Connacht Rugby
Nome completo | Connacht Rugby | ||
Alcume(s) | |||
Fundación | 1885 | ||
Localización | Galway, Connacht, Irlanda | ||
Estadio(s) | Galway Sportsgrounds | ||
Capacidade | 7.000 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Capitán | ![]() | ||
Máx. Anotador | |||
Máis ensaios | |||
Liga | Pro12 | ||
Tempada | 2015-16 | ||
Posición | - | ||
Páxina web oficial | |||
|

Connacht Rugby (máis comunmente coñecido como Connacht) é un equipo profesional de rugby irlandés da provincia irlandesa de Connacht que xoga na Magners League e na European Challenge Cup. O equipo representa á Irish Rugby Football Union Connacht Branch, un dos catro equipos provinciais da IRFU, e é a responsable do rugby na provincia irlandesa de Connacht.
Connacht ten unha base de xogadores moi pequena en comparación con outras provincias irlandesas debido en parte á pouca poboación da provincia e a grande popularidade que teñen na mesma os Deportes Gaélicos coma o hurling e o fútbol gaélico. Connacht ten tan só un 7% do total dos xogadores de rugby irlandeses actualmente, a pesar de que o rugby experimentou un crecemento nos últimos anos.
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
O equipo proivincial de Connacht foi fundado en 1885 e os clubs aos que representaba eran Ballinasloe, Castlebar, Galway Town, Galway Grammar School, Queen College Galway e Ranelagh School Athlone. Ballinasloe, ao igual que Buccaneers RFC, Castlebar e Queens College (agora UCG) sobreviviron.
Connacht foi o primeiro equipo provincial irlandés en gañar en Francia e Inglaterra en 1997. O equipo foi cuarto finalista da European Challence Cup 1997-98, e na tempada 2001-02 foi semifinalista da Celtic League, ainda que únicamente chegou aos cuartos de final na tempada 2002-03.
A tempada 2003-04 foi a de maior éxito da historia do equipo, cando chegaron ás semifinais da European Challenge Cup, nas que un ensaio a 12 minutos para o remate do partido de volta fronte ao Harlequin FC privou aos irlandeses de meterse na final por primeira vez na súa historia e meteu aos ingleses na final, que rematarían por adxudicarse por un apretado 26 a 27 fronte aos ASM Clermont Auvergne no Madejski Stadium de Reading. Tamén nesa tempada acadaron as semifinais da Celtic Cup. Na tempada 2004-05 continuaron coa súa boa forma, chegando nóvamente ás semifinais da European Challenge Cup, nas que nóvamente caeron fronte a un equipo inglés, desta vez os Sale Sharks, que finalmente se farían co título ao gañar na final por un contundente 27 a 3 aos franceses da Section Paloise.
Dende a tempada 2005-06, a IRFU inscribiu automaticamente ao Connacht na European Challenge Cup tódolos anos en lugar de facelo na Heineken Cup, independentemente dos seus resultados na Magners League. Inicialmente, na tempada 2004-05, a IRFU decidira empregar a táboa da Magners League coma o único criterio para inscribir aos equipos irlandeses nunha competición europea ou noutra, porén nesa tempada, Connacht rematou a tempada na derradeira posición dos catro equipos irlandeses, polo que foi inscrito na European Challenge Cup, disputando esta competición cada ano dende aquela.
O terreo de xogo principal do equipo é o Galway Sportsgrounds. Os equipos que representan á división compiten nos torneos interprovinciais, na Magners League e na European Challenge Cup.
A Connacht Senior Cup disputouse por primeira vez en 1886, gañándoa o equipo de Galway. A Connacht Junior Cup pola súa banda, disputouse por primeira vez en 1905 e o seu primeiro vencedor foi o St Ignatius College Galway, agora coñecido como Colainte Iognaid.
Tempada actual[editar | editar a fonte]
| |||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | ![]() |
75 | 22 | 16 | 1 | 5 | 9 | 0 | |||||||
2º | ![]() |
75 | 22 | 15 | 2 | 5 | 8 | 3 | |||||||
3º | ![]() |
74 | 22 | 16 | 1 | 5 | 6 | 2 | |||||||
4º | ![]() |
69 | 22 | 14 | 2 | 6 | 6 | 3 | |||||||
5º | ![]() |
62 | 22 | 11 | 3 | 8 | 8 | 4 | |||||||
6º | ![]() |
57 | 22 | 11 | 3 | 8 | 4 | 3 | |||||||
7º | ![]() |
50 | 22 | 10 | 1 | 11 | 3 | 5 | |||||||
8º | ![]() |
48 | 22 | 10 | 1 | 11 | 3 | 3 | |||||||
9º | ![]() |
42 | 22 | 8 | 0 | 14 | 4 | 6 | |||||||
10º | ![]() |
35 | 22 | 7 | 1 | 14 | 3 | 2 | |||||||
11º | ![]() |
19 | 22 | 3 | 1 | 18 | 2 | 3 | |||||||
12º | ![]() |
15 | 22 | 3 | 0 | 19 | 0 | 3 | |||||||
<<<< 2013/14 — Tempadas — 2015/16 >>>> En verde os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º). |
Cores e escudo[editar | editar a fonte]
No escudo do Connacht está presente a águia e o brazo armado da bandeira de Connacht dentro dun balón de rugby, se ben o brazo armado está en azul no escudo do equipo, ao ser o fondo branco.
