Eugène Viollet-le-Duc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eugène Viollet-le-Duc
Eugene viollet le duc.jpg
Nacemento27 de xaneiro de 1814 e 1814
Lugar de nacementoParís
Falecemento17 de setembro de 1879 e 1879
Lugar de falecementoLausana
SoterradoCimetière du Bois-de-Vaux
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónarquitecto, escritor, architectural draftsperson, historiador da arte, architectural historian, restaurador, castellologist e preface author
PaiEmmanuel-Louis-Nicolas Viollet-le-Duc
IrmánsAdolphe Etienne, II Viollet-Le-Duc
Coñecido porCastelo de Abbadie, Château de Montdardier, Château de la Flachère, Estatua da Liberdade e sen etiquetar
PremiosMedalla de Ouro do RIBA e comendador da Lexión de Honor
Na rede
WikiTree: Viollet-le-Duc-1
Signature d'Eugène Viollet Le Duc - Archives nationales.jpg
editar datos en Wikidata ]

Eugène-Emmanuel Viollet-le-Duc nado en París o 27 de xaneiro de 1814 e finado en Lausana o 17 de setembro de 1879, foi un arquitecto, arqueólogo e escritor francés. Defendeu o uso dunha metodoloxía racional no estudo dos estilos do pasado, contraposta ó historicismo romántico. As súas teorías exerceron unha grande influencia en artistas posteriores, como Guimard, Gaudí, Horta ou Vilaseca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido no seo dunha familia da alta burguesía, dende moi novo interesouse pola Arquitectura da Idade Media e aínda que foi discípulo de Achille Leclère, rexeitou ingresar na escola de Belas Artes para converterse en autodidacta percorrendo Francia e Italia.

Teoría da restauración[editar | editar a fonte]

Na súa teoría defende que o restaurador debe poñerse no lugar do arquitecto-creador primitivo, entendendo o espírito da obra e aplicalo á reconstrución da mesma. Trata de volver ó edificio a súa forma orixinal (forma prístina), ou como el entende que debeu ser, posto que afirma que a partir das partes que aínda existen é posible reconstruír o total, por pura coherencia do estilo.

As súas intervencións sobre diversos monumentos franceses caracterizáronse sempre pola primacía do estilo gótico, considerado por Viollet superior dende o punto de vista técnico e estético.

A chamada unidade de estilo buscaba resaltar os aspectos medievais do edificio tratado, isto obrigaba a eliminar ou alterar os elementos "inferiores" ou secundarios engadidos con posterioridade nos momentos renacentista, barroco ou neoclásico. En certas ocasións as intervencións de Viollet provocaron a desaparición de interesantes engadidos de gran calidade e valor histórico artístico, causando a ruptura do proceso vital da obra artística.

Viollet-le-Duc é unha figura oposta, no tocante as ideas, a John Ruskin que defende a conservación fronte á restauración.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

Restauracións[editar | editar a fonte]

  • Santa María Magdalena de Vezelay.
  • Catedral de Amiens.
  • Abadía de Saint Denis de París.
  • Catedral de Lausana.
  • Catedral de San Sernin de Tolosa, Francia.
  • Catedral de Notre-Dame de París.
  • Sainte Chapelle.
  • San Luis de Poissy.
  • Semur.
  • San Miguel de Carcassonne.
  • Casa do concello de San Antonio.
  • Casa do concello de Narbona.
  • Castelo de Pierrefonds.
  • Fortificacións de Carcasona.
  • Castelo de Coucy.
  • Castelo de Roquetaillade.

Escritos[editar | editar a fonte]

  • Dictionnaire de l'architecture française du XIe au XVIe siècle (1854-68).
  • Dictionnaire raisonné du mobilier français de l'époque Carolingienne à la Renaissance (1858-75).
  • L'Architecture militaire au moyen Âge (1854).
  • Entretiens sur l'architecture (1863-72).
  • Cités et mines américaines (1863).
  • Mémoire sur la défense de Paris (1871).
  • Habitations modernes (1874- 77).
  • Histoire d'une maison (1873).
  • Histoire d'une forteresse (1874).
  • Histoire de l'habitation humaine (1875).
  • Le Massif du Mont Blanc (1876).
  • L'Art russe (1877).
  • Histoire d'un hotel-de-ville et d'une cathédrale (1878.)
  • La Décoration appliquée aux édifices (1879).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]