Conversa usuario:Emilio juanatey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Conversas antigas aqui: Arquivo


Wikipedia:A Taberna (novas)#Administración[editar a fonte]

Ademais de poder ler as miñas palabras e as de Lambriscae (con quen espero ter quedado como amigos) na piña páxina de usuario agradézoche que leas a miña demisión en Wikipedia:A Taberna (novas)#Administración. Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 17:06, 6 setembro 2007 (UTC)

tradución de políticas oficiais[editar a fonte]

ola, vin que empezaches a facer unha tradución das políticas oficiais, e eu se queres podo axudar do castelán para o galego, pero quería pedirte un favor, o teu nivel de portugués e notablemente superior o meu e quería traducir a política da wiki portuguesa Como resolver disputas (wiki pt) que suxerira Miguel Lima por parecerme menos burocrática que a española. Podesme axudar?? Grazas. Alma 17:03, 8 setembro 2007 (UTC)

  • Moitas grazas, pero xa que me deixas, no ultimo apartado hai tres ligazóns que quedaron en vermello porque están sen traducir, podes traducir (O terceiro, Mediación informal descentralizada e Mediación informal)?? se me paso dimo, pero e que sería moi útil. Grazas e conta comigo tamén para o que precises. Alma 17:41, 8 setembro 2007 (UTC)

skacha[editar a fonte]

boas!

podes liberar o artigo un momento? Adaptei o texto ó formato wiki. Se cres que pode valer, ben, senón, suspéndese de novo...

saúde, e pola sombra! --Estevoaei 23:40, 9 setembro 2007 (UTC)

Biscaíño[editar a fonte]

Non pasa nada, xa acabéi. O que pasa é que eu edito en word ao traducir e depois o poño no artigo, por ixo a veces, teño que facer alguns cambios. --Chabi 10:13, 11 setembro 2007 (UTC)

Se queres, revisa os artigos que fixen, ata esta tarde non me volvo a conectar. Grazas pola túa axuda. --Chabi 10:45, 11 setembro 2007 (UTC)
Ola, teño un problema para traducir o artigo txakolin. En castelán pon chacolín en galego, como o poño? --Chabi 18:45, 11 setembro 2007 (UTC)
Pero, ¿para subir as fotos non teño que ser administrador? --Chabi 19:17, 11 setembro 2007 (UTC)

ITV[editar a fonte]

Parabéns polos artigos, estou por lelos todos e pasarlle eu a ITV ao coche, e aforro uns cartiños, jeje. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 22:27, 13 setembro 2007 (UTC)

Long Island "Sound"[editar a fonte]

Hasta de agora non vira teu comentario respecto do artigo Long Island Sound. Estou totalmente de acordo contigo, pero non creas que non lle din voltas ao tema. Cando traducín o artigo da wiki inglesa, utilicei "Sound" porque sempre se refiren a el en maiúsculas, como un nome propio, non referíndose ao Long Island sound (ou estreito de Long Island, como fariamos nós), senón ao "Long Island Sound" ou, simplemente o "Sound", e iso levoume a traducilo así. Agora ben, eu persoalmente, como che digo, estou máis de acordo contigo, e, aínda que creo que o nome debe manterse, as referencias ao Sound no texto do artigo non son correctas, e ao ver que hai outro que pensa o mesmo, vou cambialas agora mesmo. --Furado 11:11, 24 setembro 2007 (UTC)

Un gusto volverte a ver editando[editar a fonte]

Iso que un pracer. Eso sí unha petición cando fagas o artigo de corrente alternada pídome facer a redireción de AC DC jeje. Un saúdo Lansbricae (Ti dirás) 20:11, 26 setembro 2007 (UTC)

Lintel -Tensión mecánica[editar a fonte]

Unha pregunta no caso do artigo lintel a tensión da que fala é a tensión mecánica non? Grazas e saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 14:49, 1 outubro 2007 (UTC)