As cores do equipo son verde na camiseta (cunha banda negra no lateral) e negro nos pantalóns e nas medias. O uniforme do equipo como visitante é completamente negro. A presenza do verde nas cores do equipo é descoñecida, xa que non aparece por ningures na bandeira da provincia (que presenta o azul, o branco e o negro).
O patrocinador principal do equipo é o Bank of Ireland, outros patrocinadores son por exemplo Aer Arann e Days Hotel.
Principais clubs[editar | editar a fonte]
Actualmente hai 29 clubs afiliados actualmente ao Branch, dos cales Buccaneers RFC (DIV 1B), Galwegians RFC (DIV 1B), Connemara RFC (Div 3) e Galway Corithians RFC (DIV 2) compiten na AIB League, 19 nas Junior Provincial Leagues e 6 clubs de categorías inferiores.
Antigos presidentes[editar | editar a fonte]
Presidentes do Connacht[editar | editar a fonte]
|
|
|
Presidentes do Connacht que tamén o foron da IRFU[editar | editar a fonte]
- 1945/46 H. Anderson
- 1958/59 J.J. Glynn
- 1968/69 C.P. Crowley
- 1975/76 J.J. Keane
- 1981/82 J.J. Moore
- 1991/92 A.D. Browne
- 1996/97 R.M. Deacy
- 2002/03 D. Crowley
Adestradores na era profesional[editar | editar a fonte]
Nome | Inicio | Final |
---|---|---|
![]() |
2013 / 2014 | - |
Eric Elwood | 2010 / 2011 | 2012 / 2013 |
Michael Bradley | 2003 / 04 | 2009 / 10 |
Steph Nel | 2000 / 01 | 2003 / 04 |
Warren Gatland | 1996 / 97 | 1998 / 99 |
Estatísticas[editar | editar a fonte]
Celtic League/Pro12[editar | editar a fonte]
Resultados no Pro12 | |||||||||||
Tempada | Xogados | Gañados | Empatados | Perdidos | PF | PC | Dif | PB | Puntos | Posición | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2015/16 | 0 | 0 | 0 | 0 | - | - | +- | - | - | -º | |
2014/15 | 22 | 10 | 1 | 11 | 447 | 419 | + 28 | 4 | 8 | 7º | |
2013/14 | 22 | 6 | 0 | 16 | 371 | 509 | - 138 | 11 | 35 | 10º | |
2012/13 | 22 | 8 | 1 | 13 | 358 | 422 | - 64 | 4 | 38 | 8º | |
2011/12 | 22 | 7 | 1 | 14 | 321 | 433 | - 112 | 7 | 37 | 8º | |
Resultados na Celtic League | |||||||||||
2010/11 | 22 | 7 | 1 | 14 | 394 | 459 | - 65 | 9 | 39 | 9º | |
2009/10 | 18 | 5 | 1 | 12 | 254 | 459 | - 205 | 4 | 26 | 10º | |
2008/09 | 18 | 4 | 0 | 14 | 224 | 460 | - 236 | 4 | 20 | 10º | |
2007/08 | 18 | 5 | 1 | 12 | 214 | 396 | - 182 | 2 | 24 | 10º | |
2006/07 | 20 | 4 | 2 | 14 | 326 | 474 | - 148 | 6 | 26 | 10º | |
2005/06 | 22 | 6 | 0 | 14 | 325 | 466 | - 141 | 5 | 37 | 10º | |
2004/05 | 20 | 7 | 1 | 12 | 317 | 407 | - 90 | 7 | 37 | 10º | |
2003/04 | 22 | 8 | 2 | 12 | 479 | 550 | -71 | 8 | 44 | 9º |
Xogadores destacados[editar | editar a fonte]
Irlanda[editar | editar a fonte]
Os seguintes xogadores representaron a Irlanda a nivel internacional.
|
|
British and Irish Lions[editar | editar a fonte]
Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions.[11]
Overseas Internationals[editar | editar a fonte]
Warwick Waugh [12]
Robbie Morris
Gavin Williams
Eric Peters
Ofisa Treviranus
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ www.irishrugby.ie[Ligazón morta]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 10 de agosto de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2007. Consultado o 10 de agosto de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2007. Consultado o 10 de agosto de 2010.
- ↑ "www.irishrugby.ie". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2007. Consultado o 10 de agosto de 2010.
- ↑ "www.irishrugby.ie". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2007. Consultado o 10 de agosto de 2010.
- ↑ "www.irishrugby.ie". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2007. Consultado o 10 de agosto de 2010.
- ↑ "www.irishrugby.ie". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2007. Consultado o 10 de agosto de 2010.
- ↑ [1][Ligazón morta]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2007. Consultado o 10 de agosto de 2010.
- ↑ The Ireland Rugby Miscellany (2007): Ciaran Cronin
- ↑ "www.irishrugby.ie". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2007. Consultado o 10 de agosto de 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Site oficial do Connacht Rugby (en inglés)
- Connacht Rugby en irishrugby.ie (en inglés)
- Web dos seareiros do Connacht Rugby (en inglés)
|