Rosa de Viterbo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de xullo de 1233 Viterbo |
| Morte | 6 de marzo de 1252 Viterbo |
| Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
| Lugar de sepultura | Viterbo |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | biógrafa |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 6 de marzo 4 de setembro |
Santa Rosa de Viterbo, nada en Viterbo (Italia) en 1234 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 1252, foi unha santa e virxe pertencente á Terceira orde de San Francisco.
Morte e canonización
[editar | editar a fonte]A súa morte tivo lugar á idade de 18 anos en 1252. O seu corpo foi colocado sen féretro debaixo do pavimento da Igrexa de Santa María do Poggio. Inocencio IV iniciou o proceso de canonización, que se interrompeu coa morte do papa en 1254.
En 1258 Alexandre IV, tras unha serie de visións da santa, mandou desenterrar o cadáver, que se atopou incorrupto, e trasladalo ao mosteiro de Santa María das Rosas. Isto fíxose solemnemente cunha procesión presidida por Alexandre IV e catro cardeais o 20 de setembro, por iso se venera neste día.
En 1357 quedou reducida a cinzas a capela que gardaba as súas reliquias, e queimouse a caixa que as contiña; o corpo só cambiou de cor.[1]
Nicolao V ordenou ao consello da cidade de Viterbo que na procesión da Candeloria se levasen tres cirios de cera branca, na súa lembranza.
Calisto III recoñeceu o seu culto inscribíndoa no Martiroloxio Romano.
Represéntase cun crucifixo en man, predicando ou na fogueira. Algunhas veces tamén adoita estar recibindo a sacra comuñón e vendo en soños os instrumentos da paixón de Xesucristo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosa de Viterbo |