Usuario:Lmbuga/tmp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Símbolos de Galicia[editar | editar a fonte]

Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non
fosen aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron
aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de
competencias nesta materia en favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 9:

Os símbolos de Galicia gozan da mesma protección xurídica que
as Leis estatais confiren ós símbolos do Estado con aplicación dos
mesmos casos e supostos que estas contemplan.
Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fose aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias nesta materia en favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Marca na imaxe[editar | editar a fonte]

Esta imaxe debería ser renomeada por haber unha imaxe en Commons con exactamente a mesma denominación. Por mor de teren ámbalas dúas imaxes o mesmo título a imaxe de Commons non se pode empregar na Galipedia e a imaxe da Galipedia debe ser renomeada.

Aviso ó usuario[editar | editar a fonte]

Imaxe:...

Ola (fulano)

Acabo de darme conta de que a imaxe que subiches (imaxe:...) ten a mesma denominación que ten unha imaxe que foi subida a Commons. Por mor de teren ámbalas dúas a mesma denominación, a imaxe de Commons non pode ser utilizada na Galipedia. Para podermos empregar esa imaxe (a de Commons) temos que cambiar o nome da túa imaxe.

Por mor diso, marquei a túa foto coa etiqueta {{nome da etiqueta}}. Que a túa imaxe teña esa marca non implica que corra ningún perigo de ser borrada, unicamente semella que sería conveniente que fose renomeada.

Tras volver ser subida con outro nome, a imaxe primeira debería ser borrada (ata que non sexa borrada, a de Commons non poderá ser vista na Galipedia), polo que, unha vez que a túa imaxe sexa subida con outro nome, haberá que marcar o arquivo orixinal para que sexa borrado mediante a etiqueta {{etiqueta_para_o_borrado_de_imaxes_con_nome_idéntico_a_outra_de_Commons}}

Reitero que a túa imaxe non corre ningún risco de ser borrada na Galipedia, manterase para sempre se os datos, tal e como parece, son correctos. A imaxe que subiches só será renomeada, terá outro título.

Calquera aclaración que precises non dubides en solicitarma....