Juan Miguel Diz Guedes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «Xoán Manuel Diz Guedes»)
Juan Miguel Diz Guedes
Nome completoJuan Miguel Diz Guedes
Nacemento24 de outubro de 1953
Lugar de nacementoTui
NacionalidadeEspaña
OcupaciónPolítico
editar datos en Wikidata ]

Juan Miguel Diz Guedes, nado en Tui o 24 de outubro de 1953, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en dereito, foi alcalde de Tui (1987-1990), deputado no Parlamento de Galicia (1990-1996), conselleiro de Xustiza e Interior (1993-1996). En maio de 1996, foi designado Delegado do Goberno en Galicia, cargo que exerceu ata que foi nomeado, en xuño do 2000, conselleiro sen carteira para Relacións Institucionais. Desencadeada a denominada crise das vacas tolas, asumiu a titularidade da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2001-2004) tras o cesamento de Cástor Gago. Regulou as agrupacións de defensa sanitaria gandeira en Galicia (Decreto 91/2001 de 19 de abril), redactou o proxecto de lei polo que se regula a promoción e defensa da calidade agroalimentaria, reformou a Lei de Concentración Parcelaria mediante a Lei 1/2001, do 10 de setembro, aumentou a superficie cualificada para proxectos de agricultura ecolóxica, elaborou a Estratexia galega de desenvolvemento rural cubrindo a totalidade do territorio con programas xestionados por grupos de acción local coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, creada durante o seu mandato, e formulou o Programa de Investigación e Desenvolvemento Agrario[1]

A raíz do afundimento do Prestige, Diz Guedes é dos conselleiros que se posicionaron con Xosé Cuíña a favor dunha acción autónoma fronte ao Goberno central e a dirección nacional do Partido Popular. Isto marcou o inicio do seu declive político. Un ano despois, renunciou á súa carteira de conselleiro e, en setembro de 2006, anunciou a súa baixa do Partido Popular tras 16 anos de militancia.[2]

Continuou a súa actividade política en Tui, e foi elixido concelleiro repetidas veces por partidos independentes diferentes. En 2018 afiliouse a Cidadáns, e nas municipais de 2019 foi elixido concelleiro na lista electoral dese partido, encabezada por el. En xuño de 2020 anunciou que deixaba a vida política por motivos persoais[3].


Predecesor:
Ángel Álvarez Durán
 Escudo de Tui.svg
Alcalde de Tui
 
1987-1990
Sucesor:
José Luís Gómez Núñez


Predecesor:
Juan Luis Pía Martínez
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Xustiza e Interior
 
1993-1996
Sucesor:
Xesús Palmou


Predecesor:
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Relacións Institucionais
 
2000-2001
Sucesor:
'


Predecesor:
Cástor Gago
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural
 
2001-2004
Sucesor:
José Antonio Santiso Miramontes


Predecesor:
Domingo García-Sabell
 Escudo de España.svg
Delegado do Goberno en Galicia
 
1996-2000
Sucesor:
Arsenio Fernández de Mesa


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia 2003, Xunta de Galicia pp. 357 a 370. ISBN 84-453-3459-X
  2. "Diz Guedes abandona el PPdeG tras dieciséis años de militancia". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2020-03-29. 
  3. "El exconselleiro Diz Guedes anuncia su retirada de la política". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-06-04. Consultado o 2020-06-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]