Samuel Juárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Samuel Juárez
Nacemento1962
 Provincia de León
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Samuel Jesús Juárez Casado, nado en La Bañeza (León) en 1962, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De profesión, é veterinario. No político, Juárez Casado desempeñou diversas tarefas durantes os mandatos de Manuel Fraga en Galiza. Destaca entre elas a coordinación das campañas de saneamento gandeiro da Xunta de Galiza en 1988. Foi así mesmo secretario xeral de pesca marítima do Ministerio de Pesca de España, en 1996. En abril de 2009 foi designado para ocupar o cargo de conselleiro do Medio Rural, co novo goberno popular presidido por Alberto Núñez Feijóo. Permaneceu neste posto ata xaneiro de 2012, cando cesou das súas funcións. En xaneiro de 2012 foi nomeado delegado do goberno en Galicia[1]. En novembro de 2014 abandonou o posto para ser agregado de Agricultura na Embaixada de España en China[2].


Predecesor:
Alfredo Suárez Canal
 Escudo de Galicia.svg
conselleiro do Medio Rural
 
2009-2012
Sucesor:
Rosa Quintana
Predecesor:
Xosé Manuel Pose Mesura
 Delegado do goberno en Galicia 
2012 - 2014
Sucesor:
Santiago Villanueva Álvarez

Notas[editar | editar a fonte]