Grazas. Lansbricae (Ti dirás) 12:12, 2 outubro 2007 (UTC)

Eleccións de administradores[editar a fonte]

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:15, 3 outubro 2007 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Grazas porque ao facer o engadido que por certo é un traballo c´est magnifique! para reflexar o que falaramos no talk, lembrachesme que tiña esquecido pasar a tradución do documento en wikisource. Moitas grazas e un saúdo. Alma 20:40, 5 outubro 2007 (UTC)

Ficheiros e arquivos[editar a fonte]

Hai unha pequena diferenza entre "ficheiros" e "arquivos". Basicamente, este último termo refire-se a ficheiros comprimidos. En inglés son file e archive. En particular, "sistema de ficheiros" é sempre file system e nunca archive system. O primeiro describe a estrutura dun disco; o segundo, que non existe como tal, poderia entenderse como a maneira de organizar ficheiros, pero non a nivel de estrutura de disco, senón lóxica. --Xosé (✉) 09:48, 6 outubro 2007 (UTC)

  • File archiver é algo distinto: é un programa compresor. en:Computer file, en:File archiver. Porén, é certo, non teñen un artigo específico sobre "archive". En Unix a distinción é máis clara que en Windows, pero pode ser unha cuestión miña de matiz (entendo un arquivo como un tipo de ficheiro; outros son imaxes, documentos, etc.). Non toco nada até que o aclaremos. --Xosé (✉) 10:22, 6 outubro 2007 (UTC)

Obrigado[editar a fonte]

Moitas, vouno ler con avidez. É un pracer que espero poder devolverche cando teña algo máis de tempo. Unha aperta e grazas de novo. Lansbricae (Ti dirás) 06:55, 10 outubro 2007 (UTC)

axuda[editar a fonte]

Ola, podes botarme unha man, estou traducindo un artigo e non atopo a palabra en galego equivalente a "ensañamiento" en castelán, sabes ti cal é? Grazas anticipadas e un saúdo, Alma (fálame eiquí) 20:28, 22 outubro 2007 (UTC)

Ligas de ferro[editar a fonte]

Ola Emilio. No template Ligas de ferro inclúes "Cementita (carbeto de ferro; Fe3C)". Non teño idea de qué é iso de "carbeto" pero ten tódalas trazas de ser un lusismo non traducido. Pedro --Lameiro (conversa) 22:19, 22 outubro 2007 (UTC)

Categorías Lista de reis de Asturias[editar a fonte]

Ola, como o levamos?

Vin que fixeches engadidos no artigo lista de reis de Asturias. Na ampliación incluiches categorías que eu quitara considerándoas redundantes, a categoría Category:monarcas porque a subcategoría Category:listas de monarcas xa é subcategoría de monarcas (tentando limpar a categoría principal) e Category:Asturias, porque incluín a subcategoría Category:Reis de Asturias na de Asturias, dese xeito se un lector busca aos monarcas asturianos por criterios xeográficos atopará a subcategoría de reis e nela o artigo da lista de reis, se busca por monarcas atoprá a subcategoría tamén, e no meu criterio quedaría situalos cronolóxicamente para unha busca a través deste criterio, pero eso xa é algo pendente. O criterio é o de tentar que unha categoría non exceda de 30 ou 40 artigos, xa que unha maior cantidade dificulta a procura. Casos extremos son os de Category:Personalidades no que na categoría "raiz" hai máis de 1000 artigos. Por iso penso que deberiamos quitar esas dúas categorías por redundantes, Persoalmente tento aplicar o criterio de que é mellor poñerlle unha ou máis categorías a unha categoría que a artigos xa que contextualiza mellor a ordenación dos artigos.

