agás das dúas que na anterior mensaxe marquei para borrar como copyvio.
Non teñas tensión por seren marcadas as imaxes. Se algunha fose borrada por un administrador, podería ser recuperada se se solicita con criterios: Nada está perdido nunca na Galipedia.
Comecemos:
Problema 1 (o máis grave)
Entendo que tódalas túas imaxes van ter en flickr a mesma licenza que http://www.flickr.com/photos/pilarponte/3815399761/ , é dicir, prohibes o uso comercial
Tódalas imaxes subidas á Galipedia que prohiban o uso comercial deben ser borradas. Na Galipedia tódalas imaxes deben permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Pensa que o mesmo pasa co texto que escribes na Galipedia, calquera pode usalo comercialmente e publicalo sempre que indique de onde o recolle.
Se puideses trocar en Flickr a licenza desas imaxes por unha licenza "Licencia Atribución" ou "Licencia Atribución-Compartir", as imaxes poderíanse manter na Galipedia (con calquera outra licenza terán que ser borradas). Se tes dificultade para mudar esas licenzas en Flickr, faimo saber, eu podo axudarche.
Problema 2
Unha vez solucionado o problema do uso comercial, pois non podes prihibilo se queres manter aquí as imaxes, debes aprender a subir imaxes procedentes de Flickr á Galipedia. Ese proceso, coas primeiras imaxes, podo realizalo eu e así aprendes como se fai. É dicir, dime unha ou dúas imaxes ás que lle variaches a licenza en Flickr para permitir o uso comercial e eu encárgome de colocarlle ben os datos e de comentarcho para que ti o poidas facer de aquí en diante.
Problema 3
As sinaturas. É un prblema menor, pero deben ser borradas ou van ser borradas. Non se permiten. Podes subir unha imaxe co teu nome no corpo da imaxe, pero alguén virá e llo quitará, pois non se permiten.
Teño máis cousas que dicirche, especialmente sobre as dúas imaxes que poden ser máis problemáticas (por certo, máis problemáticas para ti, que non para a galipedia, como verás se seguimos falando). Polo momento, para non asfixiarte con datos, creo que é preferibe que leas o que digo, que decidas... despois falaremos. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  16:52, 13 agosto 2009 (UTC)
———>Atribución
Si, hai dúas licenzas en Flickr que obrigan a que a túa páxina de flickr sexa nomeada e a que sexa nomeado o autor das imaxes permitindo o uso comercial. Son as licenzas que che dixen "Licencia Atribución" ou "Licencia Atribución-Compartir".
Por outra banda, indicáchesme tres imaxes, dúas delas (http://www.flickr.com/photos/pilarponte/3818263876/in/photostream/ e http://www.flickr.com/photos/pilarponte/3818232412/in/photostream?edited=1 ) poden subirse sen problemas á Galipedia, pois permiten as obras derivadas e o uso comercial. A outra (http://www.flickr.com/photos/pilarponte/3818271416/) non permite o uso comercial, polo que non pode subirse á Galipedia.
Podería xa subir á Galipedia esas dúas imaxes (http://www.flickr.com/photos/pilarponte/3818263876/in/photostream/ e http://www.flickr.com/photos/pilarponte/3818232412/in/photostream?edited=1 ), pero quizais prefiras poñerlles como licenza, en vez de "Licencia Atribución", "Licencia Atribución-Compartir". A diferenza entre as dúas é a seguinte:
Supón que alguén emprega a túa imaxe para facer unha obra derivada (un collage), se a licenza é "Licencia Atribución" pode colocarlle á súa obra a licenza que desexe, mesmo pode indicar que tódolos dereitos están reservados. Se colocas a licenza "Licencia Atribución-Compartir", a obra derivada ten que ter exactamente a mesma licenza que ten a túa imaxe. Ti terás que ser nomeada na obra derivada e nas obras derivadas que se poidan derivar desa obra derivada.
¿Procedo a subir esas dúas imaxes? ¿Espero a que troques a "Licencia Atribución" por "Licencia Atribución-Compartir"? ¿Entendes o que digo?, se non o entendes, pro favor, dimo-- Lmbuga / Conversa comigo  17:23, 13 agosto 2009 (UTC)
———>Xa vexo que as cambiaches. Procedo a subir esas imaxes. Vexo que colocaches nas tres "Licencia Atribución-Compartir". Na Galipedia esa licenza correspóndese coa marca {{Cc-by-sa-2.0}} nos datos das imaxes. Cando acabe de subilas, avísote. Non te preocupes por non estar presente, aquí nada ten demasiada présa.-- Lmbuga / Conversa comigo  17:37, 13 agosto 2009 (UTC)
———>Mañá falamos. Marcha, non hai problema-- Lmbuga / Conversa comigo  17:39, 13 agosto 2009 (UTC)
———>Tres imaxes subidas
Subín xa as tres imaxes. Podes velas en
-Ficheiro:Graffiti en Cangas do Morrazo.jpg
-Ficheiro:Graffiti en Cangas do Morrazo.jpg
-Ficheiro:3818232412 a8f3527173 o.jpg
Cometín un erro: Eu non son perfecto, poida que alguén si o sexa. Veras que o título da terceira non é descritivo da imaxe. Non está permitido que non sexa descritivo, polo que a imaxe debe ser renomeada. Débense colocar títulos descritivos das imaxes.
Datos das imaxes subidas
  1. Se fas click na ligazón de calquera das imaxes, poderás ver a imaxe e os seus datos.
  2. Se despois fas click (na parte superior) na pestana "editar", poderás ver como se escriben eses datos.
  3. Para variar os datos dunha imaxe nunca a subas de novo, hai que editar a imaxe e reescribir. Se sobes a imaxe de novo, os datos pérdense (o sistema é así), só se sobe a imaxe, pero non os datos.
  4. Podes variar os datos das imaxes como se fosen unha páxina calquera da Galipedia: Pestana "editar", cambiar os datos, "Gardar".
Imaxes procedentes de Flickr
Recoméndoche o seguinte, tanto para subir unha nova imaxe como para variar unha existente:
Accede a unha das imaxes anteriores e, tras editala, copia os seus datos. Pega os seus datos na imaxe nova e varíaos.
¿Que tes que variar?
  • O apartado "Source" ou ligazón á páxina de Flickr, pois nese apartado tes que poñer a ligazón á páxina de Flickr
  • A data: Se en Flickr foi subida noutra data, tes que mudala.
  • A licenza: Ten ollo con ela, lembra que sóse permiten imaxes que acepten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Se entendes todo o que dixen, estás capacitada para acceder ás túas imaxes, editalas e poñerlle os datos adecuados. Con todo, creo que sería demasiado pedir que entendeses un procedemento dos máis complicados que hai na Galipedia xusto cando acabas de chegar. Así que non dubides en contactar comigo. Déixame as mensaxes que consideres oportunas. Estou á túa disposición-- Lmbuga / Conversa comigo  18:15, 13 agosto 2009 (UTC)
——>Imaxes borradas
Por favor, le pormenorizadamente as mensaxes anteriores que non liches (son varias), esas son as importantes. Acaban de borrar as dúas imaxes que eu propuxen como copyvio, pero non lle deas maior importancia: Se ti o desexas, recuperaranse, ten calma: Xa falaremos delas-- Lmbuga / Conversa comigo  18:25, 13 agosto 2009 (UTC)

Dobre Licencias / Metadatos[editar a fonte]

Polo de agora voume quedar cunha licencia...

Con respecto ó dos Metadatos, eu non referíame a engadir Metadatos ou modificalos, senón ó feito de que aparezan no ficheiro....a min porqué non me aparecen? que teño que facer se quero que apareza esa información no ficheiro? http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Mosteiro_do_Bon_Xes%C3%BAs_(Igrexa).jpg

La fabrica de nubes (fálame) 08:37, 14 agosto 2009 (UTC)

  • O dos Metadatos xa está solucionado, xa o descubrín, creo ... e que a foto do mosterio reducina co Photoshop para que non pesara tanto (a orixinal pesaba 3,27 Mb) e hoxe subín esta http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Deus_Mercurio.jpg que está sen reducir porque a fixen con menos "calidade" ... En resumo, creo que teñen que ir directamente da cámara á Galipedia, ¿non si?....

La fabrica de nubes (fálame) 10:09, 14 agosto 2009 (UTC)

Categoría:Imaxes de esculturas das Neves[editar a fonte]

Non existe...como podo creala? (Creariase aquí http://gl.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Imaxes_de_esculturas_da_provincia_de_Pontevedra , ¿non?)

¿Sería de As Neves ou como vin por ahí, das Neves?

La fabrica de nubes (fálame) 11:54, 15 agosto 2009 (UTC)

——>A categoría creouna onte Lameiro. Segundo a última normativa os artigos dos topónims contraen coas preposicións habituais (de, en, por, con...). Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:32, 15 agosto 2009 (UTC)
Ten ollo ó crear categorías se non se refiren a imaxes. As categorías non referidas a imaxes teñen que ser aprobadas. Coas das imaxes é diferente pois decidimos crear un esquema antes de pensar máis detidamente cal é o esquema adecuado. De tódolos xeitos, hai que procurar que o esquema de categorías presente en Categoría:Imaxes de Galicia sexa o máis regular posible (inda que hai denominacións incorrectas que haberá algún día que cambiar)-- Lmbuga / Conversa comigo  22:36, 15 agosto 2009 (UTC)
——>Repara tamén que unha categoría como Categoría:Imaxes de esculturas das Neves debe estar categorizada en Categoría:Imaxes de esculturas da provincia de Pontevedra e Categoría:Imaxes das Neves. Para que ademais apareza por orde alfabética nesas categorías, a escrita debe ser así:
-[[Categoría:Imaxes de esculturas da provincia de Pontevedra|Neves]] (Ordénase alfabéticamente segundo a palabra "Neves").
-[[Categoría:Imaxes das Neves|Esculturas]] (Ordénase alfabéticamente segundo a palabra "Esculturas")-- Lmbuga / Conversa comigo  22:40, 15 agosto 2009 (UTC)
——>
Metadatos
Se reduces a imaxe con Acdsee ou outro programa, os metadatos non se perden. Nunca probei a reducir con Photoshop. Sexa como sexa, seria recomendable que as imaxes tivesen 2 megapíxeles (1600x1200) como mínimo e non estivesen demasiado comprimidas. Considera que se son relativamente grandes favorecen a acreditación de que son de autoría propia-- Lmbuga / Conversa comigo  09:11, 16 agosto 2009 (UTC)
  • OK, gracias pola información. Seguirei subindo mais fotos...

La fabrica de nubes (fálame) 08:16, 18 agosto 2009 (UTC)

Podo confirmarte que esta estatua é o Monumento ó mariñeiro, situado no porto da Guarda e inaugurado o 12 de maio de 1991. Non poñían -ou non vin- o nome do autor. Pedro --Lameiro (conversa) 12:43, 16 agosto 2009 (UTC)

Disculpade que me meta onde non me chaman...o autor dese monumento é José Antúnez Pousa, escultor de Tomiño. Tamén no porto ten un monumento ó Mariñeiro Desaparecido.

La fabrica de nubes (fálame) 08:17, 19 agosto 2009 (UTC)

Fotografías macro[editar a fonte]

Menudas macros fas! Parabéns! A ver se hoxe dou aprendido a subir ben as imaxes. Saudos.--Aprofa (fálame) 10:02, 21 agosto 2009 (UTC)

Ficheiro:Fisterra.JPG e jpg[editar a fonte]

Temos dúas fotografías que nos poden levar a confusión: Ficheiro:Fisterra.JPG (con JPG en maiúsculas), que representa o faro de Fisterra; e ficheiro:Fisterra.jpg (con minúsculas), que representa a casa do concello. Se algún día -que espero sexa pronto- o sistema deixa de diferenciar maiúsculas e minúsculas, supoño que haberá conflito de edicións e vai saber se unha se sobreescribirá sobre a outra. ¿Ten algunha solución? Pedro --Lameiro (conversa) 12:51, 16 agosto 2009 (UTC)

Nomes de imaxes[editar a fonte]

Xa che lin varias veces que os nomes de imaxes deberían ser descritivos. A última vez a Aprofa: "Ficheiro:3818232412 a8f3527173 o.jpg: Veras que o título da terceira non é descritivo da imaxe. Non está permitido que non sexa descritivo, polo que a imaxe debe ser renomeada". Eu ando agora alfabetizando as casas dos concellos e fun bater coa imaxe Ficheiro:Ficheiro:HPIM1435.JPG, que recolle a casa do concello de Pantón. Andei buscando nas páxinas de axuda refiridas ás imaxes e non atopei nada disto. Estanto plenamente de acordo nesta limitación, penso que debería estar recollida nalgunha norma, consello ou como fose. E crear, simultaneamente, unha categoría:Imaxes con denominación incorrecta -ou algo así- dentro da categoría:Imaxes con problemas. Por certo, que creo que estas páxinas de axuda están bastante desconexas e resulta difícil atopar información, e nestes días atrás explicaches moitas cousas e moi ilustrativas tanto a Aprofa como a La Fabrica de Nubes. DCreo que deberiamos plantexarnos unha sistematización e redacción máis clara. Vai pensando como o podemos organizar e como che podo botar unha man. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:53, 16 agosto 2009 (UTC)

Categoría:Imaxes de símbolos de Galicia pendentes de confirmación[editar a fonte]

Boas Lmbuga. Estiven buscando información sobre as bandeiras e escudos incluídos nesta categóría e anotando nas súas páxinas de conversa o que ía descubrindo. Na maior parte delas son bandeiras inexistentes, polo menos segundo a web da Deputación de Pontevedra [1], onde podes atopar tódolos escudos e bandeiras oficiais de tódolos concellos, cando o teñen. Noutros casos son adaptacións particulares da que subiu as imaxes (a maioría, Susana Freixeiro). Da de Morrazo-Flag non atopei o menor parecido. Outro aspecto é que se aprecia o que para min é claro copyvio, ó copiar o escudo e pegalo nun fondo da cor da bandeira; mesmo hai unha na que nos bordes do escudo se aprecian os restos do fondo que tiña, ó estar recortada con pouca paciencia.

