Filipe Próspero de Austria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Filipe Próspero de Austria
Príncipe de Asturias, Xirona e Viana, Duque de Montblanc, Conde de Cervera e Señor de Balaguer.
Prince Philip Prospero by Diego Velázquez.jpg
Retrato do príncipe Filipe Próspero por Diego Velázquez.

Nacemento 28 de novembro de 1657
Madrid, España
Falecemento 1 de novembro de 1661
(3 anos)
Madrid, España
Predecesor Baltasar Carlos de Austria
Sucesor Carlos de Austria
Casa real Casa de Austria
Proxenitores Filipe IV
Mariana de Austria

Escudo de Filipe Próspero de Austria

Filipe Próspero de Austria, nado en Madrid o 28 de novembro de 1657 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1661, foi príncipe de Asturias. Terceiro fillo e primeiro varón do matrimonio formado por Filipe IV de España e Mariana de Austria. Separadamente de Margarida Teresa e Carlos, foi o único que superou os 2 anos de vida daquel matrimonio.

Nado como Felipe Próspero José Francisco Domingo Ignacio Antonio Buenaventura Diego Miguel Luís Alfonso Isidro Ramón Víctor de Austria, a súa vinda ao mundo foi recibida con gran alegría, xa que desde a morte do príncipe Baltasar Carlos en 1646 a Casa Real española carecía de herdeiros varóns. Filipe foi inmediatamente convertido en Príncipe de Asturias.

O príncipe Filipe Próspero foi retratado en 1659 por Velázquez. O cadro, que reflicte unha profunda tenrura cara ao pícaro pero que tamén constitúe un dramático reflexo da súa natureza enfermiza, atópase hoxe no Kunsthistorisches Museum de Viena.

Herdeiro ao trono[editar | editar a fonte]

O nacemento de Filipe Próspero foi moi celebrado, non só polo sexo do bebé, senón porque poñía fin a varias disputas dinásticas que afectarían aos matrimonios das súas irmás (como Filipe IV non tiña máis fillos varóns, os esposos das súas fillas probablemente disputáranse o trono trala morte do monarca). Así, en 1658, Filipe Próspero foi xurado como herdeiro do seu pai e Príncipe de Asturias. Porén, o príncipe non gozou de boa saúde e constantemente levaba un amuleto con el.[1][2]

En 1659 os primeiros ministros de Francia e España negociaron poñer fin ás hostilidades da Guerra Franco-Española por un período de dous anos. Agora que España tiña o seu herdeiro, podía garantir a paz co matrimonio da infanta María Tareixa co rei francés Luís XIV. O resultado das negociacións foi o Tratado dos Pireneos. que establecía a Francia como nova potencia mundial.

Morte[editar | editar a fonte]

Filipe Próspero estivera enfermo durante bastante tempo antes da súa morte en novembro de 1661. Sufriu epilepsia e caía enfermo con moita frecuencia, probablemente debido ao seu defectuoso sistema inmunolóxico, provocado por varias xeracións de matrimonios entre familiares que levaban a cabo os membros da Casa de Austria. O rei chegou a adquirir as reliquias de Diego de Alcalá coa esperanza de que curaran ao príncipe.[3] O 1 de novembro de 1661, Filipe Próspero finaba en Madrid tras un severo ataque de epilepsia. Cinco días máis tarde nacía o infante Carlos, quen finalmente ascendería ao trono baixo o nome de Carlos II trala morte do seu pai. Filipe IV sentíase indirectamente responsable pola morte do seu fillo Filipe, tal e como expresou nunha carta a sor María acerca da morte do seu fillo. [4]

A longa enfermidade do meu fillo e a miña asistencia constante ao seu carón impedíronme dar resposta a vosa carta, nin a dor tampouco permitiu que así o fixera, ata hoxe. Confeso, sor María, que a miña dor é grande, como é natural tras perder unha xoia como esta. Pero en medio da miña dor, tratei de ofrecelo a Deus, e asumir a Súa divina vontade; crendo fervorosamente que El fará todo o que considere o mellor, que é o máis importante. Podo asegurarlle que o que máis me doe, máis aló da miña perda, é que sinto que enfurecín a Deus, e que este castigo foi enviado como pena para os meus pecados.[5]

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Este amuleto aparece representado no retrato que lle fixo Velázaquez
  2. "CAROLVS II, HISPANIARVM ET INDIARVM REX" (January 7, 2010). "Family of the King: Prince Philip Prospero". Reign of Charles II. reinadodecarlosii.blogspot.com. Consultado o May 5, 2012. 
  3. Haliczer 2002, p. 306.
  4. Hume 1907, p. 491.
  5. The long illness of my son and my constant attendance at his bedside have prevented me from answering your letter, nor has my grief allowed me to do so, until today. I confess to you, Sor María, that my grief is great, as is natural after losing such a jewel as this. But in the midst of my sorrow, I have tried to offer it to God, and to submit to His divine will; believing most earnestly that He will order all things for the best, which is the most important thing. I can assure you that what grieves me even more than my loss is that I see clearly that I have angered God, and that these punishments are sent in retribution for my sins.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Baltasar Carlos de Austria
Príncipe de Asturias
16571661
Sucesor:
Carlos de Austria