Conversa usuario:Wikilandia
Benvido(a) á Galipedia, Wikilandia!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Alberte Si, dígame? 15:10, 8 outubro 2009 (UTC) Por certo, eliminei o contido que etsás a engadir pois non é propio dunha enciclopedia. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 15:10, 8 outubro 2009 (UTC)
Edición
[editar a fonte]Non podes desfacer sen máis edicións doutros editores. Como che dicía aí atrás o usuario Alberte, cómpre cinguirse a un formato enciclopédico. Podes engadir datos, por suposto, pero respecta as modificacións que teñen que ver co formato, porque na Galipedia hai un libro de estilo. Se tes calquera dúbida, non temas en expola na páxina de conversa do propio artigo ou a calquera dos que andamos por aquí habitualmente. Un saúdo e dálle duro á Galipedia. --Atobar (conversa comigo) 21:44, 8 outubro 2009 (UTC)
Enciclopedia
[editar a fonte]Ola novamente Wikilandia! As edicións que realizas no artigo sobre a revista escolar non son enciclopédicas, posto que rebaixan a calidade da redacción achegándoa á promoción e engaden cousas como correos electrónicos, cousa que non debe ir nunha enciclopedia, senón na web da revista ou na revista mesma. Para máis información sobre a wikipedia e como da-las primeiras pegadas, podes visitar Wikipedia:Axuda e Wikipedia:Guía. Agardo que comprendas que as nosas reversións das túas edicións on para achegarnos a unha enciclopedia seria e de calidade. Un saúdo, e agardo que continúes a editar en máis artigos da nosa wikipedia. --Alberte Si, dígame? 21:45, 8 outubro 2009 (UTC)
Acabo de solicitar indirectamente -votando- o borrado da páxina Revista Pudingas. Dous son os motivos e espero que os entendas e que non encha a miña solicitude o teu ánimo de animadversión, ánimo que polo que vin no trato con outros usuarios considero manifesto.
Entre as bases de funcionamento da Galipedia, pois é un criterio inherente ó proxecto e, ademais, ineludible, está o feito de que a Galipedia xamais pode ser fonte primeira. Quere isto dicir que, se creas un artigo, ese artigo ten que estar referenciado e as referencias ser comprobables (Desculpa que non poña ligazóns ás políticas da Galipedia, solicítallas a un administrador dos que está a falar contigo). Pregunta: ¿onde referencias os datos do artigo en cuestión (tódolos datos)? Ollo: se o artigo non pode ter referencias non pode estar na Galipedia. Non se trata de que sexa máis importante ou menos importante, simplemente, non se pode manter. Se, ademais, fose imposible que tivese referencias, por non existiren en ningún caso, o artigo non debe estar na Galipedia por ser claramente prescindíbel e produto, probablemente, da vangloria ou da inconsciencia dalgún usuario (este é un proxecto que, se non é serio, pretende ser serio).