¿Qué che parece?, interesariame moito saber o que pensas xa que a intención final de limpar os monarcas é a de tentar chegar a unha mellor ordenación dos monarcas de Galicia, e a convivencia cos de León, Asturias, Castela, Aragón.... da Idade Media Peninsular. Cando limpara as preguntas irían por cando falamos de rei de Galicia e cando de Rei de León, Galicia e...; tamén en qué orde? 1º Castela, 2º León... cando un monarca o foi de varios reinos como é habitual, e nese caso deberían categorizarse en reis de Galicia, Reisde ... etc. Este xa sería outro debate (ao mellor non é realmente debate senón descoñecemento meu e existe un criterio claro) que creo sería interesante para a ordenación dos contidos históricos no que tamén estaría encantado de debater contigo (pero cando teña un criterio formado ;)). Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 11:06, 30 outubro 2007 (UTC)

Gilad Atzmon[editar a fonte]

bo día!!

Estiven buscando información sobre Gilad Atzmon para iniciar o artigo, pero non atopei moito como para facer algo serio. ¿Tes ti algo? Como puxeches que che gustaba o jazz.
Pois iso. Que estaba ben crealo. Paréceme un músico execelente e unha persona moi interesante.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 08:09, 2 novembro 2007 (UTC)


e isto só pra empezar???
moi bo comezo, parabéns!!!
Saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 00:43, 3 novembro 2007 (UTC)

Encelado/Encélado[editar a fonte]

Emilio, se dis que o acento é sen fundamento, non deberías face-lo movemento ó revés?, ¿non sería encelado sen acento o que tiña que quedar? Pedro --Lameiro (conversa) 17:22, 5 novembro 2007 (UTC)

  • Entón, conclúo que o acento SI ten fundamento (se así consta na bibliografía) e que o cambio está ben feito. A miña dúbida era pola contradición de dicir que non tiña razón de ser (o acento) e que logo deixára-lo acento. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 17:38, 5 novembro 2007 (UTC)
    • Outra cousa, se entendes de astronomía: bótalle unha visual a Rhea (satélite) e Rea (satélite). Son o mesmo satélite, logo sobra un artigo (supoño que Rhea). Fai a fusión que logo farei eu as correccións no texto. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 17:47, 5 novembro 2007 (UTC)

satélites[editar a fonte]

Se te refires á táboa de Rea (por se-la que mirei), queda perfectamente así, á dereita. Canto ó das categorías, creo que Xúpiter e os seus satélites ben merece xa unha categoría propia. Pedro --Lameiro (conversa) 19:49, 5 novembro 2007 (UTC)

Categoría da música[editar a fonte]

Na discusión sobre a categoría de música, sobre a súa estruturación, vin que unha ven interviches. Dígocho porque resulta que das catro persoas que interviron, dúas parece que abandoaron a Galipedia, outra foi Prevert que simplemente fixo unha síntese do que se acordara, e a outra fuches ti. O caso é que retomei o proxecto e gustaríame a túa opinión se tes tempo, para corrixir erros, e matizar un pouco. Moitas grazas. --GallaecioE logo? 17:12, 6 decembro 2007 (UTC)

  • As categorías que non metín foi por non coñecelas, pero tes razón, existen, e teñen que aparecer. Grazas por contestar. --GallaecioE logo? 22:35, 6 decembro 2007 (UTC)
  • Fixen uns cambios, pero algunhas das cousas que dis non as coñezo. Bota unha olada, e edita directamente no esquema para que vexa mellor o que queres dicir. Moitas grazas pola man --GallaecioE logo? 18:54, 7 decembro 2007 (UTC)


Cea[editar a fonte]

En canto votedes en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votos_para_lugares para o lugar da cea, xa vou reservar se aínda hai posibilidade. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 01:22, 18 decembro 2007 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:06, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Aniversario[editar a fonte]

Ola Emilio juanatey. Ultimamente non andiven moi pendente dos aniversarios e hoxe vin que o pasado 16 de xaneiro se cumpriron dous anos desque comezaches a colaborar coa Galipedia. Penso que o aniversario é unha data importante e aínda que sexa con retraso aproveito esta ocasión para felicitarte. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:21, 10 febreiro 2008 (UTC)