Susana Freixeiro é unha usuaria da es:wiki e xa subiu moitas destas bandeiras a Commons, se non todas:

  • CrecenteFlag.PNG
  • MoañaFlag.PNG
  • MarinFlag.PNG
  • Bueu Flag.PNG
  • MorrazoFlag.PNG
  • Cangas escudos.PNG
  • Cangas Flag.PNG

Vin que Alberte ía detras miña borrando ficheiros con bandeiras inexistentes, e non sei se chegarás a tempo de ver algunha. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:28, 16 agosto 2009 (UTC)

Acabo de comprobar que na web da Deputación din que a última actualización é do 20/05/2005 09:27. De ser certo, cabe no posible modificacións posteriores, pero non teño forma de comprobalo. Pedro --Lameiro (conversa) 15:31, 16 agosto 2009 (UTC)
Pois se ti non sabes que facer e xa o expuseches sen resultado en Commons, mala solución ten. Podo propoñer unha idea, adaptada da última túa: incluír ma páxina de cada imaxe un cadro que veña dicir:
    • Esta imaxe non é bandeira oficial de XXX, senón unha creación non referenciada dun usuario que a subíu a Commons e a Galipedia. A bandeira oficial de XXX pode verse en “lígazón á deputación ou a onde sexa”, que ostenta os dereitos. Por estes motivos, a imaxe non se poderá utilizar na Galipedia ó incumprir a lexislación galega.

No caso dos escudos e alí onde haxa copyvio do escudo. indicalo expresamente. A consecuencia é que as imaxes non desaparecen (e quedan categorizadas como non utilizables) pero non ilustran os nosos artigos. Na imaxe de Pontevedra78 eu lle pediría directamente que a marcase para borrar. No caso de Susana Freixeiro supoño que esata solución non valerá. Pedro --Lameiro (conversa) 21:53, 16 agosto 2009 (UTC)

Imaxes inutilizables e A Lanzada[editar a fonte]

Bótalle un vistazo á marca que lle puxen á bandeira Ficheiro:Mondoñedo Spain.svg, e ó comentario da páxina de conversa, completando o que tiña. Dime que che parece, que lle falta e en canto me confirmes ou modifiques a redacción fago o mesmo coas outras bandeiras.

Canto ó da Lanzada é relativamente fácil: a linde que aquí consideramos entre os dous concellos é a estatua do cormorán. De aí para abaixo, Sanxenxo; e para arriba, O Grove. O paseo de madeira ó norte, co aparcamento do antigo aeroporto e o do sur, máis ou menos triangular, tesán en terreos do Grove. Con esta indicación non creo que teñas problemas, pero se algunha fotografía non te queda claro, dimo e compróboo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:33, 16 agosto 2009 (UTC)

  • Agora miro o outro, pero hei concretar o dos lindes entre Sanxenxo e O Grove. Non che sei mandar a imaxe do Sixpac (www.xunta.es/visor/), así que vou pór as coordenadas:
  • Se colocas no centro da pantalla as coordenadas 42.26.26 + 8.52.10 estás na rotonda que leva a actual estrada interior á dar coa antiga estrada costeira. Por riba, á dereita, verás ese aparcamento que fixeron cando o Plan de Recuperción da Lanzada que levantou esa estrada costeira. A linde municipal pasa inmediatamente por riba desa rotonda, atravesa a praia e vai en dirección ó illote Colmado (illote perfectanmente visible á esquerda: 42.26.17+8.52.34. Este illote, máis punta Lapa, Areagorda e a punta da ermida da Lanzada xa son Sanxenxo.
  • O famoso con do cormorán está máis abaixo (supoño que é esa pedra á beira da estrada (42.26.14+8.52.34)
  • Espero que estas indicacións, máis exactas, che sexan máis útiles. Pedro --Lameiro (conversa) 23:15, 16 agosto 2009 (UTC)

  • O modelo que propós paréceme espléndido e se cando preguntas se será "demasiado" queres dicir "demasiado duro", non mo parece en absoluto. Podo poñerme a inserir o modelo en todas as imaxes, pero será mañán que van sendo horas. Saúdos, Pedro

Lmbuga, seguimos coas imaxes das bandeiras ás voltas. Xa lle puxen o marcador SímboloIncorrecto a todas menos dúas que non o teño tan claro; míraas ti a ver que facemos. E nas conversas de cada bandeira marcada ampliei a explicación da súa orixe e os seus problemas. Na páxina de Conversa ficheiro:Cangas escudos.PNG‎ interviñeron outros usuarios expresando a súa opinión. Bótalle un vistazo a esta conversa por se queres engadir algo ou puntualizar algún comentario. Grazas. Tamén vin un problema nunha das fotografías da praia da Lanzada: Ficheiro:La Coruña Galicia - España.jpg. Segundo o autor, non é a Lanzada senón o Acuarium Finisterrae. Outras das fotos da Lanzada son localizables no Grove ou en Sanxenxo, pero as das postas de sol... ¡vai saber! Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:17, 17 agosto 2009 (UTC)

Bandeira de Marín, feita[editar a fonte]

Xa realicei a nova versión da Bandeira de Marín, creo que quedou coma ti querías, pódela ver aquí. Grazas pola anotación. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 11:45, 18 agosto 2009 (UTC)

Escudo de Bueu... e outros[editar a fonte]

No caso do escudo de Bueu, creo que está claro o marcador de SímboloNonOficial porque, ademais do que dis, a propia web da deputación di que é a "Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia", asociación que nunca pode dar carácter oficial. O problema é que o tema dos escudos se nos está escapando das mans. Son 315 concellos a revisar, non sei se as outras deputacións darán información semellante, buscar no DOG é difícil, hai modificacións... Total, un chollo inabarcable (ou case); ó que hai que engadir as bandeiras, claro. Pero bueno, haberá que facelo ós poucos.

Máis. Estiven vendo o artigo Heráldica e de aí fun dar a Terminoloxía da heráldica. Tamén aquí, neste segundo artigo, habería moito que falar e reestruturar, pero non son horas. Mañán seguiremos vendo o que hai. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:52, 18 agosto 2009 (UTC)

  • Paréceme moi ben esa agrupación para facilitar o seguemento destas imaxes. Só unha observación: por coherencia coas outras categorías, a que chamas "Imaxes de escudos non oficiais de Galicia" ¿non debería chamarse "Imaxes de símbolos non oficiais de Galicia"? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:45, 18 agosto 2009 (UTC)

As bandeiras e os escudos[editar a fonte]

Hola, fixen, unha nova bandeira de Cangas, é esta: Ficheiro:BandeiraCangas.PNG

Espero que che guste, xa que a bandeira de Cangas actualmente está feita polo usuario que en parte, causou que teñamos que dedicarnos a subir e solucionar os escudos e bandeiras dalgúns municipios. Ademáis, a bandeira que se está a utilizar agora mesmo na Galipedia como Bandeira de Cangas, está peor pixelada que a que fixen eu (a miña tamén está mal pixelada pero pouquiño).

No modelo da comarca de Tabeirós-Terra de Montes, xa substituín o anterior escudo de Forcarei polo cargado hoxe por ti (se non errei). E creéi o Modelo:ConcellosPontevedra, o cal non tíñamos; por favor, revísao xa que precisamos algún escudo, e fai as modificacións que vexas necesarias. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 15:41, 19 agosto 2009 (UTC)

——>2 problemas:
  • A orixe da imaxe está incompleta e marqueina para borrar.
  • Se o sol non é exactamente como o do DOG, o símbolo é incorrecto ou non oficial (xa o comprobarei).
Vou seguir lendo as túas mensaxes. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:12, 19 agosto 2009 (UTC)

O problema e que o parecer esta bandeira é moi antiga, segundo o artigo na wikipedia en español co cal é moi probable que non atopemos o DOG. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 18:17, 19 agosto 2009 (UTC)

——>Tódalas bandeiras antigas foron anuladas polo Decreto 369/98, artigo 1, apartado 2:, e pola lei Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia. Ámbolos dous expresan literalmente: Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fose aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias nesta materia en favor da Comunidade Autónoma de Galicia. Saúdos-- Lmbuga / Conversa comigo  18:19, 19 agosto 2009 (UTC)
Teño que comprobar cando empezou a aprobar bandeiras o Consello da Xunta de Galicia e a Comisión de Heráldica, .-- Lmbuga / Conversa comigo  18:22, 19 agosto 2009 (UTC)
——>Desde logo empezaron a traballar despois de 1984, porque a Lei de símbolos de Galicia está no DOG do 23 de xuño de 1984. Creo que é posible ver publicacións desas datas na páxina do BOE-- Lmbuga / Conversa comigo  18:24, 19 agosto 2009 (UTC)

Que a lei de Símbolos de Galicia sexa do 1984 non quere dicir que Galicia teña as competencias dende ese ano, pola documentación que ti me comentaches, Galicia ten esas competencias dende o ano 1998. Desculpa se son eu o que erra. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 18:38, 19 agosto 2009 (UTC)

——>Pois ben, segindo o que ti dis, non é oficial ningún escudo que fose aprobado antes do 98. Temos que marcar como escudos e bandeiras non oficiais tódolos escudos de antes do 98, precisamente a data das dúas primeiras leis que che pasei (por elas supuña que a data do traspaso de competencias era esa) e que din que tódolos escudos anteriores quedan anulados. Saber, polo tanto, cando se traspasaron as competencias, non axuda moito. Hai que localizar a data do primeiro escudo ou bandeira válido para poder desoficializar os anteriores e retiralos das cabeceiras das páxinas dos concellos. Por mor diso non entendo que te esforces en compoñer unha bandeira que non vai ser oficial e que non debía ter cabida máis ca na Galería de imaxes do Concello.
A páxina que dis (Vexilla Hispánica) xa a coñezo. Non só non serve de referencia, senón que é precisamente a orixe dos problemas que estamos a ter. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  21:32, 19 agosto 2009 (UTC)

Fotografías[editar a fonte]

Xa arranxei o estado das fotografías das que me advertiches. Grazas. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 11:01, 20 agosto 2009 (UTC)

Ficheiro:Bandeira de Catoira.jpg[editar a fonte]

Hola, Lmbuga, a bandeira Ficheiro:Bandeira de Catoira.jpg, non foi aprobada polo consello da Xunta, senón polo Pleno Municipal. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 11:36, 20 agosto 2009 (UTC)

——>Vale, vou mirar. Posiblemente sexa un erro meu. Non é doado aclararse-- Lmbuga / Conversa comigo  12:28, 20 agosto 2009 (UTC)
——>Estás confundido. O DOG pon:

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de febreiro de dous mil nove,

. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  12:32, 20 agosto 2009 (UTC)

Se ti o dis, aínda que o poñía na web da Deputación. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 16:16, 20 agosto 2009 (UTC)

——>¿Como que se eu o digo? Fai o favor de ir á imaxe, clicar sobre a ligazón do DOG que aparece na orixe da imaxe e ler o artigo do DOG en que foi aprobada a bandeira. Iso foi o que me fixeches volver facer ti a min. Saúdos-- Lmbuga / Conversa comigo  18:40, 20 agosto 2009 (UTC)

Vale, o problema era que non o mirei, porque na web da Deputación non poñía que estivera aprobada polo Consello. Desculpa. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 18:58, 20 agosto 2009 (UTC)

——>Non pasa nada. Agora ben, pensa que non escoitamos a entoación das palabras dos demais e que, se escribes "se ti o dis", eu podo pensar mil cousas, desde que consideras que, se eu o digo, é verdade, ata que me tomas por tolo e non cres absolutamente nada. Aínda poñéndome no mellor dos casos, non o digo eu, dío o DOG-- Lmbuga / Conversa comigo  19:06, 20 agosto 2009 (UTC)

Onde poñer os comentarios[editar a fonte]

Si, si, perdoa, é que xa non me lembraba de como se facía e copiei e peguei na primeira que vin. Saúdos.--Aprofa (fálame) 10:16, 21 agosto 2009 (UTC)

Mira, estiven traducindo un apartado do artigo de Calvo Sotelo que está na lista de artigos para traducir e quería saber como se fai para facer indicacións no historial tanto do que fixeches como dalgunha dúbida que tiveses na tradución. Grazas.--Aprofa (fálame) 11:32, 21 agosto 2009 (UTC) Grazas.--Aprofa (fálame) 22:49, 21 agosto 2009 (UTC) Grazas pola proposta da foto.--Aprofa (fálame) 12:54, 22 agosto 2009 (UTC)


Datos de imaxe errados[editar a fonte]

Na entrada Muxía atopei o arquivo Ficheiro:Sta María de Muxía. Galicia 1.jpg segundo os meus datos (consultei tamén a páxina do concello) a edificación da fotografía corresponde ao Santuario da Virxe da Barca e non á Igrexa de Santa María que é outra igrexa desa poboación. Por certo, cando vexa erros, onde os teño que notificar? Saúdos. --Aprofa (fálame) 10:42, 23 agosto 2009 (UTC)

Imaxes de escultura de Baiona[editar a fonte]

Creei esa categoría dentro de imaxes de esculturas da provincia de Pontevedra pero non sou capaz de engadila como subcategoría de Imaxes de Baiona Botame unha man.

