Harlequin FC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harlequins
Nome completo Harlequins Football Club
Alcume(s) Quins
Fundación 1866
Localización Londres, Inglaterra
Estadio(s) Twickenham Stoop
Capacidade 14,816
Presidente Inglaterra David Morgan
Adestrador IRFU flag.svg Connor O'Shea
Capitán Inglaterra Joe Marler
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga Aviva Premiership
Tempada 2015-16
Posición -
Páxina web oficial
Na súa casa
Fóra

O Harlequin Football Club (tamén coñecido como Harlequins ou Quins) é un club de rugby inglés que xoga na máxima categoría do rugby inglés, a Aviva Premiership. O seu estadio está ubicado en Londres e é The Stoop. Este estadio está localizado xusto ao lado do templo do rugby, o Estadio de Twickenham.

Na era amateur moitos dos xogadores traballaban na cidade de Londres, e o club seguiu a ter fortes vínculos co sector financeiro.

Historia[editar | editar a fonte]

O Hampstead Football Club foi fundado en 1866, e o seu primeiro xogo rexistrado tivo lugar en 1867. Foron renomeados como Harlequin Rugby Football Club en 1870, supostamente porque os membros xa non o consideraban como puramente local, e as siglas HFC tiñan que seguir no novo nome. A palabra 'Harlequin' foi atopada nun dicionario e tódolos presentes aceptárona coma o novo nome. Debido a isto, houbo unha escisión nunha parte dos membros, e os que non formaron parte dos Harlequins formaron un novo club coñecido como os Wasps.

Harlequins na tempada 2005-2006

Nos seus primeiros anos, foron moi nómades na súa existencia e xogaron nun total de 15 lugares. Dende 1909, só xogaron en tres.

En 1906, os Quins foron invitados pola Rugby Football Union para usar o Twickenham Stadium.

En 1963, os Quins adquiriron un terreo de atletismo de 14 acres (57.000 m2), que se converteu no campo de adestramento dos Harlequins. Este pasou a ser o seu fogar: a terra Stoop Memorial. Este é o nome de Adrian Dura Stoop.

No campo, e coa introdución das ligas en 1987, traendo consigo un entorno máis competitivo, os Quins mantiveran a súa posición na Primeira División, como un dos principais 12 clubs de Inglaterra ata o 2005.

O club gañou os torneos knockout da Rugby Football Union en dúas ocasións: a John Player Cup en 1988 e a Pilkington Cup en 1991. Ademais, xogaron as finais de 1992, 1993 e 2001. En 2012 chegou o seu primeiro título de liga, gañando na final a Leicester Tigers por 30-23.

Harlequins FC é o equipo que mais veces gañou a European Challenge Cup, a segunda competición continental, con 3 títulos no seu palmarés.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Competicións nacionais[editar | editar a fonte]

Competición Títulos 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88
Inglaterra Liga inglesa 1 - 8 4 3 1 7 8 2 6 7 12 6 7 9 11 9 4 10 3 3 8 6 8 8 3 7 8 3
Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72
Inglaterra Copa inglesa 2 - F F F C C
  • Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión.
  • Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.

Competicións continentais[editar | editar a fonte]

Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96
European Rugby Champions Cup Trophy.svg Copa de Campións Europea de Rugby H bianca su verde.png Copa de Europa 0 g g ¼ g g ¼ g g g g ¼ ¼
Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97
European Rugby Challenge Cup Trophy.svg European Rugby Challenge Cup Silver Dish.png Challenge Cup 3 ½ C g C g C
  • C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

Inglaterra Aviva Premiership — Tempada 2014/15
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Verde Giallo Nero (strisce orizzontali).png Northampton Saints 76 22 16 1 5 8 2
600px Blu marine e Azzurro con striscetta bianca.svg Bath Rugby 75 22 16 0 6 9 2
600px Bianco Rosso e Verde (strisce orizzontali).png Leicester 68 22 15 1 6 4 2
600px Rosso e Nero.svg Saracens 68 22 14 0 8 5 7
600px Nero.png Exeter 61 22 11 2 9 9 4
600px Giallo con bordi Neri orizzontali.svg Wasps 54 22 11 0 11 6 4
Blu.png Sale 53 22 10 1 11 4 7
Arlecchino.png Harlequins 49 22 10 0 12 4 5
Rosso e Bianco.png Gloucester 48 22 9 1 12 4 6
10º Verde e Nero in diagonale.png Irish 40 22 7 1 14 4 6
11º Nero Con Striscia Bianca.png Newcastle Falcons 34 22 5 1 16 4 8
12º Rosso e Bianco diagonale.png Welsh 1 22 0 0 22 1 0

<<<< 2013/14 — Tempadas — 2015/16 >>>>


En verde      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
En azul      os clasificados para a Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016 (5º e 6º).
En amarelo      o clube que xogou o playoff pola Copa de Campións Europea de Rugby.
En rosa      o equipo en descenso directo (12º).


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]