Cástor Gago
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1953 (71 anos) Verín, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Cástor Gago Álvarez, nado en Verín o 13 de agosto de 1953, é un político galego vinculado ao PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro técnico agrícola, é funcionario do Corpo Técnico Superior da Xunta de Galicia. Foi xefe de Extensión Agraria en Verín e concelleiro, tenente de alcalde e delegado de Promoción Económica do Concello de Verín. Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas eleccións autonómicas de 1997. Foi conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria entre 1997 e 2001, cargo que tivo que abandonar como consecuencia da polémica xestión do problema co mal das vacas tolas.[Cómpre referencia] Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 2001.
Predecesor: Tomás Pérez Vidal |
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria 1997 - 2001 |
Sucesor: Juan Miguel Diz Guedes |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en galegos.info
- Cástor Gago se confiesa, nova publicada en El País o 4 de xuño de 2009. (en castelán)