La fabrica de nubes (fálame) 11:23, 25 agosto 2009 (UTC)

Escudo de Cangas[editar a fonte]

Hola, ao parecer, o Escudo de Cangas carece de oficialidade, deberíase desligar dos artigos e galerías?, a fonte, coma sempre, é a Deputación: [2]. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 19:29, 26 agosto 2009 (UTC)

Ficheiro:Lalin 26-10-08 11.jpg[editar a fonte]

Por si te interesa a escultura e de Acisclo Manzano, chámase Deusa do Deza, é do 2004.

La fabrica de nubes (fálame) 08:58, 27 agosto 2009 (UTC)

Números verdes e vermellos[editar a fonte]

Ola, teño unha pequena dúbida, cando vou ver a miña lista de vixilancia aparecen polo medio números verdes e vermellos, que significan? Grazas.--Aprofa (fálame) 12:21, 28 agosto 2009 (UTC) Grazas.--Aprofa (fálame) 18:14, 28 agosto 2009 (UTC)

Imaxes de Susana Freixeiro[editar a fonte]

Ola, Lmbuga. Na páxina de conversa de Pontevedra78, a usuaria Susana Freixeiro explica a orixe dos problemas causados coas imaxes dos escudos e bandeiras, e outras imaxes máis que tamén están en Commons. Dá unha lista de imaxes de mapas que, co que sabe agora, admite que non respectan os dereitos de copyright, polo que solicita que se borren. Non sei o procedemento de borrado en Commons (supoño que terá que se-la propia Susana a que o solicite en Commons), polo que che deixo aquí este aviso para que nolo expliques e irmos solucionando problemas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:21, 28 agosto 2009 (UTC)

  • Mandeille a Susana unha mensaxe dicíndolle que solicitase o borrado en Commons. Grazas pola túa paciencia e explicacións. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:44, 28 agosto 2009 (UTC)

Categorías e galerías[editar a fonte]

Moitas grazas pola explicación, creo que a vou entendendo a ver se logo cando a leve á práctica non meto a pata. Grazas tamén polo das imaxes, por certo, estas tres últimas, que non son miñas, soliciteillas ao propietario, non sei se é correcto este procedemento na Wiki. Explícoche, eu busquei imaxes de Muxía, atopei esas en Flickr, vin que tiñan os dereitos reservados, envieille un correo ao propietario pedíndollas para este proxecto indicándolle que debía cambiar a licenza e aceptou. Podo seguir facendo iso con aquelas imaxes que me interese incorporar á Wiki ou non é aceptable? Gracisísimas pola túa paciencia.--Aprofa (fálame) 10:13, 29 agosto 2009 (UTC)

O Pexego está a subir mal as imaxes :)[editar a fonte]

A ver se agora o fixen ben, non sabía nada, graciñas polo aviso. As imaxes, por suposto son miñas. --Pexego(conversa) 23:00, 30 agosto 2009 (UTC)

Graciñas polo aviso, confieime e non mirei as normas por estar así noutra wikipedia, está posta como borrar e a nova imaxe subinna con extensión PNG porque non teño programa que ma convirta a svg. --Pexego(conversa) 15:31, 1 setembro 2009 (UTC)

Pilláchesme, non sei como actuar ante o tema desta imaxe. Tenteina recuperar, cargándoa de novo mais semella que baixou a calidade da imaxe. O sinxelo sería desface-lo troco en Commons, que é onde está aloxada a imaxe e pedir ó usuario Karkeixa que suba a súa modificación con outro nome. Como o ves ti? Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 20:46, 31 agosto 2009 (UTC)

Ficheiro:Cantigas da Terra 1916.jpg[editar a fonte]

bon día, Lmbugo. Podes botarlle un ollo a esta imaxe subida a commons? Seica é de 1916, pero non sei en que categoría debe ir. O "autor" (quen a cargou, vaia), é da Coruña, co que é fácil contactar con el. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:32, 2 setembro 2009 (UTC)

Imaxe Radu Malfatti (Ficheiro:20081128 Radu Malfatti.jpg)[editar a fonte]

Ola Lmbuga,

Vexo pola túa mensaxe que cometín un erro. Eu non son Miguel Prado, Miguel é un amigo meu que foi o que sacou a foto (eu estaba alí). O único que fixen foi pedirlla para a wikipedia e preguntarlle sobre o tipo de lizenza que quería usar para a foto, sendo a de dominio público a que escolleu. Pensei que ao coñecer directamente ao autor da imaxe non habería ningún problema. Dime que é preciso para poder incluila na wikipedia.

Desculpa as molestias e un saúdo,

Joseghast

Imaxe dinámica[editar a fonte]

Ola Lmbuga, acabo de ver todo o tema da miña imaxe (para unha ou duas que subo cada 3 meses..), a verdade é que enoxa un pouco ver que a imaxe poida ser pisada dese xeito e tomandose tantas molestias. Douche as grazas -a Alberte tamén-, por ver e avisar deste tipo de movementos, que non sei nin como calificar, vergoñentos?. Grazas. --Alexandre Vigo 14:08, 3 setembro 2009 (UTC)

Imaxes de calidade[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Ao fío dos comentarios que se fixeron na proposta de imaxe da semana Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Xerais do Ulla.jpg quizais chegara o momento de comezar a pensar en establecer un sistema de imaxes de calidade na Galipedia. Comentocho a ti porque tes a experiencia de Commons, aínda que aquí o sistema non ten porque ser igual si pode ser de axuda coñecer o alí feito. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:40, 4 setembro 2009 (UTC)

Grazas. Só un apunte que me esqueceu antes: non hai presa, só se che parece interesante e con tempo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:51, 4 setembro 2009 (UTC)
Moitas grazas, agora mesmo non podo lela porque estou cunha tarefa do bot, mirareino máis tarde. Con respecto underexposure penso que está ben subexposición e sobre JPEG artifacts a palabra que adoita usarse é artefactos pero a tradución que propós ti (defectos de compresión) penso que é mellor porque é máis descritiva para quen non saiba o que son os artefactos (un defecto típico das imaxes dixitais relacionado cos algoritmos de compresión). Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:58, 5 setembro 2009 (UTC)
Xa lin a páxina Usuario:Lmbuga/Temporal. A parte adicada a 'Guía de imaxes de calidade' semella que sirve moi ben de referencia, quizais poidamos buscar máis imaxes exemplo sobre todo naqueles apaartados que carecen delas. En canto a 'Wikipedia:Imaxes de calidade' supoño que é un esbozo e habería que traballalo na liña do resto das propostas da Galipedia (Artigos destacados, Imaxe da semana, Artigos de calidade) tanto no formato como nos procedementos (Wikipedia:Escolla do artigo de calidade). En Commons creo que son os propios usuarios os que promoven as súas imaxes como imaxe de calidade, penso que aquí iso debería ser diferente como facemos co resto das propostas para manter a coherencia dos procedementos, o que non teño claro é se en Commons fan unha votación ou unha especie de panel non que se presentas pros e contras. Penso que se se analizan os parámetros da guía debe quedar claro que non se trata dunha mera recollida de votos e que aquelas intervencións mediante votos que non estean debidamente fundamentados ou non estean fundamentados son nulas. Por outra banda, semella que pode ser menos complicado escoller imaxes de calidade que artigos de calidade. Moitas grazas por pasar o traballo de preparar estes materiais, a guía creo que ten valor independentemente de que se poña en marcha o sistema de imaxes de calidade ou non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:47, 5 setembro 2009 (UTC)
Ola Lmbuga. Creo que o formato do procemento pode seguir o esquema de Wikipedia:Escolla do artigo de calidade, nesa parte non ten que ser como en Commons, así é todo penso que se debería deixar claras as causas de nulidade dos votos para que non se convirta nunha simple recollida de votos. En canto ao tema de poder propor e votar pola propias fotos, na miña opinión debe ser coherente co resto das propostas onde non se permite na Galipedia, iso evita problemas que se produciron noutros wikis e ese xeito de actuar beneficia ao proxecto primando o ben colectivo fronte ao individual. Certo que non implica sempre que sexan casos de vangloria ou outras situacións equivalentes pero debemolo ter en conta pola experiencia que temos deses casos. Paralelamente que sexan outros compañeiros os que propoñan e voten as imaxes destacadas engade máis valor as propostas e recoñece o traballo que os colaboradores fan en favor da Galipedia e da Galipedia das imaxes. Sobre comentar as propias fotografías non vexo que haxa limitación (sempre que se faga nos termos establecidos nos diversos procedementos), mesmo pode ser útil igual que se pode facer noutro tipo de propostas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:56, 6 setembro 2009 (UTC)

Bugallos[editar a fonte]

Boas Lmbuga. Nesta época podes atopar facilmente bugallos en formación, grandes, pequenos e medianos, verdes, brandiños e coa larva da avespa viva no seu interior, esperando ser fotografadas por alguén que saiba sacarlles tódolos detalles. ¿Anímaste? Graciñas, Pedro --Lameiro (conversa) 09:55, 6 setembro 2009 (UTC)

Ola LMBuga!! Moitísimas grazas polo aviso. No caso de temprano é claramente un erro. No caso de Polypodiales temos debate. O tema é que en Bioloxía o nome das ordes leva o sufixo -ales na maioría das linguas, como entre outras: inglés, francés, italiano, euskera, español, noruegués, e principalmente en portugués, a terminación das ordes é sempre en -ales. Outras linguas sí forzan a traducción, como o catalán, pero penso que é polo mesmo motivo que nós estamos plantexando isto. Tanto en galego como en portugués a equivalencia do sufixo castelán -ales é -ais, pero a orixe dos nomes das ordes é o latín, e na lingua portuguesa así o respetan. De ahí que tendamos a traducilo (eu mesmo o fixen e nun principio escribín artigos ca terminación -ais para as ordes, pero agora virei e por iso os unifiquei con este criterio nos que vou facendo en -ales, pero sempre o fixen temerosamente). O tema é que o Xerais non recolle nomes científicos, así que penso, e aproveito para decírvolo, que é unha decisión que quizais podades plantexarvos entre os burócratas da wikipedia, ou unha votación ou o que sexa. Gustaríame saber a túa opinión ou suxestións. Acábasme de dar o pé que precisaba, así que moitas grazas. --Pexego(conversa) 20:35, 7 setembro 2009 (UTC)

  • Perdón, pensei que eras administrador. En calquera caso, conteiche o meu punto de vista pero sigo sen estar seguro de cal é o xeito correcto. Aínda non sei moi ben poñer unha votación e esas cousas, e tampouco teño claro se é oportuno poñela. A ver se atopo algo na enciclopedia que me poda axudar. --Pexego(conversa) 20:48, 7 setembro 2009 (UTC)
    • O de Angiospermae tamén é comprometido. Polo momento a imaxe xa está subida ca nova terminoloxía. Moitas grazas pola túa axuda e por avisarme dos erros. --Pexego(conversa) 21:36, 7 setembro 2009 (UTC)

Fotos Viveiro[editar a fonte]

Ola! Con retraso entro e vexo a nota sobre as fotos de Viveiro. Coido que só necesitan algunha aclaración, e póñome a elo. Unha excepción sería a do Areal, un establecemento privado que ten unha foto igual de anuncio na súa web http://www.arealrural.com/exterior.htm. E outra, as de barcos, das que non teño idea. Un saúdo.--Agremon(contacto) 15:15, 8 setembro 2009 (UTC)

Pequeno encargo[editar a fonte]

Oe, a ver se me podes axudar. Onte traducín o Ficheiro:Phase change - en.svg ao galego co Inkscape (Ficheiro:Phase change - gl.svg). Na edición tiven que facer a letra da palabra "contrasublimación" máis pequecha para que collese ben no espazo que hai. Pero ao cargar a imaxe apareceu o problema: non se ve ben e ademais apareceu unha liña que semella saír da frecha. Agardo que non sexa moito inconveniente que o arranxes. Por certo, cárgao en Commons, que é onde está. Grazas por adiantado e saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:22, 11 setembro 2009 (UTC)

