Saltar ao contido

Basílica de Notre-Dame de la Garde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Basílica de Notre-Dame de la Garde
Datos xerais
País Francia
RexiónProvenza-Alpes-Costa Azul
TipoBasílica menor
AdvocaciónNosa Señora da Garda
LocalizaciónMarsella
Coordenadas43°17′03″N 5°22′16″L / 43.2841, 5.371
Altitude60 metros
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseArquidiocese de Marsella
Arquitectura
Construción1853-1864
ArquitectosHenri-Jacques Espérandieu
EstiloRománico-bizantino
editar datos en Wikidata ]
Basílica de Notre-Dame de la Garde.
Vista interior da basílica.

A basílica de Notre-Dame de la Garde (francés: Notre-Dame de la Garde; en provenzal, Nostro-Damo de Gardo), chamada a miúdo a Boa Nai (francés: Bonne Mère; en provenzal, Boueno Maire), é unha basílica menor adicada ao culto católico na cidade de Marsella, entre os distritos de Roucas Blanc e Vauban, na cima dun pico calcario de 149 msnm e elevada outros trece metros máis sobre os cimentos dunha antiga fortaleza que había na cima. Ao sur do Porto Vello, de estilo neobizantino, está coroada por unha efixie dourada da Virxe María.

O outeiro de Notre-Dame de la Garde é un «lugar natural clasificado» desde o 29 de maio e 8 de outubro de 1917 e tamén en posterior clasificación do 15 de xaneiro de 1920.[1]

Vista da Bonne Mère marsellesa.

Foi construída polo arquitecto protestante Henri Espérandieu e é de estilo románico-bizantino; foi consagrada o 5 de xuño de 1864 e substituíu a unha capela do mesmo nome construída en 1214 e reconstruída no século XV. Está edificada sobre os alicerces dunha fortaleza que fixo Francisco I en 1536 para resistir o asedio de Carlos V. A basílica ten dúas partes: unha igrexa inferior ou cripta, escavada na roca e de estilo románico, e unha grande igrexa de estilo románico-bizantino encima, decorada con mosaicos. No cume do campanario, de planta cadrada e de 41 m de alto, rematado por unha torre de 12,5 m que fai de pedestal, atópase unha estatua monumental de 11,5 m de altura da Virxe co Neno feita en chapa de cobre dourado.

A pedra utilizada para a construción, especialmente a verde que proviña dos arredores de Florencia, demostrou ser sensible á corrosión atmosférica, polo que foi necesario emprender, desde 2001 a 2008, unha longa e coidadosa restauración que tamén se ocupou da renovación dos mosaicos danados por impactos de bala durante a Liberación en 1944, e ennegrecidos ao longo dos anos polo fume das candeas e cirios.

Verdadeiro paladín da cidade de Marsella, Notre-Dame de la Garde foi considerada a partir da Idade Media a gardiá da xente do mar e pescadores.[2]

Unha capela do século XIII

[editar | editar a fonte]

Un lugar estratéxico

[editar | editar a fonte]
Antiga canteira Honoré.

A conca de Marsella, que se abre cumpridamente ao mar cara ao oeste, atópase bordeada de outeiros: ao norte co Macizo de l'Étoile e Nerthe, ao leste co Macizo de Sainte-Baume e ao sur con Carpiagne e o Macizo de Marseilleveyre. Desta vasta depresión emerxe un afloramento de pedra calcaria urgoniana —da era barremiense, unha etapa do período Cretáceo- cunha altura de 162 m.s.n.m., en cuxo cume se alza a basílica de Notre-Dáme de la Garde.[3]

Neste outeiro había unha canteira desde 1905, despois da construción da basílica, que explotou Mr. Honoré e funcionou até 1946. Estímase que durante este período extraeuse un volume de 800 000 m³.[4] No outeiro, que se estendía de forma continua para o sur, para as zonas altas do distrito Gratte-Semelle, iniciouse a rúa du Bois-sacré por unha gran trincheira, estreita e longa, que xa tiña o outeiro como consecuencia da explotación da canteira. Este cantil artificial é obxecto dunha vixilancia importante, con visitas regulares, medición de pequenos movementos e obras preventivas para evitar deslizamentos e desprendemento de rochas.[5]

Debido á súa localización á beira da costa e á súa elevación, o outeiro de la Garde foi nos tempos da navegación por estima, ou sexa, sen instrumentos, un punto de observación e de referencia fixo e identificable sen posibilidade de erro e foi utilizado pola navegación marítima e defensiva, polo que se supón que estivo ocupado durante moito tempo como posto de observación e torre de vixilancia. En 1302, Carlos II de Nápoles ordenou, a fin de garantir os sinais ao longo da costa mediterránea da Provenza, incluír entre eses puntos o da cima de Notre-Dame de la Garde.[6]

O condestable de Borbón Francisco I mandou construír un forte en 1524 que, xunto ao castelo de If, representaba unha defensa marítima da que, até ese ano, carecía a cidade. Sobre ese forte defensivo alzouse a basílica e aínda se pode ver unha píntega sobre o pórtico norte que era o emblema do rei. Desta forma, o alto de la Garde tivo tres tipos de edificacións e funcións diferentes: un lugar de vixilancia, unha obra militar e un lugar de peregrinación.[7]

Unha primeira construción

[editar | editar a fonte]
A Paixón de Cristo diante da Basílica.

En 1214 ocorréuselle a un sacerdote de Marsella, o pai Pierre, a idea de construír no outeiro de la Garde unha capela adicada á Virxe María. Este cerro pertencía á abadía de San Vítor polo que Pierre tivo que pedir permiso ao abade para comezar os traballos.[8] O abade concedeulle a autorización para plantar vides, cultivar un xardín e construír unha capela. Catro anos máis tarde concluíron as obras, dato que se coñece polo feito de que na súa bula do 18 de xuño de 1218, na que se enumeraban as posesións da abadía, o papa Honorio III cita «A Notre-Dame de la Garde» como unha desas posesións.[9]

Despois da morte do pai Pierre en 1256, a entón capela de Notre-Dame de la Garde constituíuse en priorado. O prior do Santuario de la Garde era un dos catro priores monásticos de Saint-Victor.[10] Desde a fundación da capela, as doazóns, que se coñecían grazas aos testamentos, facíanse a favor de Notre-Dáme de la Garde. Demostraban unha gran devoción popular que se desenvolveu durante os seguintes séculos. De feito, os mariñeiros que escaparan dalgún naufraxio ían facer a súa acción de grazas e deixar algunha peza votiva no altar da nosa Señora do Mar que se atopaba na basílica de Notre-Dame de la Garde; esta práctica seguiuse facendo até o final do século XVI.[11]

Esta primeira capela foi substituída a principios do século  por un edificio máis grande, que incluía unha capela ricamente dotada, dedicada ao arcanxo San Gabriel. [12]

Praza forte e lugar de culto entre os séculos XVI e XVIII

[editar | editar a fonte]

Visita de Francisco I

[editar | editar a fonte]
Murallas da antiga fortaleza.
Escudo de Francisco I.

O 3 de xaneiro de 1516, a nai de Francisco I Luísa de Savoia e a súa esposa, a raíña Claudia, filla de Lois XII, foron até o sur de Francia para atoparse alí co novo rei, aureolado pola súa vitoria en Marignano. O 7 de xaneiro de 1516 subiron até a ermida de Notre-Dame de la Garde e, uns días máis tarde, o 22 de xaneiro de 1516, Francisco I uniuse a elas e tamén visitou a capela.[13] Durante a visita, o rei deuse conta de que a cidade de Marsella non estaba ben defendida. A necesidade de fortalecer o sistema de defensa foi aínda máis evidente en 1524 despois do asedio á cidade polo condestable Carlos III de Borbón, que tiña acordos con Carlos I de España, e que case toman a cidade. Francisco I decidiu construír dous fortes: un na illa de If, que se converteu no famoso castelo de If, e outro na parte superior do outeiro de la Garde, onde estaba situada a capela.[14] Foi un exemplo de convivencia entre un forte militar e un santuario aberto ao público.[15] A construción do castelo de If foi moi rápida (finalizou en 1531), mentres que o forte de Notre-Dame de la Garde non se rematou até 1536, xusto a tempo para resistir a chegada das tropas de Carlos V. Para a construción da fortaleza utilizáronse pedras do cabo Couronne, nas Bocas do Ródano, e materiais recuperados da demolición de edificios situados fóra das murallas da cidade que poderían proporcionar refuxio ás tropas inimigas.[16] Entre os monumentos destruídos e cuxos materiais serviron para a construción da fortaleza hai que incluír, en particular, o convento dos Frères Mineures, onde enterraron a san Lois de Anjou, que posteriormente foi trasladado a un lugar próximo ás rúas Saint-Louis e Belsunce.[17] Desta fortaleza, de non moita importancia, que ten forma dun triángulo isóscele con dous lados que miden 75 metros e outro de 35 metros, permanece o esporón real aínda visible ao oeste da basílica.[18]

Por riba dunha porta aínda se pode ver, aínda que moi danado, o escudo de Francisco I, é dicir, as armas de Francia con tres flores de lis e unha píntega debaixo. Preto desta porta, á beira dereita, hai unha pedra redonda desgastada polo tempo onde se poden ver algúns vestixios dunha escultura que representa o cordeiro, símbolo de san Xoán, cunha bandeirola.[19]

Guerras de relixión

[editar | editar a fonte]
Charles de Casaulx
Vista superior de Marsella en 1572. En primeiro plano a fortaleza de Notre-Dame de la Garde.