Persoalmente, mentres non se me demostre o contrario e tras seguir a conversa máis ou menos adecuadamente, considero o artigo -sendo ti ademais o coordinador da revista que dá nome ó artigo- produto da vangloria. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 00:54, 9 outubro 2009 (UTC)
- Un apuntamento, isto é unha wikipedia. Tódalas wikipedias en tódalas linguas teñen uns mesmos principios, e entre os irrenunciables están os de neutralidade e verificabilidade (hai outros, podes le-los 5 piares). Os usuarios da wikipedia debemos facer por que se cumpran para manter un proxecto serio, rigoroso e de calidade. Non podemos abri-las portas a que cadaquén faga o artigo sobre a súa asociación de veciños, a súa banda de música, etc. Iso quítalle case tódala seriedade a unha enciclopedia. Ademais evidentemente nos artigos non hai liberdade de expresión: eu non podo poñer que Heredeiros da Crus é o mellor grupo musical da historia de Galiza, ou que o alcalde dun pobo é un ladrón (sen haber demostración), nin nada diso, porque hai unhs regras para editar, como xa dixen, que son a neutralidade, verificabilidade, non ser fonte primaria, e a maiores referencia-las afirmacións. Sinto que pensaras que isto era diferente, pero reafirmámonos, somos unha enciclopedia. Hoxe en día, para promocionarse ben hai moitos medios a disposición, blogs, páxinas web, foros, etc, pero a Galipedia non é unha desas ferramentas Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Saúdos, e se de verdade cres na cultura galega, anímote a editar noutros artigos ós que non teñas vencellos, iso falaría de verdade do interese que tes na cultura de noso, e non só na revista do instituto. --Alberte Si, dígame? 16:10, 9 outubro 2009 (UTC)
- Ola Wikilandia. Expresarono moi ben outros compañeiros pero quixera engadir que nós non inventamos a Wikipedia e que hai regras comúns a todos os proxectos Wikipedia. Se o artigo se mantivo durante meses foi simplemente porque pasou desapercibido no seu momento. Como os wikis son proxectos en continuo progreso estánse refacendo todos os días, iso significa que cando se detectan artigos ou edicións que non cumpren os requisitos corríxense. Se realmente ten intención de contribuír á mellora da Wikipedia en galego non ten porque interpretar que aplicar as regras da Wikipedia sexa unha persecución ou unha cuestión persoal na súa contra. Polo que ten falado supoño que traballa nun centro educativo, se é así supoño que será consciente da importancia de dialogar e tentar comprender porque se actúa dun xeito ou doutro. Nese sentido algunhas das súas intervencións semellan ser demasiado impacientes ou directamente excesivas. Calificar ás persoas que aquí contribúen de que "están a matar" a cultura galega por explicar que o artigo non cumpre os requisitos da Wikipedia semella froito dun momento de acaloramento, espero que realmente non pense iso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:10, 9 outubro 2009 (UTC)
- Polas túas últimas accións dubido que che importe o máis mínimo a cultura galega, ti o que procuras e promocionar o teu produto, neste caso unha revista coa que colaboras no teu centro. Xa che dixeron unha chea de veces que este non é o lugar, se queres construír segundo as normas, o campo non ten cancelas pero se pretendes saltar as normas para facer o que che dea a gana, este non é o teu lugar.--RNC 17:34, 9 outubro 2009 (UTC)
- "intento publicar a existencia e coñecemento da revista", reflexiona se iso non é promoción xa me dirás, a Galipeda non é un lugar para comunicar a existencia dunha revista.--RNC 17:43, 9 outubro 2009 (UTC)
Bloqueo
[editar a fonte]Procedo ó teu bloqueo por un mes polo teu comportamento contra a Galipedia. Se no futuro queres seguir colaborando, le o que a Wikipedia é e o que a Wikipedia non é. Se estás de acordo coas nosas reglas, benvido sexas; se non estás disposto a aceptalas, tan amigos pero este non é o teu sitio. Comprenderás que non imos modifica-lo que somos para que poidas dar publicidade á túa revista. Pedro --Lameiro (conversa) 18:01, 9 outubro 2009 (UTC)
- A ver se nos entendemos, Wikilandia, pero para iso cómpre que queiras entender:
- Non fai falta coñecer "de pés a cabeza as normas da Galipedia" para saber que isto é unha enciclopedia, e pretende selo con seriedade. A existencia dunha revista nun instituto, sendo obxectivos, non reúne contido enciclopédico. Ojallá que a fagades ben, e salla do ámbito do instituto e que se converta nun fenómenco cultural. Estón merecerá o artigo; agora non.
