Saltar ao contido

María Tareixa de Austria e Borbón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Tareixa de Austria e Borbón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Marie-Thérèse d'Autriche Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Teresa de Austria y Borbón Editar o valor en Wikidata
10 de setembro de 1638 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xullo de 1683 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Versalles, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesepse Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
Consort of France (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrexente Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloInfante de España
Raíña consorte de Francia
Raíña consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa dos Austria e Dinastía Borbón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLois XIV de Francia (1660–1683) Editar o valor en Wikidata
FillosLuís, o grande delfim de França, Ana Isabel de França, Maria Ana de França, Maria Teresa de França, Felipe Carlos de França, Louis-François de France Editar o valor en Wikidata
PaisFilipe IV de España Editar o valor en Wikidata  e Sabela de Francia Editar o valor en Wikidata
IrmánsMargarida Tareixa de Austria
Carlos II de España
Xoán Xosé de Austria
Baltasar Carlos de España
Filipe Próspero de Austria Editar o valor en Wikidata
ParentesMargarida de Austria-Estiria, avoa paterna
Filipe III de España, avó paterno
María de Médici, avoa materna
Henrique IV de Francia, avó materno Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSmall Brockhaus and Efron Encyclopedic Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) Traducir, (vol:7, p.58) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX824056 WikiTree: Habsburg-58 Find a Grave: 84229761 Editar o valor en Wikidata

María Tareixa de Austria e Borbón (en francés: Marie-Thérèse d'Autriche), nada en San Lorenzo de El Escorial o 10 de setembro de 1638 e finada en Versalles o 30 de xullo de 1683, foi unha Infanta de España, Infanta de Portugal, Arquiduquesa de Austria e, Raíña consorte de Francia desde 1660, aínda que isto non impediu que Francia atacase a España en Flandres durante a Guerra de Devolución, nin no Caribe, apoiando aos piratas (filibusteiros e bucaneiros) desde a Illa da Tartaruga (base francesa pirata, onde se abastecían de pólvora, municións,...), chegando a atacar a parte occidental da Española en mans francesas (Haití), con apoio oficial até 1665, que foi restablecido posteriormente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla do Rei Filipe IV de España e da súa primeira esposa a princesa Isabel de Francia, era por parte de nai, a neta do Rei Henrique IV de Francia e á súa vez irmá do rei Carlos II de España

Matrimonio

[editar | editar a fonte]
A entrevista de Lois XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns representa o momento da entrega de María Tareixa como esposa ao rei de Francia.

O 9 de xuño de 1660 contraeu matrimonio con Lois XIV de Francia, o chamado Rei Sol, primo-irmán seu por dobre liña, tanto por parte de pai como de nai. A súa entrega como prometida do rei formalizouse en Irún (Illa dos Faisáns), nun acto cuxa preparación contou coa participación de Velázquez.

A raíña María Teresa levou unha vida de illamento e de tristeza durante todo o seu reinado. Salvo por unha breve rexencia en 1672, durante a campaña do rei contra Holanda, non desenvolveu actividade política algunha.

Deu seis fillos ao rei, dos cales só Lois, o chamado "Gran Delfín", sobreviviuna. Unha enfermidade devastadora acabou coa súa vida en 1683, cando soamente contaba con 44 anos de idade.

Avoa do primeiro rei Borbón de España

[editar | editar a fonte]

Anos máis tarde o seu neto, Filipe de Francia, duque de Anjou, segundo fillo do Gran Delfín, sería proclamado Rei de España co nome de Filipe V como sucesor de Carlos II, medio irmán máis novo de María Tareixa, polo cal os dereitos dinásticos da actual familia real española pasan polos da súa antecesora e matriarca, única filla do rei Filipe IV en ter descendencia na actualidade.

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Dos seis fillos que tivo co rei Lois XIV de Francia, só o maior, Lois, chegou á idade adulta, probablemente por culpa da consanguinidade:

  1. Lois de Francia, Delfín de Francia; coñecido como O Gran Delfín ou "Monseigneur" e pai de Lois de Francia, Filipe V de España e Carlos de Francia;
  2. Ana Isabel de Francia (18 de novembro30 de decembro de 1662);
  3. María Ana de Francia (16 de novembro26 de decembro de 1664);
  4. María Tareixa de Francia (2 de xaneiro de 16671 de marzo de 1672);
  5. Filipe Carlos de Francia (5 de agosto de 166810 de xullo de 1671), Duque de Anjou;
  6. Lois Francisco de Francia (14 de xuño4 de novembro de 1672).

Existe ademais unha lenda que di que a raíña tivo unha filla con Nabo, o seu paxe de orixe africana. A nena, de nome Louise Marie Thérèse, sería oculta nun convento.[1]

Devanceiros

[editar | editar a fonte]
  1. Bernard, Caire (1990). "La Mauresse de Moret". Revue des Amis de Moret (116): 69–77. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]