En 1585, o xefe da Liga Católica na Provenza, Hubert de Garde de Vins, quixo tomar Marsella e aliouse con Louis de La Motte Dariès, segundo cónsul de Marsella. Na noite do 9 de abril de 1585 Dariès ocupou o cume do montículo de la Garde, desde onde se podía tomar a cidade baixo o acoso de lume de canón. O asalto resultou errado e tanto Dariès como o seu cómplice, Boniface, foron executados.[20]

En 1591, Carlos Manuel, duque de Savoia, quixo apoderarse da abadía de San Vítor, edificio fortificado cerca do porto e encargoullo a Pierre Bon, barón de Méolhon, gobernador de Notre-Dame de la Garde. Na noite do 16 de novembro de 1591, o barón apoderouse da abadía que foi reconquistada rapidamente polos partidarios de Charles de Casaulx, primeiro cónsul da cidade de Marsella.[21][22] En 1594, Charles de Casaulx quixo converterse en maestre da fortaleza de la Garde. Para iso enviou a dous sacerdotes, Trabuc e Cabot, para que celebrasen a misa na capela. Despois da celebración, Trabuc, que levaba unha coiraza baixo a sotana, matou o capitán da fortaleza, Charles Casaulx puido tomar posesión da fortaleza e nomeou gobernador ao seu fillo Fabio.[23] En 1595 construíuse un muro defensivo en forma de W na parte baixa da fortaleza. É aínda visible e alí construíuse recentemente un aparcadoiro no ángulo entrante do muro.[24]

Tralo asasinato de Charles de Casaulx o 17 de febreiro de 1596 a mans Pierre de Libertat, Fabio foi expulsado da fortaleza polos seus propios soldados.[25]

Última visita real

[editar | editar a fonte]
Procesión despois do Corpus Christi, século XVIII.

Durante a súa estancia en Marsella, o rei Lois XIII foi a cabalo, a pesar da choiva, a Notre-Dame de la Garde o 9 de novembro de 1622. Foi recibido polo gobernador da fortaleza, Antoine Boyer, señor de Bandol.[26] Á morte deste último, o 29 de xuño de 1642, o escritor Georges de Scudéry foi nomeado gobernador. Tomou posesión do seu cargo en decembro de 1644, acompañado pola súa irmán Madeleine de Scudéry, muller de letras, que deixou nos seus escritos moitas descricións da localización, a contorna e das diferentes celebracións ou cerimonias como a seguinte:

Vendredi passé, qui était le lendemain de la fête Dieu, vous eussiez vu la citadelle banderolée des pieds à la tête d’une dizaine de drapeaux et, en branle, les cloches de notre clocheton, et une admirable procession rentrant au château. La statue de Notre-Dame de la Garde tenant, de son bras gauche, l’enfant nu et, de sa main droite, un bouquet de fleurs, était portée par huit pénitents déchaussés et voilés comme des fantômes.
O venres, no día seguinte da festa do Corpus, veríades a cidadela adornada dos pes á cabeza, cunha decena de bandeiras e, en movemento, as campás do noso pequeno campanario e unha admirable procesión entrando no castelo. A imaxe da Notre-Dame de la Garde suxeitando co brazo esquerdo o Neno espido, e na súa man dereita, un ramo de flores, era levada por oito penitentes descalzos e co rostro cuberto como fantasmas.
Madeleine de Scudéry[27]

Georges de Scudéry desdeñou residir no forte e preferiu facelo na Place de Lenche, barrio aristocrático da época. A garda da fortaleza confiouse a un modesto sarxento chamado Nicolas.[28]

O único evento significativo que sucedeu baixo o goberno de Scudéry foi o «caso Caze» en 1650. Durante a Sublevación da Fronda, o gobernador da Provenza, o conde de Alais, opúxose ao Parlamento da Provenza e quixo reprimir a revolta marsellesa. Tendo en conta que o forte de la Garde era unha posición desexable, subornou ao sarxento Nicolas o 1 de agosto de 1650 e instalou no forte a un dos seus partidarios, David Caze. Quería apoiar un ataque que debía ser feito con galeras procedentes de Toulon, cidade que lle foi fiel.[29] Os cónsules de Marsella responderon á ameaza e David Caze viuse obrigado a abandonar o forte.[30]

No século XVIII

[editar | editar a fonte]

En 1701 os duques de Borgoña e de Berry, este último neto de Lois XIV, subiron á basílica. Vauban, que sucedeu a Clerville, o construtor do forte de San Nicolás en Marsella, estudou a posibilidade de reforzar aínda máis a defensa desta cidade. O 11 de abril de 1701 presentou un grandioso proxecto que consideraba a construción dun gran recinto que unise o forte Saint-Nicolas co de Notre-Dame de la Garde e continuaría até a chaira de Saint-Michel, na actualidade praza Jean Jaurès, para chegar ata o peirao de Arenc. Este proxecto nunca se levou a cabo.[31]

Durante a epidemia de peste que afectou a Marsella en 1720, o bispo Enrique de Belsunce subiu tres veces andando a Notre-Dame de la Garde: o 28 de setembro de 1720, o 8 de decembro de 1720 e o 13 de agosto de 1721, co fin de bendicir a xente da cidade.[32]

Período Revolucionario

[editar | editar a fonte]

O peche da capela

[editar | editar a fonte]

O 30 de abril de 1790 os patriotas invadiron o forte e baixo o pretexto de asistir a unha misa na capela, cruzaron a ponte levadiza, utilizando unha estratexia similar á adoptada polos partidarios da liga en 1594.[33] O 7 de xuño de 1792, domingo, a gran procesión tradicional que se organizaba ese día foi boicoteada polos manifestantes. Durante a viaxe de regreso ao santuario, á estatua da Virxe puxéronlle unha bufanda tricolor e o Neno Xesús viña tocado co gorro frixio.[33]

O 23 de novembro de 1793 tivéronse que abandonar os edificios relixiosos e cesou o culto. O 13 de marzo de 1794 levouse a estatua en prata da Virxe, esculpida en 1661, para fundila na Casa da Moeda de Marsella[33] que estaba no número 22 da rúa Tapis Vert, no antigo convento dos Pais da Misericordia.[34]

Unha prisión para príncipes

[editar | editar a fonte]

En abril de 1793, o duque de Orleáns Philippe Égalité, os seus dous fillos, o duque de Montpensier e o duque de Beaujolais, a súa irmá Louise, duquesa de Borbón, e o príncipe de Conti foron encarcerados aquí unhas semanas antes do seu traslado a Fort Saint-Jean. A pesar da falta de confort de que dispuñan as antigas estancias do gobernador, os presos tiñan a vantaxe de gozar do panorama. Cada día a duquesa de Borbón, despois de asistir a misa, facía unha parada no socalco da fortaleza e a miúdo permanecía dúas horas meditando. A princesa, que pintaba moi ben, deixou un debuxo a lapis que mostra unha vista de Marsella desde esta basílica.[35]

Un home providencial: Escaramagne

[editar | editar a fonte]
Virxe do ramo.

A última poxa de obxectos pertencentes ao santuario tivo lugar o 10 de abril de 1795. A capela converteuse en patrimonio nacional e José Escaramagne alugouna. O veterano capitán de navío, que vivía preto da praza Colonel-Edon, tiña unha profunda devoción á Virxe. Trala continuación do culto nalgunhas parroquias, escribiu en setembro de 1800 ao ministro da Guerra, Lazare Carnot, para que permitise a reapertura do santuario, pero o prefecto Charles Delacroix, consultado polo ministro da Guerra, deu unha opinión desfavorable.[36] Non foi até o 4 de abril de 1807 cando se concedeu o permiso para abrir a capela ao culto e celebrar actos relixiosos.[37]

Escaramagne comprou nunha poxa unha estatua da Virxe e o neno do século XVIII que proviña dun convento relixioso de Picpus, que estaba cerca do Palacio de Xustiza, demolido durante a Revolución. Ofreceu esta estatua a Notre-Dame de la Garde. O cetro que sostiña foi substituído por un ramo de flores; de aí o nome da estatua da «Virxe do ramo». Mentres se procuraba espazo para a nova estatua de prata realizada en 1837, foi confiada á Cartuxa de Montrieux, para volver ao santuario en 1979. Esta estatua da «Virxe do ramo» atópase actualmente exposta no altar da cripta.[38]

Rexurdimento do santuario

[editar | editar a fonte]

O 4 de abril de 1807, a capela de Notre-Dame de la Garde reabriuse ó culto. Ese día levouse en procesión a estatua que mercou Escaramagne ó santuario desde a catedral de Marsella.[39] A tradicional procesión do Corpus reanudouse en 1814. Julie Pellizzone mencionou este evento no seu diario:

Le dimanche 12 juin 1814, jour de la fête Dieu, les canonniers de la garde urbaine sont allés de grand matin, ainsi que les pénitents blancs, chercher Notre-Dame de la Garde pour l'amener en ville, suivant l'antique usage. Elle a été saluée par plusieurs coups de canon. On a dit la messe, ensuite elle s'est mise en route pour venir chez nous, portée par les pénitents qui avaient leur capuchon couvrant la figure, chose qui n'avait pas eu lieu depuis la Révolution.
O domingo 12 de xuño de 1814, «día da festa de Deus», —domingo — os artilleiros da garda urbana saíron moi cedo xunto ós penitentes para buscar a Notre-Dame de la Garde e levala á cidade, de acordo co antigo costume. A Virxe foi moi ben recibida cunha gran salva de canonazos. Escoitamos a misa e despois marchou para a casa, levada polos penitentes que levaban un capuchón que lles cubría a cara, algo que non ocorrera desde a Revolución.
Souvenirs (1995), de Jujie Pellizzone[40]

