Zebre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zebre
NomeZebre Rugby Club
UniónFederazione Italiana Rugby
Alcume(s)Il XV del Nord-Ovest
Fundación1973 (equipo por invitación)
2012 (equipo profesional)
SedeItalia Parma, Italia
Estadio(s)Stadio Sergio Lanfranchi
Capacidade5.000 espectadores
PresidenteAndrea Dalledonne
AdestradorMichael Bradley
CapitánTommaso Castello
Liga(s)Pro14
2018−197º (conferencia A)
Casa
Fóra
Na rede
http://www.zebrerugbyclub.it/
Facebook: ZebreParma Twitter: ZebreParma Instagram: zebreparma LinkedIn: zebre-parma TikTok: zebreparma Editar o valor em Wikidata

O Zebre é un equipo de rugby italiano con sede na cidade de Parma, Emilia-Romaña. O club, fundado en 2012, é propiedade da Federación Italiana de Rugby (FIR). Desde a súa fundación, o club compite no Pro14, unha competición profesional que agrupa equipos de Gales, Escocia, Irlanda, Italia e Suráfrica, e na que entrou en substitución do Aironi Rugby. Ademais, tamén participa en diferentes competicións a nivel europeo como a Champions e a Challenge Cup. O seu estadio como local é o Sergio Lanfranchi, recinto con capacidade para 5.000 espectadores.

O Zebre, a miúdo denominado como o "XV do noroeste" (en italiano: XV del Nord-Ovest), representa ás federacións das rexións do noroeste do país, como Emilia-Romaña, a Liguria, a Lombardía e o Piemonte, así como doutras zonas coma os Abruzos, Campania, As Marcas, o Lacio, a Toscana, a Umbría e Sicilia, o que inclúe a decenas de miles de afiliados e múltiples clubs.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O Zebre orixinal[editar | editar a fonte]

O Zebre (do italiano: Cebras) orixinal naceu no ano 1973 da man do capitán da

selección italiana Marco Bollesan. Este equipo de 1973 era invitacional e xuntaba a xogadores da Italia noroccidental, do mesmo xeito que os Dogi das Tres Venecias e os Lupi de Roma e Italia meridional.[2] Entre 1973 e 1997 os Zebre orixinais disputaron 25 encontros contra equipo internacionais, en xeral con resultados positivos. O seu primeiro xogo foi un amigábel xogado en Milán contra o Randwick Sydney australiano, os cales gañaron por 21−50. Entre os maiores éxitos do antigo club destaca a vitoria por 48–38 ante os Barbarians en xuño de 1997 en Brescia.[3] Curiosamente, a primeira camisola que levou o club, no partido de Milán, era a faixas brancas e negras do estilo da dos Barbarians.

Italia entra na Celtic League[editar | editar a fonte]

Despois da súa fundación en 2001, durante moitos anos propúxose a entrada de equipos italianos na Celtic League. Após varias tentativas erradas, na temporada 2010−11 había esperanzas de que se acadase un acordo sobre a entrada de equipos transalpinos. Porén, a federación escocesa negou o seu apoio até que se fixesen cambios na estrutura administrativa da competición. Así, en febreiro de 2010 anunciouse a detención da expansión planeada. As razóns foron a insistencia dos membros preexistentes de que os equipos italianos puidesen ser expulsados pasados tres anos. Ademais, parecía que os equipos italianos non podían cumprir as esixencias financeiras da liga.[4] Con todo, ao final conseguiuse chegar a un acordo a comezos de marzo de 2010 para permitir a entrada de equipos italianos na liga a tempo para a seguinte temporada.[5] O acordo incluía que os dous clubs italianos que entrasen na Celtic League terían garantido un lugar na Heineken Cup, o que previamente era concedido aos dous primeiros do Campionato Nazionale di Eccellenza, a máxima categoría do rugby italiano.

