Inés Santé Riveira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaInés Santé Riveira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncientífica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1323806

Inés Santé Riveira, nada en Ferrol o 29 de novembro de 1976, é unha investigadora e científica galega, profesora da área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela e Secretaria da Comisión Académica do Programa de Doutoramento en Xestión Sustentable da Terra.

Ocupa a Dirección do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutora en enxeñaría agrónoma pola Universidade de Santiago de Compostela, Premio Extraordinario de Doutoramento e licenciada con matrícula de honra. O seu proxecto fin de carreira, co título "Aplicación das novas tecnoloxías SIG e Web á enxeñaría rural e agronómica", obtivo o Premio á Iniciativa Empresarial da CEL para proxectos de investigación. É membro do Laboratorio do Territorio (LaboraTe), que está integrado no grupo de investigación GI-1934-TB (Territorio e Biodiversidade) da USC.[2] A súa actividade investigadora desenvolveuse fundamentalmente dentro dos campos da ordenación do territorio, sistemas de axuda á decisión espacial, SIG-web; Public Participation GIS (PPGIS); modelos e técnicas de ordenación territorial (análise multicriterio, optimización heurística e modelos urbanos baseados en autómatas celulares). Foi, no curso 2014-15, coordinadora do máster Universitario da USC en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Inés Santé Riveira - Directora do Instituto de Estudos do Territorio". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  2. "Grupo de investigacón Laborate - USC". Consultado o 3 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]