Saltar ao contido

Castelló de la Plana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Castellón»)
Modelo:Xeografía políticaCastelló de la Plana
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°59′10″N 0°02′15″O / 39.985981, -0.037439
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaCastelló
Comarca da Comunidade ValencianaPlana Alta Editar o valor en Wikidata
CapitalCastelló de la Plana Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación176.238 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.583,02 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie111,33 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo, Q23979290 Traducir e Rambla de la Viuda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude27 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1251 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónOur Lady of Lledó (en) Traducir, Cristovo de Licia e Brais de Sebaste Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataBegoña Carrasco (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Orzamento165.848.811,11 € (2008) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal12001–12006 e 12100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE12040 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos12040 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Châtellerault (1987–)
Lleida (2016–)
Târgoviște (pt) Traducir (2017–)
Ube (2018–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webcastello.es Editar o valor en Wikidata
Twitter: ajuntcastello BNE: XX451327 Editar o valor en Wikidata

Castelló de la Plana[1][2][3] é un concello e unha cidade da Comunidade Valenciana, capital da provincia de Castelló e da comarca da Plana Alta. Encóntrase situada na costa mediterránea. Limita con Borriol, Benicàssim, Almassora, l'Alcora e Onda.

Ten 177.924 habitantes (INE 2008). Ademais, é o núcleo principal dunha área metropolitana de 276.977 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista aérea de Castelló
Fachada principal da Concatedral

A provincia de Castelló é unhas das zonas máis montañosas da Península Ibérica, bañada á súa vez polo mar ao longo de 113 km de costa. As súas praias, ben coidadas (pois adoitan recibir bandeira azul), arroupan ao porto que canaliza unha parte importante das exportacións. A uns 48 km atópanse as Illas Columbretes, pertencentes ao termo municipal de Castelló desde 1955.

A maior parte do termo, atópase sobre o "chairo aluvial da Plana", salvo unha pequena proporción ao Noroeste ocupada por pedras calcarias que conforman o extremo sur do Desert de les Plames. A cota máis alta sitúase ao norte, na Roca Branca, con 609 m, tamén destacan as montañas do Racó de Raca, con 458 m, o Tossal de Llobera, con 353 m, o Tossal Gros, con 354 m, a Penyeta Roja, con 288 m e a Muntanya Negra con 307 m. Cabe destacar polo seu simbolismo, o Tossal da Magdalena con 111 m e que forma parte do Parque natural do Deserto das Palmas.

Chan e hidrografía

[editar | editar a fonte]

Entre a montaña e o mar, esténdense unha serie de glacis cuaternarios que baixan cunha suave pendente cara aos marxais, separados do mar pola restinga da Praia da Pineda. A liña de costa é de 10 km. É baixa e areosa e ao sur do porto está ocupada polo polígono industrial do Serrallo.

O río Seco de Borriol, nace na vertente Oeste do Desert de les Palmes e baixa pola Vall de Borriol. Posteriormente, encaixa a súa canle sobre o glacis cuaternario da Plana, onde describe unha gran curva polo Oeste e o Norte da cidade perdéndose na marjalería. Ao Oeste do termo, atópase o Encoro de María Cristina, e o leito da Rambla da Vídua pouco antes de desembocar no río Millars, de cuxas augas se abastece a horta tradicional.

Climograma de Castelló (Almassora).

Castelló conta cun clima mediterráneo no que as precipitacións máximas concéntranse ao principio do outono, como consecuencia da gota fría. Os invernos son suaves e os veráns cálidos, e durante todo o ano a oscilación térmica diaria é escasa.

Economía

[editar | editar a fonte]

Castelló depende moitísimo de dous sectores: a cerámica e os seus arredores e a construción. O Grau de Castelló depende maioritariamente da pesca. O sector servizos tamén está moi estendido.

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]

Castelló ten varias avenidas urbanas e interurbanas que permiten un rápido acceso desde o centro cara á periferia e as autovías de gran capacidade (como a AP-7 ou a CV-10). A cidade tamén conta cunha autovía na súa área metropolitana: CS-22

Transporte urbano

[editar | editar a fonte]

A capital da Plana posúe 13 liñas máis 2 bises máis unha liña especial de autobús urbano. A frecuencia de paso dos autobuses oscila entre 10 e 30 minutos.

