Saltar ao contido

Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural
Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER)
Tipoinstitución educativa universitaria
Data de fundación2001
EnLugo
PaísGalicia
42°59′32″N 7°32′57″O / 42.99216667, -7.54911111
Na rede
http://www.ibader.org
editar datos en Wikidata ]

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) é un Instituto Universitario de Investigación de Carácter Mixto, creado no ano 2001, cuxa sede se atopa na cidade de Lugo. Esta Institución pertence á Universidade de Santiago de Compostela no seu Campus de Lugo. En 2011 estaba conformada, ademais de pola USC, pola Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Consellería do Medio Rural) e mais a Deputación de Lugo.

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

Os obxectivos xerais da Institución son:[1]

A investigación e innovación en cuestións de planificación e desenvolvemento rural en Galicia profundando nos campos da conservación e xestión da biodiversidade e do medio rural.

  • Impulsar novos mercados de traballo para os estudantes de titulacións universitarias
  • Facilitar o intercambio de profesorado e estudantes e a colaboración con outros centros, prestando atención aos países hispanoamericanos e centros europeos.
  • Estudar e implantar novas posibilidades da planificación e desenvolvemento rural en Galicia
  • Converterse nun foro estable para a discusión aberta e divulgación sobre os temas do medio rural galego.

O convenio de creación da Institución aborda catro Unidades de Actuación:

  • Investigadora: Unidade encargada da realización de proxectos de I+D+I.
  • Docente: Unidade encargada da realización de programas de doutoramento, cursos de posgrao e cursos de formación e reciclaxe.
  • Servizos: Unidade orientada ao asesoramento a entidades públicas, empresas e a outras persoas físicas ou xurídicas que o soliciten.
  • Difusión: Unidade encargada da distribución e recompilación de documentación bibliográfica, normativas e outros temas de interese para a Institución e as entidades universitarias.

Grupos de investigación

[editar | editar a fonte]

Existen 6 grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela adscritos ao Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, contando en conxunto con máis de 70 investigadores[2]: