Wikipedia:Wikiproxecto Papas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Descrición[editar a fonte]

O wikiproxecto Papas quere ordenar as tarefas e programar os traballos relacionados coa historia dos papas cristiáns (e logo católicos). Na actualidade temos ao redor dunhas 400 páxinas relacionadas coa historia dos papas de Roma, cunha gran variedade de estilos, de criterios e, o que é peor, con bastantes poucos contidos.

Todo isto non sería posíbel sen a participación e o esforzo dos editores anteriores, que gastaron as pestanas creando modelos, reproducindo páxinas, incluíndo imaxes e rastrexando biografías.

Obxectivos[editar a fonte]

  • Unificar estilos e criterios nos títulos das páxinas afectadas polo wikiproxecto
  • Unificar estilos e criterios nas diversas biografías dos papas e nas páxinas relacionadas coa historia da Igrexa católica (edictos, concilios, etc.)
  • Ampliar a información relacionada cos diversos papas
  • Mellorar a calidade gráfica de imaxes e modelos
  • Mellorar a usabilidade da navegación no conxunto de páxinas relacionadas coa historia dos papas
  • Relacionar, na medida do posíbel, a historia dos papas con Galicia e a súa historia.

Editores e editoras implicadas[editar a fonte]

Tarefas a realizar[editar a fonte]

Estrutura da categoría[editar a fonte]

  • 1A. Substituír o marcador {{personalidades en progreso}} por {{papas en progreso}} en todos os nomes dos papas que os teñan. Iso inclúe todos os que no título teñan ", Papa" e ", Antipapa", pero tamén moitos outros que non teñen nada diso. Realizada por XoseBot.
  • 1B. Marcar coa etiqueta de fusión os artigos repetidos con versión sen papa e versión con papa. Encomendada a XoseBot. Non foi preciso, fusionáronse á man.
  • 1C. Fusionar os contidos (non sei sequera se haberá algunha destas páxinas que teña contidos). Encomendada a XoseBot. Non foi preciso, fusionáronse á man.
  • 1D. Fusionar os historiais destas versións. Encomendada Administrador. Gregorio IV, Gregorio II, Papa, Valentino, Urbano VII, Paulo VI, Pío XII, Papa, Pío XI, Papa...
  • 1E. borrar as páxinas que non teñen ", papa" --> corrixir todas as ligazóns que leven a páxinas ", Papa" e ", Antipapa"
    • ou substituír todas estas páxinas por redireccións ás páxinas finais. Encomendada a XoseBot + Administrador. Feito
  • 1F. Crear páxinas de homónimos para papas que comparten o nome.

Títulos dos artigos[editar a fonte]

  • 2A. Proposta de estandarización dos artigos dos papas.
  • 2B. Substituír todos os ", Papa" por ", papa" nos títulos. Este traballo estano facendo Alberte e Xosé. Feito.
  • 2C. substituír todos os ", Antipapa" por ", antipapa" nos títulos. Feito.

Modelos[editar a fonte]

  • 3A. Substituír todos os "Século" por "século" nos modelos cronolóxicos dos papas. Feito por XoseBot
  • 3B. Mellorar graficamente os modelos para que sexan máis usábeis. Feito con {{Papas}} e {{Antipapas}}
  • 3C. Creación dunha caixa de sucesión específica para papas.
  • 3D. Reprodución do modelo en tódolos artigos
  • 3E. Supresión dos modelos mixtos, como Modelo:PapSs-I-II. Este labor teno que facer un administrador ao final do proceso.

Contidos textuais[editar a fonte]

Contidos gráficos[editar a fonte]

  • 5A. Repaso das imaxes publicadas en Commons
  • 5B. Produción de imaxes de advocacións por parroquias. Encargado a Sobreira: San Pedro, San Clemente.

Cronograma[editar a fonte]

Liña de traballo Completado Estado actual
Estrutura da categoría 70% Identificar artigos para a fusión
Títulos dos artigos 100% Substitucións
Modelos 60% Aplicar os modelos aos demais séculos
Contidos textuais 10% Ponciano, papa
Contidos gráficos 30% '