- Outra cousa que aprende en catro días calquera usuario disposto a aprender é que todo o que aquí se diga ha ter referencias, e foi o que che dixeron desde o primeiro día. A única referencia que dás é a de ser lector da revista. A maiores das referencias está o do punto de vista neutral, que debe separar da redacción ós axentes involucrados no tema do artigo, e aquí a relación non ten por que ser necesariamente lucrativa: hai moitos máis intereses espúreos. No teu caso, o interese pola revista, claramente manifestado por ti, inclúete entre os que non deberían editar sobre ela (ti saberás os intereses das IPS que tamén editaron, pero se non sodes unha mesma cousa, tamén estarían excluídos). Tamén se che dixo varias veces.
- Tamén puideches aprender, se queixeras, que o artigo non é teu (ningún artigo é do seu autor), polo que nunca debiches facer esas reversións ás modificacións de redacción e estrutura que outros fixeron coa finalidade de mellora-lo artigo. Dicir que "ESTA É A REDACCIÓN CORRECTA" -ou algo así- racha co principio de colaboración na que se basea a Galipedia.
- Outro detalle que calquera observador pode ver, se quere velo, claro, é que non nos precipitamos no borrado sen le-lo que dicía o artigo. Tampouco fumos correndo a bloquear o editor. Tiveches numerosos e variados avisos, ofrecementos de axuda e argumentamos noso rexeitamento; non foi un só editor que che advertiu, foron moitos. E non fixeches caso ningún, salvo reverter cambios e insistir nos feitos.
- E, por último, tamén resulta fácil coñecer na Galipedia que reeditar unha páxina borrada, así polas bravas e sen explicacións, e por dúas veces, é unha falta moi grave, que leva directamente ó bloqueo. Como tamén é causa de bloqueo que o saltes e sigas discutindo: "Dado que non podo usar o meu usuario, deixo constancia de que son Wikilandia". De verdade: isto permitiría un aumento do bloqueo con todas as da lei. E se non se me adianta outro administrador, fareino se persistes en seguir editando.
- Dis que na Galipedia falta coherencia. Non sei a que te refires e por iso non o podo discutir. Eu tamén creo que debemos mellora-la coherencia nesta casa, pero estou seguro de que falamos de cousas distintas.
- Remato: dedica este mes a meditar que queres facer na Galipedia e se estás disposto a acepta-las regras internas de funcionamento. Es libre de aceptalas ou non, pero se as aceptas cínguete a elas; e se non as aceptas búscate outra plataforma na que poñer en coñecemento público a vosa revista. E estate seguro dunha cousa: nin a calidade da Galipedia vai ser menor porque non teñamos ningún artigo sobre Pudingas; nin o fututo da revista vai depender de que teña un artigo na Galipedia.
Re:Pudingas
[editar a fonte]Ola Wikilandia. Diríxome a ti sen ánimo ningún de polemizar
O feito de que a Wikipedia non poida ser fonte primeira é un dos piares de tódalas Wikipedias e é de obrigado cumprimento ademais de incuestionable.
A verificación é necesaria. Deixei de lado outros temas relativos ó artigo, como que para que exista unha revista ten que estar dada de alta como tal e pagar os debidos impostos, senón está dada de alta non pode ser revista, a súa denominación non pode portar esa palabra.
Eu considero que non é posible entrar nun proxecto e pretender que se acomode á pel dun, non se acomoda nin á miña, nin á túa, probablemente á de ninguén.
