Pro14
Pro14 | |
---|---|
Fundación | 2001 |
País | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Equipos | 14 |
Actual campión | ![]() |
Máis laureado | ![]() |
Sitio web | pro14rugby.org |
A Pro14, coñecida como Guinness PRO14 por motivos de patrocinio,[1] é un torneo anual de rugby no que compiten equipos profesionais de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. A Pro14 é unha das principais tres ligas europeas de rugby xunto á Premiership inglesa e o Top 14 francés. Os mellores equipos da liga compiten na Copa de Campións Europea de Rugby, unha competición continental que substitúe á Copa Heineken desde a temporada 2013−14.
A competición foi fundada en 1999 coa creación da Liga Galeso-Escocesa, a cal pasou a ser coñecida como "Celtic League" ao incorporar tamén equipos irlandeses. Entre as temporadas 2006−07 e 2010−11, a liga estivo patrocinado pola elaboradora de sidra Magners. Esa mesma temporada 2010−11 incorporáronse dous equipos italianos, aumentando a liga de 10 a 12 equipos. Para reflictir que a liga incluía xa equipos de fóra das nacións celtas, a competición adoptou o nome de Pro12. En canto aos patrocinadores, entre 2011−12 e 2013−14 foi RaboDirect, e posteriormente Guinness. Na temporada 2017−18 a competición incorporou dous novos equipos equipos, esta vez surafricanos.
Índice
Formato[editar | editar a fonte]
O Pro14 xógase entre os meses de setembro e maio, estando os equipos divididos en dúas conferencias. Cada unha das conferencias está formada por dous equipos de Irlanda e Gales, máis un equipo de Italia, Escocia e Suráfrica, o que fai un total de sete equipos por cada unha. A asignación de equipos en cada conferencia faise cada ano en función da clasificación da temporada anterior. No caso de Irlanda e Gales, o mellor club de cada país xoga na mesma conferencia que o peor. Os equipos xogan dúas veces contra cada un dos outros da súa conferencia (local e visitante) e unha contra cada equipo da conferencia oposta (xa sexa en casa ou fóra). Ademais, cada equipo xoga outros dous partidos de derby contra equipos da mesma nación da conferencia oposta. Isto asegura que Irlanda e Gales conservan os seis partidos de derby que tiñan en formatos anteriores. Para Italia, Escocia e Sudáfrica, os seus respectivos clubs xogan tres veces coas súas propias nacións, sendo o estadio local para o terceiro partido alternado cada temporada. Isto crea unha temporada regular de 21 partidos antes dos play-offs.
Os play-offs estan compostos polos tres mellores equipos de cada conferencia, conseguindo os campións de cada unha o pase directo ás semifinais, nas cales exercen como anfitrións. Os equipos que ocupan o segundo e o terceiro posto de cada conferencia xogan os cuartos de final, sendo os que ocuparon os segundos postos os anfitrións no partido que os enfronta ao terceiro da conferencia oposta. Por último, a final xogase nun lugar previamente acordado. Os puntos de liga outórganse usando o sistema de bonificación. En principio os equipos reciben 4 puntos por unha vitoria e 2 por un empate, mais pódense gañar puntos de bonificación por anotar catro ou máis ensaios no mesmo xogo ou por perder por sete puntos ou menos. Se un equipo consegue ambas cousas, gañan dous puntos de bonificación.
En canto á participación en competicións europeas, ha que ter en conta que os equipos surafricanos non poden participar nelas. Por iso, quedan sete vacantes para doce equipos. Así, clasifícanse para a Copa de Campións os tres mellores equipos de cada conferencia (excluíndo os equipos surafricanos). O sétimo equipo decídese cun xogo entre os equipos que ocuparon o cuarto lugar de cada conferencia. Debido á distancia de viaxe entre Europa e Sudáfrica, os partidos xogados no país africano sempre se xogan en sábado, o que permite aos equipos visitantes un descanso de sete días entre xogos, o que implica cinco días sen ter que facer ningunha viaxe.
