Saltar ao contido

Borriana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBorriana
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°53′23″N 0°05′02″O / 39.88961, -0.08389
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaCastelló Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación37.915 (2025) Editar o valor en Wikidata (803,28 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie47,2 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo, Río Millars e Veo River, Spain (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude13 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
xullo de 1233Siege of Burriana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónBrais de Sebaste Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataJorge Monferrer (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal12530 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE12032 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos12032 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webburriana.es Editar o valor en Wikidata
Twitter: ajborriana BNE: XX451668 Editar o valor en Wikidata

Borriana (en valenciano: Borriana, en castelán: Burriana, as dúas denominacións cooficiais) é un municipio do País Valenciano, capital da comarca da Plana Baixa. O termo municipal de Borriana sitúase ao norte da comarca, e ten coma límites polo oeste as localidades de Les Alqueries e Vila-real, polo sur a localidade de Nules e polo norte a localidade de Almassora, que fan de límite municipal das respectivas localidades ao leito do río Millars, que non separa só os termos municipais, senón tamén as comarcas da Plana Alta e a Plana Baixa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Sitúase esta localidade fronte á costa do mar Mediterráneo, na parte máis cha da comarca da Plana Baixa e rodeada de campos de laranxeiras.

Borriana ten 15 km de costa cha, lineal e continua. A praia principal de Borriana, l'Arenal, é moi ampla, de area fina e con mínima pendente. Na zona marítima, a poboación aglutinada e diseminada é importante, sobre todo durante a época estival na cal chega a triplicarse. Referente turístico para as poboacións limítrofes, como Vila-real, dispón dunha importante poboación desprazada durante o verán. A praia dista 1,5 km do centro da cidade.

Esta zona marítima conta cun porto que na actualidade utilízase para actividades pesqueiras. A construción deste foi motivada polo auxe da industria da laranxa que foi unha actividade importante no resto da plana e indubidabelmente nesta poboación.

Accédese a esta poboación, dende Castelló de la Plana, tomando a CV-18 ou a N-340.

Núcleos de Poboación

[editar | editar a fonte]

No termo municipal de Borriana atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación, ademais do casco urbano de Borriana:

  • Les Alqueries de Santa Bàrbara.
  • El Port de Borriana.
  • El Grau de Borriana.
  • La Serratella.
  • Les Alqueries del Ferrer.
  • Poblats marítims.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Con 33.255 habitantes (INE 2007), Borriana é a terceira localidade da provincia de Castelló por poboación. Nos últimos anos experimentou un forte crecemento demográfico en gran parte debido á inmigración.

Evolución demográfica de Borriana
185718871900191019201930194019501960197019811991200120062007
7.81310.23712.96214.24313.89514.67518.47317.69718.61622.65125.00325.43826.75732.34933.255

Economía

[editar | editar a fonte]

A súa economía está baseada na agricultura, predominando o cultivo da laranxeira. A industria principal é a dedicada á manipulación e transformación de cítricos.

Aínda que en Borriana acháronse vestixios de diversas civilizacións antigas -os cales, entre outros, nutren os fondos do museo Arqueolóxico Municipal- a plenitude da vila sitúase en torno ao século IX como unha importante praza árabe que recibiu o nome de Medina Alhadra ou Cidade Verde, pola súa situación no medio da Plana. Aquela praza forte, de muralla circular, incorporouse á civilización occidental cristiá trala súa conquista polo rei Jaume I en 1233. En 1348 o rei Pere IV concede o privilexio de que a "senyera" de Borriana sexa acrecentada cunha franxa azul e tres coroas.

A expansión demográfica da poboación obrigou a derruír as murallas, que se conservaron completas até o século XVII. En 1901 a raíña rexente, en nome do rei Afonso XIII, concédelle o título de cidade, sendo esta coroada con devandito título por 3 veces, por iso na bandeira e no escudo hai 3 coroas.