Saltar ao contido

Vinaròs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVinaròs
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°28′14″N 0°28′31″L / 40.47044, 0.47539
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaCastelló
Comarca da Comunidade ValencianaBaix Maestrat Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalVinaròs Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación30.529 (2025) Editar o valor en Wikidata (319,68 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie95,5 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude7 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación29 de setembro de 1241 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónSebastián Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataMaria Dolores Miralles Mir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal12150 e 12500 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE12138 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos12138 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webvinaros.es Editar o valor en Wikidata
Twitter: vinaros_ajunt Editar o valor en Wikidata
Porto pesqueiro de Vinaròs

Vinaròs é un concello do País Valenciano. Situado no extremo norte da costa da provincia de Castelló, na comarca do Baix Maestrat. Ten 27.912 habitantes (INE 2008).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Vinaròs atópase na costa mediterránea ao sur da desembocadura do Río Sénia. É o municipio costeiro máis setentrional do País Valenciano.

Localidades limítrofes

[editar | editar a fonte]

O concello de Vinaròs limita coas localidades de Sant Jordi, Càlig, Benicarló (todas elas da provincia de Castelló), Alcanar e Ulldecona (en Cataluña).

Accédese a esta localidade dende Castelló de la Plana ou Tarragona tomando a AP-7 ou a N-340.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Vinaròs
Vinaròs

Vinaròs ten 27.912 habitantes (INE 2008).

Evolución demográfica de Vinaròs[1]
1857188719001910192019301940195019601970198119911996200020072008
9.7959.8518.6257.5207.8468.2819.2359.63110.96813.72717.56419.90220.94022.55226.97727.912

Economía

[editar | editar a fonte]
Entroido en Vinaròs
Vinaròs (Castelló)

O cultivo dos viñedos para a produción de viño era a principal fonte de riqueza, pero a praga de filoxera acabou con ela, sendo substituídos os viñedos por alfarrobeiras, oliveiras e amendoeiras, e dende hai unhas décadas por laranxeiras.

Ten un importante porto de pesca. Destaca tamén a industria do moble. Recentemente, o turismo estase desenvolver como un dos eixos da economía de Vinaròs.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]