Ampliación da capela

[editar | editar a fonte]

Durante este período de ampliación, o forte non experimentou modificacións e a capela foi cada vez máis frecuentada. Este aumento foi tal que houbo que ampliar a capela en 1833, cunha segunda nave, pasando dos 150 m² orixinais a unha área total duns 250 m². O bispo de Marsella, Fortuné de Mazenod, bendixo a capela en 1834.[41]

Visitantes distinguidos

[editar | editar a fonte]

A duquesa de Berry, que escapou dun naufraxio cando regresaba de Nápoles, subiu á basílica o 14 de xuño de 1816 e depositou unha figura de prata como ofrenda votiva. Esta estatua fundiuse algúns anos máis tarde.[42] A duquesa de Angulema, filla de Lois XVI, tamén subiu a Notre-Dame de la Garde o 15 de maio de 1823, día dun vento mistral moi forte. A pesar diso, a duquesa quixo permanecer no socalco para gozar da beleza da paisaxe.[43]

En 1838 a Virxe de la Garde tivo outro visitante distinguido: Chateaubriand.[44]

Nova estatua de prata

[editar | editar a fonte]
Virxe de prata no andar superior.

Grazas a unha doazón de 3000 francos feita pola duquesa de Orleáns durante a súa visita a Marsella en 1823 e varias ofrendas máis, púidose modelar unha nova imaxe da Virxe que substituíu a que fora fundida durante a Revolución francesa. En 1829 consultouse o ourive Jean-Baptiste Chanuel, artista marsellés instalado na cours des Dominicaines, para ver se podería facer esta estatua a partir dun modelo creado polo escultor Jean-Pierre Cortot. Despois de cinco anos de traballo (1829-1834), o ourive marsellés rematouna mediante un proceso moi delicado de repuxado a martelo. O 2 de xullo de 1837 a estatua foi bendicida polo bispo Fortuné de Mazenod na cours Belsunce para logo levala á cima do outeiro de la Garde. Substituíu a estatua da «Virxe do ramo», que se doou á Cartuxa de Montrieux. Esta estatua volveu á cripta en 1979.[45]

As dúas estatuas da Virxe, a do ramo e a de prata, son pois, anteriores á basílica na que están expostas, xa que a primeira pedra desta púxose en 1850.[46]

Nova campá

[editar | editar a fonte]
Campá de Notre-Dame de la Garde.
Campá litografada en 1845.

Unha vez rematada a reconstrución da torre do campanario en 1843, púidose instalar a campá, encargada ao fundidor lionés Gédéon Morel, que se lle pagou mediante unha subscrición popular. Foi fundida o 11 de febreiro de 1845 e chegou a Marsella o 19 de setembro de 1845.[47] Levouse até a chaira de Saint Michel, que está na praza Jean-Jaurès, onde o bispo Eugène de Mazenod a bendixo o domingo 5 de outubro de 1845 e impúxolle o nome de «Marie Josephine».[48] O padriño foi André-Élisée Reynard como alcalde de Marsella, que ostentaba a condecoración da Lexión de Honra. A madriña foi a esposa do armador, Puget Wulfran, de solteira Canaple. Os seus nomes permanecen gravados na campá.[49]

O 7 de outubro a campá, que pesa 8234 kg, colocouse nun carro tirado por dezaseis cabalos e o traxecto de subida á basílica percorreu a plaine Saint-Michel, a rúa Thiers, a calzada Léon Gambetta, a rúa Tapis Vert, a cours Belsunce, a rúa Canebière, a rúa Paradis e a rúa de Pierre Puget. O convoi reforzouse máis adiante con dez cabalos, polo que o número deles ascendeu a vinte e seis. O 8 de outubro de 1845 empezou o ascenso ao outeiro e tivo que contarse coa axuda de tornos e cabrestantes. A ascensión prolongouse até o venres 10 de outubro, día de chegada á fortaleza, e colocouse no seu sitio o mércores 15 de outubro.[50] Con todo, os primeiros tañidos non se ouviron até o 8 de decembro festa da Inmaculada Concepción. Do mesmo xeito que as estatuas das virxes existentes dentro da basílica, é anterior á construción do edificio actual cuxa primeira pedra se colocou en 1850 tal como se sinalou máis arriba.[51]

As dimensións e características máis importantes son as seguintes: diámetro: 2,40 m; altura: 3,50 m; badalo: 300 kg; peso: 8234 kg.[52]

Nesta ocasión o poeta Joseph Autran compuxo un poema que remata da seguinte forma:

Chante, vaste bourdon ! chante, cloche bénie
Répands, répands à flots ta puissante harmonie ;
Verse sur la mer, sur les champs, sur les monts ;
Et surtout dès cette heure où ton hymne commence
Entonne dans les cieux un chant de joie immense
Pour la cité que nous aimons !
Canta, gran campá! Canta, bendita campá,
Esparce a túa poderosa harmonía
cara o mar, os campos, os montes;
e desde este momento, en que o teu himno comeza
entoa nos ceos un canto de inmensa ledicia
Para a cidade que amamos.

Construción da actual basílica

[editar | editar a fonte]

Negociacións co exército

[editar | editar a fonte]

O responsable da capela, o padre Jean-Antoine Bernard, pediu o 22 de xuño de 1850 ao Ministerio da Guerra un permiso para construír unha capela maior. O 22 de outubro de 1850, o mesmo día que abandonou as súas funcións ministeriais, o xeneral d'Hautpoul, ministro da Guerra, estimou que a solicitude era demasiado vaga e imprecisa e outorgou un acordo de principio pero convidou á Comisión a que presentase un proxecto máis preciso.[54] O 8 de abril de 1851 presentouse un novo proxecto para a construción dunha igrexa de dimensións máis grandes que as que tiña a zona dos edificios actuais existentes e que evitaba ter no futuro un uso militar.[55] Co apoio do xeneral Adolphe Niel, o Comité das Fortificacións emitiu un ditame favorable na reunión do 7 de xaneiro de 1852. O ministro da Guerra concedeu o permiso para construír unha nova capela o 5 de febreiro de 1852. Había sinal verde para comezar coa procura de financiamento e os estudos técnicos do proxecto.[56]

Espérandieu-Allar, arquitecto das obras.

O 1 de novembro de 1852 o bispo Eugène de Mazenod convidou aos fieis a realizar ofrendas para se facer cargo dos gastos do ambicioso proxecto. Encargáronse estudos a varios arquitectos. O directorio da capela reuniuse o 30 de decembro de 1852 en presenza do bispo Mazenod. O proxecto presentado por Leon Vaudoyer, que traballou na catedral de Marsella, era o único que presentaba un edificio de estilo románico bizantino, mentres que os demais eran de estilo gótico. Cada proxecto obtivo cinco votos, pero o voto do vigairo era predominante, polo que se adxudicou o proxecto a Vaudoyer aínda que os planos debuxounos un dos seus alumnos, Henri-Jacques Espérandieu, de só vinte e tres anos.[57]

O 23 de xuño de 1853 Espérandieu foi designado como arquitecto e puxo en marcha o proxecto. Aínda que era protestante, non parecía que a súa relixión fose unha das principais causas das dificultades atopadas pola comisión do santuario responsable da execución da obra. Aquela decidiu, sen consultar co arquitecto e sen previo concurso de licitación, non empezar os traballos, non para garantir a competencia senón para confiarllos directamente o 9 de agosto de 1853 a Pierre Berenger, contratista e arquitecto da igrexa de San Miguel, que propuxera el mesmo un proxecto neogótico e que era unha persoa moi próxima ao bispo Mazenod.[58] A comisión tamén decidiu imporlle a selección de artistas tales como o escultor Joseph Marius Ramus ou o pintor Karl Müller de Düsseldorf sen preocuparse de se as súas obras se adaptarían á arquitectura elixida. A elección de Karl Müller non foi aceptada, o que permitiu ao arquitecto decidirse por unha decoración de mosaicos.[59]

Unha edificación complicada

[editar | editar a fonte]

A colocación da primeira pedra polo bispo de Marsella, Eugène de Mazenod, tivo lugar o 11 de setembro de 1853. O traballo avanzaba con lentitude e gran dificultade debido a que os alicerces debían colocarse sobre unha rocha moi dura, razón que supuxo unha gran carga económica. En 1855 decidiuse levar a cabo unha lotaría autorizada polo goberno, que recadou menos do esperado. Os recursos financeiros eran insuficientes xa que a Comisión do Santuario decidira aumentar a extensión da cripta baixo o santuario de modo que, en lugar de ocupar só a superficie baixo o coro, se estendese baixo toda a capela superior. A pesar dun préstamo concedido mediante un aval sobre as propiedades privadas do bispo, os traballos tiveron que pararse durante dous anos, desde 1859 a 1861, ano da morte do bispo Mazenod.[60]

O novo bispo, Patrice Cruice, que chegou ao final de agosto de 1861, relanzou os traballos. A xenerosidade dos cidadáns de todas as relixións e condicións sociais —desde o emperador Napoleón III e a emperatriz Uxía de Montijo, que visitaron a Virxe de la Garde o 9 de setembro de 1860, até os máis modestos marselleses— permitiu a finalización das obras.[51]

A consagración do santuario tivo lugar o sábado 4 de xuño de 1864 polo cardeal Villecourt, membro da Curia Romana, con asistencia de corenta e tres bispos. En 1866 colocouse o mosaico do pavimento na igrexa superior e quedou rematado o campanario cadrado; o badalo instalouse en outubro do mesmo ano.[61]

Basílica de Notre-Dame de la Garde.

