La Vall d'Uixó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
La Vall d'Uixó
Bandera de la Vall d'Uixó-2.svg
Escut de la Vall d'Uixó-3.svg
Ajuntament lavallduixo.jpg
Casa do Concello de La Vall d'Uixó
Localización
Localització de la Vall d'Uixó respecte del País Valencià.png
PaísEspaña
Comunidade autónomaPaís Valenciano
ProvinciaCastelló
ComarcaPlana Baixa
Xeografía
Altitude118 msnm
Superficie67,10 km²
Demografía
Poboación32.617 hab. (2008)
Densidade476,57 hab./km²
XentilicioValleiro/a
Outros datos
Código postal12600
AlcaldeIsabel Bonig i Trigueros (PP)
www.lavallduixo.es

La Vall d'Uixó, tamén coñecida coma Vall-Llarga, Vall del Duc ou La Vall, é un concello do País Valenciano situado ao sueste da provincia de Castelló, na comarca da Plana Baixa. Ten 31.978 habitantes (INE 2007).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio áchase situado xunto á costa mediterránea, o que lle fai gozar dunhas condicións climáticas típicas desta costa, con invernos suaves e veráns calorosos. A súa temperatura máxima aproxímase aos 40 °C mentres que a mínima sitúase en torno aos 3 °C. A taxa pluviométrica é de 509,51 mm.

Dista uns 30 km de Castelló de la Plana e atópase a pouco menos de 50 km de Valencia. É unha cidade interior situada entre un val e a moi poucos quilómetros, tan só oito, das praias da Costa do Azahar. O acceso a esta cidade efectúase por estrada. Accédese desde a CV-10.

La Vall d'Uixó está rodeada na Plana Baixa polos municipios de Almenara, Artana, Alfondeguilla, La Llosa, Moncofa, Nules e Xilxes; coa provincia de Valencia polo municipio de Sagunt.

Demografía[editar | editar a fonte]

La Vall d'Uixó ten 31.978 habitantes (INE 2007).

Evolución demográfica de La Vall d'Uixó[1]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2002 2006 2007
7.229 8.506 8.643 8.856 8.807 9216 9.630 11.712 18.596 24.105 26.145 27.387 28.283 29.871 31.553 31.978

Economía[editar | editar a fonte]

A actividade económica e industrial na localidade desde antigo estivo centrada na actividade agrícola, con dúas artesanías importantes: a alpargataría e a alfaiaría.

Progresivamente, a produción artesanal da alpargata foi adquirindo caracteres industriais, ata que na primeira metade do século XX, sobre todo coa creación da empresa familiar Segarra e os seus traballos para o exército, a industria do calzado convértese no sector punta do desenvolvemento económico da poboación.

Este proceso de industrialización, baseado fundamentalmente na empresa Segarra, estivo acompañado da creación de numerosas empresas de calzado ao redor desta. En ningún momento este feito significou a perda do carácter agrícola da cidade. Pódese dicir que as principais actividades nestes últimos tempos foron a industria do calzado e a produción agrícola, sobre todo de agres, favorecida polo clima con que conta a localidade.

Esta carencia de diversificación industrial viuse afectada pola crise do sector do calzado, que levou á desaparición de moitas empresas e, polo tanto, á perda de postos de traballo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842, Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996.