CMT2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Castilla-La Mancha Televisión 2
Inicio das emisións 9 de febreiro de 2009
Fin das emisións 15 de decembro de 2011
Propiedade de RTVCM
Formato da imaxe 4:3 e 16:9
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Castela-A Mancha Castela-A Mancha
Canle/s irmá(s) CMT
CMT HD
Páxina web www.rtvcm.es/television/

Castilla-La Mancha Televisión 2 (CMT2) foi a segunda canle da televisión autonómica pública de Castela-A Mancha, xestionada polo ente público Radiotelevisión de Castilla-La Mancha.

Empezou as súas emisións regulares o 9 de febreiro de 2009. A súa programación estaba pensada para completar a oferta televisiva da súa canle irmá, CMT. Na devandita programación emitíanse principalmente contidos infantís, xuvenís e deportivos, ademais de ofrecer a repetición dalgúns programas de CMT. Entre os espazos máis destacados que se ofrecían na cadea atopábanse a retransmisión en directo os fins de semana dun partido de Liga ACB ademais de partidos de fútbol de 2ª División B. Pola noite, todos os días ofrecíase ao espectadores castelán-manchegos grandes títulos de cinema en branco e negro. Tamén se redifusionaba as edicións de CMT Noticias ás 15:30h e ás 21:30h.

O 2 de decembro de 2011, o goberno de Castela-A Mancha, presidido por María Dolores de Cospedal, decidiu cesar as emisións de CMT2 para así aforrar 1.300.000 euros. Na actualidade, no sinal no que se vía CMT2 pode verse CMT HD, a canle en alta definición de RTVCM que emite a mesma programación que CMT.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]