Comisión Económica das Nacións Unidas para África
Aparencia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Datos históricos | ||||
Fundador | Consello Económico e Social das Nacións Unidas | |||
Creación | 1958 | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Páxina web | uneca.org | |||
A Comisión Económica das Nacións Unidas para África (CEA; inglés: United Nations Economic Commission for Africa, UNECA ou ECA; francés: Commission économique pour l'Afrique[1], CEA) foi creada en 1958 polo Consello Económico e Social das Nacións Unidas para fomentar a cooperación económica entre os seus estados membro (as nacións do continente africano)[2] seguindo unha recomendación da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.
É unha das cinco comisións rexionais.
A CEA ten 54 estados membro, que se corresponden cos 54 estados membro da Nacións Unidas que se atopan dentro do continente africano ou nos océanos próximos ao continente.
Programa
[editar | editar a fonte]O traballo da comisión está estruturado en sete divisións de programa:
- Centro Africano de Estatística
- Política macroeconómica
- Política de desenvolvemento social
- Innovación e Tecnoloxía
- Integración rexional e Comercio
- Desenvolvemento da capacidade
Localizacións
[editar | editar a fonte]- Adís Abeba, Etiopía (Sede central, Sala de África, inaugurada en 1961)[3]
- Yaoundé, Camerún (Sede rexional de África central)
- Kigali, Ruanda (Sede rexional de África oriental )
- Rabat, Marrocos (Sede rexional de África do Norte)
- Lusaca, Zambia (Sede rexional de África austral)
- Niamey, Níxer (Sede rexional de África Occidental)
Estados membro
[editar | editar a fonte]- Alxeria
- Angola
- Benín
- Botswana
- Burkina Faso
- Burundi
- Cabo Verde
- Camerún
- Chad
- Cimbabue
- Comores
- Costa do Marfil
- Djibuti
- Eritrea
- Etiopía
- Exipto
- Gabón
- Gambia
- Ghana
- Guinea
- Guinea-Bissau
- Guinea Ecuatorial
- Kenya
- Lesoto
- Liberia
- Libia
- Madagascar
- Malaui
- Malí
- Marrocos
- Mauricio
- Mauritania
- Mozambique
- Namibia
- Níxer
- Nixeria
- República Centroafricana
- Congo
- República Democrática do Congo
- Ruanda
- San Tomé e Príncipe
- Senegal
- Serra Leoa
- Seychelles
- Somalia
- Eswatini
- Suráfrica
- Sudán
- Sudán do Sur
- Tanzania
- Togo
- Tunisia
- Uganda
- Zambia
Secretarios executivos
[editar | editar a fonte]Nome | País | Anos |
---|---|---|
Vera Songwe | Camerún | 2017–presente |
Carlos Lopes | Guinea-Bissau | 2012 - 2016 |
Abdoulie Janneh | Gambia | 2005 - 2012 |
K. Y. Amoako | Ghana | 1995 - 2005 |
Layashi Yaker | Alxeria | 1992 - 1995 |
Issa Diallo | Guinea | 1991 - 1992 |
Adebayo Adedeji | Nixeria | 1975 - 1991 |
Robert K. A. Gardiner | Ghana | 1961 - 1975 |
Mekki Abbas | Sudán | 1959 - 1961 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nations Unies Commission économique pour l'Afrique - Des idées pour une Afrique prospère". www.uneca.org. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "United Nations Economic Commission for Africa (UNECA)". web.archive.org. 22 de febreiro de 2012. Archived from the original on 22 de febreiro de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ Africa Hall, published by the Administration and Liaison Office, Addis Ababa (May 1963)