RE[editar a fonte]

Envexo o teu ánimo e espero que volten unhas condicións mínimas de convivencia e decida voltar a editar. Seguirei claro lendo os teus artigos, desfrutando dos de historia de Galicia e flipando cos outros. Divírtete co proxecto e espero que ata pronto. Lansbricae (Ti dirás) 21:26, 26 febreiro 2008 (UTC)

Alvar Páez[editar a fonte]

ola Emilio!

busquei información sobre Alvar Páez, e cheguei á conclusión de que houbo dous: Un, o fillo de Paio Gómez Chariño, e outro no século XV, Alvar Páez de Soutomaior. Sabes algo ó respecto? Poderías crear, aínda que só fosen bosquexos, os artigos?

un saúdo, e espero que te animes a regresar. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 13:29, 17 marzo 2008 (UTC)

Charlas en Ordes[editar a fonte]

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 21:57, 15 abril 2008 (UTC)

outro encargo de jazz[editar a fonte]

ola Emilio!

velaquí outro favor que pido. Aí atrás mirei na Nasa a Wade Matthews con Parto (que por certo, tamén merecen artigo...), e descubrín que non ten artigo sequera na wiki:en. Pero hoxe volvín atopalo no artigo Zyklus, que ti crearas, e xa me entrou o mosqueo. Sería moito pedir aínda que só sexa un bosquexo? Prometo subir foto...

Apertas, e a ver se te animas a regresar. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 11:26, 18 abril 2008 (UTC)

Unión de Mulleres Antifascistas[editar a fonte]

Ola Emilio: fixen ista traducción, xa sei que da pena, asi que viñe a avisarche, para que lle botes un ollo. De cando en vez paso por eiqui, pero se me queres algo e mais doado atoparme na wiki en castelan, teño a desgracia de haber sido nomeado bibliotecario nela :D Graciñas pola tua axuda, unha aperta. --Ensada | Mo dis o mo contas? 12:19, 24 abril 2008 (UTC)

Graciñas :D E xa abusando, ¿podes ollar en Urania Mella Serrano por que non vai o enlace que lle fixen o artigo do Faro? Un millón. --Ensada | Mo dis o mo contas? 10:51, 8 maio 2008 (UTC) Esqueciame de agradecerche a traducción de Humberto Solleiro :D

Lista de reis de Galicia[editar a fonte]

Saudos Emilio, son Alexandre, non te asustes se ves que desfixen o que ti desfixeras no artigo, Monarcas de Galicia, estou recollendo datos de libros principalmente galegos, sobre a historia do reino de Galicia. Tes razón ao suliñar que non gardaba relación co texto, por iso me propuxen esta tarde amañar iso, e colocar referencias externas, links, notas, etc.. Pero se ves algo co que non concordas o tratamos e o acordamos. Veña, unha aperta grande.Alexandre Vigo

Paio Gómez de Soutomaior[editar a fonte]

ola Emilio! acabo de crear este artigo; podes botarlle un ollo? Non lembro onde mirara as razóns para pór Pai en vez de Paio no artigo do seu bisavó, e por iso tamén quería saber se pensas que este debe ser movido a "Pai Gómez de Soutomaior".

Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:10, 30 maio 2008 (UTC)

Vasco da Ponte/Vasco de Aponte[editar a fonte]

ola Emilio!!

onte merquei a relación dalgunhas casas e liñaxes do reino de Galiza, na edición deste ano de Clodio González Pérez. No limiar hai unha disertación moi interesante acerca dos autores que se decantan por "da Ponte" ou por "de Aponte", e creo que eu tamén concordo con "da Ponte". Mañá rematarei exames (en principio), e a ver se para a fin de semana inicio o artigo de Vasco da Ponte. Creo que usarei esa denominación, pero falando do debate entre os dous nomes, e con "Vasco de Aponte" redirixindo. ¿Paréceche? Ti que opinas?