Por outra banda, noraboa polo voso labor de normalización. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 10:46, 12 outubro 2009 (UTC)
entender regras e respetalas
[editar a fonte]Boas Wikilandia ! Nos proxectos wikimedia non se poden saltar os bloqueos, por demáis cando estas tan avisada do porqué e que esta ben claro que non é un abuso. Si sigues asi pode que teñas un bloqueo para sempre. Outra cousa : un artigo sobre calquera publicación ten que xustificarse pola súa notoriedade, ou de non ser o caso, ten que ter relevancia historica e non porque un usuario pensa que o merece. Volta a ler o que te di Lameiro e tes seis meses para cavilar, navegar polas wikipedias das linguas que conozcas. Logo é mui posibél que teñas ganas de colaborar na Galipedia e seras benvido, sin duda ninghuna. A túa boa fé non é suficiente para que sigas editando como IP. Saúdos sinceros Elvire 11:26, 12 outubro 2009 (UTC)
- Engado unha ligazón que pode axudarte Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria, non esquezas de leer as que tes na caixa de benvida arriba.Elvire 11:36, 12 outubro 2009 (UTC)
O que é saltar un bloqueo
[editar a fonte]Saltar un bloqueo nun proxecto wikimedia consite en volver editar baixo outras IP ou creando outras contas. Eso é o que estar facendo. Tes que agardar seis meses para volver editar, que sexa co mismo artigo (e semella que volveras a ter problema por crear un artigo sin notoriedade) ou que sexa para colaborar noutros artigos de xeito positivo. Si queres volver editar como IP ou como Wikilandia o con outro nome de usuario espera seis meses . Saúdos Elvire 09:51, 15 outubro 2009 (UTC)
Sorpresa
[editar a fonte]Sorpréndeme que a miña resposta sexa a máis coherente ou comprensible que puideses recibir. Agradézoche o cumprido, pero precisamente poida que sexa eu o que máis sarillos é capaz de crear no wiki en 5 minutos, aínda que non teño intención de andar enleado. Inda é máis, paragaría por non me ver xamais noutro conflito.
Non sei por que estás bloqueado. Podo reparar no caso inda que non creo que sexa doado mediar. Creo que inda que bloqueado podes poñerte en contacto comigo por correo (tes que incorporar o teu correo en "preferencias" e admitir aí mesmo o recibir correos doutros usuarios), pero non estou seguro. Penso que si podes, por outros casos que vivín. Vou mirar eu se podo enviarche un correo, por se xa o tes activo.
Ó falares comigo, que non che pese se consideras que algo non fixeches ben. Eu fixen algo mal moitas veces. Quizais non sexa eu o mellor para intentar mediar e que se che rebaixe o bloqueo, pero, xa que a túa disposición cara a miña mensaxe foi positiva, probablemente sexa a mellor opción. O realmente importante é que intentes, se o desexas, encontrar o teu sitio neste proxecto. Hai que ter calma. Ás veces custa moito. A min inda me custa, pero todas as historias son moi diferentes, e a miña ha de ser moi diferente á túa. Unha cordial aperta-- Lmbuga / Conversa comigo 20:36, 13 outubro 2009 (UTC)
- Non podo enviarche un correo. Aparece esa opción na columna da esquerda cando estás na páxina de discusión dun usuario se este ten o correo activo. Na túa páxina de discusión non hai esa opción, polo que pènso que non está activo.-- Lmbuga / Conversa comigo 20:41, 13 outubro 2009 (UTC)
- "Preferencias" está na parte superior dereita de calquera páxina próximo ó nome de usuario (para velo tes que estar rexistrado). Se non tes o teu correo activo, non poderás enviarme a moin un correo-- Lmbuga / Conversa comigo 20:46, 13 outubro 2009 (UTC)
Compréndote. Quizais eu fixese mellor se actuase coma ti e pasase disto e me dedicase máis plenamente a dirixir o Equipo de Normalización do meu Centro. Claro que eu estou por un ano nese labor ()para o ano xa non seguirei), pretendo levar adiante só catro proxectos, pouca cousa aparentemente, pero suporían, se fosen exitosos crear plataformas de expresión.
Por graza ou por desgraza, para min a Galipedia está á altura do meu labor no mundo laboral (só que acostumo a facelo mellor no traballo do que aquí).
Non me crearía ningún problema seguir o teu caso ou intentar mediar. O que non podo asegurar é que fose produtivo. Pero comprendo que non estea isto nas túas prioridades. Hai moito que facder e en demasiados sitios-- Lmbuga / Conversa comigo 21:18, 13 outubro 2009 (UTC)