  • E se pido axuda en Commons? Dime onde e a ver que se pode facer. Grazas de novo. --Toliño Fala aquí comigo 10:55, 12 setembro 2009 (UTC)


Deportivo[editar a fonte]

Ola, vexo que, reverteches unha edición que fixen no artigo do Deportivo... creo que en concreto volveches pór un parágrafo que eu eliminara... se te fixaras comprovarías que ese parágrafo o puxen eu mesmo e qeu se o eliminei foi porque ao editalo por 1ª vez non me dei conta e o puxen por duplicado, de xeito que tal e como está agora aparece dúas veces qeu o Deportivo está no posto 171 da lista dos mellores clubes europeos do século XX. Procedo a pólo ben. Saúdos!--83.37.199.125 09:00, 13 setembro 2009 (UTC)

Pois non vai poder ser, non me deixa editalo... se o podes facer ti, mellor. Fíxate que só dous parágrafos máis arriba xa ben posto... (é que a primeria vez púxeno ao final da introducción, pero despois deime conta de que quedaba mellor a continuación doutro parágrafo e esquecéuseme borralo -ups-). Muitas grazas por antiocipado e desculpa as molestias.--83.37.199.125 09:00, 13 setembro 2009 (UTC)

Nada ho', non te preocupes xa me imaxinaba que non te deras conta do asunto. O das referencias tes toda a razón do mundo pero xa incluíra unha ligazón á páxina web onde se publicou esa lista e onde se pode comprobar que criterios se seguiron para facela.--83.37.199.125 10:25, 13 setembro 2009 (UTC)

Imaxes de calidade (2)[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Moitas grazas, xa lle botarei unha ollada, levárame uns días. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:53, 15 setembro 2009 (UTC)

Malla dos Casás[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Ultimamente non teño moito tempo que dedicar á Galipedia e cando o teño subo imaxes e pouco máis. Hoxe entrei grazas a chuvia e non teño ningún problema coa nova categoría. Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 18:20, 17 setembro 2009 (UTC)

Logo Alta Calidad Dado Dadá.[editar a fonte]

Logo Alta Calidad Dado Dadá.

La imagen en cuestión no tiene su origen en la pagina web http://jazzclub.dadodada.com, donde no existen imagenes en formato PNG, ni de esa resolución, si no del original del que se realizaron las imagenes que están en la web que se encuentra en el ordenador propiedad de la empresa Dado Dadá S.L. Como webmaster de la misma tengo autorización para el uso de dichas imagenes. La volveré a colgar, si hubiese algún problema por la nota sobre copyright en la pagina web, avisa antes de eliminar la imagen y aclaro el Copyright en la página.

Muchas gracias.

Axuda a usuario[editar a fonte]

Boas, Lmbuga. A ver se atopas un momentiño para axudar a este usuario ti que controles coma ninguén deses temas das licenzas. Bótalle un ollo a isto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:59, 28 setembro 2009 (UTC)

Taboleiro dos admistradores[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Vin a túa mensaxe no taboleiro, dicirche que xa o bloquearon ás 17.21 . Por certo, perdoa aínda teño pendente o de mirar a parte do das imaxes de calidade que faltaba e sobre a que andabamos falando. Espero facelo nuns días. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:23, 3 outubro 2009 (UTC)

Herpetoloxía[editar a fonte]

Lmbuga, fíxeno coa wiki española de fondo pero coa definición que da IrIndo en fronte: parte da zooloxía que estuda os anfibios e os réptiles desde o punto de vista anatómico-morfolóxico, filoxenético, evolutivo, embriolóxico, fisiolóxico e ecolóxico. Como ves, son bastante similares. E se non lle metín o segundo parágrafo que tiveches a ben engadir ti, foi por mera preguiza. Tes razón, é mellor facer poucos artigos ben que moitos curtos, pero ás veces non teño a paciencia e opto entre non facelo ou facelo cun mínimo básico, coa idea de que outro o continúe. Isto xa o teña debatido con Estevoaei doutras veces, e se te fixas hai moitos artigos que creei eu e que despois tiveron a Estevo detrás ampliando os contidos. Canto ao cadro de resumo, non puxen que vén da wiki española polo da definición de IrIndo, pero podería telo posto, tamén nisto tes razón. Un saúdo, e de paso grazas por te preocupar polo da outra mensaxe. Non lle deas importancia, pois eu non lla dou; coido que foi un cabreo puntual dun usuario moi novo que non se soubo controlar. Aburiño. --Atobar (conversa comigo) 08:53, 4 outubro 2009 (UTC)

Imaxes da semana[editar a fonte]

POis si, o dos 15 días é un absurdo, necesítase bastante dedicación para andar contando días nunha chea de votacións. Como agardar máis días non fai ningún dano, e salta-las normas se é en beneficio do proxecto (neste caso coido que o é, xa que propicia un mellor desenvolvemento das votacións) pois creo que entra dentro do normal que se actúe así. pero tes razón que quizabes fora bo facer un arranxo temporal. Aínda que tamén é certo que a veces se demoran demasiado as votacións. Tentarase face-lo que se poida, pero este ano estou bastante mal de tempo por mor dos estudos e outras cousas (novos administradores quizais? haberá que pensalo). Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 15:43, 6 outubro 2009 (UTC)


foto polemica[editar a fonte]

saudos Lmbuga, son o usuario que subira unha foto desde o voso punto de vista polémica do noso equipo de futbol, a defensa da foto fíxena na páxina de discusión desa imaxe, quero decir que tamen tiven problemas ca outra foto que subin nese artigo sobre a sd pol, Xabier Cid dixome que puxera esto nas fotos:

Orixe/Source: Galipedia, a wikipedia en galego Autor/Author: Azote Galaico Copyright: PD Publicada por/Publish by: Azote Galaico Data/Date: Aquí a data Outros datos/Other data: Aquí a descrición da foto, que podes poñela en galego ou se prefires en galego e inglés.


e xa o puxen pero de todas formas dixome que contactara contigo, para ver se me podias axudar a que esas duas fotos esten "legais" na wikipedia moitas grazas--Azote Galaico 15:59, 6 outubro 2009 (UTC)

o usuario Prevert dixome que me correxira esa sintaxe e que te volvera a avisar saudos--Azote Galaico 16:10, 6 outubro 2009 (UTC)

Tamaño das imaxes[editar a fonte]

Hola Lmbuga, estiven pensando en incorporar imaxes a certos artigos, e xa o fixen comezando ca Herba da pampa. Recurro a tí porque polo que vin levas no proxecto moito tempo facendo entre outras cousas unha enorme labor no tema das imaxes. A miña dúbida é ligada co tamaño das regulación e incluso incorporación de imaxes: segundo vin na política de imaxes: Cargue unha versión de alta resolución da imaxe sempre que poda, e use a opción miniaturizar (thumb) que ofrece o software da wikipedia para introducir na páxina unha imaxe de menor tamaño. . Pero imaxino que sempre cunha medida xa que o espazo nos servidores vale cartos e non sei até que punto a política da wikipedia preocupa ou non do tamaño dos ficheiros que contén. Vou ao tema:

  • Pensas que debemos controlar o peso das imaxes alén dos 100MB que pon ao cargar e intentar estandarizar un tamaño máximo en píxeles das imaxes; ou consideras que debe primar a resolución e que pódense subir imaxes de calquera tamaño? Graciñas anticipadas. --Pexego(conversa) 13:07, 7 outubro 2009 (UTC)
  • Moitas grazas. Gostaba de ter a túa opinión. Entendo a túa mensaxe, aínda que cando falas de compresión teño a dúbida se te refires a reducir o seu tamaño nesa porcentaxe de píxeles co Photoshop (por exemplo este programa), é o único que non teño claro. Vese que estás posto no tema da fotografía. No tema do peso... xa non podo facer máis, é o que da a miña cámara :), tampouco pretendo que as miñas fotos se escollan como de calidade senón que símplemente se adapten oportunamente á wikipedia. Graciñas de novo --Pexego(conversa) 14:13, 7 outubro 2009 (UTC)
    • Graciñas polas explicacións. Agora entendo o que me decías da compresión. Vou mirar se podo axustar eso na miña cámara como se fai en algún software, porque as fotos xa me salen comprimidiñas en JPG. --Pexego(conversa) 20:06, 8 outubro 2009 (UTC)
No tema dos dpi ou ppi sí podería entender algo grazas a unhas máquinas cas que traballo (aínda que non son cámaras de fotos). Sinto decirche que non me decato porqué te pasaches suavizando as sombras na foto que me amosaches, non teño os coñecementos ou experiencia necesaria. Xa a nivel de observador a foto que me amosaches está moi ben, quizais os piñeiros do fondo estropean a beleza das frondosas que se ven á beira do río. Tamén gustoume moita esta: Ficheiro:Abellón, abázcaro en Bastavales, Brión, 090726.jpg, que ademáis de tremendamente fermosa, pareceume moi oportuna para incluir e sustentar a polinización no artigo Flor. O que sí a miña cámara xa escolle por mín a compresión. Fai un formato JPG que ela misma comprime como quere. Seguramente a túa cámara sexa bastante mellor que a miña e está en mellores mans. --Pexego(conversa) 21:19, 8 outubro 2009 (UTC)

Sobre as fotos[editar a fonte]

Sobre as imaxes estas: Ficheiro:PraiadeOzaACoruña.JPG, Ficheiro:PraiadeOzaACoruña1.jpg, Ficheiro:PraiadeOzaACoruña2.jpg, Ficheiro:PraiadeOzaACoruña2.jpg. Penso que as puxen ben agora. Graciñas.--Hipólito 00:32, 8 outubro 2009 (UTC)

Pudingas[editar a fonte]

Pois sepa vostede que está privando de expresar un coñecement cultural, como é un proxecto de prensa escrita, aínda encima nun instituto. Eran poucas uvas e cortamos a vide. Fagan o que queiran, crense profesionais defendendo o que chaman cultura galega, pero non se decatan de que vostedes mesmos a están a matar.

Wikilandia.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Wikilandia (conversacontribucións) ás 17:20, 9 outubro 2009 (UTC)

Sobre as imaxes: Ficheiro:Rio Cabe Santalla.JPG e Ficheiro:Igrexa San Xian Veiga.JPG. Penso que as puxen ben agora. Gracias.--Imxavitooh 17:39, 9 outubro 2009 (UTC)

Colaboración didáctica[editar a fonte]

Paréceme estupendo aínda que eu agora tamén teño moito traballo. Se che parece ben deixámolo para o segundo trimestre. Saúdos.--Aprofa (fálame) 21:02, 11 outubro 2009 (UTC)

Pudingas[editar a fonte]

Grazas Lmbuga, xa que a túa é a primeira resposta coherente que escoito. O que me toca a moral non é que me borren o artigo en si, iso xa non me importa, pero fastídiame que me bloqueen, e aínda encima que me busco a vida para poder contestar, que me volvan bloquear por identificarme como a persoa que ten como usuario Wikilandia. Paréceme inmoral e ilóxico nunha web destas características.

Atentamente, a PERSOA que ten o usuario WIKILANDIA. Un saúdo e grazas de novo! —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.124.51 (conversacontribucións) ás 13:40 do 13 de outubro de 2009 (UTC)


  • Unha vez máis grazas Lmbuga, de verdade. O certo é que non teño interese xeral por colaborar na Galipedia, non por nada, pero non está nos meus plans, por dicilo dalgún xeito. Agradézoche que intentes axudarme, pero tamén te aviso que non fagas nada no que poidas perxudicarte ao intentar mediar o meu desbloqueo, en serio. Non sería xusto meter unha terceira persoa nisto. Eu tan só agardo unha resposta de Lameiro e pouco máis, o meu bloqueo como Wikilandia me resulta un pouco indiferente (o cal non quere dicir que non me pareza inxusto). O do correo, de momento vou pasar porque seguramente non volverei por aquí, así que non o considero útil.

Pois nada, o dito dito está. Ánimo na túa labor, que non me cabe duda que é boa, aínda que tan só sexa pola intención. Calqueira cousa, sabes onde está a miña conversa. Unha aperta! —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.40.12.89 (conversacontribucións) ás 21:03 do 13 de outubro de 2009 (UTC)

Ola Lmbuga. Grazas polo aviso, para min o valor da imaxe está no que representa e en que poidamos dispoñer dunha fotografía que documente a malla. Para que teña valor non ten porque ser espectacular, na miña opinión cumpre cos requisitos para aparecer na portada. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:33, 15 outubro 2009 (UTC)

Símbolos de Galicia[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Hoxe estiven comprobando algúns escudos e bandeiras e vin que fixeches un gran traballo recompilando datos que é de moita axuda. Moitas grazas. Un cordial saúdo. ---Prevertgl 17:07, 18 outubro 2009 (UTC)

Non o dicía para que te virás obrigado a intervir, como lles puxeches o marcador xa quedan localizados. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:19, 19 outubro 2009 (UTC)
É un tema que dá moito traballo e consome bastante tempo, tentarei axudar, grazas por estar ao tanto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:16, 19 outubro 2009 (UTC)

Imaxes da Semana[editar a fonte]

Muito obrigado, a ver se subo mais cousas...teño un pouco abandoada a galipedia...non teño ultimamente moito tempo....

