Bandeira de Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Chile
Bandeira de Chile
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción18 de outubro de 1817
Cores     Azul     Branco     Vermello

A bandeira de Chile, coñecida como A estrela solitaria, foi adoptada oficialmente o 18 de outubro de 1817. Está dividida horizontalmente en dúas franxas: a superior é azul e branca mentres que a inferior é vermella. Sobre o cantón azul, sitúase un estrela de cinco puntas de cor branco.

As principais interpretacións do uso das cores da bandeira atribúen ó azul a representación dos ceos e o océano Pacífico; ó branco, os cumios nevados da cordilleira de los Andes; e ó vermello, o sangue verquido polos heroes nacionais na loita pola independencia.[1] Á súa vez, a estrela simboliza os tres poderes do Estado chileno (Executivo, lexislativo e xudicial) que velan pola integridade da nación; porén, outras interpretacións atribuirían a estrela única como referencia ó Estado unitario, a diferenza de, por exemplo, a bandeira dos Estados Unidos de América cuxas múltiples estrelas representan o federalismo.

Porén, segundo os relatos do poema épico A Araucana (1569), as cores da actual bandeira chilena remontaríanse ás bandas tricolores empregadas polos toquis mapuches durante a Guerra de Arauco contra a Conquista española,[1] mentres que a estrela sería a representación da estrela de Arauco, segundo Bernardo O'Higgins.[1]

O Día oficial da Bandeira nacional celébrase o 9 de xullo en conmemoración dos 77 soldados que faleceron en 1882 na Combate de Concepción, durante a Guerra do Pacífico.

Construción e despregue[editar | editar a fonte]

Construción da bandeira de Chile.
Imaxe dunha bandeira chilena. O cantón presenta unha cor azul mariño, unha das tonalidades máis usadas no pavillón patrio.

O Goberno de Chile usa un logotipo baseado na bandeira nacional e as súas cores están definidas tanto no sistema Pantone como no RGB e CMYK para a súa utilización en formatos dixitais e impresos. Estas cores poderían semellar as tonalidades oficiais da bandeira, mais non corresponden precisamente a estas.[2]

Azul Branco Vermello
Pantone 286-C Safe 485-C
RGB (0, 53, 173) (255, 255, 255) (220, 36, 31)
HTML #0035AD #FFFFFF #DC241F
CMYK (100, 61, 0, 20) (0, 0, 0, 0) (0, 100, 100, 20)
Despregue da bandeira de Chile en forma horizontal ou vertical

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Soublette Asmussen, Gastón (s/f). "Nuestro Pasado Indígena. Indigenismo de los símbolos patrios" (HTM). dedaldeoro.cl. Consultado o 3 de abril de 2010. 
  2. Gobierno de Chile (s/f). "Documentación: Normas corporativas". www.gobierno.cl. Arquivado dende o orixinal (ASP) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]