Rosa Quintana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosa Quintana
Rosa Quintana 2010.jpg
Nacemento29 de maio de 1959
 San Fernando de Apure
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Rosa Quintana Carballo, nada en San Fernando de Apure[1] (Venezuela)[2] o 29 de maio de 1959,[3] é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e tamén se doutorou alí cun estudo sobre o cultivo do mexillón galego.[4]

Desempeñou diversos cargos no PPdG presidido por Manuel Fraga. En 1987, comezou a traballar na Consellería de Pesca como inspectora de pesca.[3] Foi delegada territorial da Consellería de Pesca en Vigo dende 1997 a 2001, e directora xeral de Innovación da mesma Consellaría a partir de 2001 e até 2005.

En 2009, foi de número dez da lista popular nas eleccións ao Parlamento de Galiza[5] e formou parte do novo goberno da Xunta de Galiza presidida por Alberto Núñez Feijóo en calidade de conselleira do mar. En xaneiro de 2012 foi nomeada conselleira de Medio Rural e do Mar.[6] Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012. En outubro de 2015 pola remodelación do Goberno, quedou unicamente como conselleira do Mar[7].

Obra[editar | editar a fonte]

  • Contribución al conocimiento del desarrollo gonadal del mejillón gallego cultivado (1988). Santiago de Compostela: Ed. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788440419309


Predecesor:
Carmen Gallego
 Escudo de Galicia.svg
Conselleira do Mar
 
2009 - 2012
Sucesor:
extinguida
Predecesor:
Samuel Juárez
 Escudo de Galicia.svg
Conselleira de Medio Rural e do Mar
 
2012 - 2015
Sucesor:
Ángeles Vázquez Mejuto
Predecesor:
Rosa Quintana
 Escudo de Galicia.svg
Conselleira do Mar
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rosa María Quintana Carballo". Parlamento de Galicia. 
  2. "Biografía da conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo". xunta.gal. Consultado o 07-10-2018. 
  3. 3,0 3,1 "Rosa María Quintana Carballo". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 07-10-2018. 
  4. "42 Rosa Quintana". elcorreogallego.es. Consultado o 07-10-2018. 
  5. "PP: candidaturas". vieiros.com. Consultado o 07-10-2018. 
  6. "DECRETO 11/2012, do 3 de xaneiro, polo que se nomea conselleira do Medio Rural e do Mar a Rosa María Quintana Carballo". xunta.gal. Consultado o 07-10-2018. 
  7. Núñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, artigo en Praza Pública, 4 de outubro de 2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]