La fabrica de nubes (fálame) 10:17, 20 outubro 2009 (UTC)

Imaxes de escudos borradas[editar a fonte]

Boas, Lmbuga. Rematei de borra-los escudos marcados como lixo por "Copyvio. Imaxe sen licencia". Borrei tamén as ligazóns nas páxinas nas que tamén estaban estes escudos, e tamén en Galería de escudos dos concellos de Galicia. Ben, á parte de comunicache que rematei, quero chama-la atención a que agora temos dous modelos (Modelo:ConcellosVigo e Modelo:ConcellosFerrol) nos que nos quedamos sen escudo e non sei se tes algún válido para substituílo. Bota un vistazo a ver se deixei algún fleco solto e dime se teño que facer algo máis. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 10:58, 21 outubro 2009 (UTC)

  • Teño o meu ordenador avariado, polo que non podo le-lo teu correo. A verdade: non podo entender, e mira que lin varias veces a miña mensaxe, de onde sacas que podo estar insinuando nada do que pareces percibir, menos aínda dicilo claramente. Lmbuga, levamos xa tempo tratándonos e coñecéndonos, e non o entendo, de verdade. Mañá, se me devolven o ordenador, contestarei no teu correo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:28, 21 outubro 2009 (UTC)

Re: Imaxes de calidade[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Grazas polo aviso e desculpa porque aínda teño ese tema pendente. Na Galipedia sempre hai máis choio do que podemos atender así que non te preocupes polos escudos nin por manter ao día o seguemento das imaxes. Pouco a pouco, con calma, xa se fará, sempre hai asuntos pendentes, edicións por revisar e correccións que facer... malo será que entre todos (colaboradores actuais e futuros) non se dea feito. Digo iso porque ás veces é mellor cambiar os focos de edicion para descansar un pouco e volver a desfrutar da colaboración no wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 07:44, 22 outubro 2009 (UTC)

Gorgullo[editar a fonte]

Grazas, Lmbuga. Eses eloxios animan a pasa-la tarde diante do ordenador. E a ver se podes botarme unha man. Teño un mapa de Galicia coa expansión do bicho desde 1993 nos arredores de Pontevedra e Lourizán, ata o 2000, xa chegando a medio Ourense e Lugo. Moi expresivo, pero o meu editor de imaxes non me rechea esas áreas con cores: só pinta en negro. Se che mando o debuxo que fixen do mapa, escaneado e coas áreas debuxadas ¿ti podes rechearme os distintos anos con gradación de cores? Éche un favor, non unha encarga ;) Xa me dirás, e grazas de novo. Pedro --Lameiro (conversa) 11:35, 9 novembro 2009 (UTC)

Re: Imaxe Igrexa dos Invalidos[editar a fonte]

Moitas gracias polo teu aviso, ia colocar os datos pero tiven un problema co ordenador e non puiden, creo que xa esta todo arranxado e quitei os avisos da paxina da imaxe. Moitas gracias de novo, !Vémonos por estos lares¡--Carronada 22:43, 9 novembro 2009 (UTC)

Re: Imaxe Torre Eiffel[editar a fonte]

Non te preocupes, non he molestia ningunha, comentoche o que digo na discusón do ficheiro, a min asáltame a duda se o copyright é para as iluminación normais ou so para as especiais, que poñe de vez en cando, con diferentes animacións e que son froitp de un equipo de especialistas e demais, pero a iluminación de tódolos dias.... Saudos--Carronada 19:29, 12 novembro 2009 (UTC)

  • Vin a conversa que tiñades sobre a Torre Eiffel e deixovos aquí algo que tiña recollido nunha subpáxina pero me temo que non aclara moito: Tour Eiffel: "There are no restrictions on publishing a picture of the Tower by day. Photos taken at night when the lights are aglow are subjected to copyright laws, and fees for the right to publish must be paid to the SNTE.". Lembro ter escoitado algo da "iluminación artística" pero non lembro nin onde nin cando. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:41, 12 novembro 2009 (UTC)

É ben importante o traballo que estás a facer subindo as fotos das follas de cada árbores. Cómpre agradecercho, Lmbuga. Un saúdo e a seguir. --Atobar (conversa comigo) 21:59, 13 novembro 2009 (UTC)

Ola Lmbuga. Grazas polo aviso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:04, 17 novembro 2009 (UTC)

Debín de ler o teu comentario o 18 de novembro, quizais o mesmo 17. Creo que é un comentario ó que non lle debo resposta na túa páxina de usuario; polo mesmo, no che dei resposta. Quero dicir que estou convencido de que ti e máis eu non temos problemas de trato por cuestións tan minúsculas como se un fío está rematado ou non está rematado; ademais, este fío está e estaba rematado. Sexa como sexa, agradezo e agradecín cando a lin a túa resposta; se non estivese rematado, teriámolo falado.
Agora, polo que eu me pregunto é por fíos coma estes que che presento, pero por fíos en suspenso que son creados por un administrador e que che deixan profundamente fodido por non ter continuidade cando os respondes (mais profundamente fodido porque ese sentirte colgado é o normal cando tratas con ese administrador polo correo).
Póñoche unha mostra (a última, unha máis, podo comentar outras, inda que quizais non na Galipedia)
Na páxina de conversa de User:Lameiro escribín, coa mellor intención posible, o seguinte:
==[[Gorgullo do eucalipto]]==
Excelente labor co artigo. Grazas

A esa apreciación, apreciación que non precisaba resposta, respondeu o usuario o seguinte:

Grazas, Lmbuga. Eses eloxios animan a pasa-la tarde diante do ordenador. E a ver se podes botarme unha man. Teño un mapa de Galicia coa expansión do bicho desde 1993 nos arredores de Pontevedra e Lourizán, ata o 2000, xa chegando a medio Ourense e Lugo. Moi expresivo, pero o meu editor de imaxes non me rechea esas áreas con cores: só pinta en negro. Se che mando o debuxo que fixen do mapa, escaneado e coas áreas debuxadas ¿ti podes rechearme os distintos anos con gradación de cores? Éche un favor, non unha encarga ;) Xa me dirás, e grazas de novo. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 11:35, 9 novembro 2009 (UTC)

A esa resposta, inmediatamente tras lela eu, respondín (e respondín o seguinte con toda a intención de ser servicial):

Envíamo. Se non podo cun programa podo con outro, quedará mellor ou peor, pero poder podo--'''<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:80%"> [[User:Lmbuga|Lmbuga]] / [[User talk:Lmbuga|Conversa comigo]] </span>''' 20:51, 9 novembro 2009 (UTC)

Alucinado por se ter rematado o fío, 8 días despois dei cabida a algunha saída que puidese ser respectuosa para comigo por parte do usuario ó escribir na súa páxina de conversa o seguinte:

Hai en Commons algunha imaxe sobre como se estende a praga? Eu non encontro nada. Se tes algunha ligazón a algún mapa, miro se son capaz de copialos datos variando algún dos de Commons

Lameiro remato o fío. Eu non sei nada. Tras dúas reflexións miñas non responde. ¿Faino por foder? Ti que pensas? ¿Será un abuso solicitar que dimita ese usuario como administrador por non estar á altura de ningunha posible circunstancia (esta era moi minúscula)? ¿Será unha inconvenencia solicitar tal cousa polo momento en que está a Galipedia? ¿Que a Galipedia estea nun momento crítico pode ser fundamento para non solicitar o que se dede solicitar? ¿Temos que soportar os usuarios actitudes como estas (que nos ninguneen) e que acaben por provocar que non colaboremos porque somos ninguneados. ¿Pensas que é un problema persoal meu (eu creo que non, por moito que se poida pensar na comundade, non son dado a probemas persoais)?

Por outra banda, non desexo ter contigo comunicación sobre a Galipedia sen ser na Galipedia mesmo. Polo que a min respecta este fío está acabado. Se respondes, ábrelo; polo que a min respecta este fío está acabado (abóndame con que Lameiro intúa o que podo pensar).

Estou en desacordo con mil cousas. En desacodo sobre todo por que moitas cousas a medio facer ou sen facer teríaas afrontado eu se tivese respaldo. Entendo que non tivese o adecuado respaldo baixo a convición de que eu non son nada do outro mundo; pero non pedía tanto, e era polo ben común, e calquera podía facelo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:18, 28 novembro 2009 (UTC)

Axudiña[editar a fonte]

Ola. Perdoa que te moleste, mais es a persoa coa que tiven máis trato na miña curta vida na Galipedia. Queríache pedir se me poderías botar un cabo cun artigo. Quero facer unha tradución ao galego sobre Bauhaus, unha banda de rock inglesa. O problema é que xa existe un artigo con ese nome para un movemento artístico alemán, co cal habería que crear unha páxina de homónimos e, supoño que redireccionar a xa existente. Se me puideses axudar ou comentarllo a alguén que teña tempo para o facer, agradeceríacho, porque non quero meter a zoca poñéndome eu a fozar cos artigos.

Un saúdo. --Killerwhale 02:57, 2 decembro 2009 (UTC)


Homónimos[editar a fonte]

Ola! Moitas grazas pola túa axuda! Creei as páxinas como me indicaras ti. Primeiro Bauhaus e logo Bauhaus. Ata aí, aparentemente ben. Mais despois, ao ir pór as ligazóns ao web de homónimos en editar de Bauhaus dáme un erro. Pon que non existe a páxina de homónimos. Supoño que metín a zoca nalgures, pero non chego a velo. Se lle puideses botar unha ollada, agradeceríacho.

Saúdos. --Killerwhale 02:29, 3 decembro 2009 (UTC)

Gracias polo aviso[editar a fonte]

Non me daba conta de que non lle poñía a orixe. --PortoFaládeme aquí 15:52, 3 decembro 2009 (UTC)


Agradecementos[editar a fonte]

Moitas grazas pola túa axuda e polo tempo perdido!!! :D

Un saúdo! --Killerwhale 00:51, 4 decembro 2009 (UTC)

Grazas por decirme como se pon o Galicontador. --Adeus 19:31, 5 decembro 2009 (UTC)

Imaxe e metedura de pata[editar a fonte]

Ola Lmbuga, acabo de ver a túa mensaxe, como xa terás intuido non tiña nin idea de como ia o asunto da imaxe, son nulo para as licenzas, dun xeito ou doutro sempre meto a pata..deille a aquela por descoñemento, nada mais lonxe do meu ánimo de que escriban o meu pseudónimo para citar a imaxe da wiki en inglés..en fin!, teño pensado subir unhas cantas, e esta vez penso que darei no cravo, grazas por suposto ás túas explicacións. Desculpa pola miña manifesta incompetencia nisto e recibe o meu agradecemento de antemán.--Alexandre Vigo 01:14, 8 decembro 2009 (UTC)

  • Grazas de novo Lmbuga, xa te darias conta que ando algo despistado con todo iso, agradezoche enormemente o teu traballo, traballo que é vital para todos nós. Unha aperta.--Alexandre Vigo 11:47, 13 decembro 2009 (UTC)
    • Ola Lmbuga, primeiro darche a miña noraboa polas túas imaxes, son espectaculares!, non sei como o fas, pero dende logo, son incribles. Encantame a fotografía, xa me gustaria chegar ao teu nivel, Canon, Olympus??, desvela o segredo :). Tamén che escribo para agradecerche polos avisos de imaxes, de feito teño un grave problema con unha. Ficheiro:Gallaecia-Celtici Praestamarici.png, o arquivo que subín non é ese, é estraño pero subiu outro no canto do outro..en fin, que a miña intención é eliminalo porque amosa aos Celtici Supertamarici, non aos Praestamarici, poderias borralo ti?, como podo faceo eu?, cando poidas. Un saúdo.--Alexandre Vigo 22:25, 16 decembro 2009 (UTC)

Imaxes de Lalín[editar a fonte]

Grazas polo aviso sobre a lizenza que poño na caixa de datos. Efectivamente, non o fago de maneira consciente. Seguremente é porque cando collín un modelo para subir a primeira imaxe, estaba así, e logo continuei reproducíndoo. Se che parece necesario, retiro entón a licenza GFDL da caixa de datos en todas as imaxes que subín? ou poden continuar así? Nas próximas que suba xa o terei en conta e deixarei a liña da caixa de datos en branco. E grazas tamén pola categorización das imaxes de Lalín. Se podo, irei poñendo imaxes nas subcategorías que creaches. Saúdos, e grazas de novo. Así imos aprendendo.--Xas (fálame) 13:03, 16 decembro 2009 (UTC)

Non a coñecía. Váime se útil. Grazas de novo.--Xas (fálame) 14:03, 16 decembro 2009 (UTC)

categorización de imaxes[editar a fonte]

Ola, Lmbuga;

estou subindo fotos de xente, e algunhas delas non sei moi ben como categorizalas; algunhas personalidades non teñen artigo na galipedia, pero si noutras wikis, e súboas para despois mandalas a commons. Se tes ideas encol da categorización (das personalidades que non sei onde metelas, estounas poñendo en "Imaxes de persoas").

