Tesela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teselas dun mosaico romano.
Representación xeométrica con teselas no mosaico do Xacemento do Camiño de Albalate (Calanda).

A tesela[1] é unha pequena peza de pedra, terracota ou vidro coloreado que se emprega para confeccionar un mosaico. A palabra provén do latín tessella que, á súa vez, procede do termo grego τεσσερες.

Os romanos elaboraban os mosaicos con estas pequenas pezas chamadas teselas, por iso é polo que se referisen a eles tamén como opus ou ars tessellatum. As teselas son pezas de forma cúbica, feitas de rochas calcáreas ou materiais de vidro ou cerámicas, moi coidadas e elaboradas e de distintos tamaños. O artista dispúñaas sobre a superficie, como un crebacabezas, distribuíndo a cor e a forma e amoreándoas cunha masa de conglomerante.

No mundo grego foi moi frecuente e desde moi cedo (dende fins do século V a. C.) o pavimento composto por coios de río (pedriñas que se atopan nas beiras) de tamaños e de cores distintas. Con estes coios facíanse debuxos sinxelos de temas xeométricos. A finais do século -III, as teselas substtuíron estes coios polícromos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tesela.