Un dos motivos que levou á chegada de equipos italianos á liga, é que a

selección italiana non estaba a conseguir ser un equipo competitivo no Torneo das Seis Nacións desde o seu ingreso no ano 2000. Isto achacouse, sobre todo, ao feito de que os mellores xogadores do país non tiñan un torneo doméstico o suficientemente competitivo ou vían obrigados a xogar no estranxeiro. O feito de que o partido decisivo do Seis Nacións de 2009 se xogase entre

Gales e

Irlanda con 42 xogadores de 44 pertencentes á Celtic League apoiou esta idea.[6]

Despois das solicitudes iniciais en 2010, propúxose que os novos equipos serían o Aironi, da liga italiana, e un equipo de nova fundación, os Praetorians de Roma.[7] Outro equipo que entrou na poxa por entar na competición foi o Benetton Treviso, o cal tentara sen éxito para apoiar a súa candidatura chegara un acordo co Duchi Nord-Ovest para formar un club para representar á rexión do Véneto. Porén, perdeu na primeira rolda de poxas a pesar de que a rexión era o lar tradicional do rugby italiano. Con todo, os Pretorians non conseguiron satisfacer aos avaliadores da súa potencia financeira e o Benetton Treviso foi escollido no seu lugar.[8]

O novo Zebre[editar | editar a fonte]

O Aironi loitou na súa primeira temporada; unha vitoria por sorpresa na Heineken Cup sobre Biarritz (28−27) foi o único momento de fulgor dunha campaña na que só conseguiron unha vitoria no Pro12 (25–13 a Connacht). A segunda temporada non foi mellor e o Aironi sucumbiu ás dificultades financeiras. Debido a sito, a súa licenza de xogar tanto na Heineken Cup como no Pro12 foi revogada pola Federación de Rugby de Italia (FIR),[9] a cal decidiu outorgar a lincenza a outro club. En xuño de 2012, anunciouse que a nova franquía sería coñecida como Zebre e tería a súa sede en Parma.[10]

Zebre non tivo moito éxito na súa primeira tempada, a 2012−13, acabando o último despois de non conseguir nin unha soa vitoria nin no Pro12 nin na Heineken Cup. Na seguinte temporada volveron ficar en último lugar, aínda que desta volta conseguiron as súas primeiras vitorias. A primeira foi na terceira xornada contra os Cardiff Blues no Arms Park, para finalmente acabar con cinco vitorias, sendo as outras catro na casa ante Ospreys, Edinburgh, Blues e Treviso, os seus rivais italianos que acabaron a temporada tan só un punto por diante de Zebre. Nos anos seguintes o Zebre acabou sempre nos últimos lugares, sendo a súa temporada até o momento con máis vitorias a 2017–18. Neste temporada conseguiron 7, quedando a tan só tres puntos de Connacht.

Elenco[editar | editar a fonte]

Os seguintes son os xogadores do Zebre para o Pro14 de 2019−20.[11]

Equipo do Benetton Rugby (Pro14)

Piliers

Talonadores

Segunda liña

Terceira liña

Medios-melé

Aperturas

Centros

Ás

Zagueiros

(c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Internacionais[editar | editar a fonte]

Os seguintes xogadores xogaron co Zebre e conseguiron ser internacionais coas súas respectivas seleccións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Zebre Family". Zebre Rugby Club (en italiano). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  2. Nauright, John (2012-04-06). Sports around the World: History, Culture, and Practice [4 volumes]: History, Culture, and Practice. ISBN 9781598843019. 
  3. "Le Zebre battono i Barbarians". 
  4. "Peter Bills: Italian fury at 'insult' after Magners League snub". Independent.ie. 
  5. "RTE Sport: Italian teams to join Magners League". Rte.ie. 8 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 07 de decembro de 2019. 
  6. Roberts, Gareth (21 de marzo de 2009). "Wales 15-17 Ireland". BBC News. 
  7. "Aironi and Praetorians set for Magners League | Live Rugby News | ESPN Scrum". Scrum.com. 
  8. "Italians' bid to join the League not a doe deal". The Irish Times. 11 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 08 de decembro de 2019.  Arquivado 18 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
  9. "Italian side Aironi to pull out of Prol12 after their licence is revoked". BBC.co.uk. 6 de abril de 2012. 
  10. "Rugby Union News | New PROL12 team to be called Zebras". Planet Rugby. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 08 de decembro de 2019.  Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  11. "La Squadra" (en italiano). Zebre Rugby Club. Consultado o 7 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]