Un saúdo, e moitas grazas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:48, 18 decembro 2009 (UTC)

Bo día! Desculpa pola ausencia de información das personalidades, póñome agora a indicalo.
No caso concreto de Gérald Larose, é un sindicalista canadiense, pero non é unha figura política; penso que mellor lle acaería a categoría Imaxes de personalidades do sindicalismo de Québec; esta podería ir incluída en Personalidades do sindicalismo e Imaxes de personalidades de Québec, e esta á súa vez en Imaxes de personalidades de Canadá.

Prefiro non crear eu esas categorías directamente para esperar pola túa opinión, pois se non é unha boa idea daría máis traballo refacer o asunto.

Vou pór agora a información de personalidades. Un saúdo, e moitas grazas por facilitar o traballo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:43, 19 decembro 2009 (UTC)


  • Boa noite, Lmbuga!

É interesante iso de ordear as imaxes en base ao nome ou en base ao apelido. Eu comecei facéndoo co apelido por seguir o mesmo criterio cós artigos, pero non sei cal sería a mellor opción. Quizais se poida abrir un debate en "A Taberna-Imaxes" e que opine a comunidade.

Un saúdo, e bo inverno. --Estevo(aei)pa o que queiras... 02:18, 22 decembro 2009 (UTC)

  • Bon día!

Quero felicitarte pola tarefa de categorización de imaxes porque levou moito traballo de pensar COMO categorizalas, ao ter que crear moitas categorías novas. Acaba de ocorrérseme, pero penso que as categorías de "Imaxes de" deberían ir parellas ás categorías normais de artigos. Así, se existe unha categoría "Personalidades da lingüística", debería existir "Imaxes de personalidades da lingüística". O problema nesta ocasión foi que quizais subín demasiadas fotos de xente que aínda non ten artigo, e que se cadra nin sequera ten entidade para merecelo. A iso me refiro co que dixen antes de que fixeches un traballo moi bo á hora de categorizar as imaxes.

Por outra banda, propóñoche mover a categoría Galería de imaxes da praza da leña, Pontevedra a Galería de imaxes da praza da Leña de Pontevedra por dúas razóns: os nomes das prazas considéranse topónimos, e deben ir en maiúsculas; por outro lado, nos artigos de prazas ou edificios non se adoita poñer comas, senón "de".

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:42, 27 decembro 2009 (UTC)

Galerías[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Ando engadindo ás galerías unha categoría oculta para identificalas e localizalas co seguinte código <!--Categorías ocultas--> [[Categoría:Galerías]]. Como ti creas moitas galerías comentocho para ver se o podes engadir cando se dea a circunstancia de que crees unha galería nova. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:17, 18 decembro 2009 (UTC)

Desculpa polo retraso na resposta, pensei que estes días ía estar máis activo pero non foi posible pasar pola Galipedia como esperaba. O uso de categorías ocultas permite clasificar o material dun xeito independente das categorías de contido. O uso que estamos facendo delas, polo de agora, na Galipedia está fundamentalmente relacionado co mantemento. No caso da categoría oculta galerías a función é identificar un determinado tipo de material e tamén cuantificalo, cousa que non se pode facer neste momento doutro xeito. Trátase de saber cantas galerías hai e telas localizadas, por ese motivo é preferible, na miña opinión, non facer subacategorías dentro da categoría oculta galerías; ademais o contido das galerías xa está correctamente clasificado nas categorías correspondentes sen necesidade de clasificalo nas categorías ocultas. Unha posibilidade no futuro para facer innecesaria a categoría oculta galerías sería crear o espazo de nomes galerías para ese tipo de materiais. Grazas pola morea de imaxes que clasificaches, eu só conseguira clasificar unhas poucas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:54, 24 decembro 2009 (UTC)
Por se che vale, o sistema que seguín para localizar as galerías foi buscar todas aquelas páxinas que comezan por Galería (aínda que hai algunha páxina que corresponde a un artigo): páxinas que comezan por galería. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:11, 24 decembro 2009 (UTC)

Foto Portada Fullmetal Alchemist[editar a fonte]

Gustariame saber porque se elimina a foto posto que estuben a revisar na wikipedia en busca de fotos con dereitos de autor o igual q esta primeira foto que subin a wikipedia, e non entendo porque noutras se admiten e a miña ten que ser eliminada. Gustaria tamen saber se ai algun modo de que se poda subir, poñendolle outro tipo de licenza ou similar solución. Un saudo.--David Márquez 22:21, 18 decembro 2009 (UTC)

Ten que desculpar non era a miña intención que parecese que estaba cabreado ou algo similar. Cando me refiro a imaxes que teñen uns dereitos similares a que subin nn estou a decir q sean da wikipedia en concreto refirome a outras que aparecen no mesmo articulo pero doutras linguas, como pode ser a inglesa. Por outra parte xa sei que todos os que colaboramos neste proxecto o facemos sen gañar nada a cambio, non mais que a satisfacion de saber que xa mais xente pode acceder a este coñecemento, para min unha recompensa máis que sobrada xa que tou a prol deste tipo de proxectos. Agradezolle moito o seu afan en eliminar as fotos que nn cumplen as normas. Se encontro algunha non dudarei en avisarlle para que a revise posto q eu son novo nesto e non sei moi bn como vai Grazas de novo. E espero q alguen me solucione o problema. --David Márquez 23:31, 18 decembro 2009 (UTC)

Sobre a imaxe que subin, subina unha porque descoñezo as normas, ademais non recordo ben se foi na wikipedia italiana ou inglesa ou incluso en ambas vin unha portada similar pero da edicion dese pais, eu descoñezo se todas as wikipedias levan as mesmas normas, pero eu seria partidario de que fotos como a miña que teñen un copyright se podan poñer sempre que se faga referencia o autor desta obra, neste caso. Tamen cabe destacar que e moi dificil a veces saber se unha foto cumple as normas, esto supoño que sera pa todos pero mais para un novato como e o meu caso. Non sei se me explico ben. En ningun momento me ofendeches co comentario, xa me esperaba que pasase algo coa foto posto que a ser como é pois esperaba que tubese algun problema coa licenza. Intentarei seguir axudando o proxecto a crecer non sei se terei moitos aportes ou poucos, esto e debido a q me encontro a estudar unha carreira e necesita moito tempo. Eu agradezolle moito o traballo que fai posto que os novatos necesitamos axuda e non sempre a encontramos, eu teño algunha posto que meu pai xa e colaborador dende fai tempo e enton axudame no relativo a como funcionan as tablas e demais instrumentos de edición. --David Márquez 01:01, 19 decembro 2009 (UTC)

Usuario:Alfonso Márquez[editar a fonte]

Eu non teño ningun reparo en quitar dita caixa, pero eu quiteina doutro usuario, e non pensaba que poidera ferir a ningen a si que eu retioa pero mira que hai mais ca miña--Alfonso Márquez 20:37, 28 decembro 2009 (UTC)

Por outro lado das a entender que non acato as normas, se asi fora, cousa que non comparto mo dis e non terei incobenentes en acatalas e senon poidera dexaria mui o meu pesar de colaborar coa galipedia--Alfonso Márquez 20:52, 28 decembro 2009 (UTC)

Aepto as desculpas[editar a fonte]

Eu xa me imaxino que moitas veces desfacer o traballo dotra persoa non e moi doado e se algo fai interesante este proxecto, que é a wikipedia, é que axa persoas que supervisen o traballo meu e o deoutros usuario coma min que moitas veces igñoramos as normas pola que se rixe a galipedia (permiteme chamarlle asi pois gustame mais), asi que corrixeme cando o creas necesario que eu non me enfadarei pois creo que o estas a facer bén .Un saudo e sigue asi--Alfonso Márquez 21:03, 28 decembro 2009 (UTC)

Renomear imaxes[editar a fonte]

Pero ¿pódense mover imaxes? ¿Desde cando? ¿O procedemento é o mesmo que cos artigos? Pedro --Lameiro (conversa) 01:05, 2 xaneiro 2010 (UTC)

malentendidos[editar a fonte]

bon día, Lmbuga;

É unha pena ter que dar estas explicacións, pero comprendo que as palabras sempre poden entenderse mal, é difícil expresarse ben por escrito. Cando digo "mentira", "mentir" (non lembraba que xa o dixera hai 11 meses na páxina de Flickr; de feito non lembraba ter conta de Flickr) falo en tanto que "oposición á verdade", non quería facer xuízos sobre actitudes.

Para min (e para outro usuario que xa comentara antes ca min en Flickr) é obvio pola contextualización que a imaxe non ten 30 anos. Non sei cal foi a intención do autor da foto ao nomear a foto como 1975, pero creo que nunha enciclopedia que se precie non se debe deixar lugar a ambigüidades, e que as fotos deben levar un texto de explicación claro e explícito: "Foto sacada tal día en tal sitio".

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:50, 3 xaneiro 2010 (UTC)

licenza de imaxe[editar a fonte]

Ola, Lmbuga. Do comentario que pos na votación de imaxe sobre a foto do gorgullo do eucalipto, non me queda clarose xa falaches co autor sobre a licenza ou se aínda non. O caso é que a imaxe non permite obras derivadas, e iso habería que resolvelo antes de facer o check de Flickr... Explícame cando poidas, por favor... :) --Xabier Cid Conversa 09:39, 7 xaneiro 2010 (UTC)

  • Unha vez solucionado o problema principal ¿como debería indicar a autoría na imaxe, nos artigos eucalipto e gorgullo do eucalipto? ¿Simplemente co nome do autor da foto, a seguir do pé de foto, ou é mellor dalgunha outra forma, con algún enlace ou algo semellante? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22:29, 7 xaneiro 2010 (UTC)
    • Non, Lmbuga, non era iso. Case prefiro que sexa Xabier quen revise as imaxes, que ten máis experiencia ca min. Eu só me refería a que na fotografía conste o nome do autor, tal como entendo que quere dicir o que vén en Flikr: "Reconocimiento — Debe reconocer los créditos de la obra de la manera especificada por el autor o el licenciador". Ó mellor abonda con que conste así nos datos da imaxe e non en cada páxina na que utilice, pero non estou seguro. Resumindo: ¿hai que poñer ó pé desta imaxe o nome do autor (nas páxinas nas que se use)? De ser así ¿abonda con po-lo nome? Espero terme explicado mellor agora. Ata logo, Pedro --Lameiro (conversa) 23:03, 7 xaneiro 2010 (UTC)
      • Moi ben, entón quedo tranquilo. Grazas polas explicacións. Pedro --Lameiro (conversa) 23:15, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Ola, moi boas. Xa che contestei na páxina foto. Por certo, vin que controlas bastante de imaxes. Quería subir unhas fotos a Commons pero líome co tema das licenzas. ¿Cal me recomendas?. ¿Pódesme recomendar tamén un conversor de mpg a ogg/ogv para subir un vídeo?. Ata logo. Sucador 21:05, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Sobre autoría de fotos[editar a fonte]

Moi agradecido pola indicación. Procederei a pór "eu son o autor (self made)". Deizón Tiberio Feliz 23:15, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Información[editar a fonte]

Engadín máis información sobre Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:As portas do vento. Meicende, A Pastoriza, Arteixo, Galiza.jpg. Un saúdo. --PepedoCouto (dimo aquí) 16:36, 9 xaneiro 2010 (UTC)

A ver Luís. Falas dunha foto e está claro que non é unha foto. Mándasme dúas veces as instrución de contactar con outros usuarios, penso que está claro que xa sei contactar con outros usuarios. Mándasme a unha páxina de instrucións que non son quen de seguir... Agradézoche moito o aviso pero o que me dixeches confúndeme máis do que estaba. Como xa dixen na conversa de Lameiro, é a primeira vez que poño unha imaxe e a imaxe é derivada doutra.

Fai favor, bótame unha man e mira a ver si co que puxen está arranxado o asunto, e se se pode quitar o marcador, e si non, explícame que teño que facer exatamente, pero amodo home, que son un pouco lento.

Moitísimas grazas. --HombreDHojalata Conversa comigo. 17:51, 10 xaneiro 2010 (UTC).

