Section Paloise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Section Paloise
NomeSection Paloise
Fundación1902
SedePau, Francia Francia
Estadio(s)Stade du Hameau
Capacidade13.819 espectadores
PresidenteFrancia Bernard Pontneau
AdestradorFrancia Simon Mannix
Liga(s)Top 14
2015-16-
Casa
Fóra
Na rede
http://www.section-paloise.com/
Twitter: SectionPaloise Instagram: sectionpaloisebearnpyrenees Editar o valor em Wikidata

O Section Paloise é un equipo de rugby francés da cidade bearnesa de Pau, nos Pireneos Atlánticos, que compite na Pro D2, a segunda categoría do rugby francés. Ademais da sección de rugby consta doutras seccións deportivas: boxeo, esgrima, karate, kendo, tenis de mesa e pelota vasca.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1902 como Section Paloise de Ligue Girondine e foi renomeado Section Paloise en 1905. Xoga os seus partidos como local no Stade du Hameau cunha capacidade para 13.819 espectadores. Visten de branco e verde e está patrocinado por Total.

Na década de 1920, o rugby converteuse no deporte rei en Francia[Cómpre referencia], e o Section Paloise conseguiu gañar o campionato dese país en 1928. Mais o Section Paloise tivo que esperar ata a fin da segunda guerra mundial para poñer de novo a súa pegada no palmarés do Campionato (1946).

Logo de anos de seca, o club volveu ser campión ao erguer o Escudo de Brennus en 1964.

Grazas a unha nova xeración de adestradores e xogadores, o Section Paloise conseguiu devir unha referencia do rugby francés e europeo entre 1996 e 2000.

Ao final da tempada 2004-05, o Pau superou o play-off fronte ao Aurillac, conseguindo permanecer no Top 14 unha tempada máis. Actualmente o club compite no Top 14.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Resultados nas finais[editar | editar a fonte]

French championship[editar | editar a fonte]

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
6 de maio de 1928 Section Paloise US Quillan 6-4 Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa 20.000
24 de marzo de 1946 Section Paloise FC Lourdes 11-0 Parc des Princes, París 30.000
24 de maio de 1964 Section Paloise AS Béziers-Hérault 14-0 Stade Municipal, Tolosa 27.797

Challenge Cup[editar | editar a fonte]

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
27 de maio de 2000 Section Paloise Castres Olympique 34-21 Stade des Sept Deniers, Tolosa 6.000
21 de maio de 2005 Sale Sharks Section Paloise 27-3 The Kassam Stadium 7.230

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]