Supoño que andarás liado con outras historias, pero a túa opinión sempre é benvida.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 07:37, 11 xuño 2008 (UTC)

María Balteira[editar a fonte]

ola Emilio! De novo dándote a paliza; Busquei información sobre María Balteira, pero non atopei moito. ¿Poderías crear un bosquexiño do artigo, con algo de bibliografía? Seica foi un personaxe interesante.

Un saúdo, e bo verán. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 10:24, 26 xuño 2008 (UTC)

  • fantástico. O de que naceu en Armea tamén o di na cita que pos de Graça Videira, así que pode ser ben certo.

A ilustración que puxeches está ben, de momento. Quizais algo eufemística, pois ademais de ser soldadeira levaba unha vida algo... "licenciosa", como ben dixeches.

Parabéns. Saúdos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:49, 28 xuño 2008 (UTC)

novo encargo jazzístico[editar a fonte]

boa noite, Emilio; como vai o verán?

hoxe, mentras arranxabas o de Billie Holiday, estiven no pazo de Lourizán vendo a Baldo Martínez co saxofonista turinés Carlo Actis Dato. Cheguei a casa todo contento coas fotos, e como non atopei artigo do italiano na galipedia, subín a foto a commons. Podes vela no seu artigo en alemán... e de paso... sería moito pedir un artigo en galego sobre el? Non sei que tal lle pegas ó alemán, pero se cadra, en vez de traducir, fas un artigo comezando de cero. Pistas: no propio artigo de Baldo Martínez hai unha ligazón a unha entrevista ós dous. Así mesmo, desde o myspace de Baldo chégase facilmente ó de Carlo.

Por certo que o concerto estivo moi chulo!

Un saúdo. E como sempre, un millón por atender ás peticións. Que vaia ben. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 00:59, 29 xullo 2008 (UTC)

Boas[editar a fonte]

Fixem ista desfeita Nicole Le Douarin. Botalle un ollo ¿queres? xa sabes co meu galego deixa moito que desexar. Unha aperta. --Ensada | Mo dis o mo contas? 21:52, 30 xullo 2008 (UTC)

Graciñas :D --Ensada | Mo dis o mo contas? 14:19, 31 xullo 2008 (UTC)

Boas e santas[editar a fonte]

Xa fixen outra das miñas Helios Gómez, dunha de istas me vais mandare a .... :D A este artigo lle teño un especial agarimo, foi uns dos primeiros que fixen para a española e é da miña investigación orixinal. Unha aperta pra ti e outra pra Estevo. --Ensada | Mo dis o mo contas? 03:20, 1 agosto 2008 (UTC)

  • Xa está revisado; Un artigo moi interesante. Haberá que deixarse encarcerar para ir á Modelo a ver o seu mural. Saúdos. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 10:56, 1 agosto 2008 (UTC)
Noi fai falla deixarse encadear, a Modelo esta pechada dende fai uns anos :D Non sei que queren facer con ela, os meus amigos dala din que queren facer mil cousas, un museo, un centro social... pero o final faran unha urbanizazon de chalets adosados :D. Se ides a páxina da asociación, ademais dalguns dibuxos dos albumes, hay fotos dise mural. Todos os albumes son dignos de ollar, mais o primeiro, que e o que fixo co xeito cubista, e espectacular, sobor de todo cando pensas no ano en que esta feito. Saudos. --Ensada Fala ou cala 21:54, 1 agosto 2008 (UTC)
  • Ola, vendo os cambios recentes vexo que hai un Usuario:Emilio Juanatey, supoño que serás ti que por algunha razón confundiches o nome de usuario ao entrar na Galipedia. Coméntocho non vaia ser que haxa alguén que utilice un nome cuspidiño ao teu.--Arco de Rayne 19:54, 4 agosto 2008 (UTC)

