Menorá
A menorá (/məˈnɔːrə/; hebreo: מְנוֹרָה) descríbese na Biblia como un candelabro hebreo de sete brazos feito de ouro, que estaba situado no Tabernáculo e no Templo de Xerusalén.[1] No Templo, expresa a Biblia, diante do Santo dos Santos había un candelabro de ouro puro, labrado con mazo que tiña sete brazos, en cada un dos cales ardía unha lámpada ou luminaria.
Descrición
[editar | editar a fonte]A descrición da menorá podemos atopala no libro do Éxodo.
Labrarás un candelabro de ouro puro; o candelabro, o seu pé e o seu fuste serán de ouro macizo; os seus cálices, corolas e flores formarán un corpo con el. Seis brazos sairán dos seus lados, tres dun lado e tres doutro. O primeiro brazo terá tres cálices con forma de flor de amendoeira con corola e flor, tamén o segundo terá tres cálices con forma de flor de amendoeira con corola e flor; e así os seis brazos que saen do candelabro. O candelabro terá catro cálices con forma de flor de amendoeira con corola e flor: un cáliz baixo os dous primeiros brazos formando un só corpo; outro baixo os dous seguintes e outro debaixo dos dous últimos; así serán iguais os seis brazos que saen do candelabro. Os cálices e os brazos formarán un só corpo co candelabro e todo será de ouro puro macizo...Éxodo 25:31-40 [2]
Historia
[editar | editar a fonte]A menorá orixinal fabricouse para o Tabernáculo e a Biblia recolle que estivo presente ata que os israelítas cruzaron o río Xordán. Cando o Tabernáculo se estableceu na cidade de Shiloh, asúmese que a menorá tamén estaba presente. Porén, non se fai mención algunha durante os anos nos que a Arca da Alianza se desprazou en tempos de Samuel e Saul. Non hai mencións da menorá no Templo de Salomón salvo no libro dos Reis [3] Está rexistrado en Xeremías 52:19 que a menorá foi levada a Babilonia polo exército invasor varios séculos despois.
Durante a restauración do Templo tralos 70 anos de cativerio en Babilonia, non se fai mención ningunha do regreso da menorá, só de "vasillas".
O destino da menorá utilizada no Segundo Templo quedou rexistrado por Flavio Xosefo, quen di que foi levada a Roma e transportada durante o triunfo de Vespasiano e Tito. A menorá foi depositada no Templo da Paz de Roma. O relevo no Arco de Tito en Roma mostra a escena dos soldados transportando varios obxectos durante o saqueo do Segundo Templo, en particular, o candelabro de sete brazos.
Probablemente a menorá foi roubada durante o Saqueo de Roma do ano 455, e levada polos Vándalos a súa capital, Cartago.[4] O exército bizantino, baixo o mando de Belisario puido levala a Constantinopla no ano 533. Segundo Procopio, foi transportada polas rúas de Constantinopla durante a procesión triunfal de Belisario.[5] Procopio engade que o obxecto foi enviado de volta a Xerusalén onde non hai rexistros, aínda que probablemente fose destruído durante o asedio dos persas no ano 614.[6]
Simbolismo
[editar | editar a fonte]Xudaísmo
[editar | editar a fonte]A menorá simboliza no xudaísmo o ideal da iluminación universal[7] Os sete brazos son unha alusión ás ramas do coñecemento humano, representado por seis lámpadas inclinadas cara ao interior, e simbolicamente guiadas pola luz de Deus representado pola lámpada central. A menorá tamén representa creación en sete días, co brazo central representando o shabat.[8]
Cristianismo
[editar | editar a fonte]O libro da Revelación do Novo Testamento refírese a sete candelabros, representando as sete igrexas de Asia as cales foi enviada a revelación (Éfeso, Smyrna, Pergamo, Tiatira, Sardes, Filadelfia e Laodicea), cun "Fillo do Home" no medio deles.[9]
Segundo Clemente de Alexandría e Filón de Alexandría, as sete lámpadas da menorá dourada representaban os sete planetas clásicos nesta orde: a Lúa, Mercurio, Venus, o Sol, Marte, Xúpiter e Saturno.[10]
Estado de Israel
[editar | editar a fonte]Desde 1948 a menorá é un dos símbolos do Estado de Israel e aparece representada no seu emblema.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J.D. Douglas y Merril C. Tenney, The New International Dictionary of the Bible, Grand Rapids, Michigan: Zondervan Publishing House, 1987, pp. 581-582.
- ↑ Éxodo 25:31-40
- ↑ Reis 7:49
- ↑ Edward Gibbon: The History of the Decline and Fall of the Roman Empire Arquivado 03 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. (Volume 7: Chapter XLI. From the Online Library of Liberty. The J. B. Bury edition, in 12 volumes.)
- ↑ Procopius, Vandal Wars, Book IV. ix. 5.
- ↑ Procopius, Vandal Wars, Book IV. ix. 9.
- ↑ Chanan Morrison, Abraham Isaac Kook, Gold from the Land of Israel: A New Light on the Weekly Torah Portion - From the Writings of Rabbi Abraham Isaac HaKohen Kook, page 239 (Urim Publications, 2006). ISBN 965-7108-92-6
- ↑ Birnbaum, Philip (1975). A Book of Jewish Concepts. New York: Hebrew Publishing Company. pp. 366–367. ISBN 088482876X.
- ↑ Apocalipse. 1:12,20
- ↑ p.10, Morals and Dogma of the Ancient and Accepted Scottish Rite of Freemasonry by Albert Pike (L.H. Jenkins, 1871 [1948])
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Menorá |