Chus Pereda
Nome orixinal | Jesús María Pereda Ruiz de Temiño | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 15 de xuño de 1938 Medina de Pomar, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de setembro de 2011 (73 anos) Barcelona (España) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | cancro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Chus Pereda | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,70 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1957 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1964 | Eurocopa de Fútbol España 1964 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jesús María Pereda Ruiz de Temiño, máis coñecido como Chus Pereda, nado en Medina de Pomar o 15 de xuño de 1938 e finado en Barcelona o 27 de setembro de 2011, foi un futbolista e adestrador español, que xogaba como interior.
Militou durante a maior parte da súa carreira no Barcelona, co que gañou dúas Copas do Xeneralísimo e unha Copa de Feiras. Xogou ademais en varios outros equipos, entre eles o Real Madrid, co que conquistou unha liga e unha Copa de Europa. Internacional coa selección española, coroouse con esta campión da Eurocopa na edición de 1964, na que marcou gol tanto nas semifinais como na final ante a Unión Soviética.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Naceu en Medina de Pomar, na provincia de Burgos, sendo fillo dun carniceiro, e aos poucos anos emigrou coa súa familia a Chile. Ao seu regreso xogou no Alcázar do seu pobo natal, onde axiña empezou a destacar.[1] Aos 15 anos fichou polo Balmaseda, da localidade biscaíña de Balmaseda, pero apenas puido xogar ao ser denunciado por outro equipo debido a que non tiña a idade mínima necesaria.[1] Estudou o bacharelato en Bilbao e xogou na selección biscaíña sub-16, da que foi capitán.
Indautxu
[editar | editar a fonte]A continuación fichou polo Indautxu, da Segunda División, categoría na que debutou o 18 de marzo de 1956, con 17 anos, nun partido ante o Sabadell. No seu segundo encontro, ante o Logroñés, marcou o seu primeiro gol. No club bilbaíno tivo como adestrador a Iriondo e coincidiu con futbolistas como Zarra, Raimundo Lezama, Uría, Isasi ou Miguel Jones, e xogou nel ata os primeiros días de 1958, acadando na tempada 1956/57 o terceiro posto. Tanto el como Jones, e máis tarde Gárate, foron rexeitados de xeito polémico polo Athletic de Bilbao por non seren vascos de nacemento.[2] Pereda fichou entón polo Real Madrid.
Real Madrid
[editar | editar a fonte]Debutou co club branco na Primeira División un mes despois, na 21ª xornada da tempada 1957/58 diante do Jaén. Dúas semanas despois disputou o seu primeiro e único partido na Copa de Europa, marcando dous goles contra o Sevilla no Sánchez Pizjuán. Proclamouse campión tanto da liga como da Copa de Europa e disputou tamén a final da Copa do Xeneralísimo, sendo titular contra o Athletic, que acabou conquistando o título. O seu balance no club madrileño foi de seis partidos oficiais e tres goles.
Cesión ao Valladolid
[editar | editar a fonte]Para a seguinte tempada foi cedido ao Real Valladolid, da Segunda División. Titular indiscutible no club adestrado por Saso, marcou 9 goles que contribuíron a que o equipo se proclamase campión e ascendese á máxima categoría.
Sevilla
[editar | editar a fonte]En 1959 foi traspasado ao Sevilla FC, nun intercambio por Pepillo II.[3] Xogou no club andaluz durante as seguintes dúas campañas, acadando na primeira delas un cuarto posto en liga, e formando un célebre ataque coñecido como a "dianteira de cristal", xunto a Agüero, Diéguez, Antoniet e Szalay.[4] Disputou un total de 64 partidos oficiais, nos que marcou 14 goles, 11 deles durante a primeira campaña.[5]
Barcelona
[editar | editar a fonte]No verán de 1961 fichou polo FC Barcelona, club no que militou durante oito anos, disputando un total de 203 partidos oficiais e 65 goles. Durante ese tempo gañou a Copa do Xeneralísimo dúas veces, en 1963 e 1963, sendo titular nas dúas finais e marcando o primeiro gol do equipo na de 1963, unha vitoria por 3-1 sobre o Zaragoza no Camp Nou.[6] Participou tamén en varias edicións da Copa de Feiras, proclamándose campión en 1966. Obtivo a súa mellor cifra goleadora na campaña 1963/64, na que marcou 16 goles, 12 deles na liga.
Sabadell
[editar | editar a fonte]Con 31 anos deixou o Barcelona e pasou a xogar no Sabadell, tamén da Primeira División. Disputou só nove encontros co club catalán, adestrado por Pasieguito, entre eles o histórico debut europeo do equipo, na Copa de Feiras, ante o Brugge.[7]
Mallorca
[editar | editar a fonte]En novembro de 1970 fichou polo Mallorca, onde tivo de novo como adestrador a Saso.[8] Militou dúas campañas no club balear, co que disputou 59 partidos e marcou 10 goles. En 1972 puxo fin á súa carreira, despois de 442 partidos oficiais como profesional e 133 goles.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi 15 veces internacional coa selección española, coa que marcou 6 goles. Debutou o 15 de maio de 1960 nun partido amigable contra Inglaterra no estadio Santiago Bernabéu, onde España venceu por 3-0. Marcou o seu primeiro tanto coa selección ese mesmo ano, nunha vitoria por 1-4 sobre Chile no estadio Nacional de Santiago.
