Bandeira dos Estados Unidos de América
Bandeira dos Estados Unidos de América | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 10:19 |
Adopción | 4 de xullo de 1960 |
Cores | Azul Branco Vermello |
A bandeira dos Estados Unidos de América, tamén chamada bandeira americana, consta de 13 barras horizontais, sete vermellas e seis brancas alternadas, e un rectángulo azul no cantón con 50 estrelas brancas. As 50 estrelas da bandeira representan os 50 estados do país, e as 13 barras representan ás Trece Colonias orixinais que se independizaron do Reino de Gran Bretaña e se converteron nos primeiros estados da Unión.[1] Ten varios alcumes, como "Stars and Stripes" (estrelas e barras), "Old Glory" (vella gloria),[2] e "The Star-Spangled Banner" (A bandeira das estrelas escintilantes).
Historia
[editar | editar a fonte]O deseño da bandeira foi modificado 26 veces de xeito oficial dende 1777. A bandeira con 48 estrelas foi a oficial durante 47 anos até que a versión con 49 estrelas foi adoptada o 4 de xullo de 1959. A bandeira de 50 estrelas foi proposta durante o goberno do Presidente Eisenhower o 21 de agosto de 1959, e foi adoptada en xullo de 1960. Esta última versión é a que máis tempo leva en uso, (64 anos).[3]
Primeira bandeira
[editar | editar a fonte]-
Bandeira da Compañía Británica das Indias Orientais, 1707–1801
No momento da Declaración de Independencia en xullo de 1776, o Congreso Continental non adoptaría bandeiras con "estrelas brancas nun campo azul" até un ano despois. A bandeira coñecida contemporaneamente como "Continental Colors" está considerada historicamente como a primeira bandeira nacional.[4]
O nome de "Grand Union" foi aplicado por vez primeira por George Preble na súa historia da bandeira americana de 1872.
A bandeira aseméllase á da Compañía Británica das Indias Orientais, e Sir Charles Fawcett suxeriu en 1937 que a bandeira da Compañía inspirou o deseño.[5] Ámbalas dúas puideron terse creado engadindo raias brancas á Red Ensign, unha das tres bandeiras marítimas empregadas daquela polo Imperio Británico.
As primeiras bandeiras americana estaban feitas de cáñamo.[6]
Evolución histórica
[editar | editar a fonte]Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Actual bandeira de proa dos Estados Unidos
-
Pavillón especial para embarcacións de recreo dos Estados Unidos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ John Warner (1998). "Senate Concurrent Resolution 61" (PDF). U.S Government Printing Office. Consultado o 5 de abril de 2014.
- ↑ Creado polo Capitán William Driver.
- ↑ Duane Streufert. "A website dedicated to the Flag of the United States of America – The 50 Star Flag". USFlag.org. Consultado o 12 de setembro de 2013.
- ↑ Leepson, Marc (2004). Flag: An American Biography.
- ↑
- ↑ "Hemp American Flag To Be Flown Over U.S. Capitol". WAMU. Consultado o 20 de febreiro de 2014.
- ↑ "Bandeira de Estados Unidos no World Flag Collection". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2009. Consultado o 23 de febreiro de 2009.