Non entendo nada. Viches a imaxe da que partín? Pon Autorízase copiar, distribuír e/ou modificar este documento... E xa puxen que é unha obra derivada de que obra é derivada. En que cambia usar de orixe a que dis ti no lugar de usar a que collín eu? Perdoa a miña ignorancia e grazas pola paciencia. --HombreDHojalata Conversa comigo. 18:14, 10 xaneiro 2010 (UTC).
Xa o vin. Colocáchelo no recadro da licenza, síntoo, pero aí non o esperaba. Vino porque editei a imaxe agora mesmo, por ver se escribiras algo e quedaba oculto. Vou colocar os datos correctamente e reparar na orixe.-- Lmbuga / Conversa comigo  18:52, 10 xaneiro 2010 (UTC)

Ola de novo Luís. Desculpa as miñas tardanzas ó contestar. É estupendo que sexas quen de facer as cousas tan rápido! Ben, a páxina da que estamos a falar é w:gl:Ficheiro:Mapa IXP Pataca de Galicia.png. Ti viches onde pon, despois de "Licenza", en negras, "Esta obra é unha obra derivada de estoutra."? O que pregunto eu exactamente é: Se esa frase é dabondo para indicar a orixe da imaxe e Se a imaxe orixinal permite que eu faga unha obra derivada e a poña na Galipedia.

O mapa fíxeno porque Lameiro o pediu. Se o queres facer ti e mellor que partas desta información. No que subiches ti fáltache darlle cor a unha parte de Xunqueira de Ambía, e non creo que ós produtores de alí lle guste ;-)

Mentras eu redactaba isto ti cambiabas a cousa. Moitas gracias. Chao. --HombreDHojalata Conversa comigo. 19:10, 10 xaneiro 2010 (UTC).

Pregunta[editar a fonte]

Boa, Lmbuga. Unha pregunta sobre licenzas: segundo eu o entendo, poderíamos subir a imaxe do logo de Flocos para o artigo da galipedia Flocos.tv, non si? Se fose así, habería bastante material para ilustrar os filmes de orixe galego que hai naquel portal e que teñen artigo aquí na nosa wiki. Corríxeme se me equivoco. --Atobar (conversa comigo) 21:49, 10 xaneiro 2010 (UTC)

Biblioteca da UVigo[editar a fonte]

Boas Lmbuga. Polo que vexo, o nome Noguerol no título da imaxe non é sinatura de usuario ningún (a foto subiuna Sálvora) senón o nome do arquitecto que deseñou esta biblioteca, Alberto Noguerol. A biblioteca non se chamará Noguerol, supoño, pero como nome de imaxe non lle vexo maior problema. Saúdos, Pedro Lameiro


Xusto. Esa escultura está colocada no mesmo paseo que a anterior. Hai uns meses pasei en coche a carón dela. Por certo, as imaxes de Filckr non hai que cargalas como un ficheiro máis? Porqué non aparecen nas últimas imaxes subidas? Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 17:43, 11 xaneiro 2010 (UTC)

Cando ti sobes unha imaxe de Flickr, nas túas contribucións aparece como unha imaxe nova, pero non aparece na páxina de imaxes novas. Cal é a razón de que non apareza?--PepedoCouto (dimo aquí) 19:40, 11 xaneiro 2010 (UTC)
Agora si o entendín. Grazas. Outro saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 19:54, 11 xaneiro 2010 (UTC)
Precisamente iso é o que algúns de nós necesitamos. Non hai ren como un guíaburros. De momento vou seguir coas miñas achegas, que xa me levan un bo tempo. De todos os xeitos, grazas.--PepedoCouto (dimo aquí) 20:06, 11 xaneiro 2010 (UTC)

Fotos de Flickr[editar a fonte]

Ola, Luis. Atopei esta foto en Flickr e penso que vería moi ven para este artigo. Coido que a licenza o permite, pero non sei como hai que facer exactamente para quitarlle a marca de auga, se procede, e subila. Votas unha man? Moitas grazas. --HombreDHojalata conversa 20:32, 13 xaneiro 2010 (UTC).

Moitas grazas. --HombreDHojalata conversa 22:53, 13 xaneiro 2010 (UTC).

Crear caixa de datos[editar a fonte]

Qué significa nas imaxes que está pendente de "Crear caixa de datos"? Conversa con Tiberio 23:43, 15 xaneiro 2010 (UTC)

Entendo. Deizón Conversa con Tiberio 12:00, 16 xaneiro 2010 (UTC)

categorizar imaxes de flickr[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Teñe que consultarche unha cousa. O outro día subín algunhas imaxes de Flickr a Commons. O caso é que non sei como categorizalas despois de subilas. Vin que ti o fixeches coas correspondentes a Guimarei, A Estrada, pero eu non sei como facelo nas que subín para o artigo Goiás, Lalín. Podes dicirme como facelo? Grazas. --Xas (conversa) 23:43, 16 xaneiro 2010 (UTC)

Non, non é iso. Non me expliquei ben. Non é que as queira categorizar en Commons, senón na Galipedia. O caso é que unha vez que xa están en Commons os ficheiros, como fago para peñerlle esa categoría: Categoría de imaxes de Goiás, Lalín, ou calqura outra. No ficheiro non vexo xeito de facelo. Por exemplo: vou ao Ficheiro:Iglesia de San Miguel de Goiás.jpg e non encontro como editalo para poñer as categorías... Como fago? Grazas e desculpa pola lata que che estou dando... --Xas (conversa) 00:23, 17 xaneiro 2010 (UTC)
Vale, entendido. Xa está feito. Moitas grazas. Saúdos. --Xas (conversa) 12:39, 17 xaneiro 2010 (UTC)

Falso miliario.[editar a fonte]

Compañeiro: deixei na taberna unha explicación hipotética do que pode ser esa fotografía. A falta de pan xa se sabe. --Xoacas(Qué me queres, amor?) 02:44, 17 xaneiro 2010 (UTC)

Monterrei.[editar a fonte]

Compañeiro: vexo que creaches unha nova categoría para o castelo de Monterrei para substituír a existente de Monterrei, que era empregada para o concello. O certo é que a comarca, o concello e o núcleo de poboación comparten nome: a comarca de Verín-Monterrei chamouse sempre comarca de Monterrei ata a comarcalización administrativa, o concello de Monterrei tivo en orixe a capital en Monterrei ata que foi trasladada a Albarellos, e o castelo de Monterrei é o que contén ao núcleo de Monterrei dentro dos seus muros. Total: un lío. Chámote a atención sobre todo isto por si te serve de aclaración á hora de crear categorías, páxinas novas e cosas así. Saúdos. --Xoacas(Qué me queres, amor?) 02:35, 23 xaneiro 2010 (UTC)

  • Si, estaba a falar de categorías de imaxes, como ti finalmente deduciches. A falta de vínculos débese simplemente á miña falta de pericia ou de imaxinación, pido perdón. De tódolos xeitos o que che quería indicar non era un erro teu, só unha peculiaridade do enclave de Monterrei que, ao meu entender, fai que careza de sentido falar de Monterrei núcleo por unha banda e de Monterrei castelo por outra. O que quero dicir é o seguinte: o que se soe chamar castelo de Monterrei é un núcleo urbano amurallado. Un exemplo: o castelo de Pambre , en Palas de Rei, é un edificio situado na aldea de Pambre; por tanto tería sentido crear unha categoría para as imaxes do castelo de Pambre e outra para as da aldea de Pambre, porque son cousas distintas, non coinciden. En cambio, se existise unha categoría para o núcleo de poboación de Monterrei deberían estar nela todas as imaxes que estivesen na categoría de imaxes do castelo de Monterrei, posto que unha cousa e outra son coincidentes nos seus límites físicos,ou se queres dicilo de outro xeito, son a mesma cousa. Perdoa que de novo non empregue vínculos, pero non vexo como poderían contribuír a aclarar nada. Saúdos. --Xoacas(Qué me queres, amor?) 03:20, 23 xaneiro 2010 (UTC)
  • Non é iso o que eu propoño. Parece claro que ou non conseguín facerme entender, ou aquilo dos conxuntos e os subconxuntos non está moi dominado. De todos os xeitos, non é tan importante, ímolo deixar lo. Xa é tarde, voume deitar. Saúdos. --Xoacas(Qué me queres, amor?) 03:44, 23 xaneiro 2010 (UTC)
  • Para ser sincero, levo xa un tempo longo tratando de comprender como están organizadas as categorías das imaxes e non atopei aínda nada do que puidese sacar algo en limpo. O primeiro que me aclara as cousas ben é a explicación que me deixaches na miña páxina. Non sabes o agradecido que che estou. Non hai nalgures unha explicación para primíparos coma min? Se non entendín mal, no referinte ás entidades de poboación, estase seguindo un esquema paralelo ao do nomenclátor do IGE, e dicir, provincia/concello/parroquia/núcleo. Estou errado? Entendo tamén que se está seguindo unha estrutura en árbore, e tamén que unha mesma imaxe pode pertencer a distintas categorías que non necesariamente teñen que estar incluídas unha na outra. É así? Porque se é así, empezáramos por aí. Cantas preguntas, diola. --Xoacas(Qué me queres, amor?) 17:00, 23 xaneiro 2010 (UTC)

Pois non che sei de ningunha páxina sobre ríos.

Por outra banda, quería comentarche que revisaras o Ficheiro:Iglesia de Santiago de Lousada.jpg, pois vexo que o puxeches no artigo San Mamede de Lousada, Carballedo, cando xa estaba no artigo Lousada, Carballedo, que pola descrición da imaxe, parece que é o que lle corresponde. Saúdos e parabéns pola labor que estás facendo de engadir imaxes aos artigos.--Xas (conversa) 14:56, 26 xaneiro 2010 (UTC)

Renomear unha imaxe[editar a fonte]

Ti que controlas disto, a ves se podes renomear esta imaxe: Ficheiro:Playa de Baiona.jpg dado que é a praia de Samil. En Commons ten o mesmo nome, polo que cómpre trocalo alí tamén. Graciñas e saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:02, 30 xaneiro 2010 (UTC)

Renomear Ficheiro[editar a fonte]

Ola Lmbuga, mira a ver se podes renomear esta imaxe Ficheiro:Casa de Fontemaior, Silleda, Galiza.jpg que está moi mal denominada, pois paréceme que corresponde ao Convento de San Domingos de Bonaval en Compostela. Saúdos. --Xas (conversa) 16:57, 31 xaneiro 2010 (UTC)

Compañeiro: deixeiche un par de mensaxes no Flickr, por isto das fotos, a ver se me podes dar resposta. --Xoacas(Góstache o pemento?) 21:18, 31 xaneiro 2010 (UTC)

Púxenme a subir fotos a partir de Flickr e creo que non hai problema, todo é moi mecánico polo que vexo. A cuestión é que tiven que parar porque me deu unha mensaxe de erro que viña a dicir que superei a miña cota diaria. Non sabía que houbera tal. Como fas ti, que pasas o día subindo imaxes? Outra cuestión: as fotos que subín hoxe subinas a Commons, pero iso equivale a subilas á Wikipedia? Pregúntocho porque me dis que na Wikipedia están sen categorizar, e iso para min é novo. Como se fai para categorizalas na Wikipedia? Cantas preguntas, diaño. --Xoacas(Góstache o pemento?) 20:10, 1 febreiro 2010 (UTC)

Miguel: deixeiche de novo un par de mensaxes no Flickr, faille caso ao último e non teñas demasiado en conta o primeiro. Espero a túa resposta. Agur. --Xoacas(Góstache o pemento?) 11:21, 7 febreiro 2010 (UTC)

A Toxa e O Grove[editar a fonte]

Ola Lmbuga. Retirei a foto que acabas de poñer entre as imaxes da Toxa porque o que a foto recolle é o propio Grove, non a illa. Segundo a descrición da imaxe a foto foi tomada desde a illa, pero non se ve. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 20:01, 3 febreiro 2010 (UTC)

  • Cando cambia-lo nome dunha imaxe sexa tan simple como cambia-lo nome dun artigo poderá ser útil cambiárlle-los nomes por outros máis específicos, pero por agora non creo que pague a pena o traballo. A descrición é correcta, que é o que máis importa, así que déixaa estar. Hai outra foto (Ficheiro:Nostalxia. O Grove.jpg) que non localizo no Grove. Nos comentarios de Flickr deixan entrever que se trate dunha foto actual, non unha foto antiga, e que é de Cambados, feita a foto desde o monte da Escusa, pero nin idea. Se descubro o sitio xa cho direi. Por certo ¿hai forma de poñerse en contacto cos fotógrafos de Flickr? O outro día vin unhas fotos de Arcos de Furcos, Cuntis, duns baldaquinos [3] que son case, case iguais a outros que teño vistos en Meis, e quería dicirllo ó autor das fotos. Bueno, que un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 16:49, 4 febreiro 2010 (UTC)
    • Mándoche un correo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:44, 4 febreiro 2010 (UTC)

Outras Wikis[editar a fonte]

Compañeiro: a ver se lle podes botar unha visual a estas imaxes: http://fr.wikipedia.org/wiki/Fichier:Logo_Queer_As_Folk_serie_TV.gif http://he.wikipedia.org/wiki/%D7%A7%D7%95%D7%91%D7%A5:Qaf1.jpg http://sh.wikipedia.org/wiki/Datoteka:QaF-%28US%29-cast.jpg Podes sacar algo en limpo que che permita saber se as podemos empregar nós? --Xoacas(Góstache o pemento?) 19:29, 8 febreiro 2010 (UTC)

Re: Ficheiros de medallas[editar a fonte]