Boas[editar a fonte]

Xa che vin en Radio Océano falando co meu amigo Fernando. Xa de paso avisarche que fixen outra das miñas Jules Bonnot. Unha aperta :D --Ensada Fala ou cala 10:38, 8 agosto 2008 (UTC)

Radio Océano[editar a fonte]

¡Hola, Emilio! Ya casi se me pasaba, muchas gracias por tu mensaje y haré como dices con el artículo. Perdona que no lo intente aún con el gallego, a partir de ahora visitaré más Galipedia y espero dentro de poco poder dar algún pasito en galego. Un saúdo! --Fernando H 19:35, 8 agosto 2008 (UTC)

nova solicitude[editar a fonte]

ola Emilio; vexo que non andas moi activo ultimamente pola wiki. Como che vai?

Para darche traballiño, teño unha nova solicitude relacionada (levemente) co mundo do jazz. Trátase do zanfonista vallisoletano Germán Díaz, que colabora con moitísima xente, entre eles con músicos de jazz. Non sei se o viches algunha vez. Eu mireino en Pontevedra, tocando instrumentos de palanca, e foi incrible.

Cóidate, e feliz inverno. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 00:22, 22 decembro 2008 (UTC)

Islam e islamismo[editar a fonte]

Saúdos. Polos motivos que indicabas na páxina de conversa de Islamismo, veño de mover o contido do artigo sobre a relixión a Islam, e de incorporar en Islamismo a traducción dende o castelán do artigo sobre o movemento político. --Iago 16:32, 5 xaneiro 2009 (UTC)

Virandelo[editar a fonte]

Ola, Emilio. Volvín pór virandelo, mais cunha referencia ao Dicionario de Ausencias da USC. Creo que así si pode pasar. Saúdos.--Atobar 20:27, 16 marzo 2009 (UTC)

Timo e molexa[editar a fonte]

Boas Emilio. Borrei o artigo Molexas que discutimos hai máis de un ano. Non podemos manter esa entrada acastrapada. No artigo Timo ampliei o que xa dicía alí do seu uso gastronómico co nome de molexas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:19, 26 decembro 2009 (UTC)

personalidades do jazz[editar a fonte]

Ola, Emilio! Como vai?

Sei que ultimamente non editas demasiado, pero quería coñecer a túa opinión: Na taberna abriuse un fío para reestruturar a Categoría:Personalidades do jazz; ti como o ves?

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de marzo de 2014 ás 18:22 (UTC)

Aviso na taberna de axuda[editar a fonte]

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 21:14 (UTC)

Portal jazz[editar a fonte]

Ola, Emilio! Como vai?

Escríboche porque o compañeiro Piquito vén de lanzar o Portal:Jazz, e como sei que che gusta o tema, déixoche un aviso por se che apetece retomar a actividade este verán, que ben se botan de menos as túas achegas no tema.

Unha aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xullo de 2017 ás 13:56 (UTC)

Cementita[editar a fonte]

Boas Emilio, o artigo Cementita, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2017 ás 10:35 (UTC)

O mesmo en Ferro fundido. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 08:18 (UTC)
E en Perlita. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 09:08 (UTC)

Rodrigo Ovéquiz[editar a fonte]

Boas Emilio, o artigo Rodrigo Ovéquiz, que fixeches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xullo de 2017 ás 01:54 (UTC)

Moitas grazas de antebrazo :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xullo de 2017 ás 08:00 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Ola Emilio.

Estiven facendo algunhas edicións en Rodrigo Ovéquiz.

Anímaste a traducir ao galego os artigos dos seus irmáns: Bermudo Ovéquiz en es e Vela Ovéquiz en ?

Graciñas en calquera caso. --. HombreDHojalata.conversa 28 de xullo de 2017 ás 10:36 (UTC)

Big Band[editar a fonte]

Boas, o artigo Big Band, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 30 de xuño de 2019 ás 19:48 (UTC)