Celtic League 2008-2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
RaboDirect PRO12
Fundación2001
RexiónEscocia Escocia
Gales Gales
Irlanda Irlanda
Italia Italia
Equipos12
Actual campiónOspreys (4º título)
Máis laureadoOspreys (4 títulos)
Sitio webPáxina oficial

A tempada 2008-2009 da Magners League foi a oitava edición da liga celta de rugby, creada en 2001. A liga tomou o nome Magners do seu principal patrocinador, unha empresa irlandesa fabricante de sidra.

Formato da competición[editar | editar a fonte]

O torneo estivo composto por 10 equipos (4 irlandeses, 4 galeses e 2 escoceses), e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 9 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 4 puntos pola vitoria.
  • 2 puntos polo empate.
  • 0 punto pola derrota.
  • 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios.
  • 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.

A liga comezou o 5 de setembro de 2008, e rematou o 17 de maio de 2009.

Táboa[editar | editar a fonte]

Escocia Gales Irlanda Magners League — Tempada 2008/09
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Irlanda Munster 63 18 14 0 4 6 1
Escocia Edinburgh 55 18 11 0 7 6 5
Irlanda Leinster 52 18 11 1 6 4 2
Gales Ospreys 52 18 11 0 7 3 5
Gales Scarlets 40 18 9 0 9 3 1
Gales Cardiff 38 18 8 1 9 2 2
Escocia Glasgow 37 18 7 0 11 4 5
Irlanda Ulster 36 18 7 0 11 2 6
Gales Newport 33 18 7 0 11 1 4
10º Irlanda Connacht 20 18 4 0 14 1 3

<<<< 2007/08 — Tempadas — 2009/10 >>>>


En azul      o equipo campión (1º).
Na liga celta no hai descensos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]