Saudos Lmbuga, non entendo exactamente o que me queres dicir, ¿cál é a diferencia entre os corchetes e as chaves? Debín de esquecer colocar a licencia, supoño, ainda que a puxen na caixa de datos. ¿Debo subir as imaxes de novo? Un saudo e gracias pola axuda.--Carronada 21:53, 8 febreiro 2010 (UTC)

Creo e espero que xa este solucionado o tema, engadín o da licencia, moitas gracias pola tua axuda, agora estaria o tema da categoría que debería ser creada para ese tipo de imaxes.--Carronada 23:54, 9 febreiro 2010 (UTC)

Unha primeira categoría podería ser imaxes de condecoracións que estaria incluida na categoría imaxes de militaria.--Carronada 19:11, 10 febreiro 2010 (UTC)

Dúbida imaxes[editar a fonte]

Ola, Lmbuga! Meu irmán sacou un par de boas fotos de lugares de San Xosé de Ribarteme e comentoume que se quixera que as podo subir á wiki. A cuestión é que el xa as subiu ao Google Earth, e non sei se habería algún conflito de licenzas por iso. En principio, penso que non debería habelo porque el mesmo foi quen me animou a poñelas na Galipedia. Se finalmente as subo, no nome do autor debería poñer o mesmo que el utiliza no Google Earth (gochito), non? Graciñas!--Paradanta 13:48, 9 febreiro 2010 (UTC)

Entendín perfectamente a túa mensaxe. Grazas pola túa atención e a túa análise pormenorizada. Efectivamente, a de flickr é a mellor opción para subir as fotos, pero pídenme que me faga unha conta de correo en yahoo e, francamente, non me interesa facela só para subir un par de fotos. Así que vou recorrer á opción máis sinxela: ir coa miña cámara e tirar as fotos eu mesmo. Por certo, non che puxen a ligazón das fotos porque non souben como facelo. Google Earth é un programa que, aínda que precisa de internet para funcionar, non ten un enderezo eletrónico propio, ou eu non llo sei ver. Non sei como explicarcho porque son bastante inepto en cuestión informáticas, se cadra hai alguén achegado a ti que cho poida explicar mellor.

Por certo, non facía falta que empezases a mensaxe advertíndome que non tiñas nada contra min! Non son tan susceptible!Un saúdo e moitas grazas pola túa adicación e esforzo!--Paradanta 21:52, 9 febreiro 2010 (UTC)

Xa subín unha imaxe propia de San Xosé de Ribarteme, que fixera hai algún tempo. Se me fixeses o favor de lle botares unha ollada e me confirmares que o fixen correctamente irei engadindo imaxes do mesmo xeito pouco a pouco. Calquera erro que advirtas ou consello que me queiras dar será benvido. Moitas grazas!!--Paradanta 17:05, 11 febreiro 2010 (UTC)
Moi ben, grazas outra vez!--Paradanta 18:34, 11 febreiro 2010 (UTC)

Cambio de nome[editar a fonte]

Compañeiro, pásate por aquí, que polo que se ve hai que pedir un cambio de nome en Commons e todo o que ven despois. Gracias. --Xoacas(Góstache o pemento?) 18:21, 10 febreiro 2010 (UTC)

Baldaquino e máis[editar a fonte]

Boas Lmbuga. Intentarei pillar algún día anerta esta igrexa de Meis a ver se existe tal altar. Desde logo, por fóra non hai nada que dea a idea de estar relacionado cos relevos dos que falamos. Dáme uns días: xa sabes que non resulta fácil atopar abertas estas igrexas do rural. Outro tema: no das imaxes pendentes ¿abonda con categorizar ou cómpre buscarlles un artigo? O primeiro é relativamente fácil: laborioso pero fácil; o segundo xa é outra cousa. Mesmo hai artigos onde poden cadrar ben, pero xa están -ó meu xuízo- suficientemente ilustrados, e meter unha imaxe máis, a calzador, non sei se procede. Xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:54, 11 febreiro 2010 (UTC)

File:Mosca, Bastavales, Brión, Galiza 090707 04.JPG is Chloropidae Ciao Robert 86.182.22.21 20:56, 12 febreiro 2010 (UTC)

Central eléctrica[editar a fonte]

Perdoa, pensei que quedaba claro con San Simón, a imaxe fíxena na Illa de San Simón, Cesantes, Redondela. Se tes algunha outra dúbida preguntame--Hugo22 21:59, 12 febreiro 2010 (UTC)

Imaxes duplicadas[editar a fonte]

Ola Lmbuga, quería consultarche unha cuestión: estou incorporando aos artigos e categorizando algunhas imaxes de Wikipedia:Imaxes de Commons non incorporadas, pero atopeime cun problema: Algunhas destas imaxes xa están incorporadas á Galipedia, pero só me din conta despois de poñelas no artigo e categorizalas, co que agora temos dúas imaxes iguais na Galipedia. Isto pasoume con: Ficheiro:Igrexa de Santiago de Bembrive, Vigo.jpg e Ficheiro:Pazo e torre, San Miguel, Penas, Monterroso.jpg. Pero vin que hai algúns casos máis. Que facer nestes casos? Un saúdo. --Xas (conversa) 11:07, 13 febreiro 2010 (UTC)

Compañeiro: para facer un pouco máis ecuánime o reparto do traballo, deixa que me encargue eu de deixar aviso aos usuarios de Flickr de que a súa foto está subida (fareino cando alguén lles poña o aviso de Feito). E xa que estamos co tema, vou abrir a posibilidade de que todo o mundo suba ao grupo 5 fotos ao día, como antes, simplemente manterei o que acordamos sobre a selección das fotos que eu vaia subir a Commons, que terá que ser máis restritivo que antes. Aperta. --Xoacas(Góstache o pemento?) 19:49, 13 febreiro 2010 (UTC)

RE: imaxes sen uso[editar a fonte]

Ola Miguel. Non coñecía eu esa norma que desaconsella subir imaxes sen colocalas nalgún artigo, aínda que, de feito, creo que eu só subin imaxes que necesitaba para un artigo. Supoño que, en principio, é boa idea aínda que se se suben e categorizan xa quedan aí almacenadas á espera de que alguén lles bote man. A miña dúbida estaba en que se un artigo xa tiña foto non lle vexo moito sentido a colgar outra foto co mesmo motivo. Quizais esa duplicidade se resolva coa idea das galerías, pero tamén teño algunhas dúbidas sobre as vantaxes das galerías, polo menos en certos casos: ¿en que diferenciamos categoría e galería? Unha categoría:imaxes do Grove e unha Galería de imaxes do Grove ¿non van te-lo mesmo contido? Sei que no caso dos concellos, a galería permite ordena-las imaxes (por parroquias, por temas), e tamén está a treadición da Galipedia de crear galerías de imaxes nos artigos dos concellos pero non sei se isto se pode trasladar a outros temas.

Pero, salvando estas dúbidas, éche ben certo que se non se ordenan dalgún xeito todas esas imaxes que estades subindo, o máis probable é que queden perdidas no limbo dos xustos, o que sería unha mágoa. Ergo non se me ocorren obxeccións á proposta de colocalas e/ou categorizalas. Poñereime a iso. Concordo contigo en que semella máis lóxico crear ou dividi-la galería cando teñamos un paquetiño de imaxes, non parece moi práctico crear unha galería para unha imaxe. Pero o chollo vai ser duro, e a creación da árbore de galerías obrigaranos a "consensuar" posibilidades.

Outro tema é o da marca de "Feito". Polo que entendín, pedías que se puxera cando unha imaxe se incorporase e se categorizase, para que logo avisases ó autor da fotografía. Xa non sei que facer se só a categorizo (é dicir: un feito a medias). Ese arquivo que creaches para "anteriores" ¿é para almacenar unha vez rematado todo, aviso incluído? Dígoo porque agora, a páxina de "Non incorporadas" é xa inmensa.

Bueno, é de supoñer que seguiremos pulindo o futuro traballo con estas imaxes. Segundo vexo tanta fotografía sinto máis constatar que nos faltan moitos, moitos artigos que crear. Veña, un saúdo e a seguir. Pedro --Lameiro (conversa) 20:04, 13 febreiro 2010 (UTC)

  • Movín parte das imaxes da lista de non incorporadas á nova páxina de arquivo, que xa tiña unha ligazón na anterior. A lista estábase facendo tan longa que era case ingobernable. Haberá que repetir a operación cada pouco. --Xoacas(Góstache o pemento?) 08:45, 19 febreiro 2010 (UTC)

Petróglifos do Vilar[editar a fonte]

Ó reagrupar as fotografías dos petróglifos do Vilar (Ortoño, Ames) resulta que temos dous pares de fotografías iguais pero con nome diferente (Categoría:Imaxes do petróglifo do Vilar). O lóxico será borrar as repetidas pero non sei o criterio para escoller cal borrar e cal deixar. ¿Bótaslle un vistazo e escolles ti a que deixamos? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:24, 15 febreiro 2010 (UTC)

Pechos e aldrabas[editar a fonte]

Creei Galería de imaxes de pechos de Galicia, as imaxes categorízanse en Categoría:Imaxes de pechos de Galicia e Galería de imaxes de aldrabas de Galicia - Categoría:Imaxes de aldrabas de Galicia. Quizais sexa mellor que organices ti as galerías, eu diso non entendo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:43, 19 febreiro 2010 (UTC)

Pasouseme por completo! menudo erro! gracias.--Hugo22 18:56, 21 febreiro 2010 (UTC)

Imaxe das Campás[editar a fonte]

Imaxínome que o que querías era que aclarase na imaxe a miña autoría, creo que así está ben. Pontevedra78 | Queres falarme? 19:39, 21 febreiro 2010 (UTC)

Imaxes de selos[editar a fonte]

Saudos Lmbuga, conto con bastante selos de diferentes paises e periodos, e gustariame saber se habería algún problema en subir algún escaneo dos menos ou fotografía á wikipedia, tema de licencias e demais. Moitas gracias.--Carronada 23:32, 24 febreiro 2010 (UTC)

  • Atopei un selo español dos anos 80 con licencia libre e o parecer sen problemas [4] ¿qué che parece? ¿poderiamos nos subir selos españois de esas épocas?--Carronada 00:21, 25 febreiro 2010 (UTC)
    • Moitas gracias pola tua axuda, enton so subirei selos con mais de 70 anos de antiguedade. ¡Saudos!--Carronada 22:25, 25 febreiro 2010 (UTC)

Ficheiros duplicados[editar a fonte]

Hermano en la fe: Xas consultoume cal é o procedemento cos ficheiros duplicados na miña páxina de conversa. Como ti es o que controla destas cousas (eu só lembro a túa explicación, pero nunca a puxen en práctica) pídoche que sexas ti quen lle responda, que seguro que lle quedará máis claro e será unha resposta máis atinada. Xa lle digo eu que se poña en contacto contigo. Grazas. --Xoacas(Góstache o pemento?) 13:18, 25 febreiro 2010 (UTC)

Efectivamente, son dúas igrexas diferentes. E as fotografías da galería de San martiño son, efectivamente, de San Martiño. Na de Santa María é onde están as lápidas gremiais. En www.arteguias.com/lacoruna/noia.htm podes ve-las dúas igrexas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:30, 1 marzo 2010 (UTC)

Ermida da Lanzada[editar a fonte]

A ermida está en territorio de Sanxenxo. Seguro. A dúbida é bastante común e penso que se debe a que a praia da Lanzada está compartida polos dous concellos, estando a maior parte da praia no territorio do Grove. Pero a ermida xa pertence a Sanxenxo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:32, 8 marzo 2010 (UTC)

Categoría[editar a fonte]

Lmbuga, estou tratando de facer unha análise realista do proxecto e quero comentar a situación actual das categorías, pero xa sabes que non é o meu forte. Amais, as páxinas que atopo con información e índices ao respecto están desactualizadas (son de hai un ano). Será que non sei buscar. Pois iso, a ver se me podes informar de cantas categorías raíz temos, cantas no total dos totales e como estamos con respecto a outras wikis, sobre todo aquelas de lingua romance e as que están ao noso redor, dende a vasca até a nepalí ou grega. Todo o que me poidas dicir, benvido será. Esta mensaxe mensaxe deixeilla tamén a Xas, a Albert galiza e mais a Iago Pillado. Graciñas de antemán. --Atobar (conversa comigo) 17:42, 8 marzo 2010 (UTC)

Ola Lmbuga. Como a imaxe "non existe" non podo borrala. Tería que restaurala primeiro e despois volver a borrala a ver se vai. Probo entón a facer iso? Saúdos. --Alberte Si, dígame? 19:12, 8 marzo 2010 (UTC)

Moitas grazas, Lmbuga. E en comparanza co resto de proxecto, ao teu ver, como andamos no tema das imaxes? A túa é sen dúbida a opinión autorizada neste asunto dos ficheiros. Graciñas outra vez. --Atobar (conversa comigo) 19:24, 8 marzo 2010 (UTC)
Creo que funcionou a táctica de restaurar e volver eliminar. --Alberte Si, dígame? 19:31, 8 marzo 2010 (UTC)