Bandeira de Granada
Aparencia
| Bandeira de Granada | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 3:5 |
| Adopción | 7 de febreiro de 1974 |
| Cores | Verde Amarelo Vermello |
A bandeira de Granada foi adoptada o 7 de febreiro de 1974. A bandeira consiste nun rectángulo dividido diagonalmente en triángulos amarelos arriba e abaixo e verdes ós lados, cun bordo vermello arredor da bandeira. Ten sete estrelas amarelas de cinco puntas, tres centradas no bordo superior, outras tres centradas no bordo inferior e unha máis nun círculo vermello superposto no centro da bandeira. Por último, unha vaíña de noz moscada, colocada de forma simbólica, está situada no triángulo da esquerda (Granada é o segundo país en produción de noz moscada, tras Indonesia). As sete estrelas representan as súas sete divisións administrativas, sendo a do centro a que representa a capital.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]- Bandeira do Estado Asociado de Granada (1967 - 1974). Previa á independencia.