Dous dos goles internacionais de Pereda chegaron na Eurocopa de 1964, onde España conseguiu o primeiro título da súa historia e onde Pereda foi elixido no once ideal do torneo. Nas semifinais contra Hungría xogou de interior dereito e marcou o gol que abriu o marcador.
Na final ante a Unión Soviética pasou ao interior dereito, intercambiando a súa posición pola do galego Luis Suárez, e volveu anotar o gol inicial ao pouco de comezar o partido, collendo un balón dentro da área e superando cun disparo ao histórico gardameta Lev Iashin. Con todo, o seu gol foi contrarrestado case inmediatamente por un tanto soviético, obra de Khusainov. Preto do final do encontro, Pereda, cun rápido movemento, desfíxose da marcaxe de Anichkin e colocou un centro ao dianteiro Marcelino, que este rematou de cabeza a gol, facendo así o segundo e definitivo tanto. As imaxes do gol mostradas en España no NO-DO foron manipuladas, mostrando un centro de Amancio en vez do de Pereda, polo que no imaxinario popular permaneceu durante décadas a idea errónea de que fora o coruñés quen dera a asistencia a Marcelino.[9]
Trala Eurocopa disputou só catro partidos máis como internacional. En 1968, despois de tres anos sen vestir a camiseta da selección, acudiu á convocatoria do muxián Eduardo Toba para xogar ante Iugoslavia en Belgrado, nun partido correspondente á clasificación para o Mundial de 1970. Xogou a parte final do partido como substituto de Marcial Pina, no que foi o seu último encontro coa selección.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Pouco despois da súa retirada iniciou unha carreira como adestrador. Dirixiu durante máis de 15 anos as categorías inferiores da selección española. En 1985 levou á selección sub-20 ao subcampionato mundial no torneo disputado na Unión Soviética, onde perdeu na prórroga da final ante o Brasil. Traballou tamén como axudante na selección absoluta e en 1992 substituíu a un enfermo Vicente Miera á fronte do equipo durante un partido.[10]
Na tempada 1995/96 tivo a súa primeira e única experiencia como adestrador dun club, dirixindo o Xerez CD na Segunda División B, onde rematou no 11º lugar. En 1998 dirixiu o primeiro encontro da historia da selección de Castela e León, un empate 1-1 diante de Aragón.[11]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Real Madrid
- Primeira División (1): 1957/58.
- Copa de Europa (1): 1957/58.
- Valladolid
- Segunda División (1): 1958/59.
- Barcelona
- Copa do Xeneralísimo (2): 1962/63, 1967/68.
- Copa de Feiras (1): 1965/66.
- Selección española
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ortiz, Miguel Ángel (21 de xuño de 2016). "Chus Pereda, héroe del ’64" (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ Agiriano, Jon. "Voluntad de tradición" (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ ""Chus" Pereda: el héroe entrañable de la Eurocopa de 1964". Mundo Deportivo (en castelán). 27 de setembro de 2011. Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ "Luis Miró y la delantera de cristal, en la máquina del tiempo". Sevilla Fútbol Club (en castelán). 24 de maio de 2018. Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ "Fallece Chus Pereda, uno de los campeones de la Eurocopa'64". El Mundo (en castelán). 27 de setembro de 2011. Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ Payarols, Lluís (25 de marzo de 2015). "El Barça buscará ganar su quinta Copa en 'casa'". Sport (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ "Cuando el Sabadell jugó en Europa" (en castelán). 28 de novembro de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ Ruiz, Antoni (29 de xaneiro de 2016). "Chus pereda, el fichaje de un campeón de europa" (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ Olmedo, Álvaro (27 de setembro de 2011). "La asistencia de Pereda que el NO-DO le robó". Marca (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ "Chus Pereda fallece a los 73 años". ABC (en castelán). 27 de setembro de 2011. Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ "Luto en el fútbol de Castilla y León por la muerte de su primer seleccionador" (en castelán). 27 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2022. Consultado o 18 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web do FC Barcelona (en castelán).
- Datos do xogador no sitio web da FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016.
- Datos do xogador Arquivado 18 de maio de 2022 en Wayback Machine. no sitio web da selección española (en castelán).
- Nados na provincia de Burgos
- Nados en 1938
- Finados en 2011
- Futbolistas de Castela e León
- Futbolistas do País Vasco
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores da SD Indautxu
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do CE Sabadell
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores da selección de fútbol de España sub-21