Ángeles Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ángeles Vázquez Mejuto»)
Ángeles Vázquez
Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira de Medio Rural.jpg
Nacemento3 de abril de 1972
Lugar de nacementoMelide
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Ángeles Vázquez Mejuto, nada en Melide o 3 de abril de 1972[1], é unha política galega do PPdeG. Dende 2018 é a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Xeografía Aplicada. É profesora e técnica en información e cultura. Traballou na radio municipal de Melide.

Nas eleccións municipais de 2003 presentouse na candidatura do PPdeG en Melide e foi elixida concelleira. Foi deputada provincial. En 2004 foi elixida alcaldesa de Melide logo da dimisión do alcalde Miguel Pampín Rúa para centrarse no Senado. Nas eleccións xerais de 2008 foi candidata a deputada polo PPdeG pola provincia da Coruña, chegando a deputada en 2010 substituíndo a Gerardo Conde Roa[2]. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG a alcaldía de Melide e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 volveu ser elixida alcaldesa con maioría absoluta.

En outubro de 2015 foi nomeada Conselleira de Medio Rural[3]. Foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputada no Parlamento de Galicia[4]. Volveu ser elixida deputada nas eleccións de 2020, e volveu renunciar en setembro de 2021 a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros[5].


Predecesor:
Miguel Pampín Rúa
 Escudo de Melide A Coruña.svg
Alcaldesa de Melide
 
2004 - 2007
Sucesor:
María Socorro Cea Vázquez
Predecesor:
María Socorro Cea Vázquez
 Escudo de Melide A Coruña.svg
Alcaldesa de Melide
 
2011 - 2015
Sucesor:
Dalia García Couso
Predecesor:
Rosa Quintana
 Escudo de Galicia.svg
Conselleira de Medio Rural
 
2015 - 2018
Sucesor:
José González Vázquez
Predecesor:
Beatriz Mato
 Escudo de Galicia.svg
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
 
2018 -
Sucesor:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]