O 25 de xuño de 2008 foi inaugurado o primeiro tramo da liña 1 do TRAM (novo nome do TVRCas (Transporte en Vía Reservada)), que nun futuro, percorrerá a cidade de Castelló e a súa área metropolitana (Vila-real, Almassora, Borriana, Benicàssim e Grau).

Ferrocarril

[editar | editar a fonte]

Chegou a Castelló en 1882 pola estación do norte. Castelló atópase comunicada con Madrid e Barcelona mediante as liñas de longa distancia (Alaris, Arco, Talgo e Euromed). Castelló tamén é o inicio dunha das liñas de Proximidades Valencia, que, ademais de conectar coa Cap i Casal, permite comunicar mediante paradas cos pobos do sur da provincia.

Facendo transbordo en Valencia, podes seguir polas liñas de Proximidades até Gandia, Moixent e Utiel na Provincia de Valencia e mediante trens de longa distancia con Andalucía. Desde Sagunt, pódese chegar a Caudiel na provincia de Castelló e a Aragón.

Transporte aéreo

[editar | editar a fonte]

A cidade conta cun aeroporto, que está inaugurado pero que aínda non ten voos. A construción do aeroporto estivo en dúbida por diversos escándalos de corrupción e delitos contra o ambiente.[4] Está situado no municipio de Vilanova d'Alcolea.

A cidade tamén conta cun aeródromo situado no Grau de Castelló.

Transporte marítimo

[editar | editar a fonte]

No Grau de Castelló está situado o Porto, un importante punto de tráfico mercantil, tanto de entrada (destaca a de crus de petróleo destinado ao seu procesamento na refinaría situada no polígono do Serrallo) como de saída (sobre todo cerámica e cítricos) cara a outras zonas.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica de Castelló (1900-2007)

Castelló de la Plana ten 177.924 habitantes (INE 2008); trátase da carta cidade máis poboada do País Valenciano e a primeira da provincia de Castelló. A cidade concentra, de feito, ao 30,75% da poboación provincial.

Ademais, a área metropolitana de Castelló, que inclúe tamén os municipios de Vila-real, Borriana, Almassora, Benicàssim e Borriol, ten 298.678 habitantes (INE 2007).

Castelló de la Plana rexistrou un notábel crecemento demográfico na última década, debido fundamentalmente á inmigración estranxeira. O 17,08% da poboación da cidade procede da inmigración (INE 2006), sendo o colectivo foráneo predominante o romaní, con 18.097 censados (61,56% do total de estranxeiros).

Evolución demográfica de Castelló de la Plana[5]
1787 1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940
Poboación 12.003 19.945 25.193 29.904 32.309 34.457 36.781 46.876
1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001 2008
Poboación 53.331 62.493 93.968 126.464 138.489 142.285 147.667 177.924

Unha das publicacións culturais da cidade foi a prolífica revista Kastelló, fundada en abril de 1991 [6] e hoxe xa desaparecida.

De Castelló de la Plana son tamén debuxantes de banda deseñada destacados como Calo ou Sergio Meliá. A cidade ten unha notábel actividade neste campo, celebrando dende 2005 as Xornadas de Cómic de Castelló.

A cultura matemática de Castelló está ligada á organización das Olimpíadas Matemáticas a nivel de ESO e de bacharelato, sendo así que en setembro de 2004 foi sede da IX Olimpíada Iberoamericana.

A nivel musical, en Castelló destaca a famosa sala de concertos Ricoamor, pechada como estabelecemento en 2006 pero cuxa programación continúa no Pazo da Música de Castelló. Tamén se celebra o festival anual de música de vangarda Tanned Tin.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castellonenco.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. "Decreto 40/2019, de 22 de marzo, del Consell, de aprobación del cambio de denominación del municipio de Castelló de la Plana/Castellón de la Plana por la forma exclusiva en valenciano "Castelló de la Plana".". BOE. 15 de abril de 2019. 
  4. "= 258120 O Xornal Mediterráneo". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2009. 
  5. Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. = 0&divi = DPOP&his = 0 Series de poboación dos municipios dende 1996.[Ligazón morta] Os datos de 1787 proveñen do censo de Floridablanca, citados por Bernat i Martí e Badenes Martín en Crecimento da poboación valenciana. Análise e prevención dos censos demográficos (1609-1857). Edicións Alfons el Magnànim. Valencia, 1994.
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2009. Consultado o 26 de outubro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]