En 1867 construíuse no campanario de planta cadrada, un pedestal cilíndrico para servir de base á monumental estatua da Virxe. O financiamento da estatua levouse a cabo co apoio económico dos cidadáns de Marsella. Os bosquexos da estatua, feitos por tres artistas parisienses, Eugène-Louis Lequesne, Aimé Millet e Charles Gumery, foron revisados por un xurado composto polo arquitecto Espérandieu; Antoine Theodore Bernex, alcalde de Marsella; Jeanron, director da Escola de Belas Artes; Bontoux, profesor da Escola de Escultura, e Luce, presidente da Corte Civil e administrador do santuario de Notre-Dame de la Garde. O proxecto foille adxudicado a Lequesne.[62]

Virxe de la Garde, cúpula.

Por razóns de custo e peso, elixiuse o cobre como o material máis axeitado para facer a estatua. Empregouse para a súa realización un método novo para aqueles tempos: a galvanoplastia, «a arte de moldear sen a axuda de lume».[63] De acordo cun informe científico do 19 de novembro de 1866, o uso do cobre galvánico ofrece unha reprodución perfecta e unha solidez que non deixa nada que desexar sobre outros sistemas. Só Eugène Viollet-le-Duc pensaba que os produtos de galvanoplastia non resistirían moito tempo a atmosfera tan agresiva de Marsella.[64] Espérandieu mandou realizar a estatua en catro partes debido ás dificultades de ascenso ao outeiro e á parte superior da torre do campanario. Inseriu no centro da escultura unha gran barra de ferro, núcleo dunha escaleira de caracol cuxo eixo era dita barra, para acceder á cabeza da Virxe con vistas ao mantemento e a contemplación da paisaxe. A estatua é soportada por unha estrutura metálica que, ademais, consolida todas as súas partes, mesmo permite pór riostas á estrutura principal da torre. A construción da estatua fíxose nos obradoiros Christofle e rematou en agosto de 1869. Para que todo funcionase ben, foi preciso usar catro cubas electrolíticas, que contiñan 90 000 l dunha solución de sulfato de cobre; os moldes redondos estaban reforzados con gutapercha armada, cuxo peso era de 1500 kg.[64] As primeiras partes rematáronse cara ao 17 de maio de 1870 e a consagración fíxose o 24 de setembro de 1870, pero sen brillantez, xa que a derrota ante os exércitos prusianos aínda era lembrada polos asistentes.[65] A estatua estaba recuberta de folla de ouro e necesitáronse 500 g de ouro, que foron renovados por fases, en 1897, 1936, 1963 e 1989.[66] En marzo de 1871 formouse en Marsella, a instigación de Gaston Crémieux, a Comuna revolucionaria de Marsella. Axudados por Garibaldi os revolucionarios apoderáronse da Prefectura des Bouches-du-Rhône e fixeron prisioneiro ao prefecto. O 26 de marzo de 1871 o xeneral Henri Espivent de Villesboisnet repregouse para Aubagne, pero non comezou a reconquista da cidade até o tres de abril.[67] Os insurrectos, refuxiados na prefectura, estaban baixo o fogo das baterías instaladas no Forte de San Nicolás e nos altos da Basílica de Notre-Dame de la Garde. Os insurrectos rendéronse o 4 de abril e dicían que a Virxe cambiara de nome e que desde agora se chamaría «A Nosa Señora das Bombas».[68] Despois da morte de Espérandieu o 11 de setembro de 1874, encargouse a Antoine Henri Révoil a decoración interior da basílica, en particular a realización dos mosaicos. A construción dos mosaicos do altar principal e do presbiterio levouse a cabo en 1882. O 5 de xuño de 1884 produciuse un incendio que destruíu o altar e o mosaico do coro e quedou afectada a estatua de prata da Virxe. A estatua e os mosaicos restauráronse, así como o altar principal, que se reconstruíu segundo os planos de Révoil. O 26 de abril de 1886 o cardeal Lavigerie consagrou o novo altar.[69] En 1886 instaláronse no coro uns biombos feitos de madeira de nogueira e os últimos mosaicos das capelas laterais colocáronse nos seus sitios correspondentes durante o período que vai desde 1887 até 1892. En 1897 instaláronse as dúas portas de bronce da igrexa superior e o mosaico que a rodea por riba; a estatua da virxe volveuse dourar por primeira vez. A construción da basílica durou por tanto máis de corenta anos.[70]

Funicular

[editar | editar a fonte]
Ascensor visto desde a rúa du Dragon.
Mecanismo do ascensor.

En 1892 construíuse un funicular, coñecido como «o ascensor», para subir até a basílica sen esforzo. A estación inferior estaba no final da rúa du Dragon e a superior tiña acceso directo a unha pasarela lixeiramente ascendente que chegaba a unha terraza situada debaixo da basílica. Desde alí só había uns poucos chanzos para chegar ao nivel da cripta, a 162 metros de altura. O traballo durou dous anos.[71] O sistema do funicular consistía en dúas cabinas cuxo peso morto era de trece toneladas baleiras que circulaban por dúas vías paralelas equipadas con cremalleiras. O movemento producíase por un sistema chamado de «balancín de auga». Cada cabina, de dúas plantas, podía levar 50 pasaxeiros en total e dotouse a cada unha delas de tanques de auga de 12 m³.[72] As cabinas estaban conectadas entre si mediante un cable de sustentación; o tanque da cabina descendente estaba cheo de auga e o da cabina ascendente estaba baleiro. Este lastre aseguraba o bo funcionamento do sistema. A diferenza de nivel entre as dúas estacións era de 84 m.[73] A auga do tanque descendente, ao chegar á parte inferior despois de cada viaxe, bombeábase ao tanque da cabina situada na parte superior mediante un sinxelo sistema consistente nunha bomba accionada por vapor cunha potencia de 25 hp. A duración do traxecto era de dous minutos, pero o tempo necesario para transvasar a auga dun depósito a outro era de case dez minutos, o que obrigou a espazar as saídas, a pesar das longas colas que se formaban con frecuencia. Nun só día, o 15 de agosto de 1892, o número de pasaxeiros superou os 15 000.[74] A chegada da era do automóbil acabou co funicular. O 11 de setembro de 1967 ás 18:30, o funicular cesou todas as actividades por mor da súa falta de beneficios. Foi demolido tras transportar 20 millóns de pasaxeiros en 75 anos.[75]

Liberación

[editar | editar a fonte]
Placa conmemorativa no número 26A da rúa Jules Moulet.

O 24 de agosto de 1944, o xeneral Monsabert ordenou ao xeneral Sudre que tomase o outeiro de Notre-Dáme de la Garde, cuxas rochas estaban cheas de fortíns alemáns. As ordes foron categóricas: «Nin bombardeo aéreo, nin emprego masivo de artillaría. Esta rocha lendaria ten que ser asaltada pola infantaría apoiada por carros de combate».[76]

Sudre mandaba o primeiro batallón do Sétimo Rexemento de Infantaría alxerina, o segundo batallón do Terceiro Rexemento de Infantaría alxerina de fusileiros do comandante Valentin e unha parte da Primeira División Blindada. O ataque principal confiouse a Pichavant, tenente ao mando da primeira compañía do Sétimo Rexemento RTA. O 25 de agosto de 1944 ás 6:00 a.m. empezou o ataque pero as tropas avanzaban moi lentamente debido a que o fogo dos alemáns, que estaban atrincheirados no outeiro, obstaculizaba o avance dos soldados. Un axente das Forzas Francesas do Interior, Pierre Chaix-Bryan, coñecía o barrio perfectamente e sabía que no n.º 26 A da rúa Cherchel, actualmente rúa Jules Moulet, había un corredor que permitía cruzar o edificio e chegar a unha escaleira descoñecida para os alemáns. Actualmente hai unha placa que lembra este feito. Os fusileros alxerinos percorreron as escaleiras e chegaron, ás ordes do tenente Roger Audibert, á chaira de Cherchell. Outros soldados subiron as escaleiras de acceso a Notre-Dáme que partían do bulevar do mesmo nome. Os atacantes da cara norte estaban baixo o fogo que proviña das casamatas e tamén pola batería de canóns do Forte de San Nicolás. O apoio dos carros blindados de combate foi indispensable.[77]

Carro de combate Jeanne d'Arc.

A primeiras horas da tarde do 25 de agosto de 1944, os carros de combate do Segundo Rexemento de Coraceiros da Primeira División Blindada asaltaban á vez o outeiro desde o bulevar Gazzino, actualmente rúa André-Aune e polo ascenso dos Oblatos. O carro de combate Jeanne d'Arc foi alcanzado de pleno e detívose na praza do Coronel Eddon; os seus tres tripulantes morreron. O tanque segue exposto ao público na actualidade. Un segundo carro de combate, o Jourdan, pasou sobre unha mina pero, protexido por un afloramento rochoso, puido continuar disparando, o cal tivo un efecto decisivo no devir da batalla. Un suboficial alemán especialista en lanzachamas foi abatido por estes disparos e un novo soldado alemán inexperto activou o lanzachamas prematuramente e o seu lume foi ineficaz, pero, involuntariamente identificou a localización das baterías alemás.[77]

Rastros de impactos de metralla.