Historia do formato[editar | editar a fonte]
Período | Patrocinador | Nome | Nº de equipos | Países |
---|---|---|---|---|
2001–2002 | Ningún | Celtic League | 15 | Escocia, Gales, Irlanda |
2002–2003 | 16 | |||
2003–2004 | 12 | |||
2004–2006 | 11 | |||
2006–2007 | Magners | Magners League | ||
2007–2010 | 10 | |||
2010–2011 | 12 | Escocia, Gales, Irlanda, Italia | ||
2011–2014 | RaboDirect | RaboDirect Pro12 | ||
2014–2017 | Guinness | Guinness Pro12 | ||
2017– | Guinness Pro14 | 14 | Escocia, Gales, Irlanda, Italia, Suráfrica |
Equipos[editar | editar a fonte]
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Equipos anteriores[editar | editar a fonte]
Equipos | Anos | Sede | Estadio (capacidade) |
---|---|---|---|
![]() |
2010–12 | Viadana, Italia | Stadio Luigi Zaffanella (6.000) |
![]() |
2002–07 | Galashiels, Escocia | Netherdale (6.000) |
![]() |
2003–04 | Bridgend, Gales Pontypridd, Gales |
Brewery Field (12,000) Sardis Road (8.000) |
![]() |
2001–03 | Bridgend, Gales | Brewery Field (6.000) |
![]() |
2001–03 | Caerphilly, Gales | Virginia Park (5.000) |
![]() |
2001–03 | Cardiff, Gales | Cardiff Arms Park (12.500) |
![]() |
2001–03 | Ebbw Vale, Gales | Eugene Cross Park (8.000) |
![]() |
2001–03 | Llanelli, Gales | Stradey Park (10.800) |
![]() |
2001–03 | Neath, Gales | The Gnoll (6.000) |
![]() |
2001–03 | Newport, Gales | Rodney Parade (11.676) |
![]() |
2001–03 | Pontypridd, Gales | Sardis Road (7.861) |
![]() |
2001–03 | Swansea, Gales | St Helen's (4.500) |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Por ano[editar | editar a fonte]
Liga[editar | editar a fonte]Negra = Dobre título de competición domética e europea
|
Celtic Cup[editar | editar a fonte]
|
Por equipo[editar | editar a fonte]
Equipo | Títulos | Anos | Subcampión | Anos subcampión |
---|---|---|---|---|
![]() |
6 | 2001–02, 2007–08, 2012–13, 2013–14, 2017–18, 2018–19 | 5 | 2005–06, 2009–10, 2010–11, 2011–12, 2015–16 |
![]() |
4 | 2004–05, 2006–07, 2009–10, 2011–12 | 0 | |
![]() |
3 | 2002–03, 2008–09, 2010–11 | 4 | 2001–02, 2004–05, 2014–15, 2016–17 |
![]() |
2 | 2003–04, 2016–17 | 1 | 2017–18 |
![]() |
1 | 2005–06 | 2 | 2003–04, 2012–13 |
![]() |
1 | 2014–15 | 2 | 2013–14, 2018–19 |
![]() |
1 | 2015–16 | 0 | |
![]() |
0 | 2 | 2006–07, 2007–08 | |
![]() |
0 | 1 | 2008–09 | |
![]() |
0 | 1 | 2002–03 |
Por país[editar | editar a fonte]
País | Títulos | Equipos | Subcampión | Equipos |
---|---|---|---|---|
![]() |
11 | Leinster (6), Munster (3), Ulster (1), Connacht (1) | 11 | Leinster (5), Munster (4), Ulster (2) |
![]() |
6 | Ospreys (4), Scarlets (2) | 4 | Cardiff Blues (2), Neath (1), Scarlets (1) |
![]() |
1 | Glasgow Warriors (1) | 3 | Edinburgh (1), Glasgow Warriors (2) |
![]() |
0 | 0 | ||
![]() |
0 | 0 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Guinness Confirmed as pro12 sponsor". The Score. 10 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|