Os dous días seguintes, os alemáns, aínda presentes en varios lugares en Marsella, dispararon gran cantidade de obuses sobre a basílica xa que estaba en mans dos «Tiradores Alxerinos». Foi alcanzada na súa base por varios obuses polo que o campanario case se derrubou. Nalgunhas das paredes exteriores da basílica aínda hai algúns impactos de metralla.[78]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Os diferentes elementos decorativos da basílica son a principal característica dela. Dentro da igrexa a diferenza márcaa o emprego dos diferentes mármores de cores, especialmente o vermello de Brignoles e o branco de Carrara nas columnas. Este mesmo contraste está presente nas arcadas mediante a utilización do estuco branco e verde. Doutra banda, a policromía obtida mediante o uso destas cores e os dos mosaicos dan á basílica un carácter e aspecto alegres.[79]

O acceso ao edificio realízase a través dunha ponte de 35 m de ancho que conduce a unha ponte levadiza que aínda se segue levantando ás noites.[80] O edificio pódese ver como unha sucesión de volumes: adro e campanario, nave con capelas laterais, transepto, cúpula, presbiterio, coro e ábsida.[81]

Campanario

[editar | editar a fonte]

A torre, cunha altura de 41 m, de poderosa planta cadrada situada sobre o pórtico de entrada, ten dous pisos idénticos con cinco arcos que serven de xanelas a uns pequenos balcóns. O conxunto está rematado por unha espadana; cada cara ten tres grandes conxuntos de xanelas con columnas de granito vermello situadas detrás dos amortecedores de sons. O campanario alberga a campá e remata cunha plataforma rodeada por unha balaustrada de pedra coas armas da cidade no centro de cada lado e a estatua dun anxo tocando unha trompeta en cada esquina. Estas catro estatuas foron esculpidas por Lequesne. Sobre o socalco da torre elévase un campanario cilíndrico cunha altura de 12,5 m con dezaseis columnas de granito vermello sobre as que está apoiada a monumental estatua da Virxe de 11,2 m.[82]

Encostada á fachada sur da torre hai unha escaleira octogonal que conduce ao socalco e ao interior da torre do campanario e a estatua. Este acceso está prohibido ao público. O soportal de entrada dá acceso á igrexa superior pasando por unhas portas dobres de bronce deseñadas por Henri Révoil. Cada unha está decorada con tres paneis superpostos e o central leva o monograma da Virxe, encadrado por un círculo que representa as contas do rosario. O tímpano da porta principal está decorado cun mosaico que representa a Asunción da Virxe, inspirado nunha pintura de Faivre-Duffer.[82]

Fachadas laterais

[editar | editar a fonte]

O corredor da nave central divídese en tres partes iguais e no seu centro hai xanelas para iluminar cada capela lateral. Os alicerces e os arcos son de pedra e están dovelados con cores verde e branco alternados. Hai unha especie de respiradoiros que están colocados a nivel de chan para dar unha certa luminosidade ás capelas subterráneas da cripta. A nave central está máis elevada respecto das capelas laterais, con óculos xemelgos para iluminar os tres casquetes esféricos da nave. Estes óculos non son visibles desde o socalco.[82]

Transepto, cúpula e ábsida

[editar | editar a fonte]

O transepto está iluminado por dúas xanelas xemelgas orientadas ao leste e ao oeste coroadas por un rosetón. Sobre o seu eixo elévase unha cúpula de 9 metros de diámetro. Esta cúpula de planta octogonal componse de trinta e dous triángulos cuxo vértice superior é moi agudo; na intersección de todos eles erixiuse unha cruz. Cada cara do octógono ten unha xanela e cada unha delas está flanqueada por dúas columnas de granito vermello e a súa parte superior é un arco de medio punto que está rematado por un frontón triangular. A ábsida é semicircular e está decorada con cinco arcadas cegas, bordeadas cada unha por dúas columnas de granito vermello. A construción posterior das dependencias da sancristía oculta parte da ábsida.[82]

Resulta moi notable o contraste entre a sobriedade da cripta e a suntuosidade da igrexa superior. A cripta, de pouca altura, ten unha luz escasa, tenue e carece de decoración mentres que a parte superior está iluminada por óculos e a igrexa está ricamente decorada con mármores policromados e luxosos mosaicos.[82]

A cripta.

No adro de entrada, situado debaixo da torre, hai dúas estatuas de mármore do bispo Mazenod e do papa Pío IX, esculpidas por Ramus. Nesta sala hai dúas escaleiras a ambos os dous lados da entrada que conducen á igrexa superior. A cripta, completamente románica, consiste nunha nave abovedada aberta rodeada por seis capelas laterais que coinciden exactamente coas da igrexa superior. O altar é de pedra de golfalina. Detrás do altar atópase a estatua da Virxe co ramo. Nun lado de cada capela colocáronse placas cos nomes dos doantes individuais que responderon á chamada do bispo Cruice. Ditos altares laterais están dedicados a santa Filomena, santo Andrés, santa Rosa, Henrique II o santo, san Lois e san Benito Labre, que inspirou a conversión de Paul Verlaine. Nas dúas capelas do fondo, a dereita e esquerda, hai dúas escaleiras que conducen á sancristía, ás galerías do coro e ao altar maior da igrexa superior; estas escaleiras non son accesibles ao público.[83]

Igrexa superior

[editar | editar a fonte]

As dimensións internas da igrexa superior son máis ben modestas. A nave ten unha lonxitude de 32,7 m e unha anchura de 14 m. Cada capela lateral mide 3,8 m por 5,4 m. Na igrexa superior é onde triunfa a policromía con mosaicos suntuosos, columnas de mármore e alicerces alternando as cores vermella e branca. Se para o branco se impuña o mármore de Carrara, o contraste co vermello requirido representaba unha elección moi delicada. O arquitecto Espérandieu quería un vermello matizado para que harmonizase cos mosaicos, e non se conformaba co mármore branco de Carrara. O marmorista Jules Cantini descubriu nun lugar chamado «as pedras belas», na comuna de La Celle, preto de Brignoles, un xacemento de mármore vermello sarapintado de amarelo e branco que, coidadosamente puimentado, satisfixo á perfección as condicións requiridas. A parte superior é de estuco a modo de mármore reconstituído, que foi a solución adaptada.[84]

A área cuberta polos mosaicos de teitos e paredes e da área estrutural é de aproximadamente 1200 m². Realizáronse entre 1886 e 1892 pola empresa Mora con sede en Nîmes. As teselas, chegadas de Venecia, foron fabricadas por artesáns excepcionalmente experimentados. Cada panel contén case 10 000 unidades/m², o que representou para a basílica preto de 12 millóns de pequenas teselas de un por dous centímetros cadrados. Estes mosaicos son un conxunto excepcional pola complexidade das súas decoracións feitas por arquitectos e pintores de renome e a calidade das teselas. A área cuberta polos pavimentos é de aproximadamente 380 m² con mosaicos romanos de deseño xeométrico.[84]

Tapizada de mosaicos, a nave irradia un ambiente sobrenatural tinguido de orientalismo. Cóbrese con tres cúpulas decoradas con mosaicos feitos da mesma maneira: sobre un tapiz de flores con figuras en forma de pombas situadas en círculo ao redor dun gran floreiro central. As cores das flores son diferentes para cada bóveda: a primeira de branco e azul, e vermello para a segunda e a terceira. Nas catro esquinas, nas unións da bóveda cos alicerces hai uns medallóns con figuras que representan pasaxes do Antigo Testamento evocando prefiguracións de María. Obsérvanse nos medallóns catro citas, dúas en grego e dúas en latín. A tradución das inscricións é:[85]

«Arca que garda o xerme da segunda creación», «Arco da vella cuxo froito é a memoria do pacto do Señor», «A escaleira de Xacob, porque é símbolo da nosa ascensión», «Silva ardendo por un lume espiritual».
«Lei da graza, novamente inscrita, na que se nos revela o que agrada a Deus», «Vara florida de Aarón, María, que deu a luz a Cristo, o verdadeiro pai», «Cristo, verdadeiro candelabro con sete luces, iluminados por un lume inalcanzable», «Nai do incensario fumeante, soberana dos Anxos.»
  • Terceira cúpula: Uva de vide, lirio entre espiñas, póla de oliveira con follas de prata e palmeira. A tradución das inscricións é:
«Viño místico que recibiu o acio da uva da inmortalidade», «Nado da semente espiñenta dos xudeus, resplandecente con pureza virxinal», «Na oliveira, o Espírito trouxo un sinal desde arriba, anunciando a paz», «Nai nodriza como unha palmeira florecente e portadora dos seus froitos.»[85]
Transepto
[editar | editar a fonte]

As partes baixas dos dous transeptos teñen mosaicos inspirados nos que hai en Rávena no mausoleo da emperatriz romana Gala Placidia. Na bóveda do cruceiro esquerdo do coro hai tres escudos de armas: o do papa Pío IX, o de Charles Place, Bispo de Marsella, e o da Basílica de Notre-Dame de la Garde. Na bóveda do transepto dereito do coro, hai tamén tres escudos de armas: o escudo do papa León XIII, o de Monseñor Louis Robert, Bispo de Marsella, e o da cidade de Marsella.[85]

As cabeceiras das arcadas, sobre a ábsida, teñen un mosaico que representa a Anunciación que o anxo fixo a María; á dereita o arcanxo Gabriel que, enviado por Deus, díxolle a María: «Velaquí, que concibirás no teu seo e darás a luz un fillo e poraslle por nome Xesús». Á esquerda a Virxe María dá o seu asentimento.[86]

O altar deseñado por Révoil e realizado por Jules Cantini entre 1882 e 1886 é de mármore branco cunha base de cinco arcos en bronce dourado descansando sobre pequenas columnas de lapislázuli cunha decoración de mosaico. O tabernáculo está dourado, enmarcado por dúas columnas e dous paneis de mosaicos que representan a dúas pombas bebendo dun cáliz. Detrás do altar atópase unha columna de mármore vermella soportando un capitel de ourivaría sobre o cal está apoiada a estatua da Virxe executada en prata repuxada a cicel polo ourive marsellés Chanuel.[87]

O mosaico da base inferior da ábsida representa nun medallón central unha nave en mares axitados. Na vela do navío atópase unha imaxe da Virxe e, no ceo, unha estrela cunha A e unha M entrelazadas (Ave María: Deus te salve María). Este medallón está colocado no centro dunha decoración suntuosa que representa unha gran follaxe e trinta e dous paxaros. Pódese identificar o pavo real, o papagaio, a bubela, o papoazul, a garza, o xílgaro, etc. Este mosaico ten nove medallóns unidos por ramas de follaxe que conteñen as ladaíñas da Virxe.[88]

Capelas laterais
[editar | editar a fonte]

Cada capela lateral está adicada a un santo. Vense segundo se vai ao coro:

Os altares das seis capelas son semellantes. Sobre o pé de cada un figura a insignia do santo titular da capela. Jules Cantini construíu os altares, deseñados por Henri Révoil; tamén fixo a estatua de san Pedro e doouna ao santuario.[90]

O teito de cada unha destas capelas está decorado cun mosaico. Nun lado está o nome e o brasón da persoa que proporcionou o financiamento para a súa construción e no outro un símbolo do santo a quen está dedicada a capela.[89] Así pois atópanse os seguintes motivos:

  • Escudo cardinalicio de san Carlos Borromeo; doantes: Sr. e Sra J. Gondran (1892);
  • Tumba de Lázaro aberta; doante: Sra. Edmond Loce, de solteira Lavre Loce (1891);
  • Flor de Lis de san Xosé; doante: o conde Pierre Pastre (1890);
  • Concha de Santiago e zurrón lembrando que san Roque tamén era un peregrino; Sr. e Sra Aimé Pastré e os seus fillos Joseph e Emmanuel (1887);
  • Frasco de perfume de santa María Magdalena; doante: Sra. Augustin Fabre e fillo (1891);
  • Chaves do paraíso de san Pedro; doantes: conde e condesa Pastré (1889).[90]

Restauración (2001-2008)

[editar | editar a fonte]

As fachadas envelleceron considerablemente e os mosaicos interiores non se conservaron correctamente despois da guerra polo que houbo que facer importantes obras de restauración que se levaron a cabo entre os anos 2001 e 2008.[91]

Renovación exterior

[editar | editar a fonte]

Mentres que a maioría das pedras usadas demostraron ser moi resistentes co tempo, non foi así coa pedra verde chamada golfalina. Esta pedra deteriorouse rapidamente como resultado da contaminación industrial, en particular polas calefaccións de carbón. Erosionouse até unha profundidade de 3-5 cm.[92] A canteira de onde se extraeu a pedra, preto de Florencia, pechara tempo atrás pero atopouse outro lugar nun viñedo preto de Chianti onde se extraeron 150 m³ de golfalina. As pedras defectuosas substituíronse por pedras idénticas pero tratadas superficialmente para resistir á contaminación.[93]

Tamén causaran desfeitas nas pedras algúns reforzos metálicos oxidados. Dúas armaduras tiñan un problema particular: a que rodea a parte superior da cámara da campá, cuxa misión é fortalecer esta zona durante o seu abalo, e a que rodea a parte superior da torre do campanario sobre a que descansa a estatua monumental. Algunhas armaduras protexéronse mediante un tratamento catódico e noutras substituíuse a materia metálica en mal estado por aceiro inoxidable.[93]

Restauración interior

[editar | editar a fonte]

A restauración dos mosaicos confiouse ao artista marsellés Michel Patrizio cuxos traballadores se formaron na escola de mosaicos de Spilimbergo, ao norte de Venecia, na difícil técnica de mosaico que se perpetuou en Friuli. As teselas, que son os pequenos elementos que forman o mosaico, proporcionounas o obradoiro Orsoni de Venecia tal e como orixinalmente eran. A parte máis danada era a cúpula máis próxima ao coro, xa que foi necesario cambiar todos os mosaicos dourados. Algunhas partes dos mosaicos, que ameazaban con despegarse, consolidáronse mediante inxeccións de resina.[84]

O sistema de iluminación mellorouse substancialmente en 2007 o que achegou máis esplendor aos mosaicos. O sistema de iluminación está en proceso de modernización mediante a instalación de luminarias tipo led, de moi baixo consumo.[94]

Escritura

[editar | editar a fonte]

Moitos escritores describiron a famosa basílica. Pódense destacar as seguintes citas:

Celle qui préside aux routes de la mer

celle qui brille au-dessus des flots et du soleil
la géante debout au fond des heures bleues
la haute habitante d’or d’un long pays blanc

Pallas chrétienne des gaules.
A que preside as rutas do mar

a que brilla por riba das ondas e do sol
a inmensa en pé sobre o fondo de horas azuis
a máxima habitante de ouro dun gran país branco

Pallas cristiá das Galias.
Voici que la vraie bonne mère, la seule, celle qui trône en manteau d’or raide de perles et de rubis, sous le dôme de Notre-Dame de la Garde, coupe de dur lapis incrustée de diamants au lieu d’étoiles, daigna se fâcher contre moi».
Aquí está a verdadeira boa nai, a única, a que reina con manto de ouro liso engarzado de perlas e rubís, baixo a cúpula de Notre-Dame de la Garde, corte de duro lapislázuli incrustado de diamantes en lugar de estrelas, dignouse a anoxarse contra min.


Je me hâtai de monter à Notre-Dame de la Garde, pour admirer la mer que bordent avec leurs ruines les côtes riantes de tous les pays fameux de l’Antiquité.
Apresureime a subir a Notre-Dame de la Garde para admirar o mar que bordea, coas súas ruínas, as costas riseiras de todos os países famosos da antigüidade.
C’est elle qu’on voit de la mer, première et dernière sur son sommet tout de lumière ourlé de bleu, dominant sa Provence grecque qui sait ou ne sait plus qu’elle l’est, mais le reste. Qui manquera, croyant ou non, de monter à la Bonne Mère.
Ela é a que se ve desde o mar, a primeira e a última sobre o seu cume luminoso bordeada de azul, dominando a rexión da súa Provenza grega que sabe ou que xa non sabe o que ela é, pero segue sendo. Quen non deixará de subir ata a Boa Nai, for ou non crente?
Et la haut sur la montagne, la bonne Vierge, la Bonne Mère regardait cette foule, présidait aux trafics des fausses cartes d’identité, au marché noir à ciel ouvert derrière la Bourse, à tous les attentats, à toutes les dénonciations, à tous les viols, la Bonne Mère de la Garde qui veille sur les marins qui sont à terre, - quant à ceux qui sont en mer, qu’ils se démerdent!.
E aló arriba sobre a montaña, a Virxe, a Boa Nai miraba esta multitude, presidía o tráfico ilegal de falsos carnés de identidade, o mercado negro a ceo aberto detrás da bolsa, todos os atentados, todas as denuncias, todas as violacións, a boa Nai de la Garde que coida todos os mariños que están en terra; os que están no mar, que se amañen!
Notre Dame de la Garde est un mât: elle oscille sur sa quille. Elle va prendre son vol, la basilique, avec la vierge qui lui sert de huppe.
Notre-Dame de la Garde é un mastro que oscila sobre a súa quilla. Ela vai a iniciar o seu voo, a basílica, coa Virxe no máis alto.
...ainsi la basilique juchée sur la colline de la Garde, et la statue de cuivre dorée qu’ils ont hissé sur la basilique. Là, une fois de plus, ce style qui veut être à la vérité roman et byzantin, sans jamais réussir à être un style : ni la force du roman, ni la science byzantine.
..deste modo, a basílica empolicada sobre o outeiro de la Garde e a estatua de cobre dourado que levantaron sobre a basílica. Alí, unha vez máis, este estilo que pretende ser verdadeiro románico e bizantino, non consegue ser un estilo: non posúe nin a forza do románico, nin a ciencia bizantina.

Os pintores da basílica

[editar | editar a fonte]
Puntillismo de Paul Signac: Porto de Marsella e Basílica.

Numerosos pintores representaron o porto de Marsella e, ao fondo, a basílica de Notre-Dame de la Garde. Paul Signac, que deu orixe ao puntillismo, realizou en 1905 con esta nova técnica unha pintura exposta no Museo Metropolitano de Arte de Nova York.[102]

Albert Marquet produciu varias obras sobre o tema, entre elas un óleo sobre lenzo pintado en 1916 titulado «Le cheval à Marseille». Esta pintura, exposta no Museo de Belas Artes de Bordeos, amosa un cabalo no peirao do porto sobre un fondo onde figura o outeiro de Notre-Dáme de la Garde. Outra máis, exposta no Museo de Arte Ohara de Kurashiki, chámase «Le port de Marseille dans la brume» na que a Basílica emerxe dunha bela paisaxe brumosa.[103][104] Charles Camoin tamén realizou varios cadros nos que se mostra a Notre-Dáme de la Garde como en «Le vieux port et Notre-Dáme de la Garde» pertencente a unha colección particular.[105]

Tamén realizou algunha obra Raoul Dufy como a pintada en 1908 titulada «Le port de Marseille».[106]

A Boa Nai

[editar | editar a fonte]

Notre-Dáme de la Garde é considerada polos cidadáns como a gardiá e protectora da cidade, de aí o seu nome común de «Bonne Mère», Boa Nai, e tamén polo seu nome popular de María (nai de Xesús).[107]

Capela de exvotos de San Pedro.

Toda a relixiosidade mediterránea maniféstase pola presenza de numerosas veas e ofrendas votivas ofrecidas á Virxe en agradecemento por unha graza espiritual ou temporal concedida e, tamén, para proclamar publicamente e lembrar que se recibiu esta graza. Un dos documentos máis antigos relativos a esta práctica é unha acta notarial de 11 de agosto de 1425 no que un tal Jean Aymar pagou cinco floríns pola compra de imaxes de cera para ofrecelas á Virxe en recoñecemento dun favor.[108] Durante unha viaxe ao sur de Francia que fixo Aubin Louis Millin de Grandmaison a principios do século, chamáronlle a atención os numerosos exvotos ofrecidos a Notre-Dame de la Garde: «O camiño cara ao oratorio é traballoso e difícil. A capela é pequena e estreita e en todas partes hai tributos da piedade dos navegantes: No teito colgan veleiros pequenos co seu aparello e teñen o seu nome na popa; son os que a nai de Cristo rescatou dun cruel naufraxio ou salvados da furia dos piratas e corsarios».[109]

As paredes das capelas laterais dos dous santuarios superpostos, a cripta e a igrexa superior, están recubertas nun primeiro nivel por laxas de mármore. As partes superiores das capelas laterais están ocupadas por exvotos pintados colocados en varios andeis superpostos. A maioría destes exvotos datan da segunda metade do século XIX porque os anteriores á Revolución desapareceron durante este período. As representacións máis numerosas son relativas a naufraxios e tormentas. Tamén se ven outras escenas moi diferentes: lume, accidente automobilístico ou ferroviario, enfermo na cama, etc. Tamén hai diversos exvotos relacionados co equipo local, o Olympique de Marsella, como camisetas doadas por xogadores e peticións en favor del.[110][111] O lugar é, de xeito evidente, insuficiente e as últimas placas votivas fixáronas ás paredes dos socalcos da basílica. Finalmente, a igrexa superior conserva moitas maquetas de barcos ou aeronaves recentemente restauradas e tradicionalmente colgadas das bóvedas do edificio.[112]

En 2013, o ano da capitalidade cultural europea de Marsella, a basílica de Notre-Dame de la Garde recibiu máis de 1 800 000 visitas incluídos os turistas.[113]

En 2015, tamén foi seleccionada en representación da rexión Provenza-Alpes-Costa Azul para participar na elección de «Le Monument préféré des Français», organizada polo programa de televisión francés do mesmo nome, presentado por Stéphane Bern e transmitido por France 2.[114] A votación dos internautas deixouna no 5º posto.

Panorama de Marsella desde a Basílica.
  1. "Unité départementale de l’architecture et du patrimoine des Bouches-du-Rhône". Ministerio de Cultura de Francia. 2015. Consultado o 5 de agosto de 2016. 
  2. "La Bonne Mère". 15 de decembro de 2014. Consultado o 22 de xullo de 2017. 
  3. Gouvernet; Guieu; Roussett (1972). Masson et Cie, ed. Guides géologiques régionaux. Marsella (en francés). Marsella: Masson. Consultado o 24 de maio de 2016. 
  4. Revista Marsella 2014, p. 65.
  5. Trigos 1989, p. 57.
  6. Arnaud d’Agnel 1923, p. 29.
  7. Oficce de Tourisme et des congrès de Marseille, ed. (2013). "Notre-Dame de la Garde". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  8. Levet 1994, p. 14-15.
  9. Arnaud 1923, p. 13.
  10. Chaillan 1931, p. 23-24.
  11. Colombiere 1885, p. 3.
  12. Hildesheimer 1985, p. 17.
  13. Levet 1994, p. 14.
  14. Levet 1994, p. 18-19.
  15. Levet 1994, p. 20.
  16. Levet 1994, p. 21.
  17. Guidon, Mary e F. (1845-1873). Histoire analytique et chronologique des actes et des délibérations du corps et du conseil de la municipalité de Marseille (en francés). Marsella: Barlatier Feissat. p. Vol 3; nota 1; páx. 335. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  18. Levet 1994, p. 22.
  19. Colombiere, p. 12.
  20. Kaiser 1991, p. 266.
  21. Kaiser 1991, p. 302.
  22. Levet 1994, p. 39.
  23. Arnaud 1923, p. 45.
  24. Levet 1994, p. 43.
  25. Levet 1994, p. 46.
  26. Levet 1994, p. 49.
  27. Bouyala 1961, p. 365.
  28. Cremieux 1917, p. 319.
  29. Cremieux 1917, p. 321.
  30. Levet 1994, p. 54.
  31. Levet 1994, p. 68-69.
  32. Levet 1994, p. 72.
  33. 33,0 33,1 33,2 Bouyala 1961, p. 367.
  34. Trigos 1989, p. 360.
  35. Samat, Jean-Baptiste (1993). "La détention des princes d'Orléans à Marseille (1793-1796)". Comité du Vieux Marseille. 59, terceiro trimestre: 174. 
  36. Levet 1994, p. 85-88.
  37. Levet 1994, p. 91.
  38. Levet 1994, p. 204.
  39. Levet 1994, p. 93.
  40. Pellizzone, Jujie (1995). Souvenirs. París: Indigo & Côté-femmes éditions, Publications de l’Université de Provence. p. tomo 1, 398 (1787-1815). ISBN 2-907883-93-3. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  41. Levet 1994, p. 102.
  42. Arnaud 1923, p. 225.
  43. Arnaud 1923, p. 368.
  44. Levet 1994, p. 106.
  45. Levet 1994, p. 104.
  46. Levet 1994, p. 152.
  47. Arnaud 1923, p. 120.
  48. Levet 1994, p. 109.
  49. Colombier 1885, p. 36.
  50. Arnaud 1923, p. 121.
  51. 51,0 51,1 Bouyala 1961, p. 369.
  52. Bouyala 1961, p. 370.
  53. Autran, Joseph (1950). Notre-Dame de la Garde (en francés). Lyon: Ediciones huecograbado Lescuyer M. & Son. p. 69. Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  54. Levet 1994, p. 113.
  55. Levet 1994, p. 114.
  56. Levet 1994, p. 116-119.
  57. Levet 1994, p. 120.
  58. Jasmin, Denise (2003). Henri Espérandieu, la truelle et la lyre (en francés). Arles, Marsella: Actes-Sud-Maupetit. p. 154. ISBN 2-7427-4411-8. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  59. Revue Marsella, ed. (xaneiro de 1997). "Revue Marsella" 179: 84. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  60. Levet 1994, p. 123.
  61. Levet 1994, p. 123-124.
  62. "Henry Espérandieu, architecte de Notre-Dame de la Garde". Edisud, Aix-en-Provence (Archives de Marseille): 32. 1997. ISBN 2-85744-926-7. 
  63. Aillaud, Georgeli, Georges, Yvon (2002). Marseille, 2600 ans de découvertes scientifiques, III – Découvreurs et découvertes. Aix-en-Provence: Publications de l'Université de Provence. pp. 13–14. ISBN 2-85399-504-6. Consultado o 6 de agosto de 2016. [Ligazón morta]
  64. 64,0 64,1 Aillaud 2002, p. 13-14.
  65. Arnaud 1923, p. 146-148.
  66. Bertrand, Tirone, Régis, Lucien (1991). Le guide de Marseille. Besançon: Ed. Fabricación. p. 242. ISBN 2-7377-0276-3. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  67. Amargier, Guiral, Paul, Pierre (1983). Histoire de Marseille. Marsella: Mazarine. p. 276. ISBN 978-2-86374-078-1. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  68. Levet 1994, p. 144.
  69. Levet 1994, p. 154.
  70. Notre-Dame de la Garde, ed. (2015). "La construction d’un nouveau sanctuaire (1853-1897)". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de agosto de 2016. 
  71. Levet 1994, p. 38.
  72. Gallocher 1989, p. 12-13.
  73. Levet 1992, p. 35.
  74. Levet 1992, p. 38.
  75. Levet 1992, p. 89.
  76. Contrucci, Jean; Duchêne, Rober (1994). Et Marseille fut libérée 23 août-28 août 1944. Marsella: Autres Temps. p. 65. ISBN 2-908805-42-1. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  77. 77,0 77,1 Contrucci, Jean; Duchêne, Rober (1994). Et Marseille fut libérée 23 août-28 août 1944. Marsella: Autres Temps. p. 671. ISBN 2-908805-42-1. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  78. Basílique Notre Dame de la Garde (2017). "Art e histoire". 1941 : l’évêché de Marseille devient propriétaire du haut de la colline. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  79. Basilique Notre Dame de la Garde, ed. (2017). "Une architecture de style Romano-Byzantin". Art et histoire. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2017. Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  80. Matín, Degani, Mariano, Daniel (novembro de 2009). "Los marinos y la Fe. Una historia marsellesa.". Historia y arqueología marina. Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  81. Basilique Notre-Dame de la Garde, ed. (2015). "Une architecture de style Romano-Byzantin". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2017. Consultado o 10 de agosto de 2016. 
  82. 82,0 82,1 82,2 82,3 82,4 Duchêne 1998, p. 671.
  83. Lenzini,Garot 2003, p. 109.
  84. 84,0 84,1 84,2 Levet 1994, p. 88.
  85. 85,0 85,1 85,2 Basílica de Notre-Dame de la Garde, ed. (2015). "Haut lieu artistique". Les mosaïques. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2016. Consultado o 11 de agosto de 2016. 
  86. Basílica de Notre-Dame de la Garde, ed. (2015). "Haut lieu artistique". La mosaïque de l’Annonciation. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2016. Consultado o 29 de agosto de 2016. 
  87. Notre-Dame de la Garde, ed. (2009). "L'intérieur de la Basilique". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2017. 
  88. Basilique de Notre Dame de la Garde, ed. (2015). "Les mosaïques". Les litanies de la Vierge. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2016. 
  89. 89,0 89,1 Basilique de Notre Dame de la Garde, ed. (2015). "Les mosaïques". Les mosaïques des chapelles latérales. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2016. 
  90. 90,0 90,1 Basilique de Notre Dame de la Garde, ed. (2012). "L'intérieur de la Basilique". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2017. 
  91. Notre-Dame de la Garde, ed. (2015). "1941: l’évêché de Marseille devient propriétaire du haut de la colline". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 11 de agosto de 2016. 
  92. Levet 2008, p. 86.
  93. 93,0 93,1 Revista Marsella 2014, p. 94,nº 219.
  94. Odier, Stéphane (Nadal 2012). "Tant de choses à entretenir" (PDF). Chronique de Notre-Dame de la Garde (2): 12, 32. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 19 de agosto de 2017. 
  95. Larbaud, Valery (25 de outubro de 1957). Œuvres (G. Jean-Aubry e Robert Mallet ed.). Peau: Bibliothèque de la Pléiade, n° 126. p. 1111. ISBN 9782070103003. Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  96. Aréne, Paul (1979). Contes et nouvelles de Provence. París: Presses de la Renaissance. p. 325. ISBN 978-2930335957. Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  97. Chateaubriand, François-René Vicomte (1849). Mémoires d’outre-tombe livre quatorzième, chapitre 2. Gallimard. p. 482. ISBN 9788437626659. Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  98. Mauron, Marie (1954). En parcourant la Provence. Mónaco: Les flots bleu. p. 161. 
  99. Mohrt, Michel (1949). Mon royaume pour un cheval. París: Albim Michel. p. 39. ISBN 2070379272. Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  100. Suarès, André (1976). Marsiho (PDF). Marsella: Jeanne Laffitte. p. 83. ISBN 2070379272. Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  101. Suarès, André (1976). Marsiho (PDF). Marsella: Jeanne Laffitte. p. 129. ISBN 2070379272. Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  102. Signac, Paul (2016). "Marsella. MRE La Bonne. Brume du matin.". The complete works. 215 de 467; pax. 17. Consultado o 14 de agosto de 2016. [Ligazón morta]
  103. Biass-Fabiani, Ely, Soubiran, Sophie, Bruno, Jean Roger (1995). Office Régional de la Culture Provence-Alpes-côte d'Azur, ed. Peintres de la couleur en Provence. 1875-1920. Marseille. p. 360. ISBN 2-7118-3194-9. OCLC 643935042. 
  104. "Fauvismo". Pinturas de Marquet. Iconologia II UFPEL. 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2017. Consultado o 31 de agosto de 2017. 
  105. Archives Camoin, ed. (2017). "Charles Camoin". Le période Fauve. epdlp. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 31 de agosto de 2017. 
  106. Centre Pompidou, ed. (2017). "Raoul Dufy". Le Port de Marseille depuis l'Estaque. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2017. Consultado o 31 de agosto de 2017. 
  107. Diario del viajero, ed. (17 de agosto de 2011). "Notre-Dame de la Garde, la "Bonne Mère" de Marsella". Consultado o 11 de agosto de 2016. 
  108. Arnaud 1923, p. 193.
  109. Millin de Grandmaison, Aubin-Louis (1807-1811). Voyage dans les départements du midi de la France. París: Imprimerie impériale. p. tomo 3, 261. Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  110. Sacred Destinations, ed. (2017). "Notre-Dame de la Garde, Marseille". Consultado o 19 de agosto de 2017. 
  111. París, Eva (2017). "Notre-Dame de la Garde, la "Bonne Mère" de Marsella". Diario del viajero. Consultado o 19 de agosto de 2017. 
  112. Basilique Notre-Dame de la Garde, ed. (2015). "Les ex-voto : une dévotion intemporelle". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2016. Consultado o 11 de agosto de 2016. 
  113. Provence 7, ed. (2017). "Notre-Dame-de-la-Garde à visiter". Consultado o 20 de agosto de 2017. 
  114. "Le beffroi d'Arras est le nouveau monument préféré des Français". lexpress.fr. 16 de setembro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2015. .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Arnaud, Abbé Gustave Henri, Marseille, Notre-Dáme de la Garde, éd. Tacussel, Marsella, 1923.
  • Bertrand, Régis (1991). La Manufacture, ed. Le guide de Marseille (en francés). Besançon. ISBN 2-7377-0276-3. 
  • Bertrand, Régis (2008). Le Christ des Marseillais (en francés). Marsella: La Thune. ISBN 978-2-913847-43-9. 
  • Bouyala d'Arnaud, André (1961). Évocation du vieux Marseille (en francés). París: Les éditions de minuit. ISBN 9782707300157. 
  • Chaillan, Mgr. M. (1931). Petite monographie d’une grande église, Notre-Dame de la Garde à Marseille (en francés). Marsella: Moulot. 
  • Chélini, Jean (2009). Notre-Dame de la Garde, le cœur de Marseille (en francés). Gémonos: Autres temps. ISBN 978-2-84521-360-9. 
  • Crémieux, Adolphe (1917). Marseille et la royauté pendant la minorité de Louis XIV (1643-1660) (en francés). París: Librairie Hachette. 
  • Denise, Jasmin (2003). Henry Espérandieu, la truelle et la lyre (en francés). Arles: Actes-Sud-Maupetit. ISBN 2-7427-4411-8. 
  • Duchêne, Roger (1998). Histoires de Marseille (en francés). Gémonos: J. -M. Garçon. ISBN 978-2845210158. 
  • de Fortanier, Arnaud Ramière (1978). Illustration du vieux Marseille (en francés). Avignon: Aubanel. ISBN 2-7006-0080-0. 
  • Gallocher, Pierre (1989). Marseille, Zigzags dans le passé (en francés). Marsella: Tacussel. ISBN 2903963118. 
  • Guiralt, Paul (1974). Libération de Marseille (en francés). Hachette. 
  • Hildesheimer, Françoise (1985). Jeanne Laffitte, ed. Notre-Dame de la Garde, la Bonne Mère de Marseille (en francés). Marsella. ISBN 2-86276-088-9. 
  • Kaiser, Wolfgang (1991). Persée, ed. Marseille au temps des troubles 1559-1596: morphologie sociale et lutte des factions (en francés) (Éditions de l’école des hautes études en sciences sociales ed.). París. ISBN 2-7132-0989-7. 
  • Lenzini, José; Garot, Thierry (2003). Giletta, ed. Notre-Dame de la Garde. Niza. ISBN 2-903574-91-X. 
  • Levet, Robert (1992). Cet ascenseur qui montait à la Bonne Mère (en francés). Tacussel. ISBN 2-903963-60-6. 
  • Levet, Robert (1994). La Vierge de la Garde au milieu des bastions. Quatre siècles de cohabitation entre l'Église et l'Armée sur une colline de Marseille (1525-1941). Marsella: Paul Tacussel. ISBN 2-903963-75-4. 
  • Levet, Robert (2008). La Vierge de la garde plus lumineuse que jamais (en francés). Marsella: Editeur association du domaine de Notre-dame de la Garde. ISBN 2-7071-4287-5. 
  • Revista Marsella (2014). La revue Marseille (en francés). Marsella. 
  • Reynaud, Félix (1996). Ex-voto marins de Notre-Dame de la Garde (en francés). Marsella: La Thune. ISBN 2-9509917-2-6. 
  • Reynaud, Félix (2000). La Thune, ed. Ex-voto de Notre-Dame de la Garde. La vie quotidienne (en francés). Matrseille. ISBN 2-913847-08-0. 
  • Trigos, Adrien (1989). Dictionnaire Historique des rues de Marseille (en francés). Marsella: Geanne Laffitte